Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto Neo, 397.13: Lenise Sofia Lopes Martins; Javier Castrillón González-Redondo 08.11.2023

Entramos na primeira entrevista coa música da Filipa Pais. A convidada: Lenise Sofía Lopes Martins, estudante do Instituto Monte Castelo e Premio Erasmus +. Con ela falamos da Escola Secundaria Salineiro, na Illa de Santiago en Cabo Verde; e falamos tamén dos ciclos de Auxiliar de Coidados e do de Química e Saúde Ambiental. Con Javier Castrillón González-Redondo tíñamos previsto falar da súa exper...

Proxecto Neo, 396.13: Noé Vázquez García; Ana Ojea Alonso 01.11.2023

Noé Vázquez é profesor de Lingua e Literatura no Instituto Perdouro. Titulado en Filoloxía pola Universidade da Coruña, realizou estaxio Erasmus na Universidade do Minho en Braga. Con el falamos tamén de música: de Chasis -a banda de rock-, da Asociación Musicoleiros e do Festival Rockaronleiros. Ana Ojea, profesora de Cultura Audiovisual, é a Presidenta da asociación de docentes Rede Educativa de...

Proxecto Neo, 395.13: Apócemas da Escola dos Castros; Ana Moura ("Bentinha); Luís Roberto Prado Díaz 25.10.2023

Na cabeceira do programa 395 recollemos dúas terroríficas apócemas que nos enviou o alumnado da Escola dos Castros. Inicialmente tivemos moito medo, mais pouco tempo nos durou no corpo: a música da Mayra Andrade foi terapéutica e a través dela conseguimos o antídoto contra o arrepío. A primeira convidada no estudio foi Ana Moura, integrante do grupo de batukadeiras Nós Herança. Na segunda parte fa...

Proxecto Neo, 394.13: Bernardo Penabade; Noé López Paz; Carme Sampedro Miranda; Ana Orol González 19.10.2023

Bernardo Penabade fixo a crónica dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Consello da Cultura Galega. Noé López Paz, traballador non docente no Instituto Perdouro, falounos da práctica deportiva como fonte de saúde. Carme Sampedro Miranda presentounos unha vez máis as actividades dos 365 días pola Igualdade. Ana Orol González falounos do clube de lectura que se reúne na...

Proxecto Neo, 393.13: Anxo Rivas; Miruca Parga; Félix Pardo; Ineida Moreno; Pepe Peinó; María José PArdiñas 12.10.2023

Dia 11 de outubro de 2023. Foi a data da primeira emisión desta 13ª etapa. O programa que chegou ás ondas en xaneiro de 2012 alcanza agora a edición número 393. Varias ducias de estudantes de 13 promocións propiciaron que na radio á carta teñamos mais dun millar de voces ofrecéndonos o seu ensino a través das ondas. Finalizamos unha etapa de 12 anos en Radio Burela e abrimos un novo período a trav...

Proxecto Neo, 392: Christopher Reyes e Elena Pérez (IES M. Sarmiento); Rosa Espiñeira (Bibl. Maravilhas); Lionel Rexes 29.06.2023

Abrimos o programa coa recomendación literaria feita pola profesora Inés Cortés, da Universidade da Coruña. Inmediatamente despois chegou o Momento RPA, desta vez protagonizado polo estudante Christopher Reyes Miranda e Elena Pérez, directora do Instituto María Sarmiento. A música dedicada ás famosas Sete Mulheres do Minho, na voz do Zeca Afonso, abriu paso á conversa entre Ana Lestao e Rosa Espiñ...

Proxecto Neo, 391: Aniversario RPA; Antón Becerra; Juliamni Godoy; Arcadio G. Novoa 22.06.2023

Desta vez a Recomendación Literaria chegounos desde a Escola Pedro Caselles, de Xove. Foi na voz de Xacobo, profesor de Educación Física. No momento do PROXECTO AMIGO emitimos o primeiro traballo co que debutaron nas ondas o día 21 de xuño de 2022. Antón Becerra foi desta vez a primeira voz que nos falou en representación da comunidade educativa do Instituto Rafael Dieste da Coruña. A súa interloc...

Proxecto Neo, 390: Patricia González Mota, "Peque"; Jusvely Godoy; Dani Vilares 15.06.2023

Abrimos o programa cunha Recomendación Literaria do profesor Luís Escolar, do IES Marqués de Sargadelos. A seguir recibimos a colaboración de Iago Mon, estudante de 1º de Bacharelato, que nos achegou unha nova entrega de Música para o Estudo da Historia. O Espazo RPA estivo dedicado á escritora Eva Mejuto, con motivo da súa visita ao Instituto María Sarmiento. O primeiro dos tres contidos centrais...

Proxecto Neo, 389: Andrés Calderón (Aquí tamén se fala galego); Fran R. Torrón; Carla Paz 08.06.2023

Johan é profesor auxiliar de Lingua Inglesa no Instituto María Sarmiento de Viveiro. Por xentileza da Radio Proxecto Amigo (RPA), puidemos reproducir unha entrevista con el. O espazo da Música para o Estudo da Historia viaxou ao Valadouro, desde onde colaborou Laura Prado Chao. O protagonista da primeira entrevista foi Andrés Calderón, estudante do Instituto Rafael Dieste, da Coruña. Estivo con nó...

Proxecto Neo, 388: Yolanda Fernández; Ana Lestao; Ana Fernández Melón 01.06.2023

Yanira Lopes Martíns conduciu unha nova entrega de Proxecto Neo. Coa axuda de Hugo, Sara e Germán, presentaron os seguintes contidos: - a recomendacion literaria de Carmen García, profesora de Lingua e Literatura Castelá. - unha nova entrega da colaboración coa emisora Radio Proxecto Amigo, do Instituto María Sarmiento. - o espazo "Música para o Estudo da Historia", con participación de Ana Freire...

Proxecto Neo, 387: Música para o estudo da Historia; Masa Coral Modelo Burela; Luís Álvarez Pousa 25.05.2023

O 387 é un programa de estreas por partida dobre: primeiro unha sección dedicada á Música de contido histórico e despois un espazo de colaboración coa RPA, a emisora educativa do Instituto María Sarmiento. Ademais da tradicional recomendación literaria, que nesta semana nos trouxo Maite Lanza, viaxamos aos Peares para falar con Germán, Sara, Hugo e Carmen Sampedro, integrantes da Masa Coral Modelo...

Proxecto Neo, 386: Francisco Basanta (IES M. Sarmiento); Marta Estévez Grossi (USC) 12.05.2023

Nuria Ramos Cuba regresou ao programa e fíxoo ao estilo Masa Coral: coa roupa de traballo e a disposición para colaborar. Súa foi a primeira das entrevistas, a que tivo como protagonista o profesor Francisco Basanta Barro (unha das grandes referencias do deporte galego, tanto como futbolista como preparador técnico). Despois das palabras do coordinador da expedición de radiofonistas, interviron ta...

Proxecto Neo, 386: Francisco Basanta (IES M. Sarmiento); Marta Estévez Grossi (USC) 11.05.2023

Nuria Ramos Cuba regresou ao programa e fíxoo ao estilo Masa Coral: coa roupa de traballo e a disposición para colaborar. Súa foi a primeira das entrevistas, a que tivo como protagonista o profesor Francisco Basanta Barro (unha das grandes referencias do deporte galego, tanto como futbolista como preparador técnico). Despois das palabras do coordinador da expedición de radiofonistas, interviron ta...

Proxecto Neo, 385: Mónica Antelo (IES RAFAEL PUGA); Rosa Espiñeira (Biblioteca Maravilhas); Ana Orol 04.05.2023

Coa música de Brais Morán, entramos nunha entrevista a Mónica Antelo, estudante de 1º de bacharelato no Instituto Rafael Puga Ramón, da Coruña. Con ela falamos do seu primeiro libro: Por que a terra é redonda?, que foi editado con fins benéficos. Pola súa parte, Rosa Espiñeira Pan, da biblioteca Maravilhas, con sede na Escola de Arroxo (Lourenzá), presentounos este centro cultural e convidounos a...

Proxecto Neo, 384: Miruca Parga; Mónica Alonso; Pedro Jorge Pereira; Antía Neira Fraga; Mateo Corral Caamaño 27.04.2023

A profesora Miruca Parga recomendounos a lectura dun libro de Rosa Aneiros: Resistencia, narrativa en homenaxe á revolución do 25 de abril. A segunda colaboración foi preparada pola tamén profesora Mónica Alonso, da área de Educación Física. Neste caso fainos crónica da presenza na Mariña dun Grande Mestre do TAI CHI. A música dos Azeitonas abriu ás portas a unha conversa con Pedro Jorge Pereira,...

Proxecto Neo, 383: Jorge F. Viso, Noel Cayón e Oscar F. Aldana (S.D. Porto de Burela); Diego Madarnás (IES Milladoiro) 20.04.2023

Tres futbolistas escollidos para a selección sub-13 representativa da provincia de Lugo foron entrevistados nunha das aulas do instituto durante o tempo de recreo. De fondo escóitanse os ruídos propios dun momento de descanso, mais a entrevista gaña en espontaneidade. A conversa gravada é un documento moi interesante tanto para o deporte como para a cultura e a educación. NA segunda parte do progr...

Proxecto Neo, 382.12: Maribel Crecente; Antonio Reigosa; Luísa Diéguez 12.04.2023

A recomendación literaria da profesora Maribel Crecente abre o programa 382. O primeiro entrevistado foi o escritor Antonio Reigosa, Cronista Oficial de Mondoñedo. Convidounos ao acto de homenaxe a Cándido Carreiras a celebrar o próximo día 15 de abril, coa inauguración dun monumento funerario no cemiterio civil da localidade. Na segunda parte do programa falamos con Luísa Diéguez, profesora no in...

Proxecto Neo, 381.12: M. Barrientos + Esp. IES M. Sarmiento (Vítor Rolle; Noa Suárez; Candela Villarmea; Mateo Rubal) 29.03.2023

Despois da Recomendación Literaria de Gonzalo Ruíz Liso, abrimos o programa cunha nova entrega do espazo “Si. Muller. Deporte”, que estivo protagonizado por Mercé Barrientos Varela, unha das máximas autoridades do taekwondo galego. Xusto despois desta entrevista, tivemos un programa dedicado integramente ao Instituto María Sarmiento de Viveiro. Primeiro falamos con Vítor Rolle, o cantineiro; máis...

Proxecto Neo, 380.12: Vanesa Vila-Verde; Uxío Alho; Cultura Marítima 23.03.2023

Abrimos o programa coa recomendación literaria feita pola profesora María Dolores Reimunde Noreña. Despois da música, reproducimos unha entrevista coa profesora Vanesa Vila-Verde. Esta peza informativa, realizada por unha unidade itinerante da Radio Galega, foi emitida en directo desde o patio do Instituto Perdouro no momento en que se estaba desenvolvendo o Día da Literatura Cabo-Verdiana. A entr...

Proxecto Neo, 379.12: Daniela de la Plaza (C.A. "Maderas Barcia"); Dane G. Níñez (VIVEMAR); Francisco Pereira 16.03.2023

Daniela de la Plaza, de 9 anos, estudante na Escola da Península da Paz, mostrounos oito medallas conseguidas en diferentes probas deportivas. A atleta do "Maderas Barcia - Cervo" destaca nas carreiras de lonxitude (dos 50 aos 1000 metros), nos saltos e nos relevos. Dane García Níñez presentounos os Encontros de Cultura Marítima a celebrar no Museo do Mar, en San Cibrao, o día 18 de marzo. Nos min...

Proxecto Neo, 378.12: Mar Álvarez (Nós Diario); Íker Trillo; Loli Blanco (IES Eusebio da Guarda) 09.03.2023

Abrimos o programa cunha recomendación literaria da profesora Ana Vázquez, que nos levou ao sécuo XIV a unha abadía situada nos Alpes. A protagonista da primeira conversa foi a xornalista Mar Álvarez, do Nós Diario. Alén de nos presentar o xornal e o perfil da súa equipa de redacción, falounos sobre os contidos especiais que publican con motivo da semana da imprensa na escola. A profesora Loli Bla...

Proxecto Neo, 377.12: Noemí Cortés; Miguel Rodríguez; Jesús San José 02.03.2023

A xogadora e treinadora Noemí Cortés falounos sobre un deporte até agora pouco coñecido: o softball. Despois de nos ofrecer as explicacións técnicas, coñecemos en primeira persoa as vivencias dunha persoa que leva practicando e ensinando este deporte durante varios anos. O historiador Miguel Rodríguez, de Ferrol, falounos da súa cidade e tamén da súa experiencia pedagóxica. Jesús San José visitou...

Proxecto Neo, 376.12 (O PROGRAMA DA PONTE): Gerardo Feijó (Ponte nas Ondas); Eduardo de Martís (Galicia Latente) 16.02.2023

Comezamos o programa coa estrea da Ponte, a nova música da Ponte nas Ondas para celebrar o Día Mundial da Radio. Este novo tema musical, transfronteirizo, é o resultado do traballo conxunto dunha galega (Uxía Senlle), unha portuguesa (Celina da Piedade), un brasileiro (Chico César) e un mozambicano (Cheny Wa Gune). Na segunda parte do programa coñecemos a realidade da Galicia Latente coa presentac...

Pr. Neo, 375.12: Lucía Roldán (IES Arteixo); Carla Dopazo (IES Eusebio da G.); Í. Trillo; Moustaphá S.; V. Vila Verde 09.02.2023

Lucía Roldán, do IES de Arteixo, fíxonos a recomendación literaria da semana. Xusto despois, entrou Berto así ao estilo volcánico. Era unha maneira de introducir a entrevista con Carla Dopazo, do IES Eusebio da Guarda. Na parte central do programa estivemos con Íker Trillo, que dentro duns días participará co equipo de Valencia na final dun campeonato de baloncesto en Barcelona. Con el estivo Mous...

Proxecto Neo, 378.12: Efigenia Maseda; Iván G. Lanzas (IES Pedra da Auga); Noa Castro (CT Barreiros); Manuela e Marina 02.02.2023

Efigenia Maseda, profesora de Latín e Grego, abre o programa coa súa recomendación literaria e dá paso á música de Fátima Pego e DJ Sonic. O profesor Iván G. Lanza do IES Pedra da Auga, de Ponteareas, falounos da súa experiencia como neofalante. Este profesor de Formación e Orientación Laboral (FOL), nacido en Madrid, incorporou ao seu repertorio o idioma galego xusto en quinto lugar. Noa Castro é...

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.