Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto Neo, 348.11:Día do libro; Fran Bouso (Mondoñedo é!); Erín Agustí; Xulio Pardo de Neira 28.04.2022

Celebramos o Día do Libro cunha colaboración que nos chegou desde o Colexio dos Castros, en Burela. Inmediatamente despois, viaxamos á capital da Mariña para coñecermos o programa da xornada Mondoñedo é Poesía. Fran Bouso encargouse de facer un percorrido por esta iniciativa de dinamización cultural e convidounos a asistir á presente edición a celebrar o domingo, día 1 de maio. Durante uns minutos...

Proxecto Neo, 347.11: Juan Farroñán Villalba; Lucía Gómez Álvarez; Santiago Raimundi; Borxa Freiría; Arián Quinteiro 20.04.2022

Abrimos a celebración das Letras Galegas na honra de Florencio Delgado Gurriarán. Neste programa participan os estudantes Juan Farroñán Villalba e Yorel Ladra Ballesteros; a profesora Lucía Gómez Álvarez, autora de Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo (Ed. Galaxia); e tres representantes de Kaito Studio, a produtora audiovisual que está en proceso de gravación da peza documental q...

Proxecto Neo, 346.11: Marcos Abalde e Belén Roca Fortúnez (IES Concepción Arenal); María Álvares Rei (Novas da Galiza) 06.04.2022

Se na semana pasada facíamos homenaxe á pedagoga Antía Cal e a intervención educativa Ponte nas Ondas, nesta semana retomamos a información sobre o Desafío Galego, organizado no Instituto Concepción Arenal (Ferrol). Xunto coas entrevistas a Marcos Abalde e Belén Roca Fortúnez, docentes, tamén conversamos coa xornalista María Álvares Rei, do Novas da Galiza. A través das súas palabras coñecemos Out...

Proxecto Neo, 34R5.11: Carla Trillo; María Barcala; Rubén Figueroa 31.03.2022

Inicialmente, conversamos coa atleta Carla Trillo, unha brillante referencia do deporte na Mariña. Coñecemos a súa evolución, o sistema de preparación e incluso falamos de dietas e de deporte escolar. María Barcala convidounos a revisitar vida e obra poética de Rosalía de Castro, a través do espectáculo Libre como os paxaros. Pola súa parte, Rubén Figueroa -profesor no IES Pedras Rubas, de Salceda...

Proxecto Neo, 344.11: Luis ; Lin Vizoso; Noé F. Quelle 23.03.2022

Luis Ríos é un estudante de Formación Profesional. Agora mesmo está próximo a finalizar o Ciclo de Xestión Administrativa e disponse a realizar a Formación en Centros de Traballo en Potenza (Italia) grazas ao programa Erasmus. Nós conversamos con el. Lin Vizoso estuda Bacharelato. A súa excelente nota media permítelle ser aspirante a unha Beca Europa. Proxecto Neo falou con ela e deu a coñecer á s...

Proxecto Neo, 343.11:Emilio Insua; Especial #DesafíoGalego 16.03.2022

O profesor Emilio Insua avanzounos os contidos do seu novo libro de ensaio, dedicado ao poeta viveirés Luís Sipos Magniac (1845-1879) e anunciounos a presentación a celebrar en Viveiro ás 8 da tarde do día 19 de marzo. O contido central deste episodio está dedicado á intervención educativa DesafioGalego, realizada na cidade de Ferrol pola comunidade educativa do Instituto Concepción Arenal.

Proxecto Neo, 342.11: Óscar Pérez Moronta; Iago Alcántara; Gala Dacosta Diehl 09.03.2022

Comezamos cunha colaboración do alumnado da materia de Valores Éticos. Un traballo que nos envía o profesor Fernando Losada. Inmediatamente despois coñecemos a traxectoria de Óscar Pérez Moronta, alumno de 1º de bacharelato, un auténtico modelo de uso lingüístico aglutinante. Xusto despois de conversarmos con Óscar Pérez, viaxamos a Santiago de Compostela para coñecermos a iniciativa que leva por...

Proxecto Neo, 341.11: Antón Expósito Campo; Paula Alonso (CUAC); Cultura Científica; Paulo G. Ogand 23.02.2022

Antón Expósito Campo, estudante no IES Perdouro, falounos sobre a súa práctica do baloncesto nos equipos de San Cibrao, Viveiro e Lugo; sobre o estudos de frauta e piano na Escola de Música de Burela; e sobre a súa participación no certame Bolsas Europa. Paula Alonso, de CUAC FM, presentounos Nada que ver, un audiovisual que recolle os 25 anos de funcionamento desta emisora comunitaria. Con ela ta...

Proxecto Neo, 340.11: Laura Rodríguez; Diego de Braelle; Diego González Peña 16.02.2022

Laura Rodríguez, alumna do primeiro curso de bacharelato, é unha das máis de 3.000 aspirantes a conseguir unha das 50 bolsas Europa para visitar durante 20 días diversas universidades do continente europeo. Nós falamos con ela. Na segunda entrevista coñecemos a música do cantautor Diego de Braelle, que acaba de anunciar a inminente aparición do seu primeiro traballo discográfico: Ortegal. O tercei...

Proxecto Neo, 339.11: Xoán Manuel Bastida 09.02.2022

O Doutor Xoán Manuel Bastida acompañounos no estudio para participar nunha entrevista realizada por Nuria Ramos Cuba, Noé Fernández Quelle e Cristian Gómez Mesa. Co Dr. Bastida falamos da súa experiencia no estaleiro de Astano, na ría de Ferrol, dos estudos de Medicina na USC e do exercicio profesional como médico.

Proxecto Neo, 338.11: Cultura Científica; Christian Diz (Trasdovento); Uxía C. Souto (IES Bergidum); Arantxa García 02.02.2022

O Grupo de Cultura Científica do IES Perdouro levounos de viaxe educativa polo Universo. Con ese dinamismo como base, chegamos a Oímbra para falarmos con Christian Diz, da Adega Trasdovento, que produce un viño de nome moi amoroso: Quérote! A reciprocidade do amor pola nosa cultura abriunos as portas a coñecer unha estudante do Instituto Bergidum Flavium: Uxía Castro Souto. A última das entrevista...

Proxecto Neo, 337.11: Fran M. Hidalgo; Luís Álvarez Pousa; Cándido Paniagua 26.01.2022

Esté o programa dos Tempos Novos. Dedicámosllo á revista que leva este título con motivo dos seus primeiros 25 anos cumprindo mes a mes coa súa presenza nos quiosques e nas caixas de correos. O primeiro convidado é o profesor Francisco M. Hidalgo, que nos comenta os contidos deste número e que nos dá a súa opinión sobre a nova liña gráfica da publicación. O director, Luís Álvarez Pousa, atendeu a...

Proxecto Neo, 336.11: Cristian Gómez Mesa; Lupe Blanco 19.01.2022

Nos primeiros minutos do programa repuxemos a música da serie de animación Doraemon. Co gato cósmico como punto de partida, falamos dos Pitufos, dos Picapedra... e mesmo de Shin Chan. A seguinte conversa tivo como protagonista o regueifeiro Cristian Gómez Mesa, que participou recentemente no Certame Galego de Regueifa. A última das entrevistas foi precisamente coa gañadora do citado certame: Lupe...

Proxecto Neo, 335.11: Pablo Carral (Zintzilik Irratia); Isabel García Millán (Escola Unitaria de Ombre) 12.01.2022

Pablo Carral, orixinario de Burela, presentounos o programa Likor Kafé emitido ás ondas a través de Zintzilik Irratia da localidade de Renteria, no País Vasco. Pola súa parte, a mestra Isabel García Millán falounos da comunidade educativa da escola unitaria da parroquia de Ombre, en Pontedeume.

Proxecto Neo, 334.11: Serxio G. Couto (Dambara); Aleixo F. Maseda; Lois Pérez; María Barcala 16.12.2021

Serxio Gómez Couto presentounos o programa de actividades musicais da Asociación Dambara, a celebrar entre os días 18 de decembro de 2021 e 4 de xaneiro de 2022. Neste mesmo programa, comezou a andadura radiofónica Aleixo F. Maseda, que nos interpretou un fragmento do Misterio do Torque de Burela, obra narrativa de Antía Yáñez. Lois Pérez, da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega...

Proxecto Neo, 333.11: Odilo González (Asoc. José Afonso); Quique Roxíos (Asoc. Axuntar); Nemesio Barxa 02.12.2021

Odilo González presentounos a Assoc. José Afonso (AJA) e o seu programa de actividades recentemente celebrado nas cidades de Vigo, Vilagarcía, Ferrol, Coruña e Santiago. Con Quique Roxíos comentamos a audición dunha entrevista feita pola Cadena Ser-Occidente de Asturias a Natalia Jardón, lingüista, que falaba en representación da Asociación Axuntar. Na terceira parte do programa conversamos co avo...

Proxecto Neo, 332.11: Tempos Novos; Serxio Gómez Couto (Asoc. Dambara); Begoña Martín Acero (Asoc. Axuntar) 24.11.2021

Comezamos o programa 332 coa presentación dos contidos da revista Tempos Novos (a nova lei do audiovisual; a tarifa eléctrica...). Foi unha colaboración do profesor Francisco M. Hidalgo. Inmediatamente despois, tivemos unha nova presentación. Neste caso, coñecemos por dentro a Asociación Musical Dambara, a través das palabras dun dos seus integrantes: Serxio Gómez Couto. A terceira das entrevistas...

Proxecto Neo, 331.11: Brais Vila (IADOVI C. T.); ÍKER TRILLO (CB Burela); Adela Figueroa (escritora) 10.11.2021

Brais Vila presentounos o programa de actividades do Clube de Tiro Iadovi, con sede en Cangas de Foz. Íker Trillo Souto falou-nos da súa participación no Clube Baloncesto Burela. A súa traxectoria deportiva levouno a ser chamado a participar no Breogán C.B. e nas seleccións galega e española desta modalidade deportiva. A escritora Adela Figueroa presentounos a súa nova obra: AS Mulleres da casa da...

Proxecto Neo, 330.11: Teresa Quelle Vidal; Cristina Llinares; Lorena Pita 05.11.2021

No Consello da Cultura Galega debátense os diferentes modelos de escola e enfatízase a importancia do ensino para a etapa comprendida entre os primeiros meses de vida e os seis anos. Proxecto Neo quixo contribuír a ese encontro con diferentes conversas: a primeira delas con Teresa Quelle Vidal, da Escola Infantil Guiñol, o modelo que nós defendemos. Ese modelo de escola que puxera en práctica Antí...

Proxecto Neo 328.11: Roberto Soto Santiago 24.10.2021

Nacido na cidade de Ferrol, Roberto Soto Santiago estudou Enxeñaría Industrial nas ramas de Electrónica e Automatismos. A súa experiencia laboral, que comezou moito antes de alcanzar a licenciatura universitaria, pasou por ser autónomo no ramo da electricidade e a pintura industriais; na seguridade privada e na amplificación de concertos. Só despois entrou na docencia no nivel do Ensino Secundario...

Proxecto Neo, 329.11: Cristian Gómez Mesa e Raquel Lopes Ramos 22.10.2021

Cristian Gómez Mesa estreouse en Proxecto Neo con 13 anos cando cursaba 2º de ESO. Despois de catro anos colaborando na locución e na produción, agora está aos mandos da realización técnica. Neste programa conversamos con el. Raquel Lopes Ramos é afrogalega. Chegou á nosa terra sendo unha nena de curta idade, retornou ao Atlántico africano, pasou alí uns anos e voltou de novo para Burela. Agora es...

Proxecto Neo 327.1: Fernando Losada; Raquel G. Hermida; Aida Colmenero 06.10.2021

Iniciamos a décimo primeira etapa cunha entrevista ao profesor Fernando Losada, docente de Bioloxía e comunicador radiofónico. Raquel González Hermida presentounos o programa de actividades do Observatorio da Mariña pola Igualdade e convidounos a participar na xornada de dinamización artística "Ella Poema", dirixida por Aida Colmenero. A propia Aida Colmenero concedeunos unha entrevista e nela con...

Proxecto Neo 326.10: F. Redondo (Fund. Neira Vilas); Manuel Núñez (Fervenza); A. Piñeiro; L. Alcayde Dans; Pepe Peinó 23.06.2021

Neste programa final da décima etapa, tributamos unha homenaxe radiofónica a Balbino, o de Gres, con motivo da súa xubilación. Abrimos a emisión en comunicación precisamente con Gres, desde onde nos atendeu o profesor Fernando Redondo, Presidente da Fundación Neira Vilas. Inmediatamente despois, o protagonista da conversa foi Manuel Núñez, director da Editorial Fervenza, entidade organizadora do C...

Proxecto Neo, 325.10: Juliet Ocampo; Ximena Piñeiro; Silvia Basanta; Beatriz Dourado 16.06.2021

Desde a Terra Chá recibiunos Juliet OCAMPO, que nos falou do inicio da súa carreira literaria. Inmediatamente despois de estarmos con Juliet Ocampo, falamos coa súa profesora Ximena Piñeiro Torres, do Instituto Trapero Pardo, de Castro de Ribeiras de Lea. A terceira das entrevistas foi protagonizada por Silvia Basanta, filóloga das Terras de Meira e coordinadora das Sendas de letras, palabras e li...

Proxecto Neo 324.10: Helena de Alfonso e J L. Lara (BARAHÚNDA); David Cortizo (Ed. CUARTO DE INVERNO); Teresa Bustamante 09.06.2021

Neste programa viaxamos a Rianxo para falarmos con Helena de Alfonso e José Luís Lara, músicos de Barahúnda, a formación que prepara un terceiro disco de música galega. Despois de estarmos no norte da Ría da Arousa, coñecemos unha nova empresa editora: Cuarto de Inverno, que ten en catálogo obras de Teresa Moure, de Antḯa Yáñez, de Lorena Conde ou de Arantxa Nogueira. Na terceira das entrevistas c...

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.