Sapo Vermello
Exército Mekemeke
Únete á parroquia máis grande de toda Internet! Un programa presentado por Carlos Vieito.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
#11 | Yo soy Rayden 28.01.2022 1:00:49
Estamos a dar a batalla eurovisiva nas fileiras mekemekes! Todo parece continuar igual como este tempo seco e estábel, máis aquí estamos os mekemekes para tentar equilibrar ou xa facer completamente caóticas de todo as cousas. Carlos usa o noso espazo para dar continuidade (realmente establecer a paz) a unha batalla persoal que mantivo nas redes co artista Rayden, que compite no Benidorm Fest coas...
#9 | Este programa non está gravado 12.01.2022 58:35
Feliz 2022, mekemekes! Seguimos vivos e cargados de enerxía para seguir dando ghuerra . Ano novo, vida nova, ou iso din, máis parece que todo sigue igual, pero aquí estamos nós para irradiar algo de luz, ben igual iso é unha sobrada, aínda que vámolo intentar coma sempre. Carlos, como non é suficiente co que xa temos enriba e despois de dous anos, vennos a botar a pandemia máis as costas cun polém...
#8 | Miguel non ten o bicho 26.12.2021 59:59
Oitava batalla do Exército Mekemeke máis pro-nadal que nunca no derradeiro programa do ano, parece que nos pagan (máis non o fan) por falar ata aburrir destas festas pero sinceramente, é o que toca. O Xeneral Carlos abre os nosos miolos comezando a falar de elementos típicos do Nadal como as panxoliñas e a figura do Apalpador que igual moita xente non coñece e que se está a recuperar. O mekemeke d...
#7 | A voces con Monti Castiñeiras 15.12.2021 1:04:38
Estamos rematando o ano e o Exército Mekemeke seguimos a dar guerra nos podcasts! Arrincamos o programa falando da Xabaxeración da que moitas e moitos mekemekes formamos parte, onde pasamos media infancia diante do televisor vendo ao Xabarín e as súas series icónicas como As bolas máxicas, Shin Chan, Doraemon, etc. Facemos memoria con Carlos daquelas míticas cancións que soaban entre cada serie co...
#6 | Náuseas mekemekes 10.12.2021 59:40
A ver mekemekes! Hai días bos e outros non tan bos, e xusto o programa de hoxe é deses días nos que as cousas non saen tan ben como esperamos que saian. Aínda así, aquí vos deixamos con este novo programa do Exército Mekemeke. Sexta batalla e nas trincheiras cada vez hai máis xente con nós, pero xa hai algún roce entre os xenerais. Hoxe Carlos invade as nosas mentes devolvéndonos á infancia grazas...
#5 | Lidia Veiga tráenos queixos de Arzúa 01.12.2021 59:11
Temos unha nova colaboradora! Unha semana máis e non todo segue igual porque temos una nova recruta mekemeke: a actriz Lidia Veiga que decidiu vir até os estudos de Ames Radio para divertirse con nós. Carlos e co Nadal aquí ao lado, tráenos unha noticia que sempre está en primeira plana por estas datas: Vigo acende a súa iluminación e Abel Caballero lanza as súas proclamas ao aire, algo ante o ca...
#4 | Noruega non está na Unión Europea 25.11.2021 59:42
Cuarta batalla do Exército Mekemeke. Quen o diría mais aquí seguimos ao pé do canón traendo contido fresco e algún que fede un pouco. Aquí hai cousas para tod@s. Abrimos o programa con Carlos comentándonos que as Tanxugueiras vanse presentar á próxima edición de Eurovisión. Os e as eurofans agradecen sen dúbida que se comece a falar xa destes temas no programa. Miguel segue cas súas andainas polo...
#3 | Contos con Paula Carballeira 22.11.2021 1:03:43
O Exército Mekemeke segue sumando forzas e medrando en galegas adeptas. Paula Carballeira convértese na nosa primeira mekemeke . Isto aparenta que cada vez vai a mellor! Carlos Vieito abre o programa falando dese suposto discurso dun futuro apagón eléctrico que comezou a estenderse polas redes como un rumor para converterse en algo sobre o que preocuparse, ou non. O xeneral mekemeke Miguel colle...
#2 | O catálogo de Nadal 22.11.2021 1:00:36
Continúan as batallas do Exército Mekemeke e co obxectivo de seguir sumando forzas que unan a toda a nación. Neste programa Carlos Vieito trae un dos videoxogos que marcou a ferro a súa infancia e co que moita xente tamén medramos. Estamos a falar do Age of Empires. Despois de 16 anos a franquicia destes xogos históricos saca o seu número IV. Desta volta Miguel trae como é de costume un par de pe...
#1 | Ola parroquia 22.11.2021 59:56
Primeiro programa dos tres xenerais mekemekes. Primeira batalla do Exército Mekemeke. Damos a benvida a todo o mundo a este exército mekemeke conformado por Carlos, Miguel e Xubi que veñen falar un pouco de todo e tamén un pouco de nada, nun programa que ten como bandeira o entreter e facer rir co noso particular humor. Neste primeiro programa Carlos Vieito tráenos a grandísima noticia de que ' Pa...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.