Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto Neo, 275.9: António Firmino (prof. de lingua cabo-verdiana); Serafín Parcero (escritor) 23.10.2019

Programa 275. Celebrámolo co profesor cabo-verdiano Antonio Firmino e co escritor galego Serafín Parcero. Ao ritmo do Cabo Verde sabi, dos Diplomáticos (capitaneados nesta ocasión por Manolo Maseda), entramos na conversa co primeiro profesor de lingua cabo-verdiana nun curso celebrado na localidade de Burela. Na segunda parte do programa, o protagonismo foi para o escritor Serafín Parcero, que pre...

Proxecto Neo, 274.9: Dores Fernández Abel (Premio Mendinho); Rodrigo Costoya (escritor); Antón Niñe (ensaísta) 16.10.2019

Dores Fernández Abel é a profesora do ensino medio galego con maior volume de alumnado na materia de Lingua Portuguesa. Con ela falamos do momento en que comezou esta experiencia didáctica (2012) e da evolución posterior. Foi con motivo do Premio Mendinho, que recoñece o seu extraordinario exercicio docente.

Proxecto Neo, 273.9: Pilar Sampedro (F. Neira Vilas); Armando Requeixo (Museo Cunqueiro); Lupe Blanco (Enreguéifate) 09.10.2019

A profesora Pilar Sampedro, en representación da Fundación Neira Vilas, falounos de "Co pai" (Ed. Galaxia), nova obra de publicación póstuma do escritor de Gres. Aproveitamos para divulgar a súa presentación no café A Sacabeira, de Sargadelos. Despois da "Derradeira elexía a Manuel Antonio", musicada por César Morám, o protagonista da conversa foi o profesor Armando Requeixo, que nos presentou o p...

Proxecto Neo, 272.9: Carme Vilariño (AS-PG); Chusé Raúl Usón; Antonio Ben 02.10.2019

A profesora Carme Vilariño presentounos as bases do XVIII Certame "Tíralle da Lingua". Aproveitamos tamén para divulgar a convocatoria da nova edición do certame de Curtas ASPG e para dar a coñecer a iniciativa 70minutos.com, da que aínda falaremos máis nos próximos programas. Desde Aragón, o escritor e editor Chusé Raúl Usón fíxonos unha radiografía da situación xeral da lingua aragonesa e inmedi...

Proxecto Neo, 271.9: Conchi Pernas (Fondo Galego); Anxos Sobriño; Natalia Monje (Ecos do Sur); Milagrosa Ferrero (UNED) 25.09.2019

O programa 271 comezou con dúas crónicas. A primeira foi de Conchi Pernas Díaz, Técnica de Atención á Inmigración do Concello de Burela, que nos resumiu o elenco de actividades desenvolvidas polo economista mozambicano Onofre Muianga en varios concellos galegos como resultado da iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A protagonista da segunda crónica foi Anxos Sobriño, presiden...

Proxecto Neo, 270.9: Andrea G. Corzo (Fondo Galego); Onofre Muianga; Manuel Fuentes (Deputación da Coruña) 18.09.2019

A 9ª etapa comezou cun programa especial dedicado á cooperación e solidariedade internacional. A primeira entrevistada foi Andrea G. Corzo, do Fondo Galego, entidade promotora do programa "Vacacións con traballo". Un dos participantes nese programa é o mozambicano Onofre Muianga, que iniciou en Burela un período de formación que o levará durante un mes por catro concellos galegos: o citado Burela,...

Proxecto Neo, 269.8: Alba Fdez (A Sacabeira-Sargadelos); Brais Costas Fragueiro; José Martínez-Romero; Adela Figueroa 26.06.2019

Alba Fernández presentounos o Café Cultural A Sacabeira, situado na zona das vellas fábricas de Sargadelos. Falounos da decoración e do programa de actividades culturais entre as que están as exposicións de pintura e fotografía, as presentacións de libros e os espectáculos de música e teatro. Neste programa tamén coñecemos o estudante Brais Costas Fragueiro, que alcanzou a máxima cualificación (13...

Proxecto Neo, 268.8: Gabriela Pedre Lastra; Irene Basanta Díaz; Miruca Parga; Territorio Verde 19.06.2019

Programa en que se fala e se canta regueifas. Programa en que se fala de premios gañados por traballos sobre a obra da escritora Antía Yáñez. Programa de homenaxe aos 25 anos da revista Maruxía. Todo isto e aínda máis, como por exemplo a iniciativa de Territorio Verde.

Proxecto Neo, 267.8: Cándido Cosme Pichel; O salto e Sotaques; Vítor Lourenço (Casino de Carballo) 12.06.2019

Con Cándido Cosme Pichel, do Restaurante Victoria, de Forcarei, falamos de produtos de proximidade, de gastronomía e tamén de publicidade. A través da entrevista con Elena Martín Lores e Pablo Santiago, coñecemos o xornal O Salto (antes Diagonal) e a serie audiovisual Sotaques. Nos minutos finais falamos con Vítor Lourenço sobre a recuperación social e patrimonial do Casino 1889 de Carballo.

Proxecto Neo, 266.8: Kalee Rose; Lola Tourón; J. M. Iglesias (Carballo Vivo) 06.06.2019

En 2014 Kalee Rose entrou na nosa terra e a nosa terra e a nosa cultura entraron na esencia de Kalee Rose, que mesmo pasou a ser Katuxa. A paisaxe, a gastronomía, as festas, a lingua e a literatura na nazón de Breogán pasaron a estar presentes na súa vida diaria e neste momento participa en seráns e foliadas, toca a gaita e mesmo aprendeu o baile tradicional na escola provincial de danzas da Deput...

Proxecto Neo, 265.8: Carme Pais (Semente-Corunha); Marek Jacek Grzeszczyk; Paco Veiga 29.05.2019

Neofalante nacida e residente na Coruña. Por libre vontade, cando tiña 15 anos, Carme Pais decidiu recuperar a lingua perdida. Conseguiuno. Neste programa coñecémola e falamos da Escola Semente, do grupo de comunicación virtual de neofalantes e tamén das familias que se xuntan nos parques coruñeses para conseguir que as súas crianzas se socialicen no idioma noso. A historia de Marek Jacek Grzeszcz...

Proxecto Neo, 264.8: Miguel Suárez (Eo-Navia); Miguel Anxo Varela; Lidia Pena 22.05.2019

Miguel Suárez, de Boal, casou en Valencia. As súas amizades e parentes recibiron con alegría o convite, que rompeu moldes, porque foi escrito no idioma que o hoxe xornalista aprendeu na infancia. Para nós que mantivese con orgullo a súa identidade nun acto de tanta transcendencia resultounos moi chamativo e por iso quixemos falar con el. Mereceu moito a pena. Con toda a enerxía positiva recollida...

Proxecto Neo, 263.8: Especial Paco Rivas 15.05.2019

Paco Rivas é un escritor da Xeración dos '80 que comezou a publicar obra literaria no tránsito entre os séculos XX e XXI. Dado que naceu un día 17 de maio e dado tamén que acaba de publicar unha nova obra narrativa (O paraugas na raiola e outros relatos), decidimos dedicarlle un programa monográfico. Primeiro fixemos unha aproximación biográfica e despois centrámonos nas súas obras de investigació...

Proxecto Neo, 262.- Fran Bouso (Mondoñedo é Poesía); Ugia Pedreira (Comuna del Barruzo); Iria Moscoso (Foliada de Cervo) 08.05.2019

O profesor Fran Bouso fíxonos crónica do encontro literario Mondoñedo é Poesía, integrado dentro do programa da festividade das Quendas. Ademais da festa dos maios, en homenaxe ao Pallarego, houbo recitais de escritores e escritoras novos e unha grande velada literaria no Auditorio Pascual Veiga coa participación de Martiño Maseda, Alberte Momán e Antón Reixa. Amenizaron con música Lino Rico e a B...

Proxecto Neo, 261.8: Antonio Vidueiro; Santiago Barrio; Xosé María Leal Bóveda 24.04.2019

Abrimos o programa cunha demorada conversa co profesor Antonio Vidueiro para falarmos de diferentes temáticas relacionadas coa educación. Ademais de nos comentar a súa experiencia en léxico e territorio, o entrevistado falounos do xogo popular dos bolos celtas. Na segunda entrevista tivemos o pracer de conversar cun estudante de Filoloxía Románica na USC, Santiago Barrios, fillo de alsaciana e ber...

Proxecto Neo, 260.8: Carlos Santiago (Volta e Dálle); IES Punta Candieira (Cedeira); Pilar Vázquez 10.04.2019

O actor e dramaturgo Carlos Santiago, de familia picheleira 100% desde varias xeracións atrás, foi educado nunha lingua diferente daquela que recibiran os seus devanceiros. E, como é habitual na nosa terra, esa ruptura consolidouse nas diferentes escolas en que estudou. Casos excepcionais, como o do profesor Xabier Ferreiro, no Instituto Peleteiro, axudáronlle decisivamente a abrir a porta á recup...

Proxecto Neo, 259.8: Fernando Redondo Neira; Miguelanxo Lar; Pepe Penabade 03.04.2019

Fernando Redondo Neira, profesor na Faculdade de Ciencias da Comunicación da Universidade é o novo presidente da Fundación Neira Vilas. En Proxecto Neo quixemos transmitirlle os parabéns e quixemos coñecer cal é a súa idea de sobre o futuro da entidade que dirixe. Con Miguelanxo Lar falamos da Fundación Novoneira e tamén do filme Soidi, da súa autoría, centrado na situación lingüística do Val de X...

Proxecto Neo, 258.8: Antón Lopo; Matías Nicieza; Lydia Botana 27.03.2019

Continuamos facendo comunicación a través das ondas co apoio das redes sociais. Desta vez o primeiro tema tratado o Festival de Poesía "Alguén que respira", organizado pola Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela. Tivemos un cronista excepcional: o escritor e xornalista, Antón Lopo, integrante da Comisión Organizadora. A Masa Coral Modelo Burela quixo transmitir os parabéns a Matías Nicie...

Proxecto Neo, 257.8: Lidia Pena; César Camoira Vega; Xabier Loureiro Duarte 20.03.2019

"Alguén que respira" é o título do Encontro de Poesía organizado en Santiago de Compostela. Nós coñecemos a convocatoria grazas á atenta mensaxe que nos enviou Alexandre Fernández Peón, do comité organizador. Das Mullerazas soubemos a través da intervención de Lidia Pena, da Semente de Trasancos. Agora estamos á espera do momento en que teñamos disponibilidade para ver este espectáculo teatral par...

Proxecto Neo, 256.8: María G. Jartín; alumnado XESTIÓN ADMINISTRATIVA; Xosé Lastra Muruais (NOVA ESCOLA); VOLANDO BOYS 13.03.2019

Recibimos a visita da profesora María G. Jartín, acompañada do alumnado do Ciclo Medio de Formación Profesional da área de Xestión Administrativa. A través das súas palabras, coñecemos os contidos do ciclo e as posíbeis saídas laborais. O profesor Xosé Lastra Muruais presentounos as resolución da 35ª Asemblea de Nova Escola Galega. A entidade pedagóxica de referencia na nosa terra consensuou un re...

Proxecto Neo, 255.8: Christian Salles; Lucía C. Pan; María Vázquez; Noé F. Quelle 06.03.2019

Christian da Silva Salles. Brasileiro. Economista e historiador. No século XXI cruzou o Atlántico en viaxe virtual. Destino: a descoberta do berzo do seu propio idioma. No noso programa coñecemos as motivacións, coñecemos os resultados e démolos a coñecer á audiencia. Con Lucía C. Pan e con María Vázquez falamos sobre Trote, a primeira longametraxe de Xacio Baño. Celebramos os Mestre Mateo e celeb...

Proxecto Neo, 254.8: Juan Álvarez ("Os Sibailas"); Mark Wiersma; Anxo González Guerra (www.ogalego.eu) 27.02.2019

Abrimos o programa cunha crónica de Juan Álvarez sobre o concerto de presentación dos Sibailas en Madrid. Falamos do ambiente do concerto, do repertorio e do futuro do grupo. Non esquecemos facer unha descrición do ambiente da foliada celebrada posteriormente ao concerto. Co californiano Mark Wiersman comezamos a falar sobre o seu paso pola Universidade de Granada, a cidade en que estudou Teoría d...

Proxecto Neo, 253.8: Silvia Sancho; Oscar de Souto (Faros, Radio Roncudo); Juan Álvarez de Toledo (Sibailas) 20.02.2019

Silvia Sancho Gómez (Pontevedra, 1990). Graduada en Belas Artes en Salamanca. Pasou 4 anos en Xapón cunha bolsa do Ministerio de Educación, Cultura, Ciencias e Deportes nipón para promocionar a Cultura Galega a través do Manga na Uni Politécnica de Tokyo. Actualmente vive en Vigo e profundiza na Cultura Galega para a dar coñecer a través doutros medios de expresión artística e incluíndo outras lin...

Proxecto Neo, 252.8: Ana Pérez (TVG); Milagros Muíña 13.02.2019

Quen #DefendeAGalega fai exactamente o que ten que facer. Por sentido da responsabilidade. Por iso nós quixemos falar con Ana Pérez, unha xornalista con máis de vinte anos de experiencia na Televisión de Galicia. Foi a nosa maneira de celebrar o Día Internacional da Radio. Ao mesmo tempo, coñecemos as reivindicacións dos #Venres negros. Na segunda parte do programa puxémonos en contacto coa profes...

Proxecto Neo, 251.8: Fernando G. Jácome (Sólo Voces); Teresa Rodríguez (Inclusión Educativa Modelo Burela); Xoana Veiga 06.02.2019

No programa 251.8 coñecemos o Grupo Vocal Sólo Voces, a través das palabras do seu director Fernando Gómez Jácome. Falamos da fundación da agrupación musical, do labor do Padre Castiñeira, das actuacións máis relevantes, do repertorio e mesmo tivemos a fortuna de que o Maestro Jácome nos fixese tres suxestións de grandes pezas da música culta galega. Na segunda parte do programa falamos coa profes...

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.