Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Programa 133 (ONDA) 30.09.2015

Primeiro programa emitido durante o curso 2015-2016. Conducido por Maka Ledo e Helena Valle, realizamos un programa de recordo do 1º Premio no certame "O Galego na Onda".

Proxecto Neo. 132- María Dolores Reimunde Noreña 24.06.2015

San Martiño de Mondoñedo. Foz. Lugo. Santiago de Compostela. Vigo. Burela... son algunhas das localidades do periplo vital da profesora María Dolores Reimunde Noreña. Mais o punto de saída e o de retorno é San Martiño. Con María Dolores Reimunde falamos no programa 132, o último da cuarta etapa.

Proxecto Neo. 131.- Xosé María García Palmeiro; María G. Albert; Julio Lorenzo; Chus Amieiro 17.06.2015

Comezamos o programa cunha entrevista ao primeiro decano do Colexio de Xornalistas de Galiza. Xosé María García Palmeiro resolveunos a dúbida sobre o seu lugar de orixe e corrixiu en directo algunhas informacións erradas que están publicadas na rede cibernética. Despois fixo unha síntese da súa experiencia profesional. Nós interesámonos polas etapas de Radio Galicia (1971), da revista Teima e de R...

Proxecto Neo. 130.- Tareixa Navaza; Badou Keita; Guadi Galego 10.06.2015

O programa nº 130 estivo protagonizado por Tareixa Navaza, Bedou Keita e Guadi Galego. A primeira locutora da TVE en Galiza falou da súa traxectoria no ámbito da comunicación xornalística, nomeadamente das etapas de Radio Galicia (da Cadea SER) e da redacción e locución no Panorama de Galicia (TVE). Badou Keita falounos desde Ordes. Este senegalés coñeceunos a través das redes sociais e a través d...

Proxecto Neo. 129.- Haizea Barcenillo; Adela Figueroa; Marita Faraldo; Paco Veiga; You Gómez 03.06.2015

Comezamos o programa facendo crónica do desenvolvemento das Xornadas Galizaleak celebradas en Bilbao. A nosa interlocutora foi Haizea Barcenillo, profesora da Universidade do País Vasco. Adela Figueroa presentounos os contidos da Feira da Primavera a celebrar na Eira da Xoana, entre Palas de Rei, Melide e Agolada. A través de Silvera V. de Oliveira coñecemos a profesora Marita Faraldo, do Departam...

Proxecto Neo 128.- Rodrigo López; Laura del Río; e Txerra Rodríguez 27.05.2015

Primeiro falamos co director musical da Escola de Gaitas de Ortigueira e da Banda Dambara de Burela. Despois conversamos no estudio con Laura del Río, que nos falou sobre cooperación para o desenvolvemento. Nos minutos finais falamos con Txerra Rodríguez, que nos atendeu desde Euskadi.

Proxecto Neo 127.- Melisa R. Bermúdez, Antón Cortizas, Francisco Muñoz "Quico", Adela Figueroa 20.05.2015

Un programa dedicado a Camariñas e a Ferrol. Desde Vigo atendeunos unha camariñá, Melisa R. Bermúdez, que nos falou da asociación TEL-Galicia e dos contidos pedagóxicos elaborados polo departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo. Fixemos a entrevista a Melisa coa axuda do escritor Antón Cortizas, que nos acompañou no estudio de Radio Burela. A seguir falamos co Dr. Muñoz González,...

Proxecto Neo 126.- Xavier Regueiro (Tropa de Breoghám); Isabel Risco 13.05.2015

Este é o programa dedicado á radiodifusión galega en Euskadi. Con Xavier Regueiro, falamos dos seus programas en Hala Bedi Irratia e coñecemos os outros integrantes da equipa: Paulo Lema e Seném Outeiro. Despois entrevistamos a actriz Isabel Risco, que nos atendeu desde a Coruña.

Proxecto neo. 125. Vitoria Feixó, Kátia da Veiga, David Paul Gerards 06.05.2015

Programa 125. É a segunda parte do tratamento que lle dispensamos ao Tíralle da Lingua. Falamos co Instituto Aquas Querquennis de Bande, en tres ocasións. Viaxamos a Cabo Verde e a Zúrich. Nesta cidade suíza agardábanos David Paul Gerards.

Proxecto Neo 124.- Nacho Pena (Noite Bohemia); Andrea Álvarez (IES Aquas-Bande); J. Kabateck; Silvera V. de Oliveira 29.04.2015

Programa 124. Comezamos facendo entrevista a NAcho Pena (da Compañía de Teatro Noite Bohemia, da Coruña) e continuamos con Andrea Álvarez, gañadora do certame de narración oral Tíralle da Lingua. A seguir, desde Zürick atendeunos o profesor Johannes Kabatek; e finalmente, escoitamos un relato de Silvera Vicente de Oliveira.

Proxecto Neo 123. Joel R. Gômez; Clube de Lectura do IES Monte Castelo; Noelia Vilariño. 22.04.2015

Este é o programa en que falamos con Joel R. Gômez sobre a obra literaria e ensaística de Ernesto Guerra da Cal. Despois tamén conversamos con tres das integrantes do Clube de Lectura do IES Monte Castelo. Xa no final, puxémonos en contacto con Noelia Vilariño, alumna do Instituto Otero Pedrayo da Coruña.

Proxecto Neo nº 122.- Da Coruña para o mundo: María Liaño e Marga Pazos Barcala 15.04.2015

Dúas conversas sobre o sector audiovisual: con María Liaño (actriz, directora e produtora de audiovisuais), e con Marga Pazos Barcala (presentadora do Telexornal Mediodía da TVG e distinguida co Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora televisiva na edición de 2015).

Proxecto Neo 121. Literarte e CPI de Coristanco 09.04.2015

Este é o programa en que se presentan os libros colectivos Alén do Silencio e Literarte, coordinados polo escritor lugués José Estévez. Na segunda metade desta nova entrega, falamos con Soraya Mato do CPI de Coristanco, que nos presentou o Clube de Lectura Coristranca.

Proxecto Neo 120.- Henrique da Costa, José Ramón Leiva, Silvera Oliveira 25.03.2015

Programa dedicado ao escritor Henrique da Costa. Con el falamos de literatura e de lingua. No final tamén falamos cunha das integrantes do Modelo de NAción do Século XXI.

Proxecto Neo nº 119.- Xoel Geada e Suso Mosquera 18.03.2015

Entrevistas con Xoel Geada (premiado no Certame Literario Minerva, na edición de 2015) e Suso Mosquera, director do CRA de Santa Comba.

Proxecto Neo nº 118.- Xosé Neira Vilas; Orlando González Cruz; Antonio Reigosa; Adela Figueroa. 11.03.2015

PRograma 118 de Proxecto Neo. PArticipan Xosé Neira Vilas, ORlando González, Antonio Reigosa e Adela Figueroa Panisse.

Proxecto Neo 117.- Galego na Onda 04.03.2015

O programa en que se fala da viaxe a Compostela, Vila de Cruces e Gres. A expedición de Burela entrou en órbita e recolleu o premio "O Galego na Onda" convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e outorgado por un xurado formado, entre outras persoas, por Kiko Novoa, Beatriz Corral e Rubén Riós.

Proxecto Neo 116.4.- Moitas Grazas 25.02.2015

O programa de agradecemento polo premio de cuñas radiofónicas no concurso promovido por EDUCO-Educación sen Fronteiras. NEsta edición de Proxecto Neo participaron Álex Landim Correia, Kátia e Carla Da Veiga Gomes, Silvera V. de Oliveira, Carolina Arcila Arenas e Noelia Parga Gaitica

Proxecto Neo 115.- Uxía Otero e Nerea Barros 18.02.2015

Un programa en que se fala da educación no rural (en conversa coa profesora dun CRA de Santa Comba) e do audiovisual (con Nerea Barros, unha das actrices do elenco de La isla mínima).

Proxecto Neo nº 45.2: Sheherezade + José Martínez-Romero Gandos 11.02.2015

Programa recuperado para escoitar desde a telefonía. A sinopse está aquí: http://proxectoneo.blogspot.com.es/2013/02/proxecto-neo-n-452.html

Proxecto Neo nº 41.2 - Lukas + Cándida + Séchu Sende 11.02.2015

Programa disponíbel para escoitar desde a telefonía no servizo de radio á carta.

Proxecto Neo 113.- Radio Miñoca 11.02.2015

Conversa cos alumnos e alumnas que participan en Radio Miñoca, o medio de comunicación educativo impulsado polo centro escolar Castro Baxoi de Miño. Na tertulia falamos tamén con Begoña Martín, a súa profesora do ámbito de comunicación

Proxecto Neo 113.- Diana Nogueira, Antón Cortizas e Clube de Lectura do IES Monte Castelo 04.02.2015

Entrevistamos a presentadora do programa "E agora que? Criaturiñas en apuros", da TVG. Diana Nogueira falounos da experiencia dos primeiros 16 capítulos. A seguir entrevistamos o escritor Antón Cortizas Amado, que estivo en Burela ministrando un curso de dinamización de bibliotecas escolares. Na segunda parte do programa, falamos coas integrantes do Clube de Lectura do Instituto Monte Castelo de B...

Proxecto Neo 112.- Marianna da Costa Santoro e Antonio Reigosa 28.01.2015

Entrevistas a Marianna da Costa Santoro, estudante brasileira que estivo de férias en Burela; e a Antonio Reigosa, con motivo do seu nomeamento como Cronista Oficial de Mondoñedo.

Proxecto Neo 38.2.- Tania Iglesias 22.01.2015

Entrevistamos Tania Iglesias, a xornalista de Radio Burela, que se ocupou durante unha temporada enteira da realización técnica do noso programa e que, ao mesmo tempo, supervisou a formación do noso alumnado en materia de control dos mandos.

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.