COGAMI

Podcast COGAMI

Información social para o colectivo das persoas con discapacidade

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

COGAMI

Category

Government

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 1, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

María Araújo fala do lipedema en Radio Voz 20.06.2022

María Araújo, traballadora social de AGL, fala do lipedema no programa Un café con Eva de Radio voz

Entrevista a Laura Quintas en Radio Galega 06.05.2022

O programa Convivir da Radio Galega entrevista á coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI para falar sobre as reivindicacións que levamos a cabo na campaña realizada a nivel nacional con COCEMFE Espera e Desespera.

A campaña Espera e Desespera en RNE 04.05.2022

A campaña Espera e Desespera foi recollida no informativo de RNE na que se denunciaba as longas tempadas de espera para obter o certificado de discapacidade.

A campaña Espera e Desespera en Radio Galega 03.05.2022

O programa da Radio Galega Galicia por Diante está en directo na campaña que COGAMI desenvolveu en Lugo para denunciar os tempos de espera que existen para obter o certificado de discapacidade e para a actualización dos baremos.

Día da saúde en Radio Arousa 08.04.2022

A coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI, Laura Quintas, explica para SER Arousa os cambios que deben de realizarse na sanidade para que esta sexa máis inclusiva de cara a todas as persoas.

Radio Foz entrevista a Fernando Mouriño 09.02.2022

Radio Foz entrevista ao orientador laboral da zona da Mariña lucense para falar sobre o servizo de emprego de COGAMI na zona, as persoas que atende e as oportunidades laborais acadadas durante o ano 2021.

Un café con Eva: Oliva Filgueiras fala da asociación Misela 07.02.2022

A coordinadora do centro de día e ocupacional da asociación Misela explica para o programa de Radio Voz, Un café con Eva, os programas que vai desenvolver durante este ano.

Entrevista a Juani Tubío 03.02.2022

A Coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal fala para Cope Santiago sobre as consultas que recibiu COGAMI durante o ano 2021 e as problemáticas que máis se repiten entre as persoas usuarias.

Paco Abuín fala de emprego en Radio Voz 31.01.2022

O programa de Radio Voz Un café con Eva entrevista ao coordinador de Formación de COGAMI para falar sobre os resultados obtidos durante o ano 2021 e tamén sobre como será este ano.

Un café con Eva: Mary Ínsua fala de emprego 24.01.2022

Iniciamos colaboración con Radio Voz e o programa Un Café con Eva onde daremos conta de todo o que acontece tanto dende COGAMI Social como en COGAMI Empresarial, COGAMI Xenera e o movemento asociativo. Inauguramos sección falando de emprego na empresa ordinaria.

Diego Piñeiro fala de accesibilidade na Radio Galega 20.01.2022

O programa Convivir da Radio Galega entrevista ao técnico de Accesibilidade de COGAMI, Diego Piñeiro, para falar sobre a accesibilidade na nosa contorna.

Diego Piñeiro fala de accesibilidade para Radio Voz 19.01.2022

Eva Millán entrevista ao técnico de accesibilidade, Diego Piñeiro, para falar se vivimos en contonas accesibles ou non, se os concellos cumpren coa norma.

Falamos de emprego en SER Arousa 19.01.2022

A coordinadora do SIL, Mary Ínsua, fala para Cadena SER Arousa sobre as empresas que crean oportunidades laborais a persoas con discapacidade.

Es Radio entrevista a Mónica Álvarez 13.12.2021

A vicepresidenta segunda de COGAMI fala para Es Radio sobre os dereitos, as barreiras, a autonomía e os programas e servizos dirixidos ás persoas con discapacidade.

Anxo Queiruga fala para Radio Voz da remodelación outlet Allariz 02.12.2021

O Presidente de COGAMI explica para Radio Voz Ourense en que consistiron as obras de remodelación da tenda outlet Massimo Dutti que está en Allariz.

Falamos da nova Lei da Discapacidade na Radio Galega 10.09.2021

O programa Convivir da Radio Galega fala da nova Lei da Discapacidade no exercicio da capacidade xurídica coa técnica da área Xurídica, Mª Jesús Pérez.

Falamos sobre o voluntariado en Radio Voz 10.09.2021

O programa de Radio Voz Un café con Eva entrevista á técnica de xestión de voluntariado, Patricia Vilas, para explicar como se pode facer unha persoa voluntaria e as súas funcións.

Entrevista a María Araujo de AGL 14.06.2021

Radio Arousa entrevista á traballadora social de AGL para falar sobre o linfedema e lipedema.

Álvaro García fala de rúas peonís para Cope Coruña 08.06.2021

O coordinador da área de Accesibilidade explica para Cope Coruña como debe ser o uso das rúas peonís para as persoas que teñen mobilidade reducida.

Entrevista a Laura Fernández do SIL en Ourense 12.03.2021

A emisora Cope entrevista á orientadora laboral de COGAMI na comarca de Valdeorras, Laura Fernández, para que explique en que consiste o traballo do Servizo de Orientación e Intermediación Laboral na zona.

Entrevista á Traballadora Social de AGL 05.03.2021

Cadena SER Arousa entrevista a María Araujo, traballadora social de AGL, polos preparativos que teñen programados para o Día Mundial de Linfedema, o 6 de marzo.

Anxo Queiruga fala de emprego en Radio Voz 04.02.2021

O Presidente de COGAMI explica para o programa Voces de tu ciudad de Radio Voz como foi o mercado laboral para as persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra.

Entrevista a Alfredo Saborido 28.01.2021

Cadena SER entrevista ao coordinador de Alcer, Alfredo Saborido, para falar sobre a reclamación de pacientes con enfermidade crónica que acoden a diálise ao centro hospitalario e que se contaxiaron de Coronavirus durante o transporte.

Entrevista ao Presidente de Alcer Coruña 26.01.2021

Radio Voz Ferrol entrevista a Rafa Rodríguez trala reclamación que a Federación Alcer Galicia fai ao Sergas polo contaxio de COVID a pacientes que son trasladados ao hospital para seren dializados. Dende Alcer cren que non se cumpre co protocolo durante o transporte ao hospital.

Mónica Álvarez fala de Dedaleira na Radio Galega 22.01.2021

A Presidenta de ACADAR explica para o programa Convivir en Igualdade en que consiste o servizo Dedaleira de atención sexolóxica e detección de delitos sexuais.

Listen to the Podcast COGAMI podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.