Sapo Vermello
Exército Mekemeke
Únete á parroquia máis grande de toda Internet! Un programa presentado por Carlos Vieito.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
#52 | Tribos urbanas 04.04.2023 35:05
Punks, gamers, reggaetoneros, góticos, hippies, rockeiros, skaters,... seguro que pertences ou pertenciches a algunhas destas tribus urbanas. Os mekemekes analizan os grupos sociais da súa adolescencia e compáranos cos actuais. Os emos digievolucionaron en otakus? Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram , ...
#51 | As subvencións 28.03.2023 35:45
Como organización do mal que somos, estamos a traballar en pedir cartiños a través dunha boa subvención. Danos igual que sexa unha axuda dalgún fondo europeo ou dalgún fondo escuro da Deputación, danos igual, queremos carto do bo para seguir facendo o mal. Con todos os papeis preparados, a Lidia en misión especial e coa colaboración de Xubención , a figura misteriosa que tramita todo ese papeleo....
#50 | Malas decisións 21.03.2023 36:27
Escoitar este programa é clara-mente unha mala decisión que, como mekemekes, te animamos a tomar. As nosas vidas están cheas de boas e non tan boas decisións e diso falaremos neste quincuaxésimo programa, compartindo as experiencias dos e das mekemekes que nos seguides. Ademais como plus, poñeremos a proba a maldade nos nosos xenerais na toma de difíciles decisións. Descubre os mellores momentos d...
#49 | Efecto Mandela 14.03.2023 34:53
Sabes esa sensación de que pensabas que unha movida foi dunha forma, mais en realidade nin de lonxe pasou. Pois moi resumidamente iso é o Efecto Mandela , un fenómeno que tratamos neste programa, destapando os que xa todo o mundo coñece, descubrindo os efecto mandela galegos e creando outros novos con moita maldade mekemeke. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso ...
#48 | Aqueles marabillosos 90s 07.03.2023 39:36
ArtAttack, buscaminas, tamagotchis, estabilidade laboral,... como se subíramos no DeLorean de Back to the Future viaxamos até os 90s e repasamos todos aqueles trebellos que marcaron as nosas vidas. Retrocedemos 30 anos sentíndonos vellas e vellos e reafirmando a nosa identidade millennial. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram...
#47 | Consultorio mekemeke 28.02.2023 43:40
Benvidas e benvidos ao consultorio de sabedoría mekemeke! Non prometemos encontra a solución aos problemas que nos traias, mais si que che aseguramos botar unha risas cos xenerais mekemekes. Neste programa resolvemos as consultas que nos envían os nosos máis fieis seguidores e seguidoras. Anunciamos que en breve seguiremos facendo máis consultorios. Descubre os mellores momentos de cada programa n...
#46 | Improvisando 21.02.2023 32:39
Sabes ese momento da vida no que tes que gravar dous programas seguidos por problemas técnicos/persoais e só tes un deles con guión? Pois basicamente isto é o que nos pasou neste programa. Así que con moito inxenio e ocurrencia tolas, fixemos un programa diferente que esperamos que vos guste. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram...
#45 | San Valentín 14.02.2023 33:18
Especial mekemeke polo día internacional do amoooore 💘 Se esteas sozinhx ou acompañadx, os mekemekes están contigo! É que o amor é algo "complexo" e intentando fuxir dun Firts Date con Carlos Sobera, repasamos as etapas que ten o namoramento e que culmina cada 14 de febreiro. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram...
#44 | De quen ves sendo? 07.02.2023 34:44
Rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla, e imos falar... da familia! Un mundo complexo no que nos movemos e que en cada casa funciona dunha forma. Os mekemekes, que son unha familia, mergúllanse a través das anécdotas para describir as principais familias humildes e até as da realeza. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram...
#43 | Programas míticos da galega 31.01.2023 33:33
Pratos combinados, Mareas Vivas, o Supermartes, etc... son programas e series que marcaron a case todo o país. E como tal, os mekemekes traemos este tema ao programa para falarmos destes grandes títulos a través dun xogo no que tamén podes participar. Contamos neste programa cunha das voces que marcou a toda unha xeración. Estamos a falar do gran actor de dobraxe, Antón Rubal. Descubre os mellore...
#42 | Imos xogar 24.01.2023 33:11
Que aos mekemekes lles gusta xogar, é unha afirmación que todo o mundo coñece, sobre todo, xogar a conquistar o mundo. Mais desta vez deixamos as aspiracións de dominación mundial a un lado para falar a que xogábamos cando éramos cativxs. Ademais contamos coa participación doutro mekemeke máis, falamos do actor de dobraxe, Antón Rubal, coñecido por poñer voz a Goku, Maxwell Sheffield ou Batman. De...
#41 | As fake news e os ciberanzós 17.01.2023 33:47
«Último programa mekemeke?» Este podería ser un clickbait, ou ciberanzó, perfecto para demostrar que estamos completamente rodeadas e rodeados de noticias falsas e de titulares que din unha cousa que despois de premer na ligazón, é outra máis distinta. De fake news e ligazóns que van a onde non teñen que ir, falaremos neste programa mekemeke. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso...
#40 | Os superpoderes 10.01.2023 34:29
Quen nunca soñou con ter superpoderes. A idea de ter algunha habilidade sobrenatural sempre estivo no pensamento humano e neste programa tocamos este tema, evidentemente ao estilo mekemeke. Nin Marvel, nin Universo DC, aquí falamos dos superpoderes dos que ninguén fala. É un paxaro? É un avión? Non, son os mekemekes facendo outra vez das súas. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso...
#39 | O antinadal 20.12.2022 32:36
Que fermosas datas para compartir coa familia e achegados, felicidade e alegría, se non fose por... Xubigrinch ! Este tería que ter sido un programa de despedida de ano cargado de bos propósitos, risas e emocións encontradas, até que chegou o Xubigrinch que odio o Nadal e toda a alegría que o rodea. Convertendo este programa no máis antinadal que veredes nas vosas vidas. Descubre os mellores momen...
#38 | O TikTok 13.12.2022 35:40
Bailes, tendencias, challenge, vídeos de humor... isto e moito máis e o que podes encontrar en TikTok! E como non, tamén podes bater con algún vídeo dos mekemekes. E si, aos mekemekes gústanos mover o pandeiro e participar nas últimas tendencias, por esta razón estamos no TikTok resumíndovos cada programa. Por esta razón, neste programa imos a falarvos desta plataforma molona de vídeos curtos que...
#37 | As excursións 07.12.2022 33:10
Bocata, un zume, chandal limpo e autorización na man. Así arrincamos este novo episodio mekemeke lembrando aquelas excursións que facíamos coa escola cando eramos cativxs. Sube ao autobús que te leva a descubrir as mellores excursións vividas polos mekemekes na súa infancia: a Domus da Coruña, a mítica viaxe de varios días ou o Estado Socialista que é Arzúa. Descubre os mellores momentos de cada p...
#36 | Vodas, bautizos e comuñóns 29.11.2022 36:09
Estamos a piques de comezar o Nadal, mais hai outro fenómeno que comeza a deixarse ver por estas datas: as vodas, bautizos e comuñóns. Xa comezan a chegar os convites para estas celebracións para que vaias reservando o día na túa apretada axenda e acudas a celebralo cos teus seres queridos. Quen nunca acudiu a estes eventos lúdico-sociais. Os mekemekes repasamos as festividades que marcaron a nosa...
#35 | O pecado 22.11.2022 32:50
Pertencer ao exército mekemeke é un billete directo ao inferno. Por esta razón repasamos os pecados capitais que nos axudarán a chegar moito máis axiña, porque si, non podemos reprimir os nosos desexos en conquistar o mundo. E sabes o que hai máis pecaminoso que os mekemekes? Si, os Pitufos. Analizamos a obra do debuxante belga, Pierre Culliford, e a relación que ten coa Igrexa e os pecados. Así c...
#34 | Os soños 15.11.2022 36:53
Pecha os ollos e reláxate cos mekemekes. Neste programa mergullarémonos no noso subconsciente para analizar como funcionan os soños e cales son ou foron os máis recorrentes. Falamos do significado do que simbolizan certas imaxes, así como das viaxes astrais e os soños lúcidos que temos. Algunha vez experimentaches unha parálise do soño? Dalle a reproducir a este podcast porque temos moito de que f...
#33 | A procrastinación 13.11.2022 30:51
Se tes cousas pendentes que facer, mais estás lendo isto, por favor, continúa. Neste programa estamos a favor da procrastinación e en deixar as cousas para facer outro día. E é que a procrastinación é un fenómeno curioso que explicamos detalladamente de como nos fai actuar e como o podemos controlar. Ademais saímos á rúa a preguntarlle ao estudantado da Universidade de Santiago de Compostela se pr...
#32 | A maldade 11.11.2022 33:18
Dise da maldade que moitas veces é unha cuestión de punto de vista… nós pensamos que depende! Neste segundo episodio tocamos este tema que rodea ao mal e facémolo moi ben acompañados. Está connosco un personaxe novo, o Porquiño Oink! Como non sabemos aínda moi ben que é iso da maldade preguntámoslles aos pekemekes, para que nos ilustren coa inocencia que é ser unha crianza. Casualidades da vida, t...
#31 | Únete aos mekemekes! 09.11.2022 31:11
Segunda tempada do exército mekemeke! Unha tempada que chega cargadiña de novidades e cousas chulísimas que temos para partillar con todas vós. A partir de agora os programas serán de 30 minutos (había que estar maluco para escoitarnos 1 hora enteira). Dicimos adeus ás seccións individuais para falarmos ao redor dun tema durante todo o programa. Este ano xa non está connosco o noso admirábel e ene...
#30 | Mellores momentos mekemekes 07.06.2022 49:00
Final de tempada. Final dun soño. Final dunha era. Chegamos ao punto (é posiblemente seguido) desta primeira tempada e xa sentimos un baleiro nas nosas vidas que aínda non sabemos como encher satisfactoriamente este verán. Van ser as vacacións máis duras das nosas vidas despois da morte de Chanquete, mais a intención é voltar e seguir a engrosar as nosas fileira de mekemekes. Neste derradeiro pro...
#26 | Taraaaran taraaaran taraaa tararatan 14.05.2022 1:05:59
Fans das Guerras das Galaxias, este é o voso programa! Programa especial polo 4 de maio, día do orgullo friki en xeral e en concreto, o día de Star Wars. E nos que contamos cun fan incondicional e radical á mítica saga do tito George nas nosas radiantes fileiras, non podíamos deixar pasar esta oportunidade sen que Carlos nos falase das súas anécdotas dentro do Congreso dos Deputados de cando estiv...
#25 | Mekemeke Mix 04.05.2022 1:02:39
O exército mekemeke espértase ás 6:00 da mañá para facer ioga e así favorecer o sono, os movementos articulares e despexar a mente de escuridade. Desta maneira preparase para as súas particulares e irónicas batallas. Polo demais Elon Musk merca Twitter, xa hai "taxis Tesla" por Compostela, e Tuenti pechou para sempre. Carlos aproveita para narrarnos as súas escaramuzas persoais en Twitter (e nos b...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.