Radio Ateneo

Gastro Radio

Arts GL ↓ 53 episodes

Programa de cociña, gastronomía e alimentación no que se dará conta de toda a variedade de produtos da nosa terra, con participación de persoeiros relevantes na nosa cultura culinaria, entrevistas e unha pequena receita en cada programa.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.spreaker.com

Author

Radio Ateneo

Category

Arts

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Jun 18, 2024

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Descubrindo a gastronomía romana 18.06.2024

Esta pasada fin de semana Gastro Radio visitou Lugo para coñecer de primeira man a través da festa do Arde Lvcvs todo sobre a cultura do Imperio Romano e moito da súa gastronomía.

De mar, de río e da Estrada 21.05.2024

Hoxe imos desprazarnos ata A Estrada para acudir a unha das súa festas máis populares, que esta pasada fin de semana celebraba a 50 aniversario. Descubre connosco a Festa do Salmón. En que consiste esta festa? Que degustacións de salmón poderemos probar? Que sabemos sobre este peixe?

Visitando o TS-A Casa 07.05.2024

Hoxe imos retomar o noso percorrido polo mundo vegano. Pero neste caso ímolo facer parando nun restaurante de Santiago: o TS-A Casa, na rúa de San Pedro. Como xurdiu este restaurante? Cales son os seus valores? E os seus pratos estrela?

Comendo herbas 23.04.2024

Que diferencia hai realmente entre ser vexetariano e ser vegano? Como se alimenta unha persoa vegana? Que alimentaos parecen veganos pero non o son? É realmente un "modus vivendi" o de ser vexetariano?

Intolerantes 09.04.2024

Desta vez, falamos da intolerancia á lactosa: que alimentos pode parecer que non a teñen e despois si? Como funciona esta intolerancia no noso organismo? Realmente pode desencadear outras enfermidades? Que son as pastillas de lactase?

etapas 26.03.2024

Este ano o concurso de Tapas de Santiago de Compostela, o (é)Tapas, celebrou a súa XV edición, entre o 15 de febreiro e 3 de marzo de 2024. En Gastro Radio decidimos probar algunha tapa, ver como funciona o concurso e así poder comentalo.

Queixeando por Arzúa 12.03.2024

Marzo e a súa Festa do Queixo de Arzúa, que cada ano é das festas gastronómicas favoritas entre os máis queixeiros. Que é a Festa do Queixo? Que hai dentro da feira? É verdade que podes comer e comer queixo sen descanso? É só queixo galego?… Todo isto e moito máis, así coma a nosa experiencia nesta Festa por primeira vez, no novo episodio de Gastro Radio!

Lalín está de festa 27.02.2024

Estaba claro que nos iamos achegar a Lalín! A cidade galega do cocido por excelencia. Que terán de especial os ingredientes do Deza para ser “O” COCIDO? Como ven os lalinenses esta tradición? Séguena facendo na casa? Todo iso e moito mais… no novo episodio de Gastro Radio!

Lacón, grelos, patacas e porco 13.02.2024

Lacón, grelos, patacas, porco... Son algúns dos sabores dos xantares dos Entroidos en Galicia. Hoxe achegámonos ao popular cocido para descubrir algunhas cousas máis sobre el.

Técnicas de aproveitamento no Mercado de Abastos 30.01.2024

Desplazámonos ao Mercado de Abastos de Santiago de Compostela seguindo a temática que acompaña ao mes de costa de xaneiro: Que técnicas culinarias terán os veciños de Santiago para aproveitar ao máximo as sobras de Nadal? E que receitas de aproveitamento pasaron de xeración en xeración? E cales fan durante todo o ano sen importar as datas?

Ata o último bocado 16.01.2024

Oístes falar algunha vez da cociña de aproveitamento? Sabiades que existe a tortilla de pan? Descúbreo xa no novo episodio desta nova temporada

De Arabia a Xixona 19.12.2023

Hoxe descubriremos en Gastro Radio cando comezaron a producirse os turróns e como se fai para conseguir esas texturas tan características que teñen

Dende Noruega ata Galicia 05.12.2023

Hoxe percorremos o Océano Atlántico para coñecer a un fiel compañeiro da gastronomía galega e de toda europa, responsable da nosa dieta durante séculos: o bacallau.

Cruces de améndoa 21.11.2023

Hoxe imos descubrir a orixe e os segredos que agocha a tarta de Santiago e tamén imos que non todo o que parece tarta de Santiago o é

Máis doces de Defuntos 24.10.2023

Achégase de novo o Día de Tódolos Santos e hoxe imos facer un percorrido pola Penísula Ibérica para descubrir que se come neste día de adoración aos mortos

De paseo polo monte galego 10.10.2023

Hoxe estamos acompañados de Lita, garda forestal nas Fragas do Eume, que camiñará connosco polo monte galego en busca de cogomelos

Máis san e máis sostible 27.06.2023

Despedimos esta temporada de Gastro Radio falando sobre a gatronomía sostible: as súas claves, os seus beneficios e a conmemoración do Día da Gatronomía Sostible.

Máis tapas 13.06.2023

Hoxe continuamos paseando polas rúas de Santiago para coñecer máis lugares onde podemos tomar unha boas tapas

A receita medieval de Melide 16.05.2023

Hoxe falamos en Gastro Radio dun dos doces máis emblemáticos dos últimos kilómetros do Camiño Francés a Compostela. Facemos parada en Melide para degustar o melindre

Festa da lamprea 02.05.2023

Hoxe viaxamos a Arbo para descubrir como un animal tan curioso como é a lamprea pode ser tan amado polos mellores padares.

O máis caro do mar 18.04.2023

Hoxe falamos dun dos produtos máis caros do mar e que se puido degustar estes días en Tui: o meixón.

O millo que case se extingue 04.04.2023

Hoxe en Gastro Radio traemos unha variedade especial de millo, que grazas á Asociación Cultural Meiro de Bueu podemos desfrutar en moitas preparacións.

A Festa do Queixo 07.03.2023

Hoxe viaxamos a Arzúa para descubrir a festa máis grande da localidade, na que se venera un dos produtos gastronómicos máis coñecidos de Galicia: a Festa do Queixo de Arzúa

Apto para celíacos 14.02.2023

O pan de trigo. Algo tradicional e case fundamental na nosa dieta, pero que moitos non poden tomar. Hoxe en Gastro Radio coñecemos a Gloria Bernárdez, presidenta da Asociación de Celíacos de Galicia, que nos falara sobre este trastorno alimenticio.

As fabas máxicas 24.01.2023

Temos en Galicia un lugar onde medran fabas máxicas, como as do conto. Viaxamos ao norte de Lugo para coñecer as fabas de Lourenzá.

Listen to the Gastro Radio podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.