Radio Ateneo

Paseando por Compostela con mulleres

Arts GL ↓ 56 episodes

Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias...) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita.

Author

Radio Ateneo

Category

Arts

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Apr 15, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Lolita Mora 15.09.2021

Hoxe volvemos pasear por Compostela con mulleres! Compostela é unha cidade moi doce. As pastalarías teñen unha impronta moi grande na cidade e é por iso que Encarna Otero nos fala dunha muller vinculada a unha delas. Trátase de Lolita Mora, unha muller galeguista que traballou en Casa Mora desde os anos 30.

Rosita López Comunión 21.07.2021

Hoxe imos falar dunha muller que foi unha grande artista, unha muller alegre e culta que puxo moita luz na cidade de Compostela. Trátase de Rosita López Comunión, pianista, profesora de piano e unha gran mecenas.

As mulleres que ensinan 07.07.2021

Hoxe no noso percurso feminino en Compostela imos falar das mestras, de tantas mulleres que adicaron e adican a súa vida a formar, a educar, a crear lazos co saber... Unha destas mestras foi María Vázquez Suárez, defensora da escola laica e condenada a morte por defender o amor libre e por soterrar a súa nai cun enterramento civil.

Herminia Fariña 23.06.2021

Hoxe imos falar dunha muller enormemente prolífica: Herminia Fariña Cobián. Herminia nace en Santiago en 1904 e ao longo da súa vida cultivou poesía, artigos xornalísticos, teatro...

Saberes e sabores, xantares e cociñas 09.06.2021

Santiago sempre foi un territorio de saberes e sabores, de xantares e cociñas, e detrás diso, maioritariamente, había mulleres. As mulleres sempre sacaron a fame do mundo e a elas vai dedicado este programa coral ou en rede.

Eugenia Osterberger 26.05.2021

Neste episodio falaremos de Eugenia Osterberger, unha das mellores compositoras da Belle Époque, posto que os seus días remataron en Francia, pero era unha compostelá nacida na nosa cidade no ano 1852.

Listen to the Paseando por Compostela con mulleres podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.