Radio Ateneo
Media ducia de poemas e unha canción
Media ducia de poemas e unha canción é o podcast perfecto para os amantes da poesía e da música. Cada episodio deste programa presenta unha selección de seis poemas dun autor destacado, ofrecendo aos oíntes unha inmersión profunda na súa obra e estilo literario. Ademais, cada entrega finaliza cunha canción que complementa e amplifica a experiencia poética.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ramón Otero Pedrayo 10.06.2026 10:35
Ramón Otero Pedrayo é considerado o patriarca das letras galegas. Tocou numerosos campos: a narración, o teatro, a poesía, o ensaio, o ensino, a xeografía a política e o xornalismo.
Curros Enríquez 06.05.2026 16:39
Manuel Curros Enríquez (1851-1908) foi un dos grandes poetas do Rexurdimento, destacado polo seu compromiso social, republicano e progresista. Autor de obras clave como Aires da miña terra e O divino sainete , sufriu censura e un proceso xudicial pola súa crítica social e relixiosa, emigrou a Cuba e converteuse nunha figura fundamental da literatura galega.
Álvaro Cunqueiro 10.04.2026 14:26
Álvaro Cunqueiro (1911–1981), nacido en Mondoñedo, foi un dos grandes autores galegos do século XX. A súa traxectoria comezou centrada na poesía, con libros vangardistas e neotrobadorescos como Mar ao norde (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama Riveira (1933), nos que combina modernidade e tradición medieval galego-portuguesa.
Xohana Torres 13.03.2026 14:34
Xohana Torres naceu en Santiago en 1931 e finou en Vigo en 2017. Poeta, narradora e dramaturga, destacou tamén como pioneira da radio en galego e como referente do feminismo galego. A súa obra, marcada pola perspectiva feminista e por temas como a memoria, a identidade ou o mar, inclúe títulos como Adiós María e poemarios como Tempo de ría . Foi membro da Real Academia Galega e recibiu numerosos p...
Bernardino Graña 11.02.2026 16:12
Bernardino Graña (Cangas, 1932 - Nigrán, 2025) foi profesor de secundaria, poeta e referente da nosa literatura infatil e xuvenil, ademais de articulista e ensaísta. A súa humanidade, o amor pola terra e a lingua, e sobre todo o mar, son a columna vertebral da súa poesía.
Xosé Luís Méndez Ferrín 20.01.2026 18:56
Xosé Luís Méndez Ferrín é un escritor galego nado en Ourense en 1938, referente das nosas letras e coñecido pola súa obra poética e narrativa, marcada polo compromiso político e cultural coa independencia de Galicia. Cofundador da UPG, sufriu represión durante o franquismo e foi presidente da Real Academia Galega entre 2010 e 2013.
Marta Dacosta 11.12.2025 11:50
Marta Dacosta Alonso (Vigo, 1966) é unha poeta, profesora e sindicalista galega cunha sólida traxectoria literaria e compromiso social. Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa, publicou numerosos poemas en revistas e volumes colectivos, e a súa obra figura en diversas antoloxías de referencia da poesía galega contemporánea. Autora de libros como Crear o mar en Compostela, Pel de ameixa, Setembro...
María Victoria Moreno 18.11.2025 12:28
María Victoria Moreno (1939–2005) foi unha escritora, editora e profesora que fixo da lingua galega a súa casa literaria e vital, malia nacer en Cáceres. Formada en Filoloxía Románica, chegou a Galicia a comezos dos anos sesenta e desenvolveu a súa carreira docente en Lugo, Sanxenxo e sobre todo en Pontevedra, onde destacou polo seu compromiso coa difusión do galego mesmo en plena ditadura. Autora...
Celso Emilio Ferreiro 17.10.2025 11:03
Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova en 1912 e morreu en Vigo en 1979. Poeta, xornalista, político, galeguista e republicano de esquerdas, foi unha das figuras clave da poesía social galega. A súa obra Longa noite de pedra, publicada en 1962, contén as esencias da súa poesía: o amor á nosa terra e ás súas xentes, a defensa da lingua, a denuncia das miserias do réxime franquista, das inxustizas...
María Mariño 08.05.2025 9:38
María Mariño foi a terceira muller homenaxeada no Día das Letras, no ano 2007. Escritora tardía e autodidacta, é unha rara avis na nosa literatura: apenas nos deixeou un cento de poemas recollidos nos libros Palabra no tempo e Verba que comeza .
Manuel María 26.04.2025 11:47
A extensísima obra poética de Manuel María, con medio cento de títulos, transita polo existencialismo, o compromiso político, o amor, a lingua, o intimismo, a transcendencia ou a morte.
Avilés de Taramancos 22.03.2025 12:51
Antón Avilés de Taramancos (1935-1992) foi un poeta e activista galeguista nado en Noia. Viviu en Colombia durante 20 anos, onde expresou a súa morriña en Poemas de ausencia . Ao regresar en 1980, abriu a súa taberna en Noia, converténdoa nun centro cultural. A súa poesía destaca polo amor á terra e ao mar, sendo As torres no mar a súa última obra en vida.
Uxío Novoneyra 21.02.2025 15:19
Uxío Novoneyra, "O Poeta do Courel", é unha das voces poéticas máis aclamadas, poderosas e admiradas da nosa literatura. Achegarse aos seus versos é o inicio dunha viaxe conmovedora enraizada no seu territorio natal.
Olga Novo 11.10.2024 14:41
Olga Novo é unha das voces poéticas máis poderosas e conmovedoras do noso panorama literario actual. O seu poemario Feliz Idade obtivo os premios Nacional de Poesía no 2020, o da Crítica española e o da Crítica galega.
Marica Campo 26.09.2024 14:35
Marica Campo é unha poeta, narradora, dramaturga e tradutora, que adicou toda a súa vida ao ensino. Ten como referentes para a súa obra todos aqueles libros que lía na biblioteca familiar, así como as historias que lle contaban as xentes do seu patio de recreo infantil.
Eva Veiga 12.06.2024 9:39
Eva Veiga, muller polifacética e resiliente: filóloga, poeta, xornalista, guionista e actriz. Hoxe escoitamos seis poemas dela e a canción "Norai de Anguria"
Especial Letras Galegas: Luísa Villalta 17.05.2024 13:42
Luísa Villalta é a sexta muller á que se lle dedican as Letras Galegas despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, Mª Victoria Moreno e Xela Arias.
Xoán Xosé Fernández Abella 04.04.2024 9:16
Xoán Xosé Fernández Abella, escritor e mestre, naceu en Monforte de Lemos en 1933. Entre o ano 66 e o 72 estivo emigrado en Venexuela. Posteriormente, en Galicia, estivo vinculado a lugares como Ortigueira, A Estrada ou Teo. Hoxe escoitaremos seis poemas del e remataremos o programa coa canción Quérote tanto, meniña, de Tino Baz.
Salvador García-Bodaño 07.03.2024 10:33
Salvador García-Bodaño, poeta e destacado da nosa cultura, deixounos en marzo de 2023. Foi membro numerario da Real Academia Galega e presidiu o Ateneo de Santiago entre os anos 2008 e 2021, cando pasou a ser presidente de honra.
Rosalía de Castro 23.02.2024 12:03
Rosalía de Castro, a poeta que pon en marcha o Rexurdimento da literatura galega despois dos Séculos Escuros está hoxe de conmemoración. Cada ano, celébrase o Día de Rosalía no día que naceu esta poeta, o 23 de febreiro. Hoxe recolleranse as catro partes do poema que abre Cantares gallegos e os versos cos que remata, acompañados da canción 'Iste vaise', de Fuxan os Ventos.
Neira Vilas 30.01.2024 11:39
Este primeiro episodio de Media ducia de poemas e unha canción estará amenizado pola lectura de 6 poemas do escritor e xornalista Xosé Neira Vilas, ademais da canción "Ai amor", interpretada por A Quenlla.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.