Radio Ateneo

Paseando por Compostela con mulleres

Arts GL ↓ 56 episodes

Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias...) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita.

Author

Radio Ateneo

Category

Arts

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Apr 15, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A gota do leite 15.04.2026

A gota do leite foi un organismo de beneficencia para facerlle fronte á inmensa mortalidade infantil que había a final do século XIX e principios do XX. En Compostela, estaba situada a carón do Museo do Pobo Galego e onde hoxe está o CGAC.

O leite 01.04.2026

Hoxe toca falar do leite, alimento básico e fundamental na capital de Galicia e na súa comarca. En Santiago había moito consumo e produción de leite, con moitas granxas e vacas.

Pan de Compostela 04.03.2026

Compostela é terra de pan. Os seus mercados, fornos e muíños fixérona terra do pan. Hoxe paseamos para descubrir as orixes deste alimento.

Verduras e calacús 19.02.2026

Seguimos coa serie de produtos de tempada, falando da verdura agora que chega o tempo de Coresma.

Os alimentos de inverno 2 14.01.2026

Xa chegou o tempo de inverno e o corpo agradece xa cousas quentes, como é beber unha taza de chocolate, algo que é tradicional en Compostela.

Os alimentos de inverno 17.12.2025

Hoxe adentrámonos no Nadal, falando dun dos alimentos máis típicos: o bacallau con coliflor

Os alimentos de Outono 2 03.12.2025

O outono é a época na que se recollen os alimentos, se pagan as rendas e tamén na que se transforman os alimentos para conservalos mellor, especialmente aqueles que eran importantes en ocasións especiais, como os figos, as uvas ou o poroco.

Os alimentos de outono 19.11.2025

Hoxe facemos un percorrido polas terras compostelás, vendo o que hai nas súas hortas e o que houbo nas súas casas nestes días de outono. Castañas, marmelo, cabazas...

As mulleres que alimentan a vida 28.10.2025

Imos empezar unha nova etapa paseando con mulleres, pero sendo o seu traballo como protagonista. As mulleres alimentaron e alimentan a vida. Sacharon, cultivaron, deron de xantar...

Luísa Villaverde Regueiro 15.10.2025

Hoxe visitamos a vida de María Luísa Villaverde Regueiro, «a praceira rebelde». Dende San Lourenzo á Praza de Abastos e ao Sar, unha historia de resistencia, coidado e solidariedade fronte á represión do 36. Un paseo para amosar nomes, voces e memoria da cidade.

Aurichu Pereira 25.06.2025

Hoxe imos coñecer a figura de Aurichu Pereira, deseñadora, pintora e alma da tenda Xanela, auténtico foco cultural e creativo da cidade. Dende a súa infancia no Patio de Madres ata o seu legado artístico e vital, reivindicaremos a súa condición de muller galega, feminista e pioneira da moda de proximidade.

Lola Ferreiro 12.06.2025

Lola Ferreiro estudou Medicina en Santiago, onde tamén se doutorou e se especializou en Psiquiatría e na saúde mental infantil e na adolescencia, moi especialmente a das rapazas. Ela denunciou sempre que a medicina discrimina ás mulleres en moitos dos seus apartados.

escolainfantilsancristobodoeixo 19.03.2025

Continuamos falando do Concello de Conxo, concretamente pasando por San Cristovo do Eixo, un dos primeiros lugares cunha escola de indianos, que aínda existe hoxe, montada por Domingo Cepeda Raíces.

O Manicomio de Conxo 05.03.2025

Hoxe seguimos lembrando o Concello de Conxo no 100 aniversario da súa anexión a Compostela, dando un paseo polo seu Manicomio e coñecendo como a Igrexa se fixo con este ben que era público e estaba desamortizado.

As mulleres do Concello de Conxo 19.02.2025

Hoxe adicamos unha serie de episodios dedicados ao Concello de Conxo, que este ano cumpre 100 anos da súa anexión ao de Compostela. Conxo foi tamén territorio de cociñeiras e taberneiras e lugar natal de Rosalía de Castro.

Ruth Matilda Anderson. Segunda parte. A feira do gando, estudantes e peregrinos, a catedral e o Pazo de Xelmírez 16.10.2024

Continuamos o percorrido por Compostela da man de Ruth Matilda Anderson seguindo o diario da fotógrafa.

Ruth Matilda Anderson. Primeira parte. As rúas de Compostela 02.10.2024

Hoxe iniciamos un paseo polas rúas de Compostela da man da fotógrafa Ruth Matilda Anderson.

Luz Fandiño 19.06.2024

Hoxe imos andar moitísimo, dende o barrio de Sar e do Ensanche a América e a Francia, para despois volver a Compostela. Hoxe con este paseo imos coñecer a Luz Fandiño.

Vicenta e Ánxela Artime 05.06.2024

Hoxe entramos nun comercio que se converteu nun ágora, na rúa da Caldeirería. Falamos da Colchonería, negocio das irmás Vicenta e Ánxela Artime.

Pili Pereira 01.05.2024

Continuando con mulleres que traballaron na radio, hoxe falamos de Pilar Pereira Carballo, vinculada durante uns anos á radio, aínda que cunha traxectoria moito máis diversa e plural

Isabel Carou 27.03.2024

Isabel Carou traballou 40 anos na radio, dende 1947 ata que se xubilou en 1986. Estudou Químicas en Santiago e traballou dende nova para axuda á familia, cando se enterou de que na radio había unha praza de locutora, onde empezou a traballar.

María Gómez Romarís 13.03.2024

Nesta nova andaina, imos camiñar por calquera lugar de Santiago xa que, esta camiñata é a través da radio, un medio que ten unha difusión inmesa co elemento engadido de que unha gran parte das ouvintes son mulleres. 

Elas no seminario. As mulleres do Seminario de Estudos Galegos 28.02.2024

O pasado 2023 foi o centenario do Seminario de Estudos Galegos. Mulleres como Carmiña Sierra ou Pura Lorenzana son só algúns exemplos das mulleres progresistas e galeguistas que realizaron os seus estudos no Seminario.

As ousadas. As novas emprendedoras 17.01.2024

Falamos da valentía e a ousadía das mulleres compostelanas que se arriscaron a abrir un negocio na cidade de Santiago.

As mulleres invisíbeis. As arrepentidas 20.12.2023

As mulleres invisíbeis —chamadas tamén de arrepentidas ou Oblatas— tiñan como finalidade acompañar e reeducar ás mulleres que non cumprían co patrón ou norma da sociedade patriarcal e machista na época do franquismo. Repasamos estes espazos de represión na cidade de Santiago de Compostela.

Listen to the Paseando por Compostela con mulleres podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.