Proxecto Neo
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Proxecto Neo, 373.12: Manuel Piñeiro (ROGA COLECTIVA); JOZI OLIVEIRA (BURELA F.S.); Víctor López (EMB) 25.01.2023 1:00:00
O historiador Manuel Piñeiro presentounos unha nova asociación defensora do patrimonio: A ROGA COLECTIVA, que recentemente fixo público un manifesto fundacional e que nós daremos a coñecer a través das redes sociais. Despois de falarmos de TRABALLOS COMUNITARIOS, tivemos unha nova entrega do espazo que leva por título "Si, Muller! Deporte". A convidada nesta iniciativa incluída nos "365 días de re...
Proxecto Neo, 372.12: Marta Rodríguez (IES Eusebio da Guarda); Carme Cociña 18.01.2023 1:00:00
Marta Rodríguez, de 17 anos, estuda o 1º curso de bacharelato no Instituto Eusebio da Guarda, da Coruña. Nós falamos con esta representante da Xeración das Galescolas, xusto no momento en que están chegando á maioría de idade. Unha entrevista recomendada para ser escoitada por alumnado, polas familias e por todo o profesorado (moi especialmente o das Linguas e o implicado nos ENL). Na segunda part...
Proxecto Neo, 371.12: Yanira Lopes Martins; Cristian G. Mesa; Serxio A. Mon; Jessica Fernández 12.01.2023 1:00:00
Certísimo: Se non saes... non podes entrar de novo. Esa é a idea central do audivisual Si ka badu, ka ta biradu, de Sonia Díaz e Óscar Vázquez. Nós quixemos coñecelo desde dentro e desde a óptica dunha das protagonistas, a estudante de Yanira Lopes Martins. Con 12 anos, fala con toda a forza que se recolle nesta gravación. Máis tarde, Cristian Gómez Mesa falounos do Certame Galego de Regueifa, un...
Proxecto Neo, 370.12: María Fuente; Chelo Gundín 22.12.2022 1:00:00
Primeiro temos unha conversa sobre deporte feminino. A primeira entrevista está protagonizada por María Fuente, que comeza a dar os primeiros pasos na arbitraxe. Na segunda parte do programa a protagonista é a profesora Chelo Gundín, dinamizadora das bibliotecas escolares. Con ela falamos sobre animación á lectura e tamén sobre a didáctica da Lingua e a Literatura.
Proxecto Neo, 369.12: María Quintana; François Davo; Daniel Domínguez 15.12.2022 1:00:00
No programa 369 recibimos a incorporación de María Quintana, unha estudante de só 9 anos. Con ela conversamos un nomento. O noso seguinte convidado foi o profesor, tradutor e escritor François Davo. Nacido en Le Mans, chegou á cidade da Coruña como profesor auxiliar de Lingua Francesa no decenio de 1990. Daniel Domínguez, o guionista de O Corpo aberto -a longametraxe de Ángeles Huerta-, que nos fa...
Proxecto Neo, 368.12: Gaspar Broullón "Corpo Aberto") ; Irene Pérez Lis ("Surfeando libros") 08.12.2022 1:00:00
Gaspar Broullón é profesor da materia de Produción Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Nuria Ramos Cuba solicitoulle entrevista para falaren sobre produción cinematográfica e xuntos prepararon unha intervención didáctica sobre o Corpo Aberto, de Ángeles Huerta, inspirada no "Lobosandaus" arraiano de Xosé Luís Méndez Ferrín. Con este prato central parecía que non habería sitio pa...
Proxecto Neo, 367.12: Paula Jorge Horta (Land Rober); Djennifer de Brito Semedo; Álvaro Díaz (Asoc. Tempo Novo - Elviña) 30.11.2022 1:00:00
Paula Jorge Horta retornou ao Instituto Perdouro. Desta vez para falar de Educación inclusiva. De guiar a conversa ocupáronse Carme Gallo, Sara Villarquide e Hugo F. Galdo. Unha das salas de aulas do instituto converteuse momentaneamente nun estudio radiofónico-audiovisual (Matías Nicieza gravou a sesión completa). O alumnado puido presenciar ao vivo a realización e tivo un excelente comportamento...
Proxecto Neo, 366.12: Lúa Mariña Fernández; Jhonny F. Taboada; Oliva Sanluis Tejada 24.11.2022 1:00:00
Abrimos o programa coa recomendación literaria feita polo profesor Manolo Carreira. Xusto despois escoitamos outra peza radiofónica que nos enviou o alumnado de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente. Desde A Estrada atendeu a nosa chamada a estudante Lúa Mariña Fernández, que nos falou dunha curiosa iniciativa surxida no IES Lousada Diéguez: o Samaín Creativo. Do mesmo tema faláronnos Nuria Ramos...
Proxecto Neo, 365.12: Lourenço Gomes; Élter Carlos; Dulce Fernández Graña (IES Eusebio da Guarda) 16.11.2022 1:00:00
Dous profesores e unha profesora de Cabo Verde estiveron durante dúas intensas xornadas en Burela. Primeiro visitaron o IES Monte Castelo, despois foron recibidos no Concello e, finalmente, estiveron coa comunidade educativa do IES Perdouro. Neste programa falamos cunha representación dos estudantes e do profesorado e, mais tarde, falamos tamén cos propios docentes convidados. Na parte final do pr...
Proxecto Neo, 364.12: Nuria Bouza; Moustapha Sarr 09.11.2022 1:01:49
Abren o programa Paula López e David Otero cunha entrevista coa luguesa Nuria Bouza, xogadora e directora deportiva de Voleibol que traballa actualmente en Cataluña. A entrevista está enmarcada dentro do Proxecta que leva por título "365 días de respecto e igualdade". Xa na parte final do programa, conversamos con Moustapha Sarr, estudante do 2º curso de ESO.
Proxecto Neo, 363.12: Germán Quintana Sanjurjo; Cristian G. Mesa; Laura G. Santiso 03.11.2022 1:00:00
Proxecto Neo tivo a honra de abrir as portas da radiodifusión a un músico de 12 anos: Germán Quintana Sanjurjo. Primeiro propiciamos a audición da súa música e despois falamos demoradamente con el. O seguinte convidado foi Cristian Gómez Mesa, integrante da Masa Coral Modelo Burela desde hai case dez anos. Estivo con nós con motivo da súa participación no Enreguéifate, unha iniciativa en que parti...
Proxecto Neo, 362.12: Breogán F. Bouza; David L. Casas; Hugo F. Galdo; Amancio Liñares 27.10.2022 1:00:00
Celebramos a incorporación de tres novas voces a Proxecto Neo. Trátase dos alumnos Breogán F. Bouza, David L. Casas e Hugo F. Galdo, os tres estudantes de 1º de ESO. Despois de recibilos no estudio, dedicámoslles unha canción do Grande Amore. As entrevistas con estes mozos de entre 12 e 13 anos, Alba e Nerea conversaron co profesor Amancio Liñares, que falou sobre Ramón Piñeiro e que nos convidou...
Proxecto Neo, 361.12: Benjamim Outeiro ("O Brasileiro da Pedra") 20.10.2022 1:00:03
Por xentileza de Rocío Candales e Séchu Sende, nesta emisión de Proxecto Neo recollemos unha conversa co escritor galego-brasileiro Benjamim Outeiro, orixinario do lugar da Pedra de Nemenzo (Santiago de Compostela). Coa voz narradora de Nuria Ramos Cuba, minuto a minuto coñecemos o periplo vital dun galego de oitenta e nove anos que cruzou o Atlántico por primeira vez en 1951 a bordo dun barco arx...
Proxecto Neo, 360.12: Víctor F. Freixanes;Abrahám Rivera 05.10.2022 1:00:00
Despois de que Carmen Castro nos fixese a Recomendación Literaria da semana, os "Aires de Pontevedra" na versión de Milladoiro abriron o camiño para que Nuria Ramos Cuba converse demoradamente co Presidente da Academia Galega. A estudante de Burela comezou a entrevista facendo unha alusión a dúas localidades que teñen o mesmo nome, cunha simple alteración gráfica: Borela (con -o-) e Burela (con -u...
Proxecto Neo, 359.12:Xoán Moreda Pinto; Vanesa Vila-Verde Lamas 27.09.2022 1:00:02
A segunda promoción do CUALE -para a obtención do título internacional B1- xa está en camiño. No acto de inauguración participou Xoán Moreda Pinto, profesor de Filosofía, que o curso pasado realizou estudos de Lingua Portuguesa na Escola Oficial de Idiomas de Lugo. Foi precisamente o profesor Moreda Pinto o protagonista da nosa primeira entrevista. Con el falamos de trinta anos de docencia no ensi...
Proxecto Neo, 358.12: Mónica Alonso 22.09.2022 1:00:59
Abrimos o programa coa intervención do profesor Fernando Losada, autor dunha peza sonora sobre erros ortográficos comúns en letreiros urbanos protagonizada por un grupo de estudantes e a súa profesora de Lingua e Literatura. A seguir, o noso contertulio presentounos a súa colaboración para o curso 22-23: un espazo de animación á lectura. O contido central do programa estivo dedicado Mónica Alonso....
Proxecto Neo, 357.12: Programa especial dedicado a Bernardo Penabade 14.09.2022 1:01:17
No comezo do curso académico 2022-23 chegamos ás 357 semanas en antena. Nuria Ramos e Cristian Gómez redactaron e ocupáronse da realización dun programa monográfico ao profesor Bernardo Penabade. Entre outras persoas, interviron Manolo Maseda, Sechu Sende, Maribel Crecente, Aitor López Anello, Xián Liñares, etc.
Proxecto Neo, 356.11: Miguel Sande; Amancio Liñares 22.06.2022 59:58
O xornalista Miguel Sande, delegado da Voz de Galicia na Mariña, atendeu a nosa chamada e falou con Nuria Ramos Cuba sobre a súa obra de creación literaria. Aproveitamos para facer a presentación dun libro de recente publicación: O Negociador. Con Amancio Liñares aproveitamos para evocar a figura de Avelino Pousa Antelo, xusto no momento en que se están facendo as primeiras presentacións dun novo...
Proxecto Neo, 355.11: Samuel Silva; Ramón Real; Henrique Sanfiz 16.06.2022 1:00:23
No programa 351 contamos coa participación de Samuel Silva, xornalista do Público. Falounos da súa experiencia formativa no Centro de EStudos Galegos da Universidade do Minho, baixo a dirección educativa do profesor Alberto PAz Félix. Co estudante Ramón REal falamos da Feira da Ciencia organizada polo Instituto PErdouro. Nos minutos finais acompañounos Henrique Sanfiz, Director de Radio Fene e da...
Proxecto Neo, 354.11: Miguel González Somovilla; Umberto Corral; Pablo García Martín 09.06.2022 1:00:00
Abrimos o programa cunha conversa co xornalista Miguel González Somovilla, que nos próximos días 1 e 2 de xullo estará en Mondoñedo para participar no IIº Encontro Cunqueiro. O berciano de Bembibre, Umberto Corral, adiantounos os contidos de Fálame Sempre, un filme do xénero documentario que describe en panorámica a situación da lingua galega naquela comarca. Nos últimos falamos con Pablo García M...
Proxecto Neo, 353.11: Martín Lestao (Asoc. Burela Floral); Shiva Alinda Nurhakim; Carmen Castro Novo; Armando Requeixo 02.06.2022 1:00:09
Este é o programa das celebracións. Martín Lestao, da Asociación Burela Floral, convidounos a participar nos traballos de preparación da grande alfombra conmemorativa das festas patronais da localidade. Despois falounos dos vínculos entre as localidades galegas que manteñen esta tradición: Perbes, Ares, Ames, Ponteareas...
Proxecto Neo, 352.11: Carme Sampedro Miranda; Íker Trillo e Alberto Méndez (C.B. Burela); Moncho Mariño 26.05.2022 1:00:11
Abrimos o programa coa interpretación da cantiga titulada Ondas do Mar de Vigo por alumnos e alumnas de 4º de ESO, dirixidos pola profesora Patricia Inés Fernández Salas. Pola súa parte, a profesora Carme Sampedro Miranda presentounos un Plan Proxecta realizado no Instituto Perdouro. Trátase do 365 días pola Igualdade. Íker Trillo e Alberto Méndez, do Clube de Baloncesto Burela, faláronnos do Camp...
Proxecto Neo, 351.11: Fernando Losada; Leidy Diana Pillaca; Imane Oubella; Claudia Romo Leivas 19.05.2022 1:00:00
O Profesor Fernando Losada visitounos no estudio de Radio Burela para facer memoria das colaboracións que nos enviou durante este curso académico. Na segunda parte, o diálogo intercultural tivo como protagonistas as estudantes Leidy Diana Pillaca, con raíces familiares no Perú, e Imane Oubella, orixinaria de Marrocos. Na terceira parte, Claudia Romo Pernas fíxonos a historia dunha fotografía feita...
Proxecto Neo, 350.11: Brais Vila; Bea, a de Estrella; Séchu Sende 12.05.2022 1:00:00
Brais Vila fíxonos de cronista especial dunha expedición educativa pola Terra Chá. O grupo de Burela estivo primeiro no castro de Viladonga e despois desprazouse á lagoa de Cospeito, antes de gozar dun momento de lecer na área recreativa da Madalena, en Vilalba. A seguir conversamos con Bea, a de Estrella, que acaba de editar o seu primeiro disco. Nós conversamos con ela e coñecemos os contidos de...
Proxecto Neo, 349.11: Yorel Ladra (aVozdasLetras); Branca Trigo; Adrián Maceda; Antonio Reigosa 05.05.2022 1:00:00
Unha conversa con Yorel Ladra Ballesteros, da Voz das Letras2022, presentounos a iniciativa de traballo colaborativo para tributar homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán. Despois dunha magnífica mostra de aprendizaxe-servizo, entramos nunha serie de contidos dedicados ao encontro Mondoñedo é poesía e ao certame Díaz Jácome. Atenderon a nosa chamada Branca Trigo, Adrián Maceda e Antonio Reigosa.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.