Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Amaquía, pan de Porriño & Aceiroga, aceite de Quiroga 19.11.2019

Os pans do Porriño gustaron sempre ós mais vellos. Ata o forno Amaquía imos conversar con panadeiro Luis. A conto de que? Do seu bo pan (recoñecido este ano entre os 80 mellores pans de España) e do seu enxeño (fan pans de matanza con ourella e lacón, pans con setas, con champán... ). Os adolescentes que queiran aprender a facelos, atentos! Vai impartir un obradoiro de"pans do camiño" en Vigo os p...

Ilustración científica 18.11.2019

Debuxos que axudan a comprender a labor dos científicos. A viguesa Clara Cerviño, ilustradora científica, cóntanos como son os procesos dende que se recibe un encargo ata que se chega á ilustración final. Os encargos son moi variados: un animal que non existe (dinosaurios), procesos celulares, aves, peixes... O papel do ilustrador é limpiar a mensaxe para que a ciencia nos chegue dun xeito sinxelo...

Medicina gráfica 15.11.2019

Novos xeitos para novos tempos. Mónica Lalanda, médica e ilustradora. Entre guardia e guardia debuxou as viñetas que compoñen "Con conciencia médica". Un libro que recolle situacións nas que se atopa o persoal médico en consultas e en urxencias. Agora explica a medicina dende a ilustración. Poucos son, polo dagora, os profesionais sanitarios que se adican a facer medicina así. Unha imaxe vale mais...

Ambiente laboral en PSA-Citroën Vigo 14.11.2019

Imos de exploración pola fábrica con Vitor Mariño, secretario da CUT en PSA, e con Carlos, empregado da empresa multiservicios Clece. Dende hai 10 anos aparecen baixas por ansiedade e estrés entre os traballadores. Cada vez as condicións laborais son mais precarias: menor salario, mais cargas de traballo, menos dereitos laborais...

Teatro sentitivo e libros de lectura fácil 13.11.2019

Lohengrín teatro presenta: "Coa mirada nas súas mans". Anímannos a subir ó escenario cos ollos vendados e experimentar teatro coas sensacións do tacto, ouvido, olfato... Sempre arriscadas as propostas desta compañía teatral con sede en Vigo. Conversamos co director, Pablo Iriarte. E con Elisabet Serra descubrimos que hai adaptacións de libros clásicos e novas creacións pensadas e escritas para ser...

Divulgar a ciencia co CSIC Galicia & crítica teatral 12.11.2019

Divulgar a ciencia. Que fan nos laboratorios, para que sirve...? O CSIC en Galicia fai comprensible a ciencia con actividades durante todo o ano. O mes de novembro é especialmente intenso por coincidir coa Semana da Ciencia. Conversamos con Luisa Martínez, responsable da unidade de cultura do CSIC Galicia. Sentádevos na butaca que a parte final do Esperta vai de crítica teatral. Imos "destripar" u...

Magostos, castañas e marrón glacé 11.11.2019

Tempo de magostos. A castaña move case 40 millóns de euros en Galicia. O 90% da producción marcha a mercados exteriores. En Rusia as comen asadas con sal acompañadas de cerveza fresca... no verán!! A idea? De José Posada. Viaxamos pola historia deste empresario da castaña. E tamén polos Records Guinness mais extrambóticos do 2018. O 14 de novembro adícanlle o día mundial a este libro que dende 195...

O sistema público de pensións con MODEPEN 31.10.2019

Hoxe comeza de novo a campaña electoral e traemos programa especial. O Movemento galego pola defensa das pensións públicas ven de concentrarse en Madrid diante do Congreso dos Deputados hai 2 semanas. Conversamos sobre o sistema público de pensións e o sistema público de benestar coa plataforma de Vigo.

Ceminterio parroquial de Valladares 30.10.2019

"Non ter onde caerse morto" ... en Valladares iso non debería pasar, para iso se creou o ceminterio particular hai 25 anos, cando faltaban nichos na parroquia. E comparado con outros lugares fanse os enterros arranxadiños de precio. Entre 3000 e 5000 euros. Paula, a secretaria, cóntanos mais particularidades. Cine Mari, quen o acorda? Salón das Rosas, tamén se lle chamaba a un destes cines de barr...

Invitámosvos a ir ó teatro nestes días 29.10.2019

En Compostela XVIII Festival de teatro afeccionado Agustín Magán. 6 compañías van pasar polo Teatro Principal e a encargada de animar na rúa vai ser Escoitade. Conversamos con Manolo Dasilva tamén sobre os case 20 anos de FEGATEA. En Vigo podemos viaxar ata os Balcáns sen movernos da butaca do Auditorio do Concello. O 1 de novembro estréase " Guerra de identidade", unha obra autobiográfica de Debo...

Festa do cine. Recomendamos algunhas pelis. 28.10.2019

Estes tres días as salas de cines vanse encher! A 3 euros a entrada. Merece a pena. Recomendacións dende aquí con Eloy, veciño de Valladares e amante do cine. Unha peli moi propia por defuntos é Coco. Nunha especie de making off podemos saber mais obre a tradición mexicana no día de mortos no libro "O arte de Coco". Imaxinemos as visitas ó ceminterio de Pereiró como un "altar mexicano á galega". H...

Vai de cine: friki, inclusivo e outras propostas culturetas da finde 25.10.2019

Un venres cultureta calquera... ou non. Moito cine en Vigo estes días co Galician Freaky Film Festival e o Festival de Cine Inclusivo de Vigo. Concertos hai moitos. Dous especiais: Vibra Mahou Fest no Mar de Vigo e o Hush Festival na Iguana, para celebrar os 25 anos do clube de adictos a Deep Purple. O Samaín xa se vai festexando e algún magosto, tamén. Comentado todo este boom cultureta con Eloy,...

De bibliotecas e queixos 24.10.2019

Ata a Fraga de Moaña imos coñecer os queixos de A MeixoEira. En Vigo quedamos paramos nas bibliotecas. Hai unha chea entre as municipais, nos coles, nas asociacións de veciños, no CUVI... Quedamos na Neira Vilas e no seu mapa de literario pola cidade en xeito de liña de metro. Imos percorrer algunhas das liñas e darlle ó botón de parada para ver que libros nos recomendan.

A Senda do Moucho 23.10.2019

Lembrades a ruta Quetzal con Miguel de la Quadra-Salcedo? Unha aventura "á galega" moi parecida pode ser camiñar polos montes que bordean a ría de Vigo, os do interior de Galicia ou ir quizais un chisco mais lonxe (ós de Albania, Laponia...) coa Senda do Moucho. Conversamos con Gerardo Carrera. Para os amantes do queixos, imos falar do World Cheese Awards, que se celebrou en Bérgamo (Italia) a sem...

De tatexos, gagos, tartamudos, tatabexos, zarabetos... 22.10.2019

Dende hai case 20 anos o mundo adícalle este 22 de outubro a poñer conciencia á tartamudez. Sorprendente as pelis e actores nas que hai tatexos. Tamén imos recordar as orixes do polígono da Pasaxe e mais recordar algúns dos grafitis pintados nas medianeras de Vigo que van ir indo desaparcendo pola construcción de edificios e outros que van ir aparecendo nos colexios. En Valladares, no CEIP Igrexa...

Aprender idiomas. Para que os queremos? 21.10.2019

Para viaxar, comunicarse con outras culturas… fan falla outras línguas. Como turista, sérvennos catro frases de "supervivencia"… pero para traballar, fai falta un título que acredite as nosas capacidades. Conversamos sobre este mundo de aprender outras línguas coa profesora Andrea Comesaña. E damos unha volta polo mundo a través de tres biografías: a de Ara Malikian, o violinista libanés, que estr...

Que facer esta finde? Ideas variadas 18.10.2019

-De tapas gourmet ó "Petisquiño". -Á festa da Batalla de Rande. -Ó cemeterio de Pereiró coñecer as tumbas dos Ilustres Galegos que por alí andan. Hoxe parámonos na esquiniña dos Xardíns da Memoria. -A carreira contra o cáncer -Propostas musicais da cidade

Arqueoloxía submarina & teatro de sombras 17.10.2019

Os naufraxios. Anacos de historia marcados no tempo, tal cual. Cóntannos de rutas comerciais, con que se mercadeaba, como eran as construccións de barcos antigos... Os achádegos de toda Galicia, veñen parar ó Museo do mar. Conversamos con Vicente Caramés, o arqueólogo dalí. E dende Ultramar chegounos o teatro de sombras. Conversamos coa compañía Paso de Valverde, que trae ata Valladares "Alén", un...

Club montañero Peña Trevinca & Festival Galicreques 16.10.2019

O estudio convértese caseque nun teatro. Levantamos o telón!!! 1º pase: Galicreques. 25 anos de historia deste festival con campo base en Compostela, que hai 5 anos desembarcou en Vigo, na Sala Ártika. Conversamos con Marcos, un dos socios, para ver que compañías veñen estes días. 2º pase: proposta de manta e sofá. "O gabinete do doutor Caligari", un clásico do cine mudo de terror musicada en dire...

De cogumelos 15.10.2019

Moi apreciados os fungos na antiguedade: a cultura china os usa como menciña, hai representacións gráficas nalgunha tumba dos faraóns de Exipto. Galicia, xunto con Navarra, un paraíso dos cogumelos. Conversamos con María Cabaleiro, de Mycogalicia. As tardes dos vernes de outono teñen xornadas micolóxicas abertas á xente interesada. E mais, unha voltiña pola enquisa para mellorar o Vitrasa na parro...

Voluntariado en hospitais 14.10.2019

Acompañar ás persoas que están enfermas ás citas médicas, ou nos hospitais. Para uns unha obriga, para outros unha “especie de ocio”. Conversamos con Isabel Camino, responsable do voluntariado en ASDEGAL, que leva xa 10 anos cubrindo estas necesidades e contribuindo á crear cultura da "sociedade do coidado". Os seus nomes non figuran nos libros de texto ne nas antoloxías, pero realizaron unha inne...

Axenda cultural 11.10.2019

Propostas: -"O que arde", a peli sobre os lumes e a soidade do rural grabada nos Ancares. -"A festa da recollida do millo e do magosto" en Matamá - "Ábrete de orellas" podcast con selección de música do país, concertos, discos, crónicas. -ou se chove, cubrir a enquisa sobre o uso do Vitrasa nas parroquias... ;) Tempo de facer propostas. O ano que ven acaba a concesión.

Trail Montes de Vigo 10.10.2019

Conversamos con Xosé Antón, da área de uso social dos montes de Vigo, sobre a II andaina pola rexeneración dos montes e mais do VI trail. Tamén sobre os camiños de Santiago que atravesan Vigo con Luís de Freixo.

Andainas de outono e visitas teatralizadas 09.10.2019

Imos ata o ceminterio de Pereiró. As visitas nocturnas arredor de Defuntos van ser guiadas por Concepción Arenal, Irene de Ceballos e Cachamuiña. Andainas de outono. O tramo do Camiño de Santiago pola costa ten unha desviación polos montes de Valladares. Domingo percorrese como no medievo, acompañados de trovadores. O San Froilán e a Festa do Marisco traen concertos moi recomendables. Escoitamos a...

Vellas tertulias 04.10.2019

Sobre o Teatro Escoitade cos actores afeccionados Raúl e Manolo e sobre a vida no mar co mariño mercante Juan Olivencia.

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.