Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto Neo, 156.- Giulia Conchi; Montse González 06.04.2016

"O meu nome é Giulia. Son italiana...": así comezaba unha cuña radiofónica que nos mandou desde Granada a profesora María Curros. Xustamente despois da presentación e da música, puxémonos en conversa coa estudante de Filoloxía Árabe. Primeiro describiunos o seu lugar de nacemento (a cidade de Trento e o seu ámbito de influencia), a seguir falounos sobre a súa vocación temperá para o estudo das lin...

Proxecto Neo, 155.- Sabela Álvarez; Ricardo Gurriarán (Programa dedicado a D. Henrique Peinador) 31.03.2016

Despois de asistirmos á presentación do blogue do programa Grandes Voces do Noso Mundo, en boca da súa redactora, Mónica Palacios, entramos en conversa con Sabela Álvarez, que nos informou das actividades do grupo Galeguízate. Na segunda parte do programa, conversamos con D. Ricardo Gurriarán, que nos presentou o perfil biográfico de D. Henrique Peinador Lires.

Proxecto Neo, 155.- Sabela Álvarez; Ricardo Gurriarán 31.03.2016

Despois de asistirmos á presentación do blogue do programa Grandes Voces do Noso Mundo, en boca da súa redactora, Mónica Palacios, entramos en conversa con Sabela Álvarez, que nos informou das actividades do grupo Galeguízate. Na segunda parte do programa, conversamos con D. Ricardo Gurriarán, que nos presentou o perfil biográfico de D. Henrique Peinador Lires.

Proxecto Neo, 154.- Kathleen March; María Curros Ferro 16.03.2016

Neste programa fixemos unha ponte intercultural. Unimos Granada e Maine (nos Estados Unidos) con Burela como punto de encontro. Kathleen March falounos de Rosalía de Castro, de Cunqueiro, da literatura galega contemporánea escrita por mulleres, de Noam Chomsky... e incluso das sete mulleres do Miño. María Curros Ferro presentounos o traballo do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Granada.

Proxecto Neo, 153.- Fermín Paz Lamigueiro 09.03.2016

Conmemoramos o Día Internacional da Muller Traballadora en conversa con Karina Parga Chao (Vicedirectora do Instituto Perdouro). Dedicámoslle a audición do poema rosaliano "unha vez tiven un cravo" recitado por un fadista portugués. Despois escoitamos outro recitado: neste caso o dunhas estudantes do Instituto de Arzúa. Na segunda parte do programa, conversamos con Fermín PAz Lamigueiro con quen t...

Proxecto Neo, 152: Os ovos polo seu nome (O uso do idioma na empresa). Xabier Pérez Igrexas, neofalante de Vigo 04.03.2016

Comezamos o programa en conversa con Kátia da Veiga Gomes, que nos falou da súa interpretación do poema "P'ra Habana" de Rosalía de Castro. Durante a conversa, fixemos conexión con Cataluña. David Fernández dialogou con Kátia e transmitiulle os parabéns por ter feito a versión dunha canción orixinal de O Val das Mouras. Despois falamos co Poleiro da Peneda, en Cartelle, para coñecer en que consist...

Proxecto Neo, 151.- O Val das Mouras; Luzia Oca; e Angélica Gomes 25.02.2016

Na cabeceira do programa recollemos información sobre o grupo musical O Val das Mouras, que nos chega de Cataluña. Con David Fernández conversou Mónica Palacios. Foi só un aperitivo, porque cos integrantes desta formación -referentes da multiculturalidade- habemos falar de novo.

Proxecto Neo, 150.- Lidia L. Teixeiro; María do Ceo; Anna Katharina 17.02.2016

Lidia L. Teixeiro fixo rede social connosco por feliz iniciativa súa. Díxonos que nos escoitaba desde un lugar próximo ao río Manzanares e que o programa podía ter algunha utilidade para o alumnado do Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense, a institución para a que ela traballa. A nós a mensaxe de Lidia encantounos, entón pedímoslle que nos dixese aquelas cousas tan lindas coa súa p...

Proxecto Neo, 149.- Luís Martínez-Risco Daviña; Maka Ledo; Nastasia Zürcher 10.02.2016

Comezamos o programa falando co presidente da Fundación Vicente Risco. Ademais de nos presentar a sede de Allariz e de nos facer partícipes das actividades programadas nela, o profesor Risco tamén nos presentou as actividades de CULTURA QUE UNE. Concretamente, centrámonos nos encontros literarios dedicados a Miguel Torga e Manuel María, primeiro en Sabrosa e despois en Outeiro de Rei. Con Maka Led...

Programa 148.- Sabela Álvarez (Galeguízate e conta como o fas) 03.02.2016

Sabela Álvarez, nacida na Coruña e emigrada a Madrid aos 7 anos, accedeu a contarnos como renaceu galega na Escola Oficial de Idiomas "Jesús Maestro" de Madrid, onde se matriculou en 2011. Desde aquel momento, participa activamente nas actividades culturais e nos espectáculos galegos organizados na capital do Estado. Agora impulsa unha rede social que leva por nome Galegúizate e conta como o fas.

Proxecto Neo, 147.- Xosé Manuel Lema; María Luísa Roselló; Helena Valle 27.01.2016

O director do xornal Adiante Galicia presentounos o xornal e fíxonos unha descrición do ascenso meteórico que experimentou durante o período de ano e medio que leva editándose. O segredo: unha publicación independente, con moitas persoas que o senten como un medio propio e que o publicitan entre os seus círculos de influencia. María Luísa Rosselló mostrounos o xeito de vivir como galega na capital...

Programa 146.- Guido Leboroni, Antón Fernández Escuredo e Marco Pereira 20.01.2016

O italiano Guido Leboroni fálanos dos brinquedos educativos elaborados por Galileo nenos. Así coñecemos a Galiña de Mos, unha Ovella Galega, un Peregrinus moi antigo -e ao mesmo tempo moi moderno-, unha Mestra Cosmopolita (ao estilo Irmandades da Fala) e incluso un mapa interactivo para coñecer a nosa terra. Antón F. Escuredo levounos de novo a Cataluña, antes de nos presentar Nós TV. Nos minutos...

Nº 145.- Cultura galega en Cataluña (Na memoria de Sabela Labraña) 13.01.2016

O 145 é un programa dedicado a Sabela Labraña, profesora orixinaria de Cedeira e que desenvolveu a súa vida docente en Cataluña. Na súa memoria, falamos con Antón labranha, Anxo L. Baranga, Belén Real, Valeriá Paül e Sonia Varela. Os temas abordados nas diferentes entrevistas abarcan desde a docencia, á radiodifusión ou o teatro.

Proxecto Neo nº 144.- Brais Morán e Xiana Lastra 16.12.2015

Programa integramente con contidos musicais. A primeira das entrevistas estivo dedicada a Brais Morán e nela contamos tamén coa contribución de César Morán, profesor e músico. Na segunda parte falamos con Xiana Lastra, que tamén presentou novo disco, desta vez co grupo Puntada sen fío.

Proxecto Neo, 143. Leticia Breijo 09.12.2015

Comezamos o programa coa intervención de Lavilson Rodrigues Monteiro, que estivo no estudio de Radio Burela para agradecer as xestións feitas pola directiva da A. D. Porto de Burela para facilitar a participación dos mozos inmigrantes nas diferentes ligas da Federación Galega de Fútbol. Na segunda parte, entramos en conversa con Leticia Breijo Fernández, do Vicedo, que nos atendeu desde Madrid, on...

Proxecto neo, 63.3.- Ledicia Costas e Quico da Silva 08.12.2015

Na primeira parte do programa 63.3 fixemos animación á lectura. Por iniciativa de Aitor López, estivo connosco en directo Estela Fernández Cabana. Esta moza explicounos o sistema de recomendación de obras literarias e comentounos a magnífica impresión que lle causaron Aire Negro (de Agustín Fernández Paz) e O Corazón de Xúpiter (de Ledicia Costas). Coa escritora viguesa falamos despois, o mesmo qu...

Proxecto neo, 142.- Colexio Público Antía Cal 02.12.2015

A Tenente da Alcaldía de Muras, Belén Chao, fainos crónica do desenvolvemento dos actos do Encontro Cultural dedicado á pedagoga Antía Cal en Muras durante a xornada do 28 de novembro de 2015. Inmediatamente despois, puxémonos en comunicación co centro de ensino e falamos coa súa directora, a profesora Beatriz Permui, e co conxunto de nenos e nenas. Neste mesmo programa falamos coa Dra. Aurora Mar...

Proxecto Neo nº 141. Jon Amil e Belén 25.11.2015

Programa do 25 de novembro. A emisión explicitamente dedicada á igualdade entre os xéneros. Primeiro falamos con Jon Amil, titulado en Medicina, que nos presentou o blogue As Mir e Unha Noites e que nos falou de moitos outros temas relacionados coa atención sanitaria (feita con sensibilidade). No último cuarto de hora falamos coa Concelleira de Cultura de Muras para presentar o programa de actos d...

Proxecto Neo, 140.- Especial 18 de novembro (Manifesto de Lugo): Laura Blanco de la Barrera, Phoebe Oliver 18.11.2015

Conmemoramos o 97º aniversario da Asemblea das Irmandades da Fala celebrada en Lugo durante os días 18 e 19 de novembro de 1918. Recordamos os contributos de Castelao, de Vilar Ponte, de Ramón Cabanillas, de Lence Santar e de Salvador Mosteiro para chegar a plasmar por escrito o célebre Manifesto. Na celebración, contamos coa colaboración das profesoras LAura Blanco de la Barrera e Phoebe Oliver,...

Proxecto Neo, 139.- Helena Valle; Mónica Filgueiras; S. D. Porto Burela 11.11.2015

Comezamos o programa 139 cun contido pendente da semana anterior. Helena Valle fíxonos unha extraordinaria crónica do desenvolvemento da presentación da Escola de Teatro de Burela, dirixida por Juan Villarino Calvelo. A nosa locutora estivo na Casa da Cultura para asistir á primeira respresentación dos espectáculos e tomou boa nota, moi especialmente daqueles que estaban protagonizados por Xeila V...

Pencha 04-11-15 04.11.2015

Programa 138 de Proxecto Neo. Contamos coas intervencións de Pencha Santasmariñas, que nos atendeu telefonicamente desde a Estrada, e Alba Díaz Geada, que nos falou desde os Estados Unidos. Fixemos memoria sobre o servizo de Extensión Agraria e a súa influencia no cambio social no periodo comprendido entre 1959 e 1982.

Proxecto NEo, 137 (28/10/2015): Carmen F. Morante; Adela Figueroa, Montserrat Lombardía, Pepe Paz; Fran Rei 28.10.2015

A profesora Carmen Fernández Morante, decana da Faculdade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela, atendeunos desde Santander, onde participaba en reunión de traballo. Falounos da súa experiencia como neofalante, presentounos as titulacións do centro que dirixe e respondeu diversas preguntas referentes á didáctica, concretamente relativas ao uso das tecnoloxías da comuni...

PROXECTO NEO 21-10-15 22.10.2015

Programa 136 de Proxecto Neo. Comezamos entrevistando o profesor Higino Martins Estévez, integrante da Asociación "Amigos do Idioma Galego de Buenos Aires" e membro da Academia Galega da Língua Portuguesa. No último cuarto, conversamos con Chus Villamar, que creou e actualiza o blogue www.polavoltadosor. blogspot.com

Proxecto Neo 135.- Marco Pereira Oliveira 14.10.2015

Comezamos o programa en conversa coa nova integrande do Equipo Neo: Mónica Palacios Ferreira. Con ela falamos da breve experiencia de locución feita no programa 134 e das sensacións vividas na súa primeira experiencia radiofónica. Despois recibimos no estudio a visita de Marco Pereira Oliveira, estudante do ciclo superior de Administración e Finanzas no Instituto Perdouro de Burela.

Proxecto Neo: 134.5.- Xoán Carlos Rodríguez e Tomi Legido (CUAC FM) 07.10.2015

Comezamos o programa cunha entrevista ao poeta coruñés Xoán Carlos Rodríguez, que nos atendeu desde a Coruña. Na mesma cidade esperaba a nosa chamada un dos impulsores de CUAC FM, Tomi Legido, que nos falou da historia da emisora e da programación que emiten na actualidade.

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.