A que cheira, papá?
O Tigre do Futuro
O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar. O podcast en galego onde poden convivir lendas urbanas, nocións de psiquiatría e historias misteriosas sen máis roces dos necesarios. O Tigre do Futuro facémolo desde o magazine cultural A que cheira, papá?, con todo o que iso significa. Unha ollada nova e fresca, gana de pasalo ben, e toda unha plantilla de colaboradoras ben garridas. Entra a escoitar o Tigre!
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
A que cheira, papá?
Category
Podcast website
Latest episode
Nov 28, 2024
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Tics da CIA en illas do Pacífico - O Tigre do Futuro 19 13.01.2022 1:28:55
Conspiracións da CIA, fenómenos psquiátricos do TikTok e historias de illas do pacífico no novo Tigre! Neste episodio contaron historia Guillermo Rodicio, Violeta Pérez e OputoPablo, con Ánxela Lema como comentarista. Comezou Guillermo que veu falar dalgunhas das operacións máis tolas da CIA. Raposos místicos de Xapón, vampiros filipinos ou Xesucríto na Cuba castrista, algúns casos de intentar emp...
Alguén tiña que dar cocaína ao emú - O Tigre do Futuro 2x18 16.12.2021 1:04:40
Desta volta temos un tete-a-tete, un tigre de a dúo intimista onde os protagonistas pouco a pouco caen na locura. Ciencia delirante e guerras australianas contra paxaros na versión de a 2 do podcast. Neste episodio contaron historia Philip Webb e Guillermo Rodicio. Comezou Philip, que veu cunha sección afiladísima despois de pasarse semanas buceando nos buscadores de artigos científicos. Trae os n...
Fermi valida o Nordic noir - O Tigre do Futuro 2x17 02.12.2021 1:29:14
Validarnos coa psiquiatría, buscarmos aliens con Fermi e un análise amateur das series nórdicas sobre crimes no podcast máis variado. Neste episodio contaron historia Silvia Rodríguez, Violeta Pérez e Dario MJ. Primeiro comezou Silvia, que veu falarnos dun dos xéneros de moda, o Nordic Noir. Xa sabedes, esas series de crimes ambientadas en Escandinavia onde todo é moi gris e a xente mira toda de e...
Manfredo toca o saxo no Titanic - O Tigre do Futuro 2x16 19.11.2021 1:31:05
As andanzas sufridísimas do inventor do saxofón, un creepypasta sobre o Titanic narrador por Philip e a vida e milagres do Man de Camelle no novo podcast. Neste episodio contaron historia Guillermo Rodicio, Philip Webb e Rubén Amado. Comezou Guillermo, que nos veu contar a historia da invención do saxofón. Ben, en realidade a vida do seu creador, Adolphe Sax, que ten unha biografía fascinante. Ben...
Krampus de pasta e pesadelo (especial Samaín) - O Tigre do Futuro 2x15 04.11.2021 1:30:04
Esta semana temos un especial no Tigre do Futuro. Aproveitando o Samaín, decidimos que as 3 historias que presentasen as peregrinas ao oráculo, estivesen todas relacionadas co medo, brrrr tremede! Neste episodio contaron historias terroríficas Silvia Rodríguez, Philip Webb e Violeta Pérez. Comezou Silvia, que adaptou a súa sección de "Cousas de vellas" para falarnos de lendas de inverno. A cacería...
Benito Soto xogando con Glushkov - O Tigre do Futuro 2x14 21.10.2021 1:30:01
Pirataría sanguinaria, visionarios soviéticos da Internet e o mundo dos xogos tradicionais no podcast máis atrevido. Neste episodio contaron historia Rubén Amado, Darío MJ e Silvia Rodríguez. Comezou Rubén, que veu pechar o círculo das súas seccións de pirataría na Coruña. Se xa nos falara dos comezos, desta volta falou do final, do último pirata do atlántico, Benito Soto. Unha historia chea de sa...
Leñador emocional da China - O Tigre do Futuro 2x13 07.10.2021 1:33:05
Revolucións tipográficas, misteriosos leñadores pantasmais e as emocións evolutivas, que podcast ben variadiño. Neste episodio contaron historia Guillermo Rodicio, Philip Webb e Violeta Pérez. Comezou Guillermo, que contou como China adaptou o teclado Qwerty ao seu idioma baseado en caracteres. Unha historia sobre lingua e fonética, máis onde aparece tamén Mao, a guerra con Taiwan e o boom de Sili...
Profes piratas perdidos no Sahara - O Tigre do Futuro 2x12 23.09.2021 1:28:29
Piratas amotinados na Coruña, profesores de inglés lanzados ao mundo e unha carreira infinita polo deserto. Como volve o podcast do Tigre! Neste episodio contaron historia Philip Webb, Rubén Amado e Guillermo Rodicio. Comezamos a segunda tempada do Tigre! Estrea a tempada Philip, que nos veu falar de imperialismo lingüístico a través da ensinanza do inglés. Seguindo as liñas dun congreso dos 70, q...
Xuízas furiosas buscan exoplaneta - O Tigre do Futuro 1x11 02.07.2021 1:24:54
Afastados planetas onde se agochan mares inmensos, xuízos televisivos delirantes e a furia feminina disfrazada de loucura. Ben variado o oráculo! Neste episodio contaron historia Violeta Pérez, Darío MJ e Carlos Ríos. Comezou Darío, que nos veu falar de exoplanetas, en concreto dos planetas océanos. Mundos máis alá do noso mundo, onde sabemos (ou sospeitamos) que pode haber auga liquida. Puxemos o...
Intro portuguesa ao Almanaque - O Tigre do Futuro 1x10 17.06.2021 1:38:43
O secretos do Almanaque agrario, reflexións sobre intros de series e a emigración porutuguesa na Galiza, o Tigre nunca para! Neste episodio contaron historia Silvia Rodríguez, Guillermo Rodicio e Philip Webb. Comezou Silvia, que nos veu falar dunha desa xoias editoriais que por estar en todas as casas pode pasar desapercibida: o Almanaque ZZ. Falamos sobre este libriño de labores do campo, da súa...
Tradi das Feroe no bungalow - O Tigre do Futuro 1x9 03.06.2021 1:14:08
Panorámica do tradi galego máis actual, unha lenda vingativa das illas Feroe e o programa infantil máis delirante da televisión inglesa. Neste episodio contaron historia Sara García e Javier "Meiga-í", Guillermo Rodicio e Philip Webb. Comezaron Javi e Sara, que viñeron a rematar a panorámica que comezaron hai un par de programas sobre a nova música tradicional en Galicia. Se no anterior definían e...
Maratón de merda en Ekranoplano - O Tigre do Futuro 1x8 20.05.2021 1:16:30
Monstruosas máquinas soviéticas, maratóns delirantes a comezos de século e odas ao ecosistema intestinal para salvar a túa saúde mental. Neste episodio contaron historia Darío MJ, Guillermo Rodicio e Violeta Pérez. Comezou Darío, que se reafirma xa como experto en asuntos soviéticos, desta volta cos Ekranoplanos. Metade avión, metade barco, 100% bestia material de pesadelo. Un dos inventos que só...
Crise Tradi en Lop Nur- O Tigre do Futuro 1x7 06.05.2021 1:21:52
O panorama tradi galego, psicoloxía da crise dos 30 e un lago enorme desaparecido en China hai máis de 2000 anos. O Tigre sempre ben variado! Neste episodio contaron historia Sara García e Javier "Meiga-í", Philip Webb e Violeta Pérez. Comezaron Sara e Javier, que nos viñeron facer unha panorámica das músicas "tradi" que se fan hoxe na Galiza. De Boyanka a Baiuca, de Mercedes Peón a Leilía, falamo...
Midas escóndelle ouro a Koroliov - O Tigre do Futuro 1x6 24.04.2021 1:29:34
Historia espacial soviética, lendas de Valdeorras e debate sobre o último das Tanxugueiras, todo no novo episodio do podcast de historias cheirer. Neste episodio contaron historia Silvia Rodríguez, Darío MJ e Ánxela Lema. Comezou Silvia, que súa sección de "Cousas de vellas", veu falar dunha lenda a medio camiño entre o fantástico e o real: as Aureanas do Sil. Esas mulleres que extraen o ouro do r...
Polvorín identificado en Laxe - O Tigre do Futuro 1x5 08.04.2021 1:23:10
Unha peli de Dustin Hoffman; do concepto de paciente identificado; e de naufraxios famosos da Costa da Morte, todo no novo Tigre do Futuro! Neste episodio contaron historia Philip Webb, Violeta Pérez e Rubén Amado. Comezou Philip, que sacou da súa carpeta de asuntos vitais: Outbreak, unha peli de 1995 protagonizada por Dustin Hoffman e que volveu coller relevancia este ano pola súa temática pandém...
Horus e Taro visitan os Concellos - O Tigre do Futuro 1x4 25.03.2021 1:20:34
As relacións poliamorosas que se adiviñan cun can, as historias máis tolas dos Concellos galegos máis tolos, e a incrible vida de Gerda Taro, todo no Tigre do Futuro! Neste episodio contaron historia Ánxela Lema, Carlos Ríos e Guillermo Rodicio Comezou Ánxela, que aproveita o papel de Horus, o can dunha das protagonistas de "La isla de las Tentaciones", para facer unha crítica ao programa e reflex...
Psicose Tártara na Viceira - O Tigre do Futuro 1x3 11.03.2021 1:20:04
Das diferenzas entre psicose e psicopatía, a costumbre ancestral da Viceira para os nenos, e a historia que non sabiades (porque é mentira) da Gran Tartaria. Todo no novo Tigre! Neste episodio contaron historia Violeta Pérez, Philip Webb e Silvia Rodríguez. Comezou Violeta, que estrea a que será súa sección recorrente "Freud debe morrer" dedicada á saúde mental. Desta vez intentou dar algo de luz...
Jar Jar colle o cólera no Monkey Island - O Tigre do futuro 1x2 25.02.2021 1:04:18
O parentesco improbable entre Jar Jar Binks co cine mudo, o mapa de Jon Snow para salvar Londres do cólera e todas as razóns polas que deberiades revisitar o Monkey Island, todo no novo Tigre do Futuro! Neste segundo episodio contaron historia Philip Webb, Guillermo Rodicio e Darío MJ. Comezou Philip, que intentou revivir a deostada figura do personaxe máis odiado de Star Wars, o infausto Jar Jar...
Tigres e minimalismo - O Tigre do Futuro 1x1 11.02.2021 45:59
Estreamos o primeiro episodio de O TIGRE DO FUTURO, o podcast que facemos desde o magazine cultural A que cheira, papá? O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar. Cada día os peregríns proporán 3 temas, que poden ir desde o máis elevado ao máis vulgar. Neste primeiro episodio inaugura o podcast a historia do m...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.