Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6503 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Carmen Núñez, concelleira do Bloque Nacionalista Galego - Rolda febreiro 2023 14.02.2023

Continuamos a rolda de entrevistas cos voceiros da corporación municipal de Tui con Carmen Núñez, concelleira do Bloque Nacionalista Galego.

Especial Día da Radio - IES San Paio 13.02.2023

Neste #DíadaRadio do IES San Paio participaron Sara, Inés, Alba e Yamilé de 4º da ESO cun programa no que recolleron a diversidade de nacionalidades Galicia, Portugal, Venezuela, Brasil, e Marrocos. Entrevistáron aos compañeiros e compañeiras.

Especial Día da Radio - CEIP nº1 13.02.2023

Dende o CEIP nº1 Alma, Marc, Manuela, e Alex na súa participación no programa especial con motivo do #DíadaRadio lembraron cando se proclamou este Día Mundial da Radio, falaron do Conxunto Histórico de Tui, e entrevistaron ao alcalde, Enrique Cabaleiro.

Especial Día da Radio - IES Indalecio Pérez Tizón 13.02.2023

Alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Indalecio Pérez Tizón realizou un informativo moi especial no que inventaron boas noticias que tiñan coma escenario Tui. O programa foi realizado por Xabi, Rodrigo, Anabel, Sabela, Iago, e Izan, Paola.

Ent. Sonia Blanco Sío, autora do libro A pedra vermella 13.02.2023

Entrevistamos a Sonia Blanco Sío, médica no Porriño e autora do libro A pedra vermella. Explica a sinopse da súa obra que versa sobre o tempo que pasamos coa familia e cos fillos.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Mayte Isla, SOGAPS; Julio Solleiro e Rebeca Estévez - Acollida vacacional 13.02.2023

“Vacacións en paz” é o nome do programa solidario no que, nos meses de verán, nenos e nenas que viven no Sáhara veñen a Tui nun proxecto de acollida vacacional. Esta iniciativa é impulsada pola asociación Solidariedade Galega do Pobo Saharaui. Hoxe falamos con Mayte Isla, a súa presidenta, con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e con Rebeca Estévez e Julio Solleiro, familia acolledora.

Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Comercio, Antonio Luis Montes e Fernando Da Costa, de ATUCA - VIII Mostra da Camelia. 10.02.2023

Hoxe falamos coa concelleira de Comercio, Ana María Núñez e con Antonio Luis Montes e Fernando Da Costa, representantes de ATUCA (Asociación de Amigos Tudenses da Camelia), sobre a VIII Mostra da Camelia que terá lugar a próxima semana en Tui.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e José Manuel Carpinteira, presidente de Valença - Aniversario Eurocidade 10.02.2023

No undécimo aniversario da Eurocidade Tui-Valença, convidamos aos seus rexedores, Enrique Cabaleiro e José Manuel Carpinteira respectivamente, a facer balance destes anos de cooperación transfronteiriza en múltiples proxectos e materias.

Ent. Nino Cervera, docente - Conferencia na Semana da Educación. 09.02.2023

Hoxe, ás 19:00, péchase a Semana da Educación de Tomiño con Nino Cervera e a conferencia titulada “Es o/a docente que che gustaría ter cando estudabas?”. Hoxe mantivemos unha entrevista con el e nos puido adiantar algunas pinceladas da súa ponencia.

Ent. Eliseu Silva, violinista - Concerto 11º aniversario EurocidadeTui-Valença. 09.02.2023

A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu undécimo aniversario co concerto '24 caprichos fadistas' do violinista Eliseu Silva no Teatro Municipal de Tui. Será mañá venres, 10 de febreiro, ás 21.30 h ES. Hoxe falamos co músico portugués, quen explicou que este concerto suporá unha unión entre Portugal e Galicia.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Xornadas #InfoDayES 2023 en Vic 09.02.2023

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, está estes días representando á cidade nas xornadas #InfoDayES 2023. Trátase dunhas xornadas dedicadas a informar sobre a convocatoria da Action Planning Networks de URBACT para crear redes de traballo en materia de desenvolvemento urbano sustentable.

Ent. Francisco Javier Penedo, criador de animais - Lei de Benestar Animal 08.02.2023

Falamos con Francisco Javier Penedo, criador de animais, acerca da Lei de Benestar Animal que se debate mañá xoves no Congreso dos Deputados.

Ent. Miriam Leirós, educadora ambiental - Semana da Educación de Tomiño. 08.02.2023

“Ciencia, medio ambiente e sociedade: a educación ecosocial” é o título da conferencia que hoxe ofrecerá Miriam Leirós na terceira xornada da VIII Semana da Educación de Tomiño. Hoxe puidemos falar con ela no programa Día a Día e desvelou algunas pinceladas desta ponencia.

Ent. José Manuel Palacín, concelleiro de Converxencia 21 - Rolda febreiro 2023 08.02.2023

Continuamos a rolda de entrevistas cos voceiros da corporación municipal de Tui con José Manuel Palacín, concelleiro de Converxencia 21.

Ent. Alumnos e alumnas francesas de intercambio no IES Indalecio Pérez Tizón 07.02.2023

Hoxe recibimos no programa Día a Día aos alumnos e alumnas que mañá rematan o seu intercambio en Tui, no IES Indalecio Pérez Tizón. No mes de maio, os e as tudenses viaxarán a Francia.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de En Marea - Rolda febreiro 2023 07.02.2023

Comezamos a rolda de entrevistas cos voceiros da corporación municipal de Tui con Laureano Alonso, concelleiro de En Marea.

Ent. Antonio Blanco e Virginie, voluntarios - Presentación Campaña contra a famede Manos Unidas en Tui 06.02.2023

Ás 20h desta tarde, no Seminario Menor de Tui, a ONG Manos Unidas presenta a súa Campaña anual contra a fame. Esta mañá conversamos con Antonio J. Blanco e Virginie, voluntarios de Manos Unidas, sobre as labores que realizan e a importancia destes fondos para sufragar a campaña mundial.

Ent. José Manuel López Nicolás, divulgador científico - Semana da Educación en Tomiño 03.02.2023

O divulgador científico José Manuel Nicolás, abrirá o próximo luns, ás 19 h no auditorio de Goián, a Semana da Educación en Tomiño. “As verdades e mentiras dos alimentos do século XXI” será o tema da súa conferencia, da que falamos hoxe con el no programa Día a Día.

Ent. Bieito Alonso - Entrega do periódico escolar La Aceituna ao Arquivo Municipal 03.02.2023

Onte, o profesor Bieito Alonso fixo entrega de dous exemplares do periódico escolar La Aceituna editado no ano 1935 no colexio das Olivas, ao Arquivo Municipal do concello de Tui. Hoxe falamos con el no programa Día a Día.

Ent. Marisa Giráldez, presidenta Club Bádminton Tui - Torneo TTR N7 sub13 e sub17 en Tui 03.02.2023

Este sábado, o IES San Paio de Tui acolle o torneo TTR N7 nas categorías sub13 e sub17 de bádminton, organizado polo Club Bádminton Tui. Falamos hoxe con Marisa Giráldez, presidenta do clube, sobre esta cita deportiva.

Ent. Andrea Álvarez, psicóloga, e Paula Hernández, fisioterapeuta - Servizo de Atención Temperá 02.02.2023

O Servizo de Atención Temperá do Baixo Miño atende nestes momentos a 92 nenos e nenas de Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal. Este servizo naceu en setembro do ano 2020 e hoxe falamos coa súa coordinadora, a psicóloga Andrea Álvarez, e con Paula Hernández Puime, fisioterapeuta.

Ent. Serafín Martínez, organizador do Trail do Aloia 2023 02.02.2023

A próxima semana volta o Trail do Aloia, co xa habitual espazo e percorrido para os máis pequenos e dous percorridos para adultos. Falamos con Serafín Martínez, un dos organizadores da proba.

Ent. Patricia Lorenzo, actriz de Chévere Teatro - Obra N.E.V.E.R.M.O.R.E. no Teatro Municipal de Tui 02.02.2023

Nevermore é o nome da obra teatral que mañá chega ao Teatro Municipal de Tui. A compañía galega Chévere volve á cidade e inaugura o ciclo teatral para este mes de febreiro e marzo. Será ás 21.30 e as entradas están xa á venda en tui.gal. Hoxe falamos con Patricia Lorenzo, unha das actrices do elenco, quen explicou o argumento da obra.

Ent. Rosa María Vila, artista tudense - Presentación libro 'Historias en pedra, Tui e as súas parroquias' 01.02.2023

‘Historias de pedra, Tui e as súas parroquias’ é o título do libro de Rosa María Vila, artista tudense que recolle nas súas páxinas máis de 20 debuxos de Tui e das parroquias. Este venres día 3, ás 19 h, o edificio Francisco Sánchez acollerá a presentación deste libro, á venda nas librerias tudenses. Hoxe mantivemos unha entrevista con Rosa María Vila na que destacou que esta idea naceu na pandemi...

Ent. Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro - Constitución REDCOT, visita Secretaria de Estado de Comercio e novo CCPA. 31.01.2023

Hoxe mantivemos unha entrevista co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre a sinatura do Acordo de Constitución da Rede España-Portugal de Cooperación Transfronteiriza, para o que viaxará mañá a Lisboa; sobre a visita da Secretaria de Estado de Comercio no día de onte a Tui; e sobre o proceso de licitación da construcción do novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.