Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto Neo, 177.6: Xosé Tomás; Alba Porral Quintillán; Jordi Sierra i Fabra 15.12.2016

Xosé Tomás presenta o seu Manual de Escola e Proxecto Neo quere contribuír a divulgalo: porque leva un prólogo de Francesco Tonucci, porque leva outro prólogo de Xaquín Marín, porque é obra de Xosé Tomás e... tamén porque nese libro está o modelo de escola co que nos identificamos. Na segunda parte do programa, aproximámonos á Memoria Histórica e fixémolo a través da literatura. A xornalista Alba...

Proxecto Neo, 176.6: Fernando Varela; Marta Rodríguez Engroba 07.12.2016

Fernando Varela atendeunos desde Tenerife. Nacido en Euskadi, chegou a Galiza con oito anos. Estudou o bacharelato no Instituto da Sardiñeira e despois completou a licenciatura de Filoloxía na Universidade da Coruña. Desde Lugo atendeunos Marta Rodríguez Engroba, portavoz da da Asociación "Si, hai saída" contra a violencia de xénero.

Proxecto Neo, 175: Flávio Varela Rocha 30.11.2016

Alcanzado o número 175, comeza a ser visto o horizonte dos 200 programas de Proxecto Neo. Este número redondo estivo protagonizado por Flávio Varela Rocha. Unha autoridade académica. Outro auténtico exemplo de superación de obstáculos. Con el falamos de Cabo Verde, da Illa de Santiago, de Ribeira da Barca, de viaxe trasatlántica, de escolas, de amizades... da vida.

Proxecto Neo, 173: Claudia Olaya Saavedra, Henrique da Costa e Nuria Araújo 23.11.2016

Dedicamos o programa 174 de Proxecto Neo a coñecer a nosa alumna Claudia Olaya Saavedra. Nacida no ano 2000 na cidade de Máncora -no norte do Perú, xa moi perto do Ecuador-, chegou á nosa terra en 2004 e agora está completando o primeiro curso de bacharelato. No final da entrevista, falamos con Henrique da Costa, o autor de MAr para todo o sempre (Ed. Laiovento), obra narrativa ambientada en Santi...

Proxecto Neo, 173.- Xurxo Bértola 16.11.2016

A cabeceira do programa 173 estivo dedicada a Fran Pérez, o artista NARF. Coa súa música comezamos. Despois preparámonos para entrevistar o editor de PuntoG, o deseñador Xurxo Bértola (Coruña, 1964). Inicialmente, fixemos un repaso pola súa infancia e adolescencia na cidade natal; continuamos coa formación en Filosofía e Ciencias da Educación na USC; e, finalmente, falamos da súa dedicación ao des...

Proxecto Neo, 172: Francisco Piñeiro González 09.11.2016

O programa 172 estivo protagonizado por Francisco Piñeiro González, profesor, dramaturgo e ensaísta. Nos primeiros minutos falamos sobre Mondoñedo. Despois abordamos a súa experiencia como docente e, na parte final, comentamos o contido dalgunha das súas obras.

Proxecto Neo, 171.- Antón Niñe 02.11.2016

O programa 171 estivo protagonizado polo profesor Antón Niñe. A Masa Coral "Modelo Burela" reuniuse arredor da mesa do estudio da emisora e estruturou unha conversa en tres partes: a infancia e a formación académica; o exercicio da docencia e a presidencia da Asociación Cultural Os Matos; e a súa produción ensaística.

Proxecto Neo, 170.- Alba María; Mikaela Viqueira 26.10.2016

Recibimos a ritmo de regueifa a Alba María. A artista falounos das súas orixes familiares, dos seus estudos secundarios e superiores; e tamén da música. Tivemos tempo para conversar sobre a gravación dos seus discos e tamén para abordar a formación na Central Folque. Pola súa parte, Mikaela explicounos o dobre xentílico das persoas nacidas en Alcoi, a súa vocación polo Xornalismo e a aprendizaxe d...

Proxecto Neo, 169.- Erasmo Alonso, Virgínia Lama, Marco Pereira, Jesús Arranz. 19.10.2016

Primeiro programa da sexta etapa. Comezamos en conversa con Rádio Piratona, que emite desde Valadares (en Vigo). Erasmo Alonso presentounos a emisora e tamén nos falou sobre a reemisión do programa Grandes Voces do Noso Mundo, de Marco Pereira. Na segunda entrega conversamos no estudio con Virgínia Lama, profesora dedicada á Integración de Inmigrantes. Con ela falamos dos estudos que hai que segui...

Proxecto Neo, 24.- Juan Mario Lawiki, Umer Mohammed, Xoán Eiriz e Kinga Haudek 23.07.2016

Recén publicados os resultados das Probas de Acceso á Universidade, estivemos conversando con dous dos nosos convidados en programas anteriores: Juan Mario Lawicki Aragón (Programa nº9) e Umer Mohammad (Programa nº17), xa ex-alumnos de 2º de Bacharelato. Nós sentímonos moi satisfeitos -incluso orgullosos- das cualificacións conseguidas por estes dous neofalantes na proba de Lingua e Literatura Gal...

Proxecto Neo, 20.- Lavilson R. Monteiro, Jordan Gonçalves, Teresa G. Costa 22.07.2016

Lavilson Rodrigues e Jordan Gonçalves, ambos os dous alumnos caboverdianos de 1º de ESO no Perdouro, protagonizan Proxecto Neo. Levan tan só entre un e catro anos en Burela. Ademais, nesta ocasión, Mª Dolores Chas, Orientadora no Perdouro, fai un breve repaso de como se desenvolve o proceso de acollida do alumnado inmigrante nun centro educativo. Tivemos o pracer de poder conversar con Teresa Gonz...

Proxecto Neo, 13.- Jesús Arranz González, Moncho Mariño e Alba G. Pico 21.07.2016

Neste novo programa conversamos con Jesús Arranz González (Peñafiel), profesor de música do CEIP Virxe do Carme de Burela. Ademáis tivemos como colaboradores especiais a Moncho Mariño, xornalista e colaborador do Dioivo, e a Alba García Pico, tradutora e intérprete.

Proxecto Neo, 168.- Paco Medina, Doris González, Inaciu Galán, CUAC FM 30.06.2016

O fotógrafo Paco Medina presentounos a súa exposición aberta no Doce Lecer, en Burela. Ao mesmo tempo, aproveitou para comentar as súas impresións sobre o local que acolle e contribúe a divulgar a súa obra. Inmediatamente despois, unha das propietarias do local, Doris González atendeu a nosa chamada para facernos unha síntese das exposicións realizadas e daquelas outras previstas para o futuro inm...

Proxecto Neo, 167.- Marta Porto 27.06.2016

Neste programa entrevistamos a estudante Marta Porto, que fixo os estudos do primeiro curso de bacharelato nos Estados Unidos. Karina Parga, Maka Ledo e Alba Geada coordinaron unha longa entrevista e propiciaron que Marta falase de todo o proceso, desde a selección á viaxe e ás vivencias na América do Norte.

Proxecto Neo, 166.- Juan Varela (Mercado do Souto); Andrés Fernández Vilanova 16.06.2016

Juan Varela visitounos no estudio de Radio Burela para presentarnos o Mercado do Souto, que se celebra en Cervo todos os segundos e cuartos domingos de cada mes. En diálogo con Mónica e Alba, explicounos en pormenor o que é un mercado de proximidade e acabamos coñecendo as referencias de produtos de primeirísima cualidade: bon pan e boas empadas de San Cibrao, requeixo, hortalizas, doces elaborado...

Proxecto Neo, 165.- Carmen Penim; Gonzalo Constenla 08.06.2016

Matías Nicieza fixo a descrición da fotografía do Reino Maravilhoso e ao mesmo tempo tivo palabras de recordo para a Banda de Música de Burela (desaparecida despois de 26 anos de vida). Carmen Penim falounos de música, de educación e -sobre todo- de linguas. De linguas tamén nos falou Gonzalo Constenla no treito final do programa

Proxecto Neo, 164.- Samuel Nabais; Xosé Ramón Maseda 01.06.2016

Despois de recibirmos o saúdo de Johanna, entramos na serie de fotografías do Reino Maravilhoso. Desta vez o sotaque galego chegounos de Heidelberg, en boca do profesor Gabriel Pérez Durán. Finalizada a colaboración con Marco Pereira, Maka fíxollo entrevista á gañadora do Certame literario da Biblioteca Pública de Burela. Samuel Nabais concedeunos entrevista telefónica desde Madrid e Xosé Ramón Ma...

Proxecto Neo, 163.- John Thompson 26.05.2016

Despois da serie de comentarios sobre fotografías do Reino Maravilloso, recibimos no estudio a visita de Fátima Vizoso, do Armarinho da Fátima. Presentounos a exposición artística de Álex Landim, con traballos realizados con materiais reciclados. A seguir, falamos co profesor americano John Thompson, que nos falou das Novelas da memoria, do conflito lingüístico e aínda das súas creacións audiovisu...

Proxecto Neo, 162.- M Pereira, Séchu Sende, A. Quelhas, Lur Olabarri, Julieta I. Penas, M. Queiro, Sara Marchena, X. Mon 18.05.2016

O programa dedicado ao Reguebertso, o encontro cultural entre delegacións educativas de Galiza e Euskadi. Comezamos coas fotos do Reino Maravilhoso desta vez coa colaboración de Séchu Sende. Continuamos con Lur Olabarri, Julieta Itatí Penas, Manuel Queiro, Sara Marchena e Xabier Monasterio.

Proxecto Neo, 161.- Marco Pereira; Inmaculada López (EOI Lugo); Cheik Faye; Marité Prieto Miramontes; Tonia Fuentes 11.05.2016

Continuamos coas fotografías do Reino Maravilhoso, de Anabela Quelhas e Marco Pereira. Desta vez falamos de cabras a pastaren pertiño de Vila Real. A seguir, desde Lugo, Inmaculada López presentounos o programa de actos de homenaxe a Manuel María a celebrar na Escola Oficial de Idiomas daquela cidade. Cheik Faye falounos das condicións de vida dos inmigrantes senegaleses que se dedican á venda amb...

Proxecto Neo, 160.- Belén Uranga; Gabriel Pérez Durán 04.05.2016

No programa 160 continuamos coa descrición das fotografías do Reino Maravilhoso, unha colaboración cortesía de Anabela Quelhas e Marco Pereira Oliveira. Na parte central do programa falamos con Belén Uranga, que nos falou en representación do clúster de sociolingüística de Euskadi e que nos presentou o proxecto Hitzargiak. Na parte final conversamos con Gabriel Pérez Durán, profesor de Língua e Cu...

Proxecto Neo nº 75.3: Najla Shami (A Grande Fada Madriña) + Bakari + Carlos Tresandí + Paco M. Moreno 02.05.2016

Abrimos o programa nº 75 con música. Como a primeira peza que se escoitou o 4 de xaneiro de 2012 foi "Como un irmán che falo", de Celso Emilio (nas voces de Mini e Mero), agora queríamos encontrar outra peza simbólica, que sintetizase o obxectivo fundamental do programa: a promoción da interculturalidade.

Proxecto Neo, 159.- Marco Pereira; Anabela Quelhas; Asoc. Arume 27.04.2016

Marco Pereira conseguiu unha nova colaboradora para Proxecto Neo: a arquitecta e profesora Anabela Quelhas, do Agrupamento de Escolas Morgado de Mateus (Vila Real). Como resultado desa colaboración, naceu o Reino Maravilhoso, unha síntese de imaxe fotográfica e texto literario oral. Na segunda parte do programa, falamos com dúas representantes da Asociación Musical Arume, de Burela. Un coloquio co...

Proxecto Neo, 158.- Sara Medrano; Marta Gómez Ocampo; Xabier Lago Mestre 20.04.2016

Sevilla ten algo especial e nós tivemos a sorte de que nolo contase Sara Medrano, unha estudante de Literaturas Comparadas na Universidade de Granada. Foi unha delicia escoitala, do mesmo xeito que foi unha delicia ter escoitado a presentación que lle fixo Alba Geada. A politóloga Marta Ocampo fíxonos unha análise da política lingüística institucional en Galiza. A última das entrevistas tivo como...

Proxecto Neo, 157.- Mercedes Queixas, Sara Villar e Andrés Goteira 13.04.2016

Comezamos o programa co convite para a presentación dun novo libro -o décimo- da profesora Mercedes Queixas. Helena Valle situou ben o contexto e conseguiu que a autora fixese unha síntese moi breve e moi clariña do que leva dentro De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal Nos minutos seguintes, viajamos primeiro a Granada para falar con Sara Villar e despois retornamos a Meira, desde onde...

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.