Proxecto Neo

Podcast de Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Author

Proxecto Neo

Category

Education

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 23, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ángel Gavela e Julieta Durán 10.09.2014

Nesta ocasión, entrevistamos a Angel Gavela, alumno asturiano de 2º de Bacharelato no IES Monte Castelo, e a Julieta Durán, alumna arxentina de 4º de ESO no IES Perdouro.

SD Burela (Celso Trobo, Miguel Gomes, Sito, Umer, Suso Pena) 10.09.2014

Celebramos a ducia e media de programas dedicándolle unha máis que merecida homenaxe á Sociedade Deportiva Burela, a entidade que leva trinta anos facendo un magnífico servizo en favor da integración das diferentes culturas. O programa é un agasallo para comezar o mes de maio. Celso Trobo Castro, xerente da entidade deportiva, fai unha brillante introdución. Comenta as circunstancias en que se rea...

Delfina Pena 10.09.2014

Delfina Pena é profesora de Lingua e Cultura Francesa. Estudou Filoloxía Románica, primeiro en Lugo e despois en Santiago de Compostela. Desde hai trece anos, é a impulsora dun intercambio educativo entre a Mariña mindoniense e o corazón da Provenza. Un contacto directo, como o que fixeron os trovadores na Idade Media… mais actualizado, moderno. Unha convivencia do século XXI. Aurélie Pello é prof...

Luísa Sánchez 10.09.2014

A nosa convidada, Luisa Sánchez, empregada de supermercado, xunto coa súa filla, Sol Pedreira, alumna de 4º de ESO no IES Monte Castelo, narran a historia do seu percorrido do Xapón a estas nosas terras galegas. Este é un fragmento da mensaxe que nos enviaba unha mociña de 15 anos, durante a fase de produción do programa. Reproducimos a cita textual: "O pai de miña nai era chinés. O meu bisavó emi...

Jesús Arranz González 10.09.2014

Neste novo programa conversamos con Jesús Arranz González (Peñafiel), profesor de música e director do CEIP Virxe do Carme de Burela. Ademais tivemos como colaboradores especiais a Moncho Mariño, xornalista e colaborador do Dioivo, e a Alba García Pico, tradutora e intérprete.

Xurxo Martínez; Marina Porteiro; Julio Peinó; Cristina Garcia 10.09.2014

Mércores 28 de marzo: na décimo-terceira entrega de Proxecto Neo damos o protagonismo a nosa audiencia. Conversamos por teléfono con Xurxo Martínez González, un filólogo vigués de Coia que nos contou a súa participación no colectivo sociocultural a Nave das Ideas. Continuamos co testemuño da neofalante Marina Porteiro Deloño, alumna de 4º ESO, bisneta de Luis Porteiro Garea, un dos fundadores das...

Jesús A. Carrascal Prieto 10.09.2014

Neste programa nº 11 do día 21 de marzo de 2012 tivemos como convitado a Jesús Angel Carrascal Prieto, profesor de Lingua Castelá no IES Monte Castelo de Burela. Cristina González Maseda, alumna de 2º de bacharelato do IES Monte Castelo, estivo conectada coa audiencia a través das redes sociais. (Facebook e Twitter).

Angie Mateos Guerrero 10.09.2014

Décimo-primeira entrega do programa de Proxecto Neo. A convidada é Angie Mateos Guerrero, alumna de 1º de bacharelato do IES Monte Castelo. Acompáñana os seus compañeiros, Daniel Álvarez, Xosé García Quelle, e Iago Rubias. Daniel Álvarez, alumno de 1º de bacharelato do IES Monte Castelo, estivo conectado cos oíntes a través das redes sociais. (Facebook e Twitter).

Juan Mario Lawicki Aragón 10.09.2014

Mércores 07 de marzo: chega a décima entrega do programa Proxecto Neo. O convidado é Juan Mario Lawicki Aragón, alumno de 2º de bacharelato do IES Perdouro. Acompáñao a súa profesora de Bioloxía, Monsterrat Freire Tarrida. Daniel Álvarez, alumno de 1º de bacharelato do IES Monte Castelo, estivo conectado cos oíntes a través das redes sociais. (Facebook e Twitter).

Laura Baumgartner Lucero 09.09.2014

Laura Rapa, estudante do segundo curso do Bacharelato de Artes no Instituto Monte Castelo de Burela, preséntanos e colabora na entrevista a Laura Baumgartner Lucero, filla de arxentinos e nacida no País Vasco. Nun galego extraordinariamente fluído (agora sen as deliciosas "pinguiñas" do sotaque austral), esta moza neofalante preséntanos os seus ascendentes alemáns, italianos... e galegos. Por medi...

Antonina Semedo 09.09.2014

Nesta ocasión, a entrevistada é Antonina Semedo Lopes de Barros. Esta muller, nacida en Santa Ana, na illa caboverdiana de Santiago, chegou á Mariña un 23 de xullo de 1978, no momento en que se realizaban as obras da fábrica de aluminio en San Cibrao. Cando outros cidadáns do mesmo país marchaban para Francia, Holanda ou Luxemburgo, Antonina e o seu marido instaláronse en Cangas, onde viven actual...

Antón Crego 09.09.2014

PROXECTO NEO cumpriu un ano e quixemos celebralo cun programa especial. Organizamos unha festa con música ao vivo. Pedimos colaboración a Antón Crego e tivémola non só del. Con nós estiveron tamén Xabier Mazaira López (aos mandos dun violino) e Álvaro Crego Deán (nos teclados e co acordeón). O que fora integrante do grupo A Quenlla durante trece anos (1984-1997), compositor e intérprete (guitarra,...

Luís Ramilo e Ricardo Santos 09.09.2014

Os convidados foron Luís Manuel Ramilo Machado e Ricardo Santos Garrido, docentes respectivamente dos ciclos de formación profesional das áreas de Imaxe Persoal e Desenvolvemento de Produtos Electrónicos. Orixinarios do Porriño e de Pontevedra, ambos son neofalantes e participan activamente na divulgación da Banda Deseñada entre a mocidade da Mariña. Ricardo é un dos máximos impulsores dos Encontr...

Catalina Sánchez Luengo 09.09.2014

Nacida en Villanueva de la Serena (Badaxoz), Catalina Sánchez estudou Economía e Comercio en Madrid e Estocolmo. Chegou a Galiza en 1977 e foi fundadora dunha "comuna" perto da praia de Esteiro (Xove). Desde ese momento participou en primeira liña nos movimentos sociais preocupados pola contaminación emitida pola fábrica de Aluminio, opúxose activamente á implantación dunha central nuclear na Mari...

Proxecto Neo nº 3: Marcelino Luna (18/01/2012) 09.09.2014

O terceiro programa emitiuse o 18 de xaneiro de 2012. O convidado foi Marcelino Luna (director do IES Monte Castelo). Na entrevista participaron Marina Teixeiro Gregori (alumna do IES Perdouro) e José Juan Aponte Gamboa (alumno do IES Monte Castelo) O profesor berciano Marcelino Luna Almarza licenciouse en Filosofía e Psicoloxía na Universidade de Oviedo. Desde 1986 é Profesor Numerario de Filosof...

Proxecto Neo nº 1: Karina Parga (11/01/2012) 09.09.2014

O programa protagonizado por neofalantes dedicou a segunda entrega a unha entrevista coa profesora Karina Parga Chao (Aillant - Francia; 1975). Esta filla de emigrantes galegos ten estudos de Medicina realizados en Dijon e é licenciada en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2003 é Profesora Numeraria de Lingua Francesa no IES Perdouro, onde ten baixo a súa respons...

Entrevista con Matías Escalera 08.09.2014

O escritor Matías Escalera, integrante do Grupo Literario Leiras Pulpeiro e colaborador de honra do Modelo Burela, é entrevistado en Radio Burela por Tania Iglesias.

Proxecto Neo nº46.2 - IES Perdouro (06/03/13) Driss Daki & Dani Ladra 06.03.2013

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

Listen to the Podcast de Proxecto Neo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.