COGAMI
Podcast COGAMI
Información social para o colectivo das persoas con discapacidade
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Anxo Queiruga explica a campaña 12 Chaves para a Radio Galega 31.07.2020 17:57
O presidente de COGAMI explica no programa Convivir da Radio Galega como se está desenvolvendo a campaña 12 Chaves da Inclusión que desenvolve COGAMI durante este ano, co gallo da conmemoración do trinta aniversario.
Anxo Queiruga fala de accesibilidade para Voces de Ourense 06.07.2020 13:28
O Presidente de COGAMI falou sobre os novos problemas cos que se atopan as persoas con mobilidade reducida cando se desprazan polas rúas, moitas delas con terrazas e ringleiras de persoas que dificultan o paso.
Radio Voz entrevista a Anxo Queiruga 29.06.2020 18:42
O programa Con Voz de da emisora Radio Voz entrevista ao Presidente de COGAMI tras ser elixido novamente como Presidente de COCEMFE para os vindeiros catro anos.
Bruno Lamas explica inicio curso de limpeza hospitalaria 17.06.2020 30:00
O técnico de inserción de COGAMI, Bruno Lamas, explica para Cope Pontevedra en qué consiste o curso iniciado de limpeza hospitalaria, que forma parte do programa Máis Emprego que financia Fundación "la Caixa" e Fondo Social Europeo.
Radio Melide entrevista a Anxo polo COVID 03.06.2020 19:14
A emisora local Radio Melide entrevista ao presidente de COGAMI para afondar na situación das persoas con discapacidade ante a pandemia do COVID-19.
Cope Galicia entrevista a Anxo Queiruga sobre efectos Coronavirus 03.06.2020 7:33
O presidente de COGAMI explica para Cope Galicia os efectos que está a ter o COVID-19 no colectivo das persoas con discapacidade, que viron suspendidos tratamentos rehabilitadores como a fisioterapia, coa consecuente diminución das capacidades de autonomía persoal.
Radio Voz entrevista a Mónica Limia, coordinadora da oficina de COGAMI en Ourense 29.05.2020 12:59
Mónica Limia explica en Voces de Ourense o traballo realizado durante o confinamento, a adaptación á nova normalidade e a apertura das oficinas con cita previa; a traxectoria da Organización ao longo dos 30 anos; e a campaña 12 Chaves da Inclusión
Entrevista Anxo Queiruga sobre o impacto do coronavirus nas persoas con discapacidade 29.05.2020 9:44
Entrevista en Cope Coruña a Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, en relación á preocupación do movemento asociativo ante o impacto do coronavirus nas persoas con discapacidade
Día da Saúde 08.04.2020 15:36
Onda Cero Pontevedra entrevista ao presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, polo Día da Saúde , unha data na que o Presidente aproveitou para pedir a non discriminación das persoas con discapacidade no sistema sanitario.
SER Monforte entrevista a Mónica Álvarez sobre a muller 12.03.2020 12:08
Cadena SER Monforte entrevista á presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez, sobre a campaña 12 Chaves da Inclusión, na que a do mes de marzo está dedicada á muller e nena con discapacidade.
Radio Galega entrevista a Mónica Álvarez 11.03.2020 6:34
O programa Crónica do Día de Radio Galega entrevista á presidenta de ACADAR para que lle fale máis polo miúdo da campaña 12 Chaves de Inclusión dedicada este mes de marzo á muller.
Radio Voz entrevista ao Presidente de AGL 09.03.2020 7:51
O programa Voces de Galicia entrevista polo Día Mundial de Linfedema a Juan Manuel Lameiro Barreiro, o presidente da Asocaición Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras patoloxías cardiovasculares periféricas (AGL).
SER entrevista a Anxo Queiruga sobre a asistencia afectivo-sexual 24.02.2020 17:28
O programa A vivir Galicia de cadena SER entrevista ao presidente de COGAMI sobre que é o recurso de asistencia afectivo-sexual para pesoas con discapacidade.
Entrevista a Ángela Labandeira sobre o proxecto innovador 18.02.2020 10:56
Cadena SER Monforte entrevista á coordinadora técnica do proxecto innovador que COGAMI está levando a cabo no CEGADI durante o mes dedicado á autonomía persoal.
Radio Melide entrevista a Anxo Queiruga 28.01.2020 17:21
A emisora local Radio Melide entrevista ao Presidente de COGAMI para afondar nos actos organizados polo 30 Aniversario e facer un repaso destes anos.
Entrvista a Cristina Amoeiro 22.01.2020 13:42
O programa Voces de Ourense de Radio Voz entrevista á orientadora laboral, Cristina Amoeiro, para falar do programa de inserción POISES que se está levando a cabo na cidade.
Entrevista a Mª Dolores Iglesias 22.01.2020 8:01
Cope Pontevedra entrevista á orientadora laboral das comarcas de O Morrazo e O Salnés para falar sobre un curso de informática básica que iniciou en Vilagarcía de Arousa e no que se están a formar 12 persoas.
Entrevista na SER Monforte sobre as 12 Chaves da Inclusión 21.01.2020 18:18
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, explica para a cadena SER de Monforte en que consiste a campaña das 12 Chaves da Inclusión.
Entrevista a Anxo Queiruga sobre as 12 Chaves da Inclusión 20.01.2020 11:22
O programa Hoy por Hoy de Radio Coruña-SER entrevista ao presidente de COGAMI para coñecer máis polo miudo en que consiste a campaña 12 Chaves da Inclusión que COGAMI lanza este ano coincidindo co 30 aniversario.
Entrevista a Antonio Pena 10.01.2020 9:01
O programa Galicia por Diante da Radio Galega entrevista a Antoniom Pena, xerente de Coregal, para saber como aumenta o volume de cartón e papel tralo paso dos Reis Magos.
Onda Cero entrevista a José Luis Lolo 04.12.2019 11:42
O programa Más de Uno de Onda Cerlo Lugo entrevista ao presidente da Federación COGAMI Lugo co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Entrevista Mónica Álvarez por DisOrganic 28.11.2019 8:03
O programa Máis de Un de Onda Cero Lugo entrevista presidenta de ACADAR para afondar sobre a campaña que presentamos de DisOrganic, onde se lle dá visibilidade á discapacidade orgánica.
Charo Lema fala para RG sobre o congreso Valor Social 22.11.2019 11:15
A coordinadora de áreas de COGAMI, Charo Lema, explica no programa Convivir da Radio Galega en que consiste o congreso Valor Social e Desenvolvemento Sostible que COGAMI organiza en Santiago.
Entrevista a Charo Lema sobre o congreso Valor Social 22.11.2019 9:37
A coordinadora de áreas de COGAMI, Charo Lema, explica para o programa de Eva Millán de Radio Voz, en que consiste o congreso Valor social e Desenvolvemento sostible que COGAMI organizou en Santiago.
Anxo Queiruga pide un goberno estable tralas eleccións 10N 11.11.2019 4:37
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, interviu en SER Coruña para pedir un goberno estable que apoie recursos que beneficien a autonomía persoal das persoas con discapacidade, como é o caso da asistencia persoal.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.