Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
No IES. Aprender a aprender 12.04.2019 1:00:17
Na última xornada da semana cultural, antes de marchar de vacacións de Semana santa: -Xogos romanos, os obradoiros de enerxías renovables (cociña solar, e outros inventos con placas solares), a aula etnográfica (dunas de Currubedo e castro de Baroña) e as protestas do proxecto "eu protesto". O contan os alumnos. -Obradoiros e espectáculos de poesía. Conversamos con "Dúas gamberras e un micro" e ma...
No IES. Adestramento cans & Telecomunicacións & Cómics & Comando igualdade 11.04.2019 1:00:49
Dende o fervedeiro cultural: Excursión á Ourense, adestramento canino con Vai de Cans, evolución das telecomunicacións -dende as señais de fumo ata a fibra óptica- e aprender a debuxar nun obradoiro de cómic.
Semana cultural IES Valadares. Investigación científica e lingua galega 10.04.2019 1:00:21
Semana cultural no IES Valadares. Hoxe pasan polos micros alumnos e profesores de lingua galega e de bioloxía. Acompañan ó escritor galego Manuel Núñez Singala, responsable do servizo de Normalización Lingüística da USC, e á investigadora da UVigo África González, tamén presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía.
Semana cultural IES Valadares. Sesión poética con Defreds 09.04.2019 1:00:44
Retransmitimos algunhas das actividades culturais que están tendo lugar ó longo desta semana no IES Valadares. Hoxe, conversamos co escritor xuvenil Defreds. Os seus libros de poemas e relatos breves triunfan entre a mocidade. Imos coñecer este fenómeno que comezou cunhas letras no teclado DEFREDS e uns cantos twits en internet.
"Os Concellos e os alcaldes de Vigo" do Instituto de Estudios Vigueses 08.04.2019 59:41
Un conglomerado de Concellos formaban o Val do Fragoso no século XVI... e foron uníndose ata conformar o actual Concello de Vigo. Imos coñecer parte da nosa historia co historiador Miguel González. Para saber mais, ide ó libro "OS CONCELLOS E OS ALCALDES DE VIGO" do Instituto de Estudios Vigueses.
Salceda: capital do break dance & Pontevedra: salón do libro infantil e xuvenil 05.04.2019 59:32
Que traemos hoxe? Imos falar dos cantares ó redor do liño e do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que vai polos 20 anos. Ademáis da axenda cultural, claro. En Salceda vai haber moito break dance “Who Rules Galicia”, eh? E vos preguntamos por cantares antigos... hai algún que vos trasmitiran os vosos avós? Parece que moitos dos que mencionades son cantos de taberna.
VigBay Medio Maraton & Patinaxe: campionato provincial 04.04.2019 59:16
Vimos deportivos!!! Este domingo córrese a VigBay. XX anos xa! Nesta edición hai maratón! 1500 corredores que se animan a romper o muro dos 30km e chegar ós 42km. Falamos da organzación con Eduardo Vieira e tamén percorremos o top 10 dos maratóns polo mundo. Ademáis, patinaxe. Hai campionato provincial e vaise celebrar aquí no pavillón de Valladares. Cóntanolo Tamara Valderrama.
O liño na economía galega & Play Doc Tui 03.04.2019 1:02:05
3, 2, 1... comeza o Play Doc en Tui!! Cine, documentais, charlas, obradoiros, concertos... 15 anos traendo cine internacional de autor e de calidade fora do mainstreaming. A propósito, preguntámosvos: os documentais son para durmir a siesta e relaxarse un rato ou realmente os gozades? Ademáis, falamos do liño. Dende o seu cultivo ata a súa transformación en tecido foi actividade económica desenvol...
Artes escénicas: musicais & Contos interactivos 02.04.2019 1:02:18
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Falamos de novos xeitos de escribir libros. "Me llamo Sofía" é unha novela que naceu en instagram e os seguidores ían escollendo as aventuras desta protagonista. E vos preguntamos: se poiderades, cambiaríades os finais das novelas que vos gustan? A sección de artes escénicas con Fabi Bastos vai de musicais. Repasamos a axenda do teatro afeccionado pol...
Suiza: cata de queixos en Quesum & un aprendiz en Rolex 01.04.2019 59:54
Estamos na primavera florida e fermosa. Ponteguapa é iniciativa da Boa Vila para engalanar a cidade e esta finde regalou mais de 4000 flores ós viciños. E vos adornades a casa ou o balcón con flores? Uns balcóns moi floridos son os dos Alpes. Imos ata Suiza e conversamos cun aprendiz en Rolex e aproveitamos para catar o queixo a través das xornadas que se fixeron este mes en Quesum, a tenda da Pla...
40 bosques galegos & Reconquista: cómo vestir e as exportacións a Francia. 27.03.2019 59:50
Fin de semana da Reconquista de Vigo. O 28 de marzo cadra xoves. Ideal para unha ponte primaveral. Asique facemos un percorrido polos 40 bosques galegos mais bonitos que recolleu o xornalista e montañeiro Anxo Rial no seu novo libro. E para a Reconquista, imos escoitar á costureira de traxes tradicionais Patricia González sobre como se vestía no 1809 e damos unha voltiña polo ARDÁN curioseando nas...
Feira do mel de Porriño & Reconquista de Vigo. 25 anos 27.03.2019 1:00:05
MEL... puajjj ou mmmm?? Que gustos tan contradictorios. Xente que a adora e xente que lle repugna. Na Feira do Mel de Porriño levan mais de 30 anos divulgando o a labor das abellas, dos apicultores... e tamén podemos catar os distintos meles que se producen en Galicia. Conversamos con Jose María Seijo, presidente da Asociación Apícola de Galicia. A Reconquista de Vigo xa chama á porta!!! 25 anos v...
O dentón. Documental sobre a cornella ou o LSD galego 26.03.2019 59:55
Visitar as Cíes no inverno. Deberíamos deixalas descansar? O turismo masivo obrigou a pechar durante meses outras illas paradisíacas en Tailanda, México e Filipinas. Sobre isto reflexionamos hoxe. A cornella, cornezuelo, dentón, caruncho, cornello, cornecho... é un fungo que sae no centeo. Ten efectos alucinóxenos e chegou a provocar unha febre económica no rural galego. Falamos coa productora Ill...
Meiró & Gabriela Ladrero: arte con tecidos 22.03.2019 59:51
Nova polémica: os letreiros de "hospital público". Precisamos carteis para as cousas obvias? Arredor diso xira o noso tema do día. Ademáis, música co grupo de folk vigués Meiró, arte con tecidos co Gabriela Ladrero e un repasiño á axenda cultural da finde.
Clube de lectura do Centro Veciñal de Valladares 21.03.2019 1:00:10
Clubes. Sodes dalgún? Moitos do da galega, do Xabarín club. Outros tantos dalgún deportivo... os hai moi raros, algúns secretos e outros selectos. De clubes falamos hoxe. Conversamos co de lectura do Centro Cultural de Valladares. Cantos son? Que andan a ler? Cando se reúnen? E contamos algunha curiosidade sobre as árbores co motivo do día dos bosques.
O oficio de escribir e ler co escritor Xabier Paz 20.03.2019 59:49
Oficialmente entra hoxe a primavera. De toda esta explosión da natureza imos falar ó inicio do programa para continuar conversando co escritor Xabier Paz sobre a súa escrita, os seus gustos literarios...
Comando curuxás & Gonzalo Caride Banda & Cativos Monte do Alba 15.03.2019 1:00:08
Imos dedicarlle parte do Esperta ós pais no seu día. Os cativos do colexio Monte do Alba viñeron no día da radio en febreiro recitar unhas poesías e uns contos. Esa voceciña que de cando os cativos son cativos é o agasallo que vos facemos dende aquí. Graciñas á clase das ras, dos botóns, dos hipos e mais dos tigres. Na parte musical, dous grupos que van estar este martes no auditorio de valladares...
15M for climate change & deterxente a granel & Violín e Zanfona 15.03.2019 59:39
Separades a basura na vosa casa? Hoxe é15M. FridaysforFuture. Folga dos estudiantes contra o cambio climático. Imos falar de plásticos nos nosos ríos e mares e de reutilizar os envases con Javier Zamuz na súa tenda en Vigo de deterxentes ecolóxicos a granel. Na música, a violinista Begoña Riobó, que vai estar xunto co zanfonista Anxo Pintos este domingo en Valladares.
Fundación Eomaia: Vivir unha boa morte & Cine xaponés 14.03.2019 1:00:00
Pensástedes como queredes morrer? Igual non. Pero seguro que tedes claro esta outra cuestión: INCINERADO vs. ENTERRADO Pero antes de morrer, hai que vivir a morte. E de vivir unha boa morte imos conversar con Lucía González, da Fundación Eomaia. Tamén recomendamos algunhas pelis para entendela. Ademáis, esta semana hai cine xaponés no Multicines Norte. Cóntanolo Suevia Sobral do Departamento de Xa...
Cans de Palleiro & Atlantic Folk Trío& mulleres galegas anos 20 (fotografías de Ruth Matilda) 13.03.2019 59:44
Imos de ruta antropolóxica pola Galicia dos anos 20 coas imaxes de Ruth Matilda Anderson, que fixo un retrato das mulleres galegas do rural. Un deses retratos é o dunha muller con orixes en Camos. E en Nigrán andan á pista. Falamos coa responsable de comunicación do concello de Nigrán, María Villar. Hoxe tamén estamos folkies. A parte musical ven con Atlantic Folk Trío dende Valladolid e Cans de P...
Son Da Rúa "A voz da resistencia" & Axenda teatral de marzo en Vigo e arredores. 12.03.2019 1:01:09
"Teatro, lo tuyo es puro teatro...". Estreamos sección sobre as artes escénicas con Fabián Bastos. Imos darlle unha voltiña á axenda teatral de marzo por Vigo e arredores. Aproveitamos para saber se sodes asiduos ó teatro. A maioría da xente non pisa mais dunha vez ó ano un auditorio. E doutro teatro tamén falamos. O que montaron os de Son Da Rúa no seu último videoclip "A voz da resistencia", ond...
BNomad: I Festival de Permacultura Nómada no Sahara 11.03.2019 1:00:00
Comezamos a semana cunha escolma de frases recollidas das pancartas nas manifestacións do 8M, Día da muller. Viaxamos ata as portas do Sahara co BNomad, I Festival de Permacultura Nómada no Sahara, que se vai celebrar do 27 ó 31 de marzo. É unha actividade mais dentro dun proxecto que arrincou hai 5 anos coa creación dun bosque comestible, por parte dos galegos Ecolectivo, no complexo dunar fronte...
8M Día Internacional das Mulleres 07.03.2019 59:22
Folga das mulleres nos ámbitos educativo, laboral, de coidados e de consumo. Conversamos con: - Anaír Rodríguez, sobre Pioneiras II. Un libro sobre mulleres galegas que abriron camiño nos inicios do s. XX. -unha coidadora nun centro xeriátrico. E propoñemos 10 películas que invitan á reflexión nesta xornada.
Os Terribles de Donas & Monte de Mos: Plataforma da Auga 07.03.2019 59:52
80 anos van xa dende aquela primeira xeración que irrumpiu no Valmiñor e que lle valeu o alcume de “Os Terribles”. O actual quinteto de música tradicional ven presentar o seu novo disco Alcoucer, que é o barrio onde viviron os fundadores, un lugar que representa as raíces do grupo. E temos aquí no estudio os dous "terribles vellos", Manolo e Suso. A Plataforma Auga de Mos propón para este domingo...
Enterro da sardiña & temazcal & artesanía e reciclaxe 06.03.2019 1:00:06
Despedimos ó Entroido ata o ano que ven. Ides acompañar o cortexo fúnebre? Ou pensades aquelo de que a chorar, a Cangas. Repasamos os distintos actos fúnebres do Entroido no sur de Pontevedra: enterro da sardiña, da lamprea, do bacallau, do berete... Descubrimos o temazcal, unha medina ancestral. Unha especie de sauna de vapor que se ven utlizando en mexico dende tempos memoriais. En Sárdoma prepa...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.