Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Venres 24/10/2025 24.10.2025

Imos voltar escoitar a historia dos pontevedreses na División Azul, recollida nun libro de Xoán Carlos Abad. E ademáis, propostas de ocio... na casa: a expo cos debuxos de músicos a boli, teatro da casa sábado e domingo homenaxe ó cura Ángel co concerto da banda.

Xoves 23/10/2025 23.10.2025

Falaremos da última obra de Teatro Escoitade, 'A cova das mil mulleres', escrita e dirixida por Doro Piñeiro. Vaise estrear sábado no auditorio de Valladares. Ademáis, as idas e vidas polo Atlántico adiante do músico Nando Vilariño seguindo a estela da 'galeguidade'... e das súas abuelas, tamén.

Mércores 22/10/2025 22.10.2025

Como lle foi ó campionato de surf adaptado en Patos? E que conclusións sacaron na xornada sobre os grandes incendios e os seus retos nos montes de Pontevedra? As especies incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, como andan? Diso falamos esta mañá con xente que sabe no Esperta.

Martes 21/10/2025 21.10.2025

Ata a radio chegaron os esquíos do Monte Alba, os piquirichiños de 3 anos coa profe Elena. E mandan saúdos!!! Na Fundación Sales viven unhas árbores dinosaurio e nas visitas escolares os nenos pensan que o dinoseto anda por alí… Falamos dalgunhas das especies deste xardín botánico e tamén da actividade para este sábado arredor das ‘plantas máxicas’. Ademáis, recomendacións de libros para entender...

Luns 20/10/2025 17.10.2025

Este luns no #EspertaValladares imos dar voltas pola Finca da Marquesa. Lembraremos o concerto de Pelica de Can mentres paseabamos polos xardíns do pazo un verán de 2025... cunha guía botánica do 1982 .

Venres 17/10/2025 17.10.2025

Algúns dos plans para o tempo libre esta fin de semana. Ademáis, rescatamos conversas interesantes da tempada, a do mago Marcos Waldemar. E conversamos con Laiño, que expón algúns cuadros feitos con pilot no centro veciñal ata finais de mes. Unha serie adicada ós músicos.

Xoves 16/10/2025 16.10.2025

Conversa de vagar con Bilal Traoré sobre o amplo mundo do contar contos. Tamén recomenda libros escritos por mulleres africanas. E outras historias mais, que a conversa foi longa e deu para descubrir outras aristas de Castelao!

Mércores 15/10/2025 15.10.2025

Moitos eventos deportivos teñen detrás tantos voluntarios. Conversaremos disto coa Asociación Vodea. Ademáis, coñeceremos un proxecto que une literatura, música e cinema para coñecer escritoras italianas en España (dende o século XIX ata hoxe). Comeza esta semana e anda detrás Ladante Vigo.

Martes 14/10/2025 14.10.2025

Investigación á rúa dende os hospitais. Sensoxenómica, ou como música pode cambiar o ADN. E Ciencia de Cerca, un catálogo de persoas expertas en saúde e investigación biomédica a disposición de concellos, asociacións… Ademáis, os libros que lee Álex ‘Comerás flores’ de Lucía Solla Sobral. E algún dos nomes espallados pola parroquia, ‘Canteira’ e ‘Cantóns’.

Luns 13/10/2025 13.10.2025

Que o mundo dixitalizouse xa nos demos de conta Hai colectivos que precisan axuda para facer trámites do día a día ou que lles ensinen a facer un uso crítico dela… A plataforma Red Conecta leva combatindo a brecha dixital 20 anos. Entre as 47 asociacións que a forman, está o centro veciñal de Valladares, que acolleu na primavera a asamblea anual e unha xornada de traballo.

Venres 10/10/2025 10.10.2025

Os venres van culturetas… fisgamos a ver que plans ociosos hai para a finde nas parroquias e pola cidade. E tamén rescatamos algunha conversa, imos escoitar aquela sobre os peixes grandes que entran na ría nos últimos tempos.

Xoves 9/10/2025 09.10.2025

Onte tivemos visitiña dos Robots, os rapaciños de 4 anos da EEI Monte Alba. Viñeron contarnos cousas do outono e da auga, cantaron unha canción e mandan saúdos a familia. Ademáis, pan do Porriño. Aproveitamos para falar coa Asociación de Panadeiros do Porriño, que sábado fanlle a festa.

Mércores 8/10/2025 08.10.2025

Mércores 8/10/2025 Hoxe imos de paseo polo río Eifonso con Sergio Portela, guía nos baños de bosque da Deputación de Pontevedra. Ademáis, falaremos do que atoparedes no MARCO se paseades por alí estas tardes. Cine lusófono (a proposta de Abella Produccións) e mais videoxogos (a iniciativa da Fundación Carlos Casares).

Martes 7/10/2025 07.10.2025

Historias… as que recollen os centros de estudios locais. Hai máis de medio centenar en España e o Instituto de Estudios Vigueses fixo de anfitrión nun encontro este setembro. Paseraron pola ría, con parada en San Simón para a foto de familia. Ademáis, as recomendacións de libros de Álex. 'Barrios, bloques y basura' e 'Los incorregibles' de Julia Wertz, historietista de New York. E nomes de lugare...

Luns 6/10/2025 06.10.2025

Os luns traemos ás ondas da 106.1FM unha conversa do verán. Escoitaremos a do ilustrador Ermitis Blanco. A súa historia, a de moitos cubanos…

Venres 3/10/2025 03.10.2025

Propostas da casa para a finde... teatro, que xa estamos en outubro! Ademáis de rebuscar na axenda cultural, imos recordar a conversa sobre o anillamento paxaros en Ons. Seica é coma a AP9 para os que emigran cara frío ou a calor

Xoves 2/10/2025 02.10.2025

De paseo polos xardíns que Silvia Rodríguez coida no pazo de La Saleta, en Meis. Moitas vivencias e algunhas anécdotas recólleas no libro ‘En la penumbra de un jardín extraño’. Ademáis, imos fisgar nos relatos que andan a ler no clube de lectura de literatura africana, conducido por Carla Figueiras, que estas tardes se xuntan no edificio Redeiras.

Mércores 1/10/2025 01.10.2025

Un chapuzón? Imos coñecer a piscina de Valladares e as súas particularidades. Ademáis, falaremos do proxecto Mitolóxicas coa veciña Judit Santos. Tamén algo dos nomes de lugares da parroquia: Caraña, Caracol e Canaval. E a recomendación literaria da semana, a escritora Amelie Nothomb e o seu traductor Sergi Paimes.

Luns 29/09/2025 26.09.2025

Imos comezar a semana descansando. Non estamos polo cuartiño da radio nin polas ondas da 106.1FM ata mércores. Deixámosvos uns minutiños musicais... Mañá e pasado, música sen palabras, instrumental total.

Venres 26/09/2025 26.09.2025

Á noite hai algo de música no Freixo... Alá que imos! Conversa coa xente do Freixo Rock. E tamén, como é a noite europea das persoas investigadoras, a G-Night, recuperaremos a conversa sobre Minimelis, as gominolas multivitamínicas.

Xoves 25/09/2025 25.09.2025

Mundo fungos... pero os de Madagascar, que non nos quedan moi ó lado... ou sí. O biólogo Mauro Rivas ten algúns no laboratorio da universidade de Vigo e danlle para investigar neles case toda a súa carreira. E seguiremos a pista ós roteiros literarios que andan polo centro da cidade estas tardes. Unha das actividades da facultade de Filoloxía e Traducción para entender as linguas, a literatura e a...

Mércores 24/09/2025 24.09.2025

Os músicos… canto de lesionados andan? Falaremos do esforzo corporal que se precisa ó tocar cada instrumento con Clara Rodríguez, profesora na Facultade de Fisioterapia en Pontevedra. Ademáis, unha voltiña polo universo do Galician Freaky Film Festival… a parte mais internacional, a xente que ven presentar os seus festivais similares en Europa.

Martes 23/09/2025 23.09.2025

Ides escoitar ós actores de Setestrelo Teatro, o grupo de teatro da ONCE de Vigo, a ver porque se meteron nisto de aprender textos e subir ás táboas. Ademáis, libros e nomes de lugares da parroquia, coma todos os martes no #EspertaValladares. Libro, 'Moreno paleta' de Sergio V. Jodar. E topónimos, relacionados co 'castaño' e mais cos 'soutos'.

Luns 22/09/2025 22.09.2025

Recuperamos a conversa sobre ‘The Mind Guardian’, un xogo deseñado para maiores de 55 anos que axuda a identificar os primeiros signos invisibles do deterioro cognitivo.

Venres 19/09/2025 19.09.2025

Revoltallo, cos horarios e todo... para que non vos perdades! Falamos co veciño Dani Figueroa, que domingo vai ensinar a 'fuchicar' na súa pedalera e amenizará a sesión vermú. Ademáis, recuperamos unha historieta da tempada, a conversa con Abel, de La Fiesta Escénica, que viaxa polo mundo pero vive encantado en Oia escoitando a chuvia.

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.