Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Mércores 25/09/2024 25.09.2024 1:59:16
Hoxe, patinaxe de velocidade con Chevy Guzmán, que ven de gañar o mundial en Rímini. Ademais, conversa con Brais González, sobre a ópera 'Loba Branca', ambientada no Courel. E un libro arredor da comunidade alemá en Vigo. Escoitaremos ó investigador Antonio Giráldez. Para rematar, unha de cine, ‘Alien’.
Martes 24/09/2024 23.09.2024 1:59:12
A bufanda e os calcetíns gordiños de ‘Maruchi e o gancho’, a prota do conto da ilustradora Laura Cid, vannos facer boa falta para ir ata Antártida a excavar!! Hoxe tamén falamos do patrimonio polar coa arqueóloga Maria Ximena Senatore, do Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit).
Luns 23/09/2024 23.09.2024 1:59:18
Comezamos o #espertavalladares con ‘conversa rescatada’. A de Lobariñas en Cuba a regueifar con Lupe Blanco. Ademais, historias varias paseando estes días polo Revoltallo.
Venres 20/09/2024 20.09.2024 2:00:46
Neste venres. Unha conversa rescatada, a da web serie ‘Coia o Caos’. Charlamos con Rafael Bargiela sobre o pasado xudeo en Tui. E unha volta pola axenda desta finde. … a expo dos carteis de bandas de música do estudio londinense We Three Club na Galería Maraca … e o Revoltallo en Valladares!
Xoves 19/09/2024 19.09.2024 1:59:15
Metal, moito metal esta mañá no #espertavalladares. Un adianto da xornada do sábado no Revoltallo coñecendo a Dioivo e Aquelarre. Ademais, a historia do pequeno Cinema Paradiso en Leiro. Falamos con Simone Saibene de como vai indo o documental.
Mércores 18/09/2024 17.09.2024 2:01:11
París 2024. De tertulia con xente que andivo nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos. Loreto Pérez Román no Comité de Apelación en atletismo e Eloy, como voluntario. E tamén unha de cine, peli francesa ‘A tiempo completo’.
Martes 17/09/2024 17.09.2024 1:59:56
Hoxe conversamos con Dani Blanco, un pouco paiaso da vida. A ver que nos trae o Revoltallo. Tamén falamos sobre o xeito particular de achegarse á fotografía (e de ensinala) de Anton Paz, que este mes anda polo centro cultural de Beade.
Luns 16/09/2024 16.09.2024 1:59:55
O #espertavalladares de luns segue a rescatar vellas conversas. A do documental ‘La ciudad de la selva’ e mais a do libro de Luisa Villalta sobre o Hamlet de Cunqueiro. E tamén andivemos de palique coa xente anónima da parroquia. Un popurrí coas mulleres bordadoras, algo dos que levan tatuaxes e cos que andan á vendimia.
Venres 13/09/2024 13.09.2024 1:58:48
É venres, e recuperamos unha conversa da tempada, a das fotomontaxes inocentadas de Pacheco no xornal La Región. E logo conversa sobre dous obradoiros do Revoltallo. O de canto con Laura Taka e o de pequenos instrumentos tracionais con Manuel Leiros.
Xoves 12/09/2024 12.09.2024 2:03:34
Maxia esta mañá co Mago Zanas. Algo dos gustos musicais dos rapaces novos que pasaron onte polo estudio. E conversa co grupo Sun Iou antes dun ensaio.
Mércores 11/09/2024 11.09.2024 2:01:45
Capoeira para comezar a mañá deste mércores coa escola Capoeira Abadá Vigo. E unha de moda. Roupa urbana made in Valladares, Burned Ground. E algo de cine, 'O corno'.
Martes 10/09/2024 10.09.2024 1:58:34
Morcegos de Galicia está a crear colonias para combater os mosquitos tigre en Moaña. Hoxe falamos sobre iso. Ademais, o Revoltallo xa ten cartel e hai obradoiros... o luthier Jesús Rodriguez ven dar uns truquiños para manter as guitarras e os baixos. E rematamos cun paseo, o que fixo Valle-Inclán dende Reboreda ó castelo de Soutomaior.
Luns 9/09/2024 09.09.2024 2:02:10
Os luns, como de costume, rescatamos un popurrí de conversas da tempada. Hoxe: as ostras da Pedra, os pementos de Padrón en versión caramelo (Doziños) e unha volta polo mundo dos celíacos.
Venres 6/09/2024 06.09.2024 2:00:43
Vai un venres musical. Un paradiña no Cunqueiro para recordar o especial de ‘música no hospital’. Ademais, a coral de Valladares fai 50 anos. Conversamos con Javier Comesaña Pereira, o director, para ver como van os preparativos.
Xoves 5/09/2024 05.09.2024 2:01:07
O mundo está cheo de fósiles e por iso nace ‘Paleo no barrio’. Falamos desta ciencia de proximidade con Adriana,do grupo MapasLab da Uvigo. Algo de música con Pakolas, que anda on tour pola city…. a rockear! E xa comezan a desaparecer as capas da rondalla do tenderete radiofónico Conversa con Rosi, que toca as castañolas.
Mércores 4/09/2024 04.09.2024 2:00:02
Nos deportes falamos da historia dos Xogos Paralímpicos. Ademais, imos ata Monçao para conversar coa artista Malouca (Mafalda de Castro). Colorida pintora irreverente. E cine… Matria.
Martes 3/09/2024 03.09.2024 1:59:14
Algunhas ideas para o tempo libre destes días. Paseo por Praia América ata a carpa do circo e sumerxirse no espectáculo a procura do tesoureo de Poseidón. Construir unha carrilana para baixar sábado as costas de Freixo (tendes ata mércores para inscribirvos nas redes de Freixo Rock). Ou descubrir lugares e músicas diversas en Galicia co ciclo Espazos Sonoros.
Luns 2/09/2024 02.09.2024 2:02:06
Mais especiais… os luns como de costume rescatamos unha historietiña que nos gustou. Hoxe demos unha volta polas distintas escolas onde se ensina o traballo do coiro en España. A visita guiada en ‘exclusiva’ para nós con Pepe Pereira, profe na EMAO. E tamén un paseo polo 'Diccionario de Vigueses (1875-1945) para coñecer a unha das dúas únicas mulleres que fixeron o bachiller naquelas, Dolores Buet...
Venres 30/08/2024 28.08.2024 1:59:36
Vai de remate agosto... Algo de axenda veraniega e o especial #espertavalladares que trae de novo a conversa sobre o espectáculo ‘Hexágomun’ de Troula e a do mel de Maestro Apicultor que producen as abellas pola contorna viguesa.
Xoves 29/08/2024 28.08.2024 2:00:46
Xoves e venres estamos de descanso… peeero deixamos no #espertavalladares un par de especiais. No de hoxe andamos polos montes. Escoitaredes falar das vacas cachenas nos de Vincios, da plantación experimental de setas no de Beade e mais do que se está a facer no de Valladares.
Mércores 28/08/2024 28.08.2024 2:02:35
O cheiriño e as cores enchen as rúas de Pontareas cada ano polo Corpus Christi… imos coñecer a inmesa tradición das alfombras de pétalos con Miguel, un dos alfombristas.
Martes 27/08/2024 27.08.2024 2:00:55
Cos restos de San Campio, comezamos o #espertavalladares. E ademáis, conversa con Lara Serodio, veciña de Zamáns e escritora que acaba de publicar a súa 5 novela, ‘La piel infiel’.
Luns de San Campio 26.08.2024 1:59:15
Subimos ó torreiro a facer o directo. Cando comezamos ás 10h estaban inda limpando os de parques e xardíns e cando rematamos empezaba a chegar a xente para a misa e concerto da banda.
Venres 23/08/2024 23.08.2024 2:00:19
Chega o vernes e van propostas. De paseo por un xardín histórico vigués e un libro ‘O mercador de Venecia’, a novidade de Lailovento. Ademais… San Campio, é noso!
Xoves 22/08/2024 22.08.2024 2:01:14
Persoas xordas desfrutando dos concertos. Falamos sobre esta experiencia con entresignos.com. Ademais, a noite é necesaria… para que? Slowlight traballa nunha nova cultura da iluminación nas cidades.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.