Proxecto Neo
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Proxecto Neo, 225.7: Especial IES Terra de Xallas; Paulo Fernández Mirás 18.04.2018 1:12:41
Coñecemos a oferta educativa do IES Terra de Xallas a través da información que nos ofreceron dúas alumnas do segundo curso de ESO, Valeria Amarelle Capelo e María Blanco Mariño. Apoiados nestas dúas mozas moi dinámicas, puidemos facer tamén entrevistas a outras dúas mozas estudantes no mesmo centro e ambas destacadas en actividades lúdico-deportivas: a hípica e a danza. Ana Sueiro presentounos o...
Proxecto Neo, 224.7: Juan Carlos G. Hoyuelos; Miruca Parga; Paulo F. Mirás; María G. Jartín; Luzia Oca 11.04.2018 1:05:13
O poeta burgalés Juan Carlos García Hoyuelos presentounos o seu libro Aire, fuego y deseo (que está acompañado dun disco con 25 poemas recitados ou musicados no conxunto dos idiomas peninsulares). Aproveitou a ocasión para dar a coñecer a súa presentación na cidade da Coruña (19-IV-2018), baixo a organización da Asociación Alexandre Bóveda. A profesora Miruca Parga, do ENL do Instituto Perdouro, f...
Proxecto Neo, 223.7: Xoán Piñón (DOA); Paulo F. Mirás; Pablo Quintana (Ed. Canela); Nilda Borges 04.04.2018 1:06:37
Con Xoán Piñón celebramos o 40º aniversario de DOA sobre os palcos musicais. Coñecemos a data de creación do grupo, os seus primeiros integrantes e incluso o sistema de escolla do nome. Despois falamos de todos os discos, con especial destaque para o primeiro (O son da estrela escura) e o máis recente (A fronda dos cervos). Con Paulo F. Mirás, da Faculdade de Filoloxía da Universidade da Coruña, f...
Proxecto Neo, 222.7: Especial 222. Educación en rede co CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal 21.03.2018 1:03:34
O 222 é un programa de Educación en rede entre dous centros educativos: un de Burela, na Mariña do Cantábrico; e o outro do Baixo-Miño. O alumnado de ambos os centros coñeceuse a través das ondas. Dun lado as preguntas e do outro as respostas. Todo con moito dinamismo. Con rigor, mais tamén con moito humor.
Proxecto Neo, 221.7: Virxinia Cal: Ramón Blanco; Xosé Tomás; Edilson Sanches 14.03.2018 1:05:45
A profesora Virxinia Cal fíxonos crónica da Xornada Cultural dedicada a Frei Martín Sarmiento en Vila-Franca. O evento comezou cun encontro do alumnado de ensino secundario, continuou cun espectáculo teatral de Paco Nogueiras dirixido ao público infantil e tivo tamén unha parte institucional protagonizada por representacións políticas da Xunta de Galicia e da Junta de Castela-León. Durante a xorna...
Proxecto Neo, 220.7 Especial 8 de Marzo: Olga Brañas; María, Aida e Pilar; Karina Parga 07.03.2018 1:04:34
Desde Ourense atende a nosa chamada Olga Brañas, historiadora, compositora e intérpre musical. De todos eses temas falamos con ela e, ademais, tamén conversamos sobre lingua e sociedade. Na segunda parte do programa teremos un especial 8 de Marzo, con María, Aida e Pilar, alumnas dos institutos de Burela, que preparan un acto reivindicativo a celebrar este xoves entre as 12 do mediodía e as dúas d...
Proxecto Neo, 219.7: Marina G. Mariñas; Daniel de Nois; Rodrigo Vázquez 28.02.2018 1:02:11
A galego-berciana Marina G. Mariñas, traballadora da Sanidade no Hospital Santiago Apóstol de Miranda de Ebro atendeu a nosa chamada para falarnos sobre o seu proceso de incorporación á cultura galega. Ademais de evocar para nós as súas vivencias no Preescolar na Casa, fíxonos animación á lectura das obras literarias de Manuel Rivas e de Teresa Moure. O actor Daniel de Nois falounos da súa experie...
Proxecto Neo, 218.7: Amnistía Internacional; Gustavo Pedraza; S. Ferragud (Xardín Desordenado); Libraria Bahía (Foz) 21.02.2018 1:02:37
Aproveitamos o programa para lle transmitir os parabéns à presidenta de Amnistía Internacional-Coruña polo 30º aniversario de existencia desta organización na cidade Herculina. Despois falamos sobre o funcionamento da ONG e das posibilidades de colaboración que ofrece. Gustavo Pedraza evocou para nós a figura do seu irmán Carlos, secuestrado, torturado e asasinado no seu propio país. Santiago Ferr...
Proxecto Neo, 217.7: Abel García (Radio Kalimera); Roberto Febrero; Fátima Fathallah 14.02.2018 1:04:57
Abel García, en representación de Radio Kalimera, presentounos o seu programa musical Pementa Preta, dedicado á música de jazz e aos ritmos procedentes do continente africano e levados polos emigrantes a América e Europa. Roberto Febrero, alumno do IES Monte Castelo de Burela, falounos da súa paixón polo deporte e pola comunicación radiofónica. Xa na última parte do programa, falamos con Fátima Fa...
Proxecto Neo, 216.7: Ovidio Leiva Baspino; Ángeles Lombardía 07.02.2018 1:01:58
Ovidio Leiva Baspino é escritor. Nacido en Baiona, criouse entre Ferrol e Sanlúcar de Barrameda. Despois percorreu medio mundo, antes de regresar ao Baixo Miño. Los acabados é o título da triloxía que nos presentou e que recolle estas novelas: Andrajos, La babosa e Manuscrito al margen. Na segunda parte do programa falamos coa profesora Ángeles Lombardía, que nos falou en representación de Mans Un...
Proxecto Neo, 215.7: Alejandro Álvarez Fernaud; Begoña Raposo; Artemisa Semedo da Moura; Roi Cagiao 31.01.2018 1:01:23
Abrimos o programa coa entrevista ao filólogo salmantino Alejandro Álvarez Fernaud, profesor de Latín e Grego en León. Con el falamos sobre o seu estudo da Lingua e Cultura galegas no tempo en que exerceu a docencia en Toreno (na comarca berciana). A profesora Begoña Raposo (do IES Monte Castelo) falounos sobre as boas relacións entre as Matemáticas, a Lingüística e a Literatura. Ela mesma, en cal...
Proxecto Neo, 214.7: Manuel G. Prieto; Fadoua el Hidam; Espazo Foresta 24.01.2018 1:01:10
Fadoua el Hidam completou o Ensino Secundario Obrigatorio no Instituto Fonmiñá da Pastoriza e realiza os de Bacharelato no Pedregal de Irimia en Meira. Con ela falamos sobre o premio ao esforzo e a superación persoal que lle outorgou a Consellería de Educación. Con Noa Fernández coñecemos unha exposición fotográfica dedicada á Campaña Mundial pola Educación e a seguir falamos sobre a oferta educat...
Proxecto Neo, 213.7: Pablo Álvarez Ramos; A. Geada; Sergio Pascual (Laboratorio de Radio); Lucas Requeijo; Marco Pereira 17.01.2018 1:03:16
"Testamentos e herdanzas" é o título do relatorio que elaborou o avogado Pablo Álvarez Ramos para a asociación Burela Dinámica. En Proxecto Neo coñecemos un adianto do seu contido. Pouco despois falamos con Alba Geada en calidade de gañadora do Xº Campionato Galego dunha das modalidades de Artes Marciais. Sergio Pascual presentounos o Laboratorio de Radio, non só no referente a todo o relacionado...
Proxecto Neo, 212.7: Moreninhas; Rosa Sallent; Carmen Vidal Santín 10.01.2018 1:04:09
Abrimos o programa coa presentación das Moreninhas. Raquel, Érica e Eliane estiveron no estudio de Radio Burela para presentar as súas músicas e para comentar as actuacións que realizaron no auditorio de Burela e no Luar da TVG. Rosa Sallent falounos primeiro das súas fotografías e da exposición itinerante que percorreu Ferrolterra e o Ortegal. Inmediatamente despois conversamos sobre literatura,...
Proxecto Neo, 211.7: Óscar Fernández (Fund. Eu Son); Alberto Ladero Lorente; Chus Polo 20.12.2017 1:05:00
Óscar Fernández presentounos o traballo da Fundación Eu Son, dedicada á atención de persoas con discapacidade. Noé F. Quelle preguntoulle tamén por un festival organizado pola Eu Son Band, formada por homes e mulleres atendidos por esta entidade. O escritor Alberto Ladero Lorente convidounos á lectura das súas obras tanto do xénero poético como do narrativo. Nos minutos finais conversamos coa prof...
Proxecto Neo, 210.7: Xesús Castro; José Ángel García; Victorino Pérez Prieto 13.12.2017 1:02:12
O escritor Xesús Castro visitounos no estudio para presentarnos o seu libro de poesía titulado Ultramarino. Ao mesmo tempo tamén nos presentou a Editora Chan de Pólvora. José Ángel García, Xefe de Estudos da sección de ensino para persoas adultas do IES Monte Castelo, falounos da súa experiencia no Colexio Cañada Blanch de Londres e tamén nos deu a coñecer a súa valoración sobre as seccións biling...
Proxecto Neo, 209.7: Gema Albo; Sr. Anónimo; Ariadna Díaz; María G Jartín 29.11.2017 1:05:26
A audición deste programa permítenos entrar nun ultramarinos e coñecelo por dentro. A través das palabras de Gema Albo, visualizamos as imaxes dos queixos, dos lacóns e dos grelos, das conservas vexetais e marítimas, dos viños, das sidras e das augas. Visualizamos os sectores produtivos galegos en dous mercados de Madrid: o de Pacífico e o de Chamberí. Todo orientado pola poesía de Manuel María e...
Proxecto Neo, 208.7: Campaña Mundial pola Educación; Camino Pereiro; Emilia Abelairas; Denisse Coelho; Xavier Valle (USC 22.11.2017 1:04:09
Miguel Rodríguez presentou en Proxecto Neo a Campaña Mundial pola Educación. Como complemento ás súas palabras, presentamos tamén as de Camino Pereiro, directora do Colexio Virxe da Cela de Monfero, que estivo recentemente no acto institucional que sobre este mesmo tema se celebrou no Congreso dos Deputados. A profesora Emilia Abelairas Sarceda, Economista pola Universidade da Coruña, falounos dos...
Proxecto Neo, 207.7: Serafín Saavedra; Pelayu Valduvieco 15.11.2017 1:03:30
O programa dedicado a D. Ramón Marful, ten dúas entrevistas antolóxicas. Na primeira, Alba Geada conversa con Serafín Saavedra, o responsábel do Cemiterio de San Froilán (Lugo). Unha auténtica lección de arquitectura, escultura, pintura, artesanía en vidro... e tamén unha lección maxistral en Literatura e Humanismo. Na segunda, foi Sergio A. Mon quen se encargou de nos presentar o perfil lingüísti...
Proxecto Neo, 206.7: Cecilia Pérez (Alcaldesa de El Franco); María García Jartín; Paco Rivas; Nuria Ramos 08.11.2017 1:03:25
A Alcaldesa do concello de El Franco atendeu a nosa chamada para nos presentar o programa de desenvolvemento "El Franco emprende", destinado ao fomento das habilidades socioeconómicas dos mozos e mozas maiores de 18 anos (non só daquel concello, senón das comarcas limítrofes co río Eo). A profesora María García Jartín acompañounos no estudio e aproveitou a visita para facer reivindicación do Día d...
Proxecto Neo, 205.7: Roi Cagiao; Rosana Rielo 25.10.2017 1:05:59
O cineasta Roi Cagiao estivo no estudio para falarnos da súa produción audiovisual. A través das súas palabras coñecemos as súas primeiras obras e despois centrámonos en Vigo, 1972. Nos minutos finais, viaxamos a Lugo para escoitar as propostas culturais que nos fixo Rosana Rielo (Concelleira de Cidadanía), que nos convidou a visitar o cemiterio de San Froilán.
Proxecto Neo, 204.7: Luis Cañizal; Kerry Stephen; Antonio Reigosa; Xoán Carlos Sar 18.10.2017 1:01:24
Comezamos o programa coas palabras emocionadas do profesor e escritor Luis Cañizal, que nos evocou a sua etapa docente no Instituto San Isidro (de Madrid) e que quixo transmitir as súas palabras de parabéns para o tamén escritor Lionel Rexes, a quen tivera como alumno. Continuamos con emoción. Desta vez a través da conversa coa profesora norteamericana Kerry Stephen, que nos visitou no estudio de...
Proxecto Neo, 203.7: Lionel Rexes 11.10.2017 1:02:47
O escritor Lionel Rexes acompañounos no estudio de Radio Burela e protagonizou unha magnífica sesión didáctica. Alba Geada e Noé F. Quelle conduciron ao unísono unha completa entrevista que abordou aspectos contextuais e que tamén nos permitiu visualizar en panorámica a produción literaria do convidado. No último cuarto do programa, centrámonos en coñecer a súa última entrega, A raíña das velutina...
Proxecto Neo, 202.7: Ivandro Soares; Carlos Lopes (Big Boyce) 04.10.2017 1:02:32
Abrimos a sétima etapa coa conversa cos artistas caboverdianos Ivandro Soares e Carlos Lopes, ambos integrantes da banda Big Boyce. Soubemos que no momento da entrevista ambos levaban na nosa terra uns dous anos. A través das súas palabras, coñecemos as súas respectivas localidade de orixe, as familias, os estudos... e os seus vínculos coa música.
Proxecto Neo, 99.3: Carmela Tomé Valiente (Zili Katova); Santiago Fernández Lanza 23.08.2017 1:01:35
A pintora Zili Katova preséntanos a obra de restauración da casa en que vive, en Mariz (Mondoñedo). Fálanos da súa pintura e móstranos o seu periplo vital como cooperante en diversos países do mundo. No mesmo programa tamén temos unha entrevista con Santiago Fernández Lanza, integrante de Sondenós.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.