Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto Neo 422.13: Víctor Bargiela; Guillerme Espada Barcón; Xacobe Bruña; Montserrat Pousa 31.05.2024

Comezamos o programa 422 conversando con Víctor Barxiela, do Grupo de Lingüistas pola Diversidade, el foi o noso primeiro convidado. Víctor Barxiela estivo estes días facendo entrevistas na comarca da Mariña para estudar a situación de convivencia entre as linguas. Tamén atendeu a nosa chamada un estudante de Vigo. Guillerme Espada Barcón ten 14 anos. Está en 3º de ESO e no tempo libre estuda xapo...

Proxecto Neo 421.13: Andrea Varela; Daniela Fernández Rivas; Jennifer Balseiro Fernández. 22.05.2024

Abrimos o programa 421 coa primeira protagonista da tarde, Andrea Varela, actriz de cinema, unha das protagonistas das NEVES, a primeira longametraxe de Sonia Méndez que foi estreada nestes días pasados. Coa axuda de Andrea Varela coñecemos algo máis sobre esta historia protagonizada por adolescentes. Inmediatamente despois falamos con Daniela Fernández Rivas, estudante do primeiro curso de Ensino...

Proxecto Neo 420.13: Antía, Xulia, Natalia e Helena (estudantes de 1º do ESO); Cyntia García Leal; María Reimóndez 15.05.2024

Comezamos o programa 420 coa gravación dunha breve conversa con catro deportistas: Antía, Xulia, Natalia e Helena, estudantes do primeiro curso de Ensino Secundario que gañaron recentemente o campionato provincial de baloncesto na categoría Infantil. Despois de falarmos coas xogadoras de baloncesto, coñecemos outra estudante deportista: Cyntia García Leal, ela tamén está no 1º curso do Ensino Secu...

Proxecto Neo 419.13: Catalina Caamaño; Eugenia Siretano Lupascu; Rut Busto Domínguez. 08.05.2024

No programa 419 falamos con Catalina Caamaño, farmacéutica de Atención Primaria, que nos visitou novamente en calidade de coordenadora da aplicación en Burela da Estratexia de Promoción da Saúde, unha iniciativa do Ministerio de Sanidade. De saúde falamos tamén coa segunda convidada: Eugenia Siretanu Lupascu, médica de orixe moldava. A doutora Siretanu Lupescu está realizando a última fase de Médi...

Proxecto Neo 418.13: Gabriela Prego e Marta Estévez Grossi; Julio López Quiroga; Miguel Calvo. 30.04.2024

No programa 418 falamos da Olimpíada TROCANDO LINGUAS, un encontro que se celebra na Universidade de Santiago de Compostela. Sobre este programa da Olimpíada TROCANDO LINGUAS falamos coas profesoras Gabriela Prego e Marta Estévez Grossi. No noso particular tempo de animación á lectura estivo con nós o escritor Julio López Quiroga, quen nos contou como está a proveitar a segunda oportunidade que ll...

Proxecto Neo 417.13: Programa dedicado ás Aulas sen fume; Brais Sixto; Jairo Campo Vázquez; Jorge Quelle; Maite Lanza. 24.04.2024

O programa 417 estivo dedicado ás aulas sen fume. Aulas sen fume é un concurso educativo para a prevención do tabaquismo. Está dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, de entre 12 e 14 anos e está incluído no Plan Proxecta da Consellaría de Educación. Fomenta o compromiso individual e colectivo de non fumar durante 6 meses. Noutras palabras: como temos claro que o fume mata, este programa ap...

Proxecto Neo 416.13: Dani Borrajo Trelles e Leire Mate Ares; César Fernández Zapata; Faustino Recalde 17.04.2024

Esta semana abrimos o programa 416 coas recomendacións de programas da nosa radio á carta. Os participantes desta edición foron Daniel Borrajo Trelles e Leire Mate Ares. O protagonista da nosa primeira entrevista foi César Fernández Zapata, profesor de Lingua Inglesa no Instituto Perdouro e campión galego dunha das artes marciais, que nos deu a coñecer durante a entrevista. O segundo protagonista...

Proxecto Neo 415.13: Xavi Expósito; Samir Carrillo; Antía Domínguez; Yolanda Fernández; Nuria Revuelto; Adriana Polo. 10.04.2024

Nesta ocasión o programa estivo dedicado ao ben-estar emocional e á convivencia. Antes de conversarmos con tres convidadas, emitimos catro breves colaboracións: unha de Xavi Expósito, outra de Samir Carrillo, unha terceira do alumnado da materia de Ciencias Ambientais e unha cuarta de Antía Domínguez Piñeiroa. Xa dentro das entrevista, en primeiro lugar, falamos con Yolanda Fernández, coordenadora...

Proxecto Neo 414.13: Entrevista a Miriam Beizana Vigo 04.04.2024

O contido central do programa 414 foi unha colaboración do profesor Fernando Losada. Este preparou para Proxecto Neo unha moi completa entrevista coa escritora Miriam Beizana Vigo, unha escritora galega do tránsito entre os séculos XX e XXI. Agora está de máxima actualidade porque acaba de publicar un novo libro. Nos minutos finais do programa falamos sobre o aproveitamento pedagóxico deste progra...

Proxecto Neo 413.13: Nicolás Veiga;Catalina Caamaño e María Méndez; Ramón Casas, Compañía de teatro Ollomao. 20.03.2024

No programa 413 conversamos con Nicolás Veiga, en representación da Asociación Guillém Veiga Iglesias que traballa para a detección precoz de trastornos de crecemento na etapa infantil. De saúde continuamos falando tamén nos seguintes minutos. Desta vez con Catalina Caamaño e con María Méndez, do Centro de Saúde de Burela. Con Catalina Caamaño, farmacéutica; e con María Méndez, enfermeira, falamos...

Proxecto Neo 412.13: Sara, Lía e Sabela (IES de Beade); Silvia Iglesias e Suso de Toro 14.03.2024

Esta semana abrimos o programa 412 cunha nova colaboración de Sara, Lía e Sabela, estudantes do Instituto de Beade, en Vigo. Mais unha vez, esta colaboración chegounos grazas ás xestións da profesora Silvia Iglesias. Con ela tamén falamos. Na segunda parte do programa conversamos co escritor Suso de Toro. Con el fixemos un repaso da súa traxectoria lingüística para acabarmos coñecendo a súa etapa...

Proxecto Neo 411.13: Antía Yáñez; Daniela Domingos Lopes. 06.03.2024

No programa 411 conversamos coa escritora Antía Yáñez, que dirixiu en Burela un obradoiro de creación literaria. Este obradoiro de creación literaria estivo encadrado dentro da conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. Na segunda parte do programa estivo con nós Daniela Domigos Lopes, xogadora do Burela F.S. Con ela falamos sobre outra celebración reivindicativa: a da sensibiliza...

Proxecto Neo 410.13: Ana Polanco (Monte das Moas); Sara, Lía e Sabela (Beade); Joana e Sara (Xoán Montes); Celia Bispo. 28.02.2024

Esta semana comezamos o programa 410 coa colaboración de Ana Polanco, alumna do IES Monte das Moas. Da cidade da Coruña viaxamos á cidade de Vigo para ouvirmos as nosas colaboradoras Sara, Lía e Sabela, estudantes no Instituto de Beade. As nosas seguintes convidadas participaron desde a cidade de Lugo: chámanse Joana e Sara, Ambas estudan 1º de ESO no Instituto Xoán Montes. A protagonista central...

Proxecto Neo409.13: Aqui tamén se fala (IES Monte das Moas); Cristian Caruncho; Jesús San José Arranz; Uxío Rego. 21.02.2024

Abrimos o programa cunha nova colaboración que nos enviaron desde o Instituto Monte das Moas, da Coruña. Neste caso, a colaboración dunha alumna. Despois da música, conversamos cun artista de Banda Deseñada: Cristian Caruncho, que nos presentou obra e que nos falou sobre un obradoiro a realizar no Instituto Perdouro. O noso seguinte convidado foi outro artista: o pintor Jesús San José Arranz, que...

Proxecto Neo 408.13: IES Monte das Moas; Gr. de Part. Adolescente; Leticia Maseda e Edzana (IES de FOZ); Pedro Souto 07.02.2024

Abrimos o programa 408 co AQUÍ TAMÉN SE FALA. Foi unha colaboración do Instituto Monte das Moas da Coruña. Despois da primeira música, Mateo Corral e María Puente faláronnos do Grupo de Participación Adolescente de Burela. Leticia Maseda, directora do Instituto de Foz, presentounos un encontro gastronómico internacional (MENU COM SABOR PORTUGUÊS) e introduciu a entrevista cunha das alumnas do Cicl...

Proxecto Neo 407.13: Aquí tamén se fala;Yeray Díaz;Iago Rodríguez;Sara Pico (IES Muralla Romana); Brais Pedreira Taboada 31.01.2024

Iniciamos o programa 407 cunha das colaboracións do Aquí TAMÉN SE FALA: desta vez foi unha crónica que nos chegou de Vigo. Concretamente do Instituto Santa Irene. A primeira das músicas serviu para abrir a porta a dúas novas voces no noso programa: as de Yeray Díaz e Iago Rodríguez, que xa levan unhas semanas connosco, en cualidade de observadores. A seguir, Sara Pico, alumna do Instituto Muralla...

Proxecto Neo 406.13: Aqui tamén se fala; Érica Gomes Mendes; Brais Tato (IES Nº 1 na Estrada) 24.01.2024

Neste programa 406, contamos cunha nova colaboración da Escola dos Castros. O seu gatiño enviounos un novo presente: é unha recomendación literaria moi orixinal. Despois o AQUÍ TAMBÉM SE FALA levounos hoxe a dous lugares diferentes: Viveiro e a Estrada, do primeiro tivemos unha colaboración do Instituto María Sarmiento e da Estrada chegounos unha crónica que nos envíaban do Instituto Número 1. A e...

Proxecto Neo 405.13: Marta P. Freire (Bico de Grao); Catalina Caamaño (C. de Saúde-Burela); Javier Saco (Escolapios) 17.01.2024

Por indicación do Instituto Muralla Romana da cidade de Lugo, entramos en comunicación coa cooperativa Bico de Grao, situada na Ronda das Fontiñas. Marta Pérez Freire atendeu a nosa chamada e explicounos en panorámica as actividades de carácter comercial e socio-educativas que realizan. Puxo especial énfase na importancia do uso do idioma galego nas expresións oral e escrita, na atención presencia...

Proxecto Neo 404.13: Estela Rial Suárez (IES da Illa de Arousa); Vanessa Vila-Verde; Bernardo Penabade 10.01.2024

Na xornada do día 10 de xaneiro de 2024 chegou o programa de número capicúa: 404. Para celebrar data tan sinalada queríamos unha entrevista especial e o profesor Emilio Cambeiro facilitounos esa oportunidade. A través del tivemos coñecemento do potencial de Estela Rial Suárez, con quen entramos en comunicación e de quen recibimos todas as facilidades para a colaboración con Proxecto Neo. Unha prof...

Proxecto Neo, 403.13: Escola dos Castros (Burela); Vanesa Vila Verde; Alberto Pombo (Aquí tamén se fala...) 20.12.2023

Neste programa 403, o derradeiro do ano 2023, contamos con tres colaboracións da Escola dos Castros: unhas adiviñas, un poema dedicado ao Apalpador e unha canción interpretada e gravada no propio centro educativo. Despois falamos da FOLIADA INTERNACIONAL MODELO BURELA a celebrar durante a noite do día 22 de decembro no Centro Social Xebra. A profesora Vanesa Vila Verde presentou a actividade, falo...

Proxecto Neo, 402.13: Noely Cardoso Borges; Carla Nepomuceno; Cristian Gómez Mesa; Karina Parga 12.12.2023

Desde hai varias semanas, Noely Cardoso Borges é unha voz fundamental no programa. Durante as mañás asiste ás aulas de FP Básica e de tarde asiste ás aulas do programa QUALE e solicita á profesora Vanesa Vila-Verde o asesoramento necesario para locutar a cabeceira de Proxecto Neo. Ás 5 séntese con nervos, mais está preparada. Neste programa quixemos falar con ela e ela asumiu a entrevista como un...

Proxecto Neo, 401.13: Izan Maseda e Nicolás Amorín; Jimena e Pablo Domínguez; Martín Barcia; María Fuente 06.12.2023

Primeira entrega feita unha vez superada a barreira dos 400 programas. Celebramos o momento coa incorporación de dúas novas voces: as de Izan Maseda e Nicolás Amorín, que aproveitaron extraordinariamente ben as dúas xornadas de observación directa en que xa tiñan participado no estudio. Unha filla (Jimena) e un pai (Pablo) fixeron un esforzo nas súas axendas e subiron ao estudio para comentarnos o...

Proxecto Neo, 400.13: Albano González Cancio; Laura López González; Djenifer de Brito Semedo 29.11.2023

Na tarde do día 29 de novembro de 2023 chegamos ao programa 400. Celebrámolo con conversas centradas en experiencias de educación inclusiva. Na primeira entrega, Ineida Moreno falou con Albano González Cancio, que nos atendeu en cualidade de profesor de Historia da Arte, de Director da Banda Musical Dambara e de dinamizador cultural e intercultural de prolongada traxectoria. Unha entrevista recome...

Proxecto Neo, 399.13: Lucho Penabade Outeiro; Miguel Rodríguez; Antia Cortiças 22.11.2023

A compañía teatral Os Quinquilláns cumpre vinte e cinco anos en activo. Nós celebramos tan extraordinaria efeméride cunha conversa con Lucho Penabade Outeiro. Lenise Sofia Lopes Martíns ocupouse de conducir o diálogo. Con Miguel Rodríguez, coordinador do funcionamento da biblioteca do Perdouro, falamos sobre unha actividade organizada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional: as visita...

Proxecto Neo, 398.13: Alexandra Alonso; Izan Domínguez e Laura A. Fernández; Serxio Gómez Couto 15.11.2023

Alexandra Alonso entrou para a Masa Coral Modelo Burela cando tiña entre 12 e 13 anos e estaba cursando 2º de ESO. Despois permaneceu neste grupo de traballo semana a semana durante cinco anos máis. Todo un exemplo de constancia e dedicación. Agora retornou activamente ao estudio para falarnos das súas primeiras prácticas docentes oficiais, que realiza en Burela coa dirección da Faculdade de Cienc...

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.