Proxecto Neo
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Proxecto Neo, 250.8: Enma Pedreira Lombardía; Quique de Roxíos; Patricia Fidalgo (Cúrcuma); Manuel Miragaia; David Val 30.01.2019 1:00:51
A escritora Enma Pedreira Lombardía abriu o programa facendo animación á lectura da súa nova obra Besta do seu sangue (premio Xerais, 2018). Desde a cidade de Donosti, Quique de Roxíos falounos da súa participación no encontro literario Galeuska a celebrar en Oiartzun. A gastrónoma Patricia Fidalgo (de Cúrcuma Tapas) presentounos a súa iniciativa hostaleira en Monte Alto (A Coruña). En conversa co...
Proxecto Neo, 249.8: Adrián Canoura; Xosé Estévez; Alberto Calvín 23.01.2019 1:02:49
Adrián Canoura falounos sobre o éxito das súas producións cinematográficas tanto no Estado español como en Francia, Portugal e o Brasil. Pola súa parte o profesor Xosé Estévez, da Universidade de Deusto, falounos sobre os seus vínculos con Quiroga (onde naceu) e coa Fonsagrada (onde exerceu o sacerdocio). Tamén conversamos sobre o ambiente estudantil na universidade Complutense de Madrid na altura...
Proxecto Neo, 248.8: Semente de Trasancos; CPI Virxe do Carme (Burela); Alicia Lago (Terzo da Fala) 16.01.2019 1:00:58
Abrimos o programa con poesías recitadas por alumnas e alumnos do Colexio "Virxe do Carme" de Burela. A seguir comunicamos con Ferrol, desde onde nos atendeu unha representante da Semente de Trasancos para nos dar a coñecer o estado da campaña "Vamos polo Primário", que vai conseguir o éxito. Todo o resto do programa estivo dedicado á conversa coa profesora arxentino-galega Alicia Lago, que estivo...
Proxecto Neo, 247.8: Lucía Santiago Díaz (Irimia); José Vázquez Peinó 09.01.2019 1:03:50
Lucía Santiago Díaz é a presidenta de Irimia, a Asociación de Crentes Galegos. Con ela celebramos os mil números dunha revista moi importante para a nosa cultura. Pepe Vázquez Peinó, lugués asentado na Mariña, é profesor no IES Alfoz-Valadouro. Nestes días presenta o seu libro de recente publicación. Titúlase "A fuxida" e é unha longa novela protagonizada por un adolescente que decide escapar na p...
Proxecto Neo, 246.8: Sabela (OT); Xoana; Lorena Suárez; Ugia Pedreira; Carmen Penim 19.12.2018 1:01:45
Programa do día 19 de decembro de 2018. Un especial sobre música. Primeiro falamos sobre Sabela Ramil e a Operación Triunfo. Despois baixamos ao Porriño para conversar con Xoana, que nos presentou o seu "Dardos". A convidada da parte central foi a profesora Lorena Suárez Pazos, con quen falamos sobre o seu exercicio docente en Rosario e Buenos Aires, na Arxentina; e o Ceará e Río de Xaneiro no Bra...
Proxecto Neo, 245.8: Carme R Vidal; Enedina Mallada; Alexandre Brea; Henrique Dacosta; Anxo G. Guerra; Alfonso Zarauza 12.12.2018 1:02:42
Máis unha vez, Carme Rivera Vidal fíxonos partícipes do estado de ánimo de Sabela Ramil nunha nova fase da Operación Triunfo. No día en que a artista galega interpreta unha letra de Rosalía de Castro, nós animamos a audiencia a manifestar o apoio a través de diferentes canais. Enedina Mallada Paniagua convidounos aos actos de presentación en Boal e Navia do seu libro La belleza de las pequeñas cos...
Proxecto Neo, 244.8: Lídia Pena (Semente Trasancos); Carmen Rivera Vidal (Sabela OT); Maria G. Jartin (Avelino Díaz) 05.12.2018 1:01:07
Abrimos o programa coa música de Ugia Pedreira e a Comuna del Barruzo e das ribeiras do Eo pasamos a Vigo para recoller o entusiasmo que nos enviaron desde a Escola Semente. Con toda esa forza, viaxamos á Terra de Trasancos e coñecemos a campaña "Vamos polo Primário", de alargamento da escola galega para a etapa de escolarización dos 6 aos 12 anos. Desde As Pontes, Mari Carmen Rivera Vidal comento...
Proxecto Neo, 243.8: Rosario San Isidro Franco; Carmen Luísa González; David Val Pena 28.11.2018 1:06:22
Rosario San Isidro Franco falounos do Iº Premio Vilar Ponte de Narrativa convocado polo Concello de Viveiro. Uns días antes de que Adolfo Caamaño e Rocío Leira recollan os seus premios, coñecemos que se presentaran 36 novelas procedentes de moi diversos lugares. Carmen Luísa González falounos das súas obras literarias e mostrou disposición para facernos algunha gravación para podermos retransmitir...
Proxecto Neo, 242.8: Karmen Veiga; Ángeles Lombardía; Xián Liñares; Manuel Miragaia 21.11.2018 1:03:56
Recibimos no estudio a visita da Recanteira da Mariña e do profesor Xián Liñares. A integrante do grupo musical Tapyoca, Karmen Veiga, visitounos con motivo da súa participación no concurso musical da Televisión de Galicia. Falounos da súa participación e pediu o apoio da audiencia para conseguir superar unha nova fase. Desde Castropol, Ángeles Lombardía falounos dun encontro poético de voces eo-n...
Proxecto Neo, 241.8: Francisco Martínez Hidalgo 15.11.2018 1:03:37
Francisco Martínez Hidalgo (Santiago de Compostela, 1977) estudou Filoloxía e Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela. A súa participación no Movimento Estudantil Universitario (MEU) foi a base que insipirou as colaboracións no Xornal de Galicia e no Praza Pública.
Proxecto Neo, 240.8: Anxos Sobriño (COTENOL); Santiago Suárez Blanco (40º aniversario IES Ortigueira) 07.11.2018 1:02:01
15 de novembro de 2018. Sala Capitol. Compostela. Cuarta edición do LG x 15. Coñecemos as vivencias da do ano pasado grazas á intervención de Fátima Fatallah e nesta ocasión puxémonos en contacto con Anxos Sobriño, da COTENOL, para que nos adiantase os contidos da presente. Música, Empresa, Deporte, Audiovisual, Ensino, Chave das noces... Todo iso complementado coa música de Alba María e de Brais...
Proxecto Neo, 239.8: PROGRAMA DA SEMENTE 31.10.2018 1:01:27
Comezamos o programa facendo unha valoración da iniciativa solidaria de axuda á Fundación Uno Entre Cien Mil (para a investigación en materia de leucemia infantil). Ademais de conversar coas nosas alumnas Laura e Ángela, puxémonos en comunicación con Eduardo Schell, director de comunicación da entidade organizadora da campaña. Inmediatamente despois, o protagonismo é todo para as sementes de entre...
Proxecto Neo, 238.8: Vanesa Sotelo; Deporte Solidario; Adela Figueroa; Mary Rivera Vidal 24.10.2018 1:05:14
Vanesa Sotelo, escritora, directora e intérprete teatral, foi a gañadora do Certame Literario Mondoñedo-10, dedicado desta vez á dramaturxia. A conversa con ela está na cabeceira do programa. Dúas alumnas do IES Perdouro visitáronnos no estudio para darnos a coñecer o programa de actividades da Carreira Solidaria contra a Leucemia Infantil. Con elas falamos de deporte e de solidariedade. A escrito...
Proxecto Neo, 237.8: Antonio Reigosa; Ermitas Valencia; Marco Pereira; Ismael Vaz 17.10.2018 1:01:24
O Certame Mondoñedo-10 dedicouse nesta ocasión ao teatro e resultou gañadora Vanesa Sotelo con "Bonita". Comentámolo con Antonio Reigosa, Cronista Oficial da cidade mindoniense. Con Ermitas Valencia Romar falamos do Premio Estudante Galeguista, que na súa primeira edición foi concedido a Marco Pereira Oliveira, director do programa Grandes Vozes de Radio Burela. O propio Marco Pereira aproveitou o...
Proxecto Neo, 236.8: Natalia Domínguez; Alicia Vilar; Bruno L. Teixeiro 10.10.2018 1:02:33
Dedicamos o programa 236.8 á Educación Social. Comezamos o espazo en conversa con Natalia Domínguez, Vicepresidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galiza. Inmediatamente despois, recibimos no estudio a profesora orientadora do Instituto Perdouro. Alicia Vilar mostrou as liñas básicas do seu traballo para o presente curso académico. A terceira das entrevistas estivo dedicada á Fun...
Proxecto Neo, 235.8: Ugia Pedreira; Gena Bahamonde; Adrián Canoura; Manuel Cao 03.10.2018 1:00:57
Oitava etapa do programa. A maquinaria ben preparada, coa axuda de Matías Nicieza e Lucía Rivas. De novo o protagonismo de Alba, Alejandra, Cristian, Noé, Nuria e Sergio, ao mando dos micros. Comezamos a singradura atravesando o río Eo para irmos a Tapia de Casariego. Fixemos a navegación escoitando o "Chalaneiro" de Chouteira e a voz gravada de Ugia Pedreira levounos á conversa directa coa artist...
Proxecto Neo, 134.7: Lola Blázquez; Alfonso Otero Regal; Antía Yáñez 27.06.2018 1:02:15
Punto final á sétima etapa. Aos mandos da nave Nuria e Alba. A primeira entrevistada unha profesora orixinaria de Murcia e asentada no Baixo Miño galego. Chámase Lola Blázquez. É da area de Pedagoxía Terapéutica e é un auténtico motor das actividades extraescolares, entre elas a radio escolar. Sintonía total. Con Alfonso Otero Regal falamos sobre a exposición "AS Olladas de Lucía", as fotografías...
Proxecto Neo, 233: Olga López (Secretaría Xeral de Política Lingüística); Federico Fernández Ferrería, "Fico" 13.06.2018 1:01:25
Despois de termos conversado con Marina Vargas e con Felisa Nchama, quixemos coñecer os materiais didácticos que facilitan a preparación das probas de certificación de coñecemento da lingua galega desde a propia casa. A profesora Olga López, da Secretaría Xeral de Politica Lingüística, presentounos esas ferramentas didácticas de grande axuda para autodidactas. Na segunda parte do programa, falamos...
Proxecto Neo, 232.7: Marina Vargas; Felisa Nchama 06.06.2018 1:04:24
Chámase Marina Vargas e vive en Sabadell. A súa relación co idioma galego comezou a través da música, mais en determinaIdo momento comezou a estudalo de xeito sistemático apoiándose en libros de gramática, en exercicios prácticos disponíbeis na rede e -sobre todo- na lectura de obras literarias e ensaísticas. Agora é unha neofalante exemplar. Igual de neofalante e igual de exemplar é Felisa Nchama...
Proxecto Neo, 231.7: Especial Baio-Sas (Mario Antelo; Uxía Suárez; Eloi Costa; Paula González) 30.05.2018 1:03:42
Mario Antelo xoga ao fútbol nun dos equipos da base do Baio. En certa ocasión, co propio Mario "medio derreado" por levar catro días de esmorga polo País Vasco, tiveron que ir xogar a Corme. Aínda así, só perderon 3-2 e a culpa da derrota non foi toda do defensa lateral. Non o cren? Escoiten a entrevista que lle fai Alba Geada e despois digan cal é a súa opinión sobre a credibilidade do entrevista...
Proxecto Neo, 230.7: IES Marco de Camballón; India Stainton; Campaña Mundial pola Educación 23.05.2018 1:00:14
Xabi Barros e Aleixandra Torres, do IES Marco de Camballón, compartiron con nós as vivencias da viaxe a Euskadi para participar no encontro Regueibertso. Pola súa parte, India Stainton (de Ourol) visitounos no estudio e falounos do seu trilingüismo habitual, con uso do inglés na casa e das tres linguas na escola. Nos minutos finais falamos con Cristina Álvarez, da Campaña Mundial pola Educación.
Proxecto Neo: 229.7: AmarildoCabral; Vítor Bellas; Belém Tajes 17.05.2018 1:03:23
Comezamos o programa do Día das Letras en conversa con Amarildo Cabral Balde, da Guiné-Bissau. Foi unha celebración da internacionalidade do noso idioma e un recoñemento ao grupo de whatsapp " O Galego no Mundo". Despois conversamos con Vítor Bellas, do Bar Queiro, e con Belém Tajes, de Voodoo.
Proxecto Neo, 228.7: Ángeles Goás; Quique de Roxíos; Jaime Fernández 09.05.2018 1:04:25
Abrimos o programa coa descuberta das narracións orais de Ángeles Goás, moitas delas ambientadas en Abadín, porta de comunicación entre a Terra Chá e a Mariña. Quique de Roxíos desta vez falounos sobre o encontro "Ventos poéticos" celebrado en Ribadeo coa participación de Xoán Bello e do propio Quique de Roxíos (por Asturias), Olga Novo (por Galiza), Elisabete Marques (por Portugal) e a coordinaci...
Proxecto Neo, 227.7: Mondoñedo é Poesía 02.05.2018 1:01:45
Dedicamos o programa 227 ao encontro Mondoñedo é Poesía, unha das iniciativas máis orixinais da cultura galega emerxente desde a base popular. Inicialmente, conversamos con Xulio Rodríguez Leiras, que nos fixo de cronista do encontro e que nos levou da man polas rúas e prazas mindonienses e nos presentou as actividades realizadas en cada unha das paradas. Na parte central do programa conversamos c...
Proxecto Neo, 226.7: Gabriel André; Ana Manso (Univ. Extremad.); Elsa González (IES Val de Xálima); A. Canoura; Espiño 25.04.2018 1:01:42
Comezamos o programa celebrando o 25 de abril en conversa con Gabriel André, profesor da Universidade Nova de Lisboa. Aproveitamos para coñecer o programa de actos conmemorativos do Día da Liberdade e, ao mesmo tempo, adiantamos a previsión de eventos a celebrar en Lisboa durante o mes das letras galegas. A profesora Ana Manso presentounos o panorama lingüístico do Val de Xálima, un tema sobre o q...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.