Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Xacobe Morais, Club Quinta de Tui - Debut na Liga Galega de futsal 16.09.2022

A Quinta de Tui Futsal terá un dobre debut ligueiro especial esta fin de semana. Os seus equipos cadetes e infantís xogarán por primeira vez a Liga Galega, un dobre reto deportivo e loxístico. Falamos con Xacobe Morais da ilusión que supón esta competición.

Ent. Daniel Dacosta e Pilar Gregores, presidente e vicepresidenta da Comisión de Festas de Guillarei - Virxe das Dores 16.09.2022

Esta fin de semana celébranse as festas na honra á Virxe das Dores en Guillarei. O programa festivo comeza hoxe e prolongarase até o próximo luns. Hoxe estiveron na nosa sintonía o presidente da Comisión de Festas, Daniel Dacosta, e a vicepresidenta, Pilar Gregores, que amosaron tamén a ledicia por contar con Chola, Laura Villaverde, para o pregón de hoxe.

Ent. Pili Pazo, secretaria da Asociación do Traxe Tradicional de Tui - I Encontro de Folclore da Raia 15.09.2022

Este sábado terá lugar na praza de San Fernando o I Encontro de Folclore da Raia, organizado pola Asociación do Traxe Tradicional de Tui. Será un evento onde dita Asociación estará acompañada polo Rancho Folclórico e Cultural de San Juliao de Valença e o Rancho de Fiestras, da Treboada Virxe do Alivio de Tomiño e das pandereteiras Lagharteiras (coa tudense Uxía Diz). Hoxe estivo no programa Día a...

A Eurocidade Tui-Valença acolleu o evento final do proxecto 5G Mobix 14.09.2022

A vella Ponte Internacional foi hoxe o escenario das demostracións de distintas probas do coche autónomo conectado á rede 5G do CTAG que forma parte do proxecto 5G-MOBIX. Na Eurocidade Tui-Valença presentáronse hoxe as conclusións e resultados deste proxecto no que participan máis de 50 socios de 13 países europeos.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Emprego, e Ana Adán, técnica de autoemprego da Red Araña - Yo Emprendo 14.09.2022

O próximo 3 de outubro comeza o programa "Yo Emprendo" no Concello de Tui para fomentar o emprendemento, acompañar a mocidade e futuros emprendedores e apoiar a aqueles que estén nesa búsqueda de opcións laborais. Está enfocado a menores de 30 anos que estean inscritos na Garantía Xuvenil, na Oficina de Emprego, e que non estean actualmente cursando ningunha formación reglada. Hoxe estiveron na no...

Ent. Conchi Martínez, voceira da Plataforma pola Saúde Pública de Tui - Recollida de sinaturas pola atención primaria 14.09.2022

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Tui organizou unha recollida de sinaturas no centro de saúde de Tui. Será mañá, xoves, dende as 9 ata as 12:30 h. Hoxe falamos coa voceira desa plataforma, Conchi Martínez, que nos falou das mobilizacións e obxectivos que teñen preparados para este mes, entre os que tamén está a mellora do servizo de fisioterapia en Tui.

Ent. Miguel Abraira, director do IES San Paio - Nova lei educativa 13.09.2022

Neste novo curso 2022-2023 implantouse a nova lei educativa, a LOMLOE ou Lei Celáa, no seu segundo ano, e o fixo nos cursos impares de 1º, 3º e 5º de primaria, 1º e 3º de secundaria e 1º de bacharelato. Hoxe falamos co director do IES San Paio, Miguel Abraira, sobre esta implantación e sobre os novos proxectos e programas que encara a comunidade educativa neste novo curso.

Ent. Marta González Quintana, directora do CRA Mestra Clara Torres 13.09.2022

O alumnado de infantil tamén voltou esta semana ás diversas aulas do CRA Mestra Clara Torres. Falamos coa súa directora, Marta González Quintana da actualidade do centro, as obras acometidas e as pendentes e do premio recibido o pasado ano como mellor colexio de España.

Ent. Priscila Retamozo, coordinadora do programa Feminino Plural 12.09.2022

Falamos con Priscila Retamozo no noso habitual espazo semanal dedicado ao programa Feminino Plural. A coordinadora expón as actividades que terán lugar esta semana, abertas a todas as mulleres interesadas.

Ent.Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración datos peregrinos/as en agosto 12.09.2022

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou hoxe na nosa sintonía os positivos datos que o mes de agosto nos deixan en canto ao Camiño de Santiago na cidade. Tui foi o segundo punto de partida de peregrinos e peregrinas cara Compostela, dende aquí sairon case a metade das 17.300 persoas que realizaron o Camiño Portugués, que foi o segundo máis transitado.

Ent.Sandra González, alcaldesa de Tomiño e Toñi Vicente, chef- Festas do Alivio 09.09.2022

Tomiño celebra esta fin de semana as festas do Alivio que volven tamén a normalidade tras dous anos atípicos debido á covid. Mañá ás 21 h no Seixo celebrarase o acto cívico no que será homenaxada a chef tomiñesa Toñi Vicente. Hoxe no programa Día a Día estiveron Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e Toñi Vicente.

Ent. Marisa Giráldez y Javier Argüelles, Club Bádminton Tui - Denuncia polo reparto "inxusto" dos pavillóns 08.09.2022

O Club Bádminton Tui vén reclamando que o reparto dos pavillóns e dos horarios de uso para os seus adestramentos sexa máis equitativo. Marisa Giráldez e Javier Argüelles, responsables do equipo tudense, reclaman que esta xestión deixe de ser "inxusta" con eles.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Educación de Tui - Inicio curso escolar 2022/2023 08.09.2022

Falamos con Sonsoles Vicente, concelleira de Educación de Tui sobre o inicio do curso escolar 2022/2023, as obras acometidas este verán nos centros públicos da cidade e das actuacións aínda por realizar nos mesmos.

Ent. Marcos Lago, organizador, e Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui - Budiño Raid Eurocidade 07.09.2022

Este próximo sábado, a Eurocidade Tui-Valença contará cun novo evento deportivo. O Budiño Raid Eurocidade afronta a súa séptima edición con gran éxito de participación e varios deportes. Falamos con Marcos Lago, organizador, e Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui.

Ent. Fátima Rodríguez, concelleira de Educación e Formación da Guarda - IV Mostra Asociativa 07.09.2022

A cuarta edición da Mostra Asociativa da Guarda arrinca este sábado na praza de Avelino Vicente. Trátase dun evento participativo no que ten cabida todo o tecido empresarial da localidade cos tradicionais stands, acompañado de música, obradoiros, teatros, perfomance, xogos interactivos e tradicionais, obradoiros de nós, chapas, probas de remo ergómetro e sorteos, entre outros. Esta mañá falamos co...

Ent. Rosa María Vila, artista - Inauguración da súa exposición "Abrimos portas?" 07.09.2022

Hoxe se inaugura a exposición “Abrimos portas?” da artista tudense Rosa María Vila, e será ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións no edicifio Francisco Sánchez. A mostra será unha recompilación de 25 portas, tanto de Tui como de Valença, e estará enmarcada pola grande presenza que teñen estes obxectos na nosa vida, segundo di Rosa María Vila, artista que pasou hoxe pola nosa sintonía para explic...

Ent. Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra - Ciclo Historias Cavadas 07.09.2022

O próximo venres 16 e sábado 17 terá lugar a visita teatralizada no Castro do Alto dos Cubos, no monte Aloia. Esta visita pertence ao Ciclo de Historias Cavadas impulsado pola Deputación de Pontevedra por segundo ano consecutivo, e se vai a desenvolver en cinco castros da provincia. Para conversar sobre esta iniciativa falamos coa presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Ent. Manuel Martínez responsable do ciclo "Un Camiño Ben Temperado" - Concerto de peche en Tui 06.09.2022

Este domingo chega á Catedral de Tui o ciclo “Un Camiño Ben Temperado” organizado pola Orquestra Clásica de Vigo. O ciclo está formado por cinco concertos que comezaron o venres pasado en Redondela, e o domingo en Baiona. Esta semana a cita estará na comarca do Baixo Miño pechando o domingo en Tui ás 18.30 h na catedral co "Requiem para o mosteiro de Santa Clara" co cuarteto Metáfora das flores ba...

Ent. Helena Madeira, músico - Concerto sefardí nas Xornadas Europeas da Cultura Xudía 05.09.2022

Helena Madeira deu onte un concerto con repertorio sefardí no marco das Xornadas Europeas da Cultura Xudía. A igrexa de San Domingos se encheu de música medieval europea coa voz e a arpa da músico portuguesa.

Ent. Elyjah Byrzdet, investigador - Charla 'Lo que debes conocer de los judíos' 05.09.2022

Falamos co investigador Elyjah Byrzdet, autor tamén de varios libros sobre historia, xudaísmo e xenealoxía. No marco das Xornadas Xudías de Tui, imparte hoxe a charla 'Lo que debes conocer de los judíos' no edificio Francisco Sánchez ás 20h.

Ent. Violeta de Santiago - Candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Tomiño 05.09.2022

A pasada semana pasada o PSdeG (PSOE) presentou á súa candidata á alcaldía de Tomiño, Violeta de Santiago, nun acto no que estiveron presentes Abel Caballero, alcalde de Vigo, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e David Regades, secretario xeral provincial, entre outros cargos.

Ent. Priscila Retamozo e María José Márquez - Programa Feminino Plural 05.09.2022

O programa Feminino Plural continúa a súa programación formativa en Tui. Falamos con Priscila Retamozo, axente de igualdade e coordinadora do programa, xunto a María José Márquez, técnica laboral e encargada do obradoiro que se impartirá mañá martes para afondar na situación da muller no mercado laboral e axudalas a identificar oportunidades, acceder e manter os empregos.

Ent. Mónica Domínguez e Manuel Gándara, clásicos Fiolledo - Concentración coches clásicos 02.09.2022

Este sábado haberá en Salvaterra do Miño, durante toda a xornada, unha concentración de coches clásicos, está organizada polo club de clásicos Fiolledo. Hoxe estiveron na nosa sintonía Mónica Dominguez e Manuel Gándara, organizadores, para falarnos do porqué desta concentración.

Ent. Carlos Estévez, da Federación Galega Motonáutica - Campionato de España de Radiocontrol Térmico 01.09.2022

Falamos con Carlos Estévez, da Federación Galega de Motonáutica, sobre o Campionato de España de Radiocontrol Térmico que se celebrará en Tui esta vindeira fin de semana. Trátase dunha novidosa modalidade de embarcacións tripuladas, moi veloces, e que contará con vinte participantes de toda España.

Ent. Antón Conde, secretario xeral provincial do sector ferroviario - Situación da provincia de Pontevedra 01.09.2022

Antón Conde, secretario xeral provincial do sector ferroviario de CCOO fixo balance da situación ferroviaria que vive a provincia de Pontevedra, incluíndo tamén as súas propostas para unir Tui con Portugal e con Vigo, establecendo unha liña de cercanías.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.