Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Resumo semanal do 1 ao 5 de agosto 03.08.2018 1:02:25
Sabedes que é O Cable Inglés de Vigo? Ademáis dun cable telegráfico que saía desde Vigo e que conectaba Europa con América, tamén é unha Cooperativa Cultural. Falamos con Mirian Fernández. Achegámonos ata Bueu e o Festival Son RíasBaixas. Falamos con Jordi Lauren, director artístico do festival, e con The Skarnivals, a banda de ska que fechará o festival e que estará no FreixoRock.
Resumo semanal do 15 ao 19 de xullo 19.07.2018 52:59
Falamos de festas patronais. Este ano non houbo en Vincios, Matamá está a organizar a última hora, a romería do Alba está en dúbidas. Que está a pasar? Na tertulia: Rodri, da comisión de festas da romería do Alba, Germán, da de Vincios, e Pupe, da de Beade.
Resumo semanal do 9 ao 13 de xullo 06.07.2018 1:00:06
Repasamos algunhas das entrevistas coas que inauguramos esta segunda semana do mes de xullo. Alá foi medio ano xa!
Resumo semanal do 18 ao 22 de xuño 22.06.2018 52:25
Falamos con Pablo Lubiáns, controlador aéreo e piloto de drones sobre lexislación, permisos e futuro destes trebellos. Conversamos tamén con Xosé Leal, concelleiro de cultura de Bueu e deputado provincial, para coñecer a Semana da Música da vila bueuense. Tamén tivemos ao outro lado do teléfono a Sabela, guitarrista de Agoraphobia, para falarnos desa carreira maxistral que están levando na música.
Resumo semanal do 11 ao 15 de xuño 15.06.2018 58:33
A nosa colaboradora Zaida, volve coa súa sección diaria a falarnos do acoso laboral. Escoitadea, porque merece a pena. Alex Piñeiro trouxo a súa sección de saúde, esta vez enfocada na prevención do cancro de pel. E miramos cara o noso CVCV con Doro e o fin de curso do grupo de teatro.
Resumo semanal do 4 ao 8 de xuño 08.06.2018 1:02:13
O venres pasado veu ata o estudo o Obispo Luis Quinteiro. falamos da parroquia, da xuventude, da actualidade e do futuro, por iso o gravamos para poder emitilo hoxe. Unha charla moi interesante. Brais Morán, gañador dun dos Premios Martín Codax falounos da súa música e da situación actual da industria musical. A piques de comezar o II encontro de Teatro de ACDC Vigo, conversamos con Roberto, presi...
Resumo semanal do 28 de maio ao 1 de junio 01.06.2018 50:27
Hoxe falamos do proxecto #composicion365 , unha fazaña obra do gaitero e compositor Isidro Vidal, que está a compoñer unha peza de gaita ao día durante un ano (e xa vai pola metade). Tamén contamos con Andrea, veciña de Tui, e creadora dun crowdfunding para axudar aos afectados pola explosión na súa vila. Charlamos con Kiko da Silva, referente do cómic galego que lanza A viñeta de Schrödinger, unh...
Resumo semanal do 21 ao 25 de maio 25.05.2018 56:29
Esta semana, a nosa colaboradora habitual, Zaida García, explicounos as novas da reforma laboral e as tipoloxías de despidos. Conversamos con Ana Bringas, profesora da Uvigo que este venres participará nunha charla aquí no CVCV como un exemplo actual de persoa que namorou do galego pero chegou de fóra. E como non, Cans, o Festival do audiovisual galego, non podía faltar. Abel Gallego cóntanos o se...
Resumo semanal do 14 ao 18 de maio 18.05.2018 59:47
Esta semana falamos con Fernando Mouriño, presidente da escudería Rías Baixas que de novo logrou que un dos rallis galegos por excelencia voltara a Vigo tras dous anos sen celebrarse. Conversamos con Carmen Lorenzo, a directora da Escola de Conversación e Restauración de Pontevedra, que este venres farán xornada de portas para celebrar o Día dos Museos. Tamén tivemos no estudo a Ana Pérez para fal...
Resumo semanal do 7 ao 11 de maio 11.05.2018 58:36
Esta semana tivemos dúas interesantes charlas arredor do pergamiño Vindel. A primeira con Cipriano Jiménez, e a segunda con Salesiano Mato; os responsables de que a famosa peza literaria puidera ser visitada en Vigo. Tamén conversamos con Ramón Nicolás, profesor do IES Valadares, escritor e crítico literario. Unha persoa que da gusto escoitar e coa que sempre é un pracer poder falar.
Resumo semanal do 30 de abril ao 4 de maio 04.05.2018 1:00:16
Esta semana falamos con Enrique Vieites da programación preparada no CVCV para Días das Letras Galegas. Preparade as axendas porque vai ser impresionante. Por outra banda, tamén conversamos con Eli Ríos, que o venres achegarase ao CVCV para falar da figura da homenaxeada polo Día das Letras Galegas deste ano, María Victoria Moreno. Contamos coa humorista Eva Soriano. Monologuista no Club de la Com...
Resumo semanal do 23 ao 27 de abril 27.04.2018 59:24
O barista vigués Marcos González participou esta semana no Campeonato de España en Barcelona. Cafés con algo más que sabor. Tivémolo ao outro lado do teléfono para que nos contara so segredos dun bo café. Sandra Obarrio, traballadora na Fundación Terra Termarum falounos do seu impresionante labor como ceramista. As súas mans funcionan como máquinas do tempo e traen de volta, da mesma maneira que o...
Resumo semanal do 16 ao 20 de abril 20.04.2018 59:50
Empezamos falando con Gabi, adestrador do equipo de fútbol feminino de Valladares que esta fin de semana celebrarán o ascenso á categoría superior. Falamos con Xaquín de Treixadura, membro fundador da agrupación por excelencia da música tradicional galega, que este sábado pasado encheron o teatro de Afundación ata os topes. Tivemos a sorte de falar con Vicente Viso, presidente da protectora de A M...
Resumo semanal do 9 ao 13 de abril 13.04.2018 59:45
Hoxe falamos coa escritora María Xosé Queizán sobre feminismo e sobre o seu libro Rosalía de Castro e o poder sexual. Tamén compartimos un anaco con Manuel Martínez, director da Orquesta Clásica de Vigo e o seu ciclo: En femenino, polo que buscan dar visibilidade a compositoras esquecidas e ocultas. Conversamos con Asier Muñoz, enfermeiro, para que nos conte como debemos comportarnos cando vexamos...
Resumo semanal do 2 ao 6 de abril 06.04.2018 1:02:48
Esta semana contamos con Sime, de Keltoi!, para falar sobre o seu novo videoclip gravado en Balaídos e o futuro da banda. Francisco Rodríguez, da asociacón etnográfica Mariñas, contounos todo sobre a charla que ofrecerá o mentado colectivo este sábado, sobre o traxe galego por mor da Reconquista. Unha hamburguesa de 1.5 quilogramos. Quince minutos para comelo. Serías capaz? Para elo conversamos co...
Resumo semanal do 26 ao 27 de marzo 27.03.2018 15:27
Hoxe tivemos no estudo a Néstor e Julio, as cabezas de Evergreen Guitars & Basses. Uns luthieres incribles que non paran de medrar e facer proxectos (e instrumentos). Tamén falamos con outro artesán, pero neste caso de cervexa. Raúl de Cervexas Nós explicou algúns dos seus segredos. Pracer inmenso conversar con Ailen, da compañía de teatro A Panadaria, que veñen de arrasar nos María Casares coa sú...
ESPERTA VALLADARES - Resumo do 19 ao 23 de marzo 23.03.2018 59:52
Falamos con Fernando Prieto, de Gato Salvaje Estudio, sobre os videoxogos en Galicia, a potencia creativa e de empleo que encerran, e un dos seus proxectos a medio prazo máis ambiciosos: The Waylanders, un videoxogo galego, ambientando nas súas lendas. Charlamos con Miguel Castañal, do establecemento Kastami's. Un local no que a comida rápida non é só saborosa, se non que tamén é sana e ecolóxica....
ESPERTA VALLADARES - Resumo semanal do 12 ao 16 de marzo 16.03.2018 1:00:27
Falamos con Santiago de Taller 7 MakerSpace sobre impresoras 3D e as posibilidades que ofrecen para o día o día. Por último, Fiz, da asociación veciñal Casco Vello contounos os entresixos do Retapas que comezá mañá a encher bandullos. Ari, a bibliotecaria no CVCV veu falarnos do clube de lectura e da proxección da película A Esmorga que se levará a cabo este sábado. Iván Fernández, pianista e inté...
ESPERTA VALLADARES - Resumo do 5 ao 9 de marzo 09.03.2018 59:56
Inma López falounos dun proxecto interesantísimo como é o dicionario enciclopédico de termos escénicos, que se pode consultar na web do Consello de Cultura Galega. Conversamos con Quique Freiría, o noso peixeiro e gaiteiro particular, que derrocha positivismo e traballo por todos lados. Tamén tivemos no estudo a directora xeral de xuventude, participación e voluntariado; Cecilia Vázquez. Falounos...
ESPERTA VALLADARES - Resumo do 26 de febreiro ao 2 de marzo 02.03.2018 59:47
Neste novo programa falamos con Xosé Alfredo Oliveira, homenaxeado co Premio a unha vida entregado ao mundo coral na última edición do Acopovi no Mar de Vigo. Xenial testemuña a súa. Tamén estivemos con Noemi Chantada, nominada pola súa obra La mujer invisible nos Mestre Mateo, un retrato veraz e real da prostitución e as mulleres que se ven na obriga de practicala. Conversamos con Xurxo, da libre...
ESPERTA VALLADARES - Resumo do 19 ao 23 de febreiro 23.02.2018 59:43
Algunha vez pensáchedes que ten que facer un home do tempo antes e saír ao croma? Pois Juan Taboada, de meteogalicia, cóntanos todo e máis. Saltamos ata o IES Valadares, e falamos con Lucio, o seu profesor de historia e que ven de publicar un novo libro sobre a axuda social durante a Guerra Civil e a posguerra. Falamos con Javier Pitillas, da asociación Discamino. Policía local de Vigo que no seu...
ESPERTA VALLADARES - Resumo do 12 ao 16 de febreiro 16.02.2018 1:00:02
Incrible conversar no estudo cunha atleta tan agradable como Cristín Martínez, gañadora da Galiexpo Bike and Running na súa modalidade, e que chegada de Venezuela hai un ano, cóntanos a súa historia vital e os seus plans de futuro. Tamén tivemos a sorte de falar con Lara García, investigadora no CSIC no departamento de biodiversidade mariña, que recentemente participiou nunha charla sobre a relaci...
ESPERTA VALLADARES - Resumo do 5 ao 9 de febreiro 09.02.2018 59:51
Esta semana falamos con: Roberto de la Torre sobre o seu traballo como fotógrafo e documentalista da cultura galega, en especial do entroido; e tamén chamamos a Pepa, da comisión de festas do entroido de Goián, que nos contou as pecularidades desta festa. Óscar, peliqueiro de nacemento, describiunos como é o entroido de Laza, unha das figuras por antonomasia de Galicia. Que gustazo oílo falar! Ela...
ESPERTA VALLADARES - Resumo do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro 02.02.2018 1:00:02
Quixemos traer un tema de actualidade como é a proba sen receta para o VIH que dende xa se pode adquirir nas farmacias. O farmaceutico Alex Piñeiro respondeu as nosas preguntas sobre elo. Encantados quedamos de falar con Jessyca Ocampo sobre o seu proxecto Mapa do medo, para visibilizar a violencia machista e os abusos que sofren diariamiente as mulleres. Chegou febreiro e súa primeira fin de sema...
ESPERTA VALLADARES - Resumo do 22 ao 26 de xaneiro 26.01.2018 59:46
O luns o programa xirou arredor dun vello debate: "Grafitis, ¿arte ou vandalismo?" Para arronxar un poudo de luz tivemos ao outro lado de teléfono a Powone, grafitero vigués profesional; e a Festa, residente en Londres. Ambos expuseron as dinámicas sociais do grafiti, e temas como a legalidade de pintar nos muros alleos. Como o entroido está moi pero que moi preto, chamamos a Roberto de Don Disfra...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.