Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Luns 03/07/2023 03.07.2023

Coñecemos a Orquesta de Saxos de Redondela. Ademáis, vai outra conversa de verán, distendida, coa filla da maestra de Vincios nos anos 50. E un libro, ‘O cantar dos músicos errantes’ de Xulio Valcárcel.

Venres 30/06/2023 30.06.2023

Rematou o curso e con el as actividades como pintura ou piano… coas súas mestras falamos para facer resumo do ano. E agora… o que chega é o verán e con el os concertos de Castrelos. Que vos parece o programa?

Xoves 29/06/2023 29.06.2023

Conversas, que este ano o recunchiño da radio parece ser moi agradable. Volveu Álex González e trouxo compañía, a súa moza china Song… toda unha aventura coñecer como ve ela Galicia.

Mércores 28/06/2023 28.06.2023

Historias de aquí e de acolá. Falamos con Juan Del Arco, xogador do Frigoríficos do Morrazo, e damos unha volta pola Mostra de Teatro de Cangas.

Martes 27/06/2023 27.06.2023

Martes variado, que a veces os programas saen así. Voltamos a Ferrol, pero da man dos seus graffitis, co documental “Bienvenido Mr. Banksy”. E coñeceremos a asociación Can de Palleiro que, coma os galegos, xa viven en moitas partes do mundo. Ah! e teñen libro de familia loongo (case ata os tatarabuelos).

Luns 26/06/2023 26.06.2023

Moito nos gusta sentarnos con xente interesante arredor dunha mesa. Escoitamos a conversa con Maruja Pérez Dávila, filla de “María do abade”, sierva de San José, e unha das monxas que saíron nos anos 60 dun grupo de amigas do barrio do Portal.

Venres 23/06/2023 23.06.2023

San Xoan!!! Vale, en realidade é o sábado, pero as fogueiras son esta noite. Esa é a nosa tradición, pero aproveitamos o programa para coñecer outras realidades, que en Menorca é festa grande. Así que xa sabedes, a partir das 21:30 comeza a festa no Centro Cultural! Ah, e antes é o festival de fin de curso de patinaxe.

Xoves 22/06/2023 22.06.2023

Aventuras e desventuras de ser músico e transportar o teu instrumento, sexa un flautín ou un contrabaixo. Conversamos cun músico da banda de Valladares. Por certo, a Escola de Música este domingo ten a audición de fin de curso. E xa anunciamos a fogueira da casa. Non hai sardiñas, sí chouripán.

Mércores 21/06/2023 21.06.2023

Marchamos para o monte… pero ben acompañados, con Nacho Pequeno que nos fala das súas andanzas nun trail de 7 días polo Mont Blanc. Ademáis coñecemos a Asociación Pozovello de Soutomaior e o seu traballo de dinamización da parroquia. E unha voltiña pola Lanzada… fúchedes saltar as ondas? Pois o que hai é que bañarse nelas, non saltalas, e coa auga a bater na barriga. E logo xa entra a vida, os pañ...

Martes 20/06/2023 20.06.2023

O Liste sempre ten actividades curiosas, desta volta relacionadas co San Xoan… damos un paseo polo museo. E xa que andamos no mundo das tradicións… coñecemos o traballo do luthier Alberto Pires. E conversa sobre a historia das mulleres no Vigo da primeira metade do século XX con Elena Durán, que presenta libro sobre elas.

Luns 19/06/2023 19.06.2023

De luns si, pero con propostas para a finde. Comenzamos marchando ata Allariz, un paseo polo seu festival de xardíns. Nel seguro que podemos atopar as plantas e flores que precisamos para facer o cacho de San Xoan como nos explica Silvia Domínguez no seu caderno de campo. E coñeceremos Ferrol… unha cidade fea?

VENRES 16/06/2023 16.06.2023

Conversa, divertida, co Instituto de Estudios Vigueses e a Fundación Xoán Piñeiro. Vida, obra e milagros de ser unha escultura en Vigo. A parte cultureta no auditorio, o sábado, coa mostra de Tai-Chi e danza moderna coas Seras. Ah, e apareceu o asfalto no camiño de Santiago. Imos a pola compostelana

XOVES 15/6/2023 15.06.2023

Conversas arredor dunha mesa camilla, un móbil co que gravar e nós a escoitar. Todo a partir da historia do burro que comía os curnuchos do pan. A historia da panadeira de Beade que repartía o pan por Valladares. Ademáis escoitaremos aos caminantes: Ultreia!!

Mércores 14/06/2023 14.06.2023

Quedamos? Saimos ó monte en bici con Jana. E se sacamos unhas fotos? Pois temos fotógrafa especial, Charo Lopes. E para rematar, outra etapa mais do camiño, que xa case albiscamos a Santiago!

Martes 13/06/2023 13.06.2023

Coñecer o lugar onde vivimos xogando. Esa é unha das ideas de A vila do mañá, especialmente pensada para os cativos. Din que o camiño a Santiago algo ten do taboleiro da oca… mais bitácora. Etapa 5: Pontebora-Cuntis. Ademais, a banda de Guláns celebra o 150 aniversario. A ver que anécdotas nos poden contar destes anos.

Luns 12/06/2023 12.06.2023

De luns. Un libro ‘Esperando o amencer’, da artista peruana Fabiola Anchorena sobre a Amazonía e os grandes incendios. Seguiremos a peregrinar ata Compostela polos camiños vellos. Etapa 4: Os Valos- Pontebora. E ademais, saberemos algo do Porco Celta, que hai 150 explotacións gandeiras en Galicia.

Venres 09/06/2023 09.06.2023

As cartas eran o xeito que tiñamos de comunicarnos cos que emigraban, voluntaria e involuntariamente. Conversas con Samuel Diz e Beatriz Fontán, que andan a buscar aos músicos españois que tiveron que exiliarse despois da República. E con Caseiro, das aventuras e desventuras dun carteiro. Ademáis axenda… e seguimos de ruta, podedes facela esta fin de semana. Etapa 3: Prado - Senda da Auga.

Xoves 08/06/2023 08.06.2023

Sabedes que o rodaballo fai unha metaformose como as bolboretas? Mellor que nolo explique quen sabe, o investigador do CSIC Pep Rolland. Ademáis falamos con Paula Cons, que desta volta dirixiu unha ficción sonora baseada no bestseller ‘Todo esto te daré’. E xa que seguimos a camiñar, conversas de vagar. Etapa 2: Torroña- Prado.

Mércores 07/06/2023 07.06.2023

Os mércores falamos de deportes… éste non iba a ser menos. Conversa co Vigo Rugby Club de pasado, presente e futuro do clube. Unha volta pola tradición galega dos xigantes e cabezudos que hoxe empeza a Festa da Coca. https://juliomontanes.synology.me/bases/xigantes/index.htm E arrincamos a andar polo camiño a Santiago sen asfalto. 1º etapa Camposancos-Torroña

Martes 06/06/2023 06.06.2023

A asociación DPG - Docentes de português na Galiza, coñecédela? Se a resposta é non, escoitádenos. Ademáis martes, volta polo patrimonio. As únicas virxes abrideiras de Galicia andan por Allariz e Triacastela. Delas e a súa simboloxía falaremos co guía Diego Lamas. Ademáis, estreamos diario dun camiñante. Sorpresa!

Luns 05/06/2023 05.06.2023

Música e cine para levar mellor o inicio da semana. Coñecemos aos King Kids, unha banda de rapaces de Porriño, que fixeron unha canción para o 'Dígocho eu'. E damos unha volta polo Cine Mary, que nos abriron as súas portas! Seguro que algún da casa aínda lembra ir alí ver pelis de romanos ou de tiros neste cine de barrio de Valladares.

Venres 0/06/2023 02.06.2023

Os venres son así, de corte cultural. Que tal a xuntanza terrible en Donas? No torreiro de Valladares, as festas do Cristo e no auditorio varios grupos de acordeóns.

Xoves 01/06/2023 01.06.2023

‘Y se armó la gorda’, unha proposta interesante para esta fin de semana e desfrutar do noso corpo. As picudas son pequeniñas e sabrosas, falamos da cereixa de Beade, que esta finde está de festa. E unha guía para oriundos, os compostelanos, ‘Santiago para picheleiros’.

Mércores 31/05/2023 31.05.2023

Chapuzóns, estrelas de mar, furnas… unha de plans divertidos pola Costa da Vela con Turac Aventura. Ademais, estamos na semana do medioambiente. En Tomiño, entre outras actividades, hai ruta para coñecer as árbores senlleiras dalí. Estado anímico en modo ON? Van uns conselliños da psicóloga do cultural para ter unha autoestima sana.

Martes 30/05/2023 30.05.2023

O 30 de maio ven sendo o Día Mundial da Esclerose Múltiple. Dende o Esperta poñemos o noso gran de area conversando coa asociació AVEMPO. E como é martes e nos gusta dar unha voltiña polo noso patrimonio desta vez engadimos ás pedras algo de turismo gastronómico. Imos coñecer Lourenzá e o seu Centro de Interpretación da Faba.

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.