Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto Neo, 201.6: Fund. Artábria; Moisés Cima; Marco Pereira; Hafdalá Mani Luali 28.06.2017

Sergio Alonso quería coñecer a Fundaçom Artábria e Vítor Santalha levounos ao centro social localizado en Esteiro, moi próximo ao Campus Universitario de Ferrol e falounos da historia do colectivo e das actividades que promove (música, teatro, festas, lanzamento de libros, debates...). Inmediatamente despois, coñecemos a voz poética de Moisés Cima e tivemos o privilexio de que Marco Pereira nos pr...

Proxecto Neo, 200.6: Programa Especial (2) 25.06.2017

O Especial 200 continúa co seu desenvolvemento. Nos primeiros minutos da gravación podemos ouvir unha entrevista de Luís Pernas Maseda a Odilo González, da Gentalha do Pichel: "Odilo, a vosté tamén lle apresenta problemas a colocación do pronome átono?". Que foi o que respondeu Odilo? Obviamente, hai unha magnífica maneira de desvendar o enigma. E de saber o que nos dixeron Xoán Carlos Rilo, Rubén...

Proxecto Neo, 200.6: Programa Especial 24.06.2017

O programa especial comezou abrindo as portas ao futuro. Primeiro recollendo a ilusión de dúas nenas de dez anos, Henar e Laura, integrantes do Clube de Baloncesto Burela. A mesma ilusión que inmediatamente despois continuaba presente nas palabras que nos transmitían Adrián e Álvaro, músico un e creador audiovisual o outro. Como o que vén despois está na mesma liña, vai ser obrigatorio escoitalo.

Proxecto Neo, 199.6: Julio Fernández (Mel de Boal); Equipo Maruxía; Anxo Blas. 14.06.2017

Comezamos o programa conversando sobre apicultura con Julio Fernández, integrante dunha sociedade de produción e comercialización de mel e os seus produtos derivados. A seguir, recibimos no estudio a visita de cinco mozas integrantes do Equipo Maruxía, a revista do Instituto Perdouro que neste ano chega a publicar o seu número 23. Nos minutos finais, coñecemos a música de Anxo Blas, que nos falou...

Proxecto Neo, 198.6: Iria Misa; Nedi Mallada; Batucadeiras Nos Herança 07.06.2017

A escritora Iria Misa fixo animación á lectura coa axuda de Alba Geada. A conversa foi un delicioso convite para facermos noso o Xa non estou aquí, a obra coa que gañou o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil (2016). A economista Nedi Mallada conversou con Silvera Vicente de Oliveira. Falaron de desenvolvemento rural nos Oscos-Eo e falaron do diálogo cultural na mesma comarca. Para final estaba...

Proxecto Neo, 197.6: Arsenio Iglesias; Daniel Piqueras; Noel García Edrosa; Ana Paula Moura 01.06.2017

Desde Bilbao, o escritor e activista cultural Arsenio Iglesias fíxonos crónica do desenvolvemento das xornadas Galizaleak, de encontro das culturas vasca e galega, celebradas na cidade bilbaína coincidindo co mes das Letras Galegas. Con Daniel Piqueras compartimos os seus éxitos na Olimpíada Matemática e démoslle ánimos para a grande final a celebrar en Valladolid. Inmediatamente despois, coñecemo...

Proxecto Neo 196.6.- Amália Faustino; Belmiro Pereira; Irene Rega; Alba Geada 25.05.2017

A profesora Amália Faustino Mendes e o profesor Belmiro Pereira Martins estiveron no estudio de Radio Burela e participaron activamente no desenvolvemento do noso programa. Foi o momento de facer memoria de todos os actos da visita e de coñecer o noso funcionamento. Por outra parte, o programa 196 estivo dedicado á creación literaria. Diso falamos con Irene Rega e Alba Geada, gañadoras do Certame...

Proxecto Neo, 195.6: Andrea González (Oscos-Eo); Alexandra Alonso; Marta Rodrigo; Pilar R. Villar (C. de Galicia -Sestao 10.05.2017

Rapidamente, mesmo antes da primeira música, Andrea González entrou no programa para transmitirnos a vitalidade cultural que se está producindo nos concellos da Mancomunidade Oscos-Eo. En poucos minutos, soubemos da celebración do día do libro en asturiano e en galego de Asturias, da iniciativa "Un país malva", dunha antoloxía de poesía feminina, dun concerto... e mesmo falamos da vida das abellas...

ProxectoNeo, 194.6: Philip Webb; Radio Miñoca; Mirta Celaya 03.05.2017

Chámase Philip Webb. Naceu no Reino Unido. Estando na etapa universitaria tivo a opción de facer estudos galegos e non a desaproveitou. Todo o contrario. Despois foi á Arxentina e tivo contacto coa comunidade galega do Río da Prata. Frecuentou a Federación de Sociedades... e intensificou os vínculos coa nosa terra e a nosa cultura. Agora vive na Coruña. Unha cousa é contalo e outra moi diferente e...

Proxecto Neo, 193.6: Antón de Guizán; Moisés Cima; Séchu Sende 26.04.2017

Antón de Guizán convidounos a entrar aos Vilares dun xeito orixinal. Díxonos que podíamos entrar naquela parroquia guitiricense e que o podíamos facer comodamente desde a Mariña, só con asistir o sábado (29 de abril) á proxección dun documentario no local da Associaçom Xebra (Casa da Figueira, Burela). Despois da conversa, temos claro que poderemos entrar aos Vilares con moitísima máis seguranza,...

Proxecto Neo, 192.6: Quique de Roxíos; Amália Faustino 19.04.2017

O escritor Quique de Roxíos falounos do seu paraíso, en Bual. Preguntámoslle sobre a escola, sobre as aprendizaxes das linguas e sobre a identidade. Despois fixemos abordaxe sobre o Quique de Roxíos escritor. Finalmente, coñecemos o desenvolvemento dunha reunión de axentes sociais eo-naviegos comprometidos co futuro da súa terra e da súa cultura. A protagonista da segunda parte do programa foi a D...

Proxecto Neo, 191.6: Analina Rocha (Abraço Poético); Adela Figueroa; Silvia Ferre 05.04.2017

O Abraço Poético chegou á nosa terra a través das palabras de Analina Rocha (Puetiza Kretxeu). Foi así como coñecemos a orixe da iniciativa que foi secundada por máis de 60 persoas de Galiza e Cabo Verde. Durante entrevista a escritora caboverdiana recitounos un poema en dobre versión: a orixinal escrita en caboverdiano e unha adaptación galego-portuguesa. Finalizada a conversa con Analina Rocha,...

Proxecto Neo, 190.6: Antón Expósito; Natalia Riego Arredondas; Gabriel André 29.03.2017

Antón Expósito falounos dos Clásicos, o grupo de música tradicional formado por intérpretes de Vila Nova de Lourenzá, a Ponte Nova, Taramundi e A Fonsagrada. Pola súa parte, Natalia Riego Arredondas -docente en prácticas no IES da Ponte Nova- falounos da súa experiencia como ensinante de segundas linguas. Gabriel André fíxonos balance do seu período de prácticas no IES Perdouro.

Proxecto Neo, 189.6: David Mon; Débora Campos; Daniel Alexandre M. Ces 22.03.2017

David Mon, de Vagalume Audiovisual, acompañounos no estudio de Radio Burela para nos presentar Amarte, o certame de pintura do Concello de Burela a celebrar na primeira semana de agosto (coincidindo coa Feira do Bonito). A xornalista Débora Campos, docente de comunicación na Universidade de Buenos Aires, atendeunos desde a Arxentina e comentounos a vivencia da galeguidade desde o outro lado do Atl...

Proxecto Neo, 188.6: Xurxo Martínez; R. Rivera; Alba María 16.03.2017

En representación do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, Xurxo Martínez falounos da inxente obra realizada por Xosé González Martínez e fíxonos partícipes da homenaxe que se lle tributará no próximo día 31 de marzo. Pola súa parte, a nosa alumna R. Rivera -acompañada pola compañeira Carme Pernas, tamén alumna nosa- visitounos no estudio e falounos sobre as súas orixes no Uruguai, do...

Proxecto Neo, 187.6: Lidia L. Teixeiro; Radio Miñoca; Luís Davila; Sofía Espiñeira 08.03.2017

"As miñas mans sempre teñen feridas urbanas" Estes son dous dos versos dun poema en catro partes que Lidia López Teixeiro nos recitou en vivo e en directo desde Madrid. Foi unha das maneiras que tivemos de celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora. Como primeira entrevista escollemos unha traballadora da cultura, con destino temporal no Centro de Estudos Galegos da Universidade Compluten...

Proxecto Neo, 186.6: Miguel Guido González Szamocki 01.03.2017

Comezamos o programa en conversa con Alexandra Alonso, que nos fixo a crónica dos Entroidos de Xove, Alfoz, San Cibrao e Burela. O seu relato en primeira persoa fixo ponte coas vivencias que nos contou Alba Geada do seu paso por Padrón, onde visitou a Fundación Camilo José Cela e a Casa de Rosalía de Castro. Pola súa parte, Noé Fernández Quelle tamén nos fixo partícipes da súa exitosa participació...

Proxecto Neo, 185.6: Arantxa Incera e Denís Galán; Colexio Virxe do Carme; Gabriel André 22.02.2017

Arantxa Incera e Denís Galán, do Ciclo Superior de Saúde Ambiental do IES Monte Castelo, fixéronnos partícipes das Primeiras Xornadas de Educación Viaria. Visitáronnos no estudio e comentaron polo miúdo o programa de actividades do evento a celebrar os días 2 e 3 de marzo. Pola súa parte, os alumnos e alumnas de 3º de Ensino Primario no Colexio dos Castros mandáronnos dúas gravacións co recitado d...

Proxecto Neo, 184.6: María Luísa Roselló; Antonina Semedo; Luís Carlos Graça Silva 16.02.2017

María Luísa Roselló abriu o programa falando sobre as probas CELGA. Comentounos que iniciou os estudos regrados de idioma galego na Escola Oficial "Jesús Maestro" e que completou esa formación co apoio dos medios de comunicación audiovisual. Con esa bagaxe, presentouse ao nivel 4 e superouno. Nós felicitámola e escoitamos con moita atención todas as vivencias que nos transmitiu. A referencia á cel...

Proxecto Neo, 183.6: Alba Yáñez; Gustavo Adolfo Paramés 08.02.2017

Ao encontro de Antía Yáñez, viaxamos a Portomarín. Nós desde Burela e ela desde a Coruña. Despois do feliz encontro, conversamos sobre O misterio de Portomarín (Galaxia, 2017), mais con moito coidadiño de non resolver o enigma. Fixemos animación á lectura conversando sobre un libro que aínda non lemos. Foi precisamente para iso, para animarnos a lelo, que nos puxemos en contacto directo coa autora...

Proxecto Neo, 182.6: Xerardo Feijoo; Aitor Rei; José Chao; Inés Fernández 02.02.2017

Comezamos o programa en conversa con Xerardo Feijoo, de Ponte nas Ondas, que nos presentou o programa de actos do Día Internacional da Radio (12 de febreiro). Seguidamente, desde Ourense, Aitor Rei (director audiovisual) falounos de Frankenstein-04155, o documentario que explica a situación en que están as vítimas do accidente do tren Alvia en Santiago de Compostela. O mindoniense José Chao faloun...

Proxecto, 181: Xan Carlos Fernández; Álex Landim; Pilar Ponte Patiño 25.01.2017

Desde Ourense, Xan Carlos Fernández explicounos as circunstancias en que coñeceu o labor de divulgación cultural feito por Marco Pereira e como, a través dos escritos do director do Grande Voces, soubo da existencia do Modelo Burela e de Proxecto Neo. No decurso da conversa, falamos dun presente que o radiouvinte de Ourense lle enviou a Marco: Branco, unha obra poética do xornalista e escritor Hél...

Proxecto Neo, 180.6: Carme Pereiro; Marco Pereira; Nacho Alonso 18.01.2017

A maior parte da Masa Coral estaba de viaxe en Santiago de Compostela participando nun concerto didáctico da Orquestra Sinfónica de Galiza. Por iso o programa 180 estivo integramente realizado por Karina Parga e Alba Geada. A primeira das entrevistas tivo como protagonista a Carme Pereiro, técnica en dinamización lingüística dos concellos da Baña e Negreira. A seguir falamos con Marco Pereira sobr...

Proxecto Neo, 179.6: Luisa Costa, Sabela Álvarez, Marcos Vence 11.01.2017

Comezamos coa Cultura que Une. A profesora Luisa Costa, do agrupamento de escolas Morgado de Mateus, apresentounos unha iniciativa de intercâmbio educativo promovido polo Clube Europeu. Con ela falamos dese tipo de encontros abertos a toda a rede de escolas de ensino secundario da Galiza. Sabela Álvarez adiantounos as numerosas actividades de cultura galega que se van celebrar en Madrid durante os...

Proxecto Neo, 178.6: VintenBaio; Escola de Prensa de El Progreso 21.12.2016

Nos primeiros minutos do programa, comunicamos con Baio. Manu Queiro presentounos o disco "Aínda queda xera", un conxunto de dez pezas musicais interpretadas por esta banda musical formada por alumnos e alumnas do Instituto Maximino Romero de Lema. Inmediatamente despois, conservamos con cinco alumnas de 3º de ESO, adscritas a un programa PMAR do Instituto Perdouro. Con elas falamos de diversas ac...

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.