Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Proxecto Neo 111.- Laura Sofía Semedo Brito e Marta Ortiz 21.01.2015

Outro programa en feminino, o 111, que denominamos "O programa das amores". Primeiro falamos con LAura Sofía Semedo Brito, nacida en Vila Nova de Gaia, e despois con Marta Ortiz, integrante da Tropa de trapo, o grupo teatral que conseguiu asentarse no panorama das compañías galegas.

Proxecto Neo 31,2.- Daria Bakteeva 19.01.2015

Entrevista a esta alumna do IES Perdouro, na que se mostra a súa integración na nosa terra, tras chegar aquí procedente de Rusia.

Proxecto Neo 110.- Luís G. Blasco ("Foz), Luís Davila e Iseo A. Bolaño 14.01.2015

PRograma dedicado á memoria dos artistas da publicación satírica Charlie Hebdo. Contamos coa participación de Luís G. Blasco, profesor que estivo exiliado en Francia; coa profesora KArina PArga e co artista gráfico galego Luís Davila. No último cuarto, falamos con Edit Iseo Agilda Bolaño, unha das integrantes do Blues do País.

Proxecto Neo nº36.2 - Homenaxe Celso Emilio Ferreiro 01.01.2015

O programa 36.2 estivo dedicado integramente a revitalizar a palabra de Celso Emilio Ferreiro. Aitor López púxolle voz con sotaque da Mariña á biografía que recollemos da Biblioteca Virtual Galega: Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova no ano 1912. Alí estudou cos Padres Escolapios, dos que recibiu unha formación cultural moi pouco común na época. Estivo relacionado desde moi novo co movemento n...

Proxecto Neo.- 32.2.- Águeda Barcia 01.01.2015

Águeda Barcia Iravedra, nacida en San Cosme de Barreiros, reside desde os oito anos en Burela, onde os seus pais exerceron de mestres. Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, desde 1980 exerceu como profesora de Bioloxía e Xeoloxía no instituto “Monte Castelo” de Burela, despois de ter impartido docencia nos institutos de Cariño e Ortigueira.

Proxecto Neo nº 28.2- Manuel Parga Núñez 28.12.2014

Entrevista co profesor MAnuel Parga Núñez, o primeiro alcalde de Burela.

Proxecto Neo nº 109.- Noa Expósito Campo, Alexandre Fernández Peón, Anxo González Guerra, Rochi Novoa 17.12.2014

Entrevistas ao estudante de xornalismo Alexandre Fernández PEón, que se fixo neofalante sendo alumno do IES Sánchez Cantón de Pontevedra. No final da conversa, tamén puidemos falar co profesor Anxo González Guerra. Entre entrevista e entrevista, Noa Expósito Campos animounos a apoiar o vídeo que representa o IES Perdouro nun concurso de curtametraxes. No final do programa falamos de poesía e músic...

Proxecto Neo nº 108.- Matías Nicieza, Maka Ledo, Alberto Oural, Carlos García e Tamara García 10.12.2014

Comezamos falando de novo sobre A Esmorga e continuamos coa celebración do premio literario conseguido por MAka Ledo. Despois sumámonos á campaña solidaria en favor de Priscila. Acabamos falando do Deportivo da Coruña e da publicación dun libro sobre o barco Casón.

Proxecto Neo nº 107.- MAria do C. Cozinha, Antonio Durán 'Morris', Zeltia Montes e Miguel Rodríguez 03.12.2014

Programa especial dedicado á versión cinematográfica d'A Esmorga (de Ignacio Vilar). Primeiro comezamos co comentario dunha profesora de Literatura que nos falou das impresións que lle causou o visionado do filme. Despois mantivemos unha longa conversa cun dos actores -Antonio Durán "Morris" e coa compositora da banda sonora (Zeltia Montes). Nos minutos finais, coñecemos as actividades de Educació...

Proxecto Neo nº 95.3 28.11.2014

Unha verdadeira e grandísima ponte nas ondas, que une a Irlanda de Nicola Berminghan coa mocidade de Tui, co escritor angolano Luandino Vieira e coas mozas caboverdianas Laura e Viviane Brito.

Proxecto Neo nº 106.- Mohamed Sakho, Sonia Varela, Ramiro Vidal Alvarinho e PAulo Lema 26.11.2014

Programa con entrevistas ás persoas citadas no título. Conversas sobre integración cultural, cinema, creación literaria e programación radiofónica en galego.

Proxecto Neo nº 105.- Manuel Dios Diz, Xesús Pisón Villapol e PAulo Lema 19.11.2014

Entrevistas sobre o Seminario Galego de Educación para a PAz; sobre a integración cultural na Coruña e sobre o teatro galego entre 1980 e a actualidade; e, finalmente, temos crónica das actividades de difusión da cultura galega organizadas en Euskadi.

Proxecto Neo 104.- Olga Cerpa, Ernesto Vázquez Souza e Andrés Rozados 12.11.2014

Neste programa temos entrevistas coa cantora canaria, co bibliotecario da Universidade de Valladolid e co produtor do audiovisual Andrés Rozados.

Entrevistas con Paulo Lema e J. Piero Cornejo Clavijo 09.11.2014

Nesta entrega de Proxecto Neo inclúense unha entrevista co profesor Paulo Lema, da Universidade de Deusto, e co estudante peruano J. Piero Cornejo Clavijo.

Proxecto Neo nº 103.4. Jordi Jordá i Casademont e Margarita López Periago. 05.11.2014

O director da Cadea Ser en Galiza falounos da súa vocación para a comunicación radiofónica, avaliou a situación do mercado radiofónico na nosa comunidade, partillou con nós as circunstancias en que se fixo integrante da cultura galega e acabou avaliando para nós a actualidade política en Cataluña. A profesora do Departamento de Electrónica no Instituto Perdouro fíxonos crónica das actividades do D...

Proxecto Neo nº 102. Expedición de Burela a Praga IES Perdouro. 29.10.2014

Aroa Álvarez, Alberto Fernández, Nerea Isasti e Lara de la Huerga comentánnos as súas impresións sobre a viaxe de estudos realizada a Praga durante o primeiro trimestre do curso 2013-2014.

Proxecto Neo nº 101.- VIVIANE FURTADO 22.10.2014

Entrevista con Viviane F. Brito, estudante de Bacharelato en Burela. Na conversa abórdase a educacion do alumnado inmigrante, a situación laboral das súas familias así como as condicións en que realizaron as viaxes.

PROXECTO NEO 100 (Especial) 22.10.2014

Programa especial realizado como celebración de chegarmos ás cen semanas en antena. Nel interveñen Roi Casal (músico), Silvia Ferre (música), Valentina Formoso (representante da Coordinadora dos Equipos de Normalización), Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística), Miguel R. Penas (Presidente da AGAL), Marcos Maceira (Presidente da Mesa) e representantes de Imaxín Software e...

Begoña Rodríguez Muñiz 14.09.2014

A segunda etapa de Proxecto Neo tamén comezou con protagonismo feminino. Falamos con Begoña Rodríguez Muñiz, profesora de Imaxe Persoal do instituto Perdouro, da súa terra da Ulla. Tivemos a oportunidade de preguntar por Requinta da Laxeira con Iván García, un dos integrantes, e puidemos conversar sobre letras e lingua cun veciño moi particular, Xosé Neira Vilas.

Chemel Ruiz e Mago Pi 11.09.2014

Na tarde do mércores 27 de xuño, concluimos a primeira etapa de Proxecto Neo con dous convidados de excepción cos que falamos de música e de maxia. Chemel Ruíz, neofalante, é membro do grupo U And, compositor xunto a Pablo Trobo da sintonía do noso programa Proxecto Neo. Ambos teñen publicado un tema electrónico no Netlabel lugués Muralla Musical. O mago Pi comparte o seu traballo de mariñeiro co...

Xavier Villaverde e Xavier Alcalá 11.09.2014

Nesta ocasión, falamos de tecnoloxías aplicadas á comunicación con Xavier Villaverde, profesor de Tecnoloxía do IES Perdouro e con Xavier Alcalá, enxeñeiro de telecomunicacións, profesor universitario e escritor.

Juan G. Sama Díez 11.09.2014

Neste programa nº 21 falamos con Juan G. Sama Díez, o noso director. Despois de máis de dez anos con nós, trasládase. Vai para o IES de Cacheiras. Neste programa tivemos ocasión de voltar a vista atrás e facer balance desta etapa no seu camiño. Comezamos a viaxe no centro de Asturias. Despois fixemos parada en Avilés, antes de chegar a Foz. Retornamos a Xixón... para voltar de novo. Falamos de int...

Lavilson Rodrigues e Jordan Gonçalves 11.09.2014

Lavilson Rodrígues e Jordan Gonçalves, ambos os dous alumnos cabo-verdianos de 1º de ESO no Perdouro, protagonizan Proxecto Neo. Levan tan só entre un e catro anos en Burela. Ademais, nesta ocasión, Mª Dolores Chas, Orientadora no Perdouro, fai un breve repaso de como se desenvolve o proceso de acollida dos alumnos inmigrantes nun centro educativo. No final do programa, tivemos o pracer de poder c...

Marina Barbosa Vicente e Clara Pino 11.09.2014

O 35.2 é o programa que comeza con ton saudoso, porque faltaba a nosa condutora galo-galega. Como a encontrábamos en falta, dedicámoslle aquilo de "Non te vaias, Rianxeira, que te podes marear" na voz de Uxía Senlle. A seguir, falamos con Marina Barbosa Vicente, unha artista que canta e danza no grupo Nós Bandeira, que fai música tradicional africana, e que tamén participa nas Batuko Tabanka. Tras...

Estéfano Gudín 10.09.2014

Nesta vixésima entrega de Proxecto Neo, contamos co ceramista Estéfano Gudín como convidado desta tarde. Asturiano orixinario de Arancedo no concello de El Franco, cóntanos como foi a súa nenez pasando polo servicio militar en Sevilla, e como acabou en Burela. Hoxe ten un obradoiro de cerámica en Cervo.

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.