Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Manu Garrido, padeeiro tudense - Campión do mundo de piragüismo en maratón C1 03.10.2022 11:47
O tudense Manu Garrido é protagonista tras proclamarse o sábado campión do mundo de piragüismo na modalidade de maratón en C1. O padeeiro do Kaiak Tudense cumpriu o soño polo que leva anos loitando na súa carreira deportiva cun ouro que gañou con solvencia.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Actos vandálicos en bens públicos e obras na veiga do Louro 30.09.2022 7:12
En Tui hai preocupación polos actos vandálicos que se veñen sucedendo dende hai varias semanas en diversos espazos públicos como parques infantís e lavadoiros. Esta mañá falamos co alcalde, Enrique Cabaleiro, que tamén detallaba o inicio das obras na ponte sobre o Louro
Ent. Ana García Carnero, pedagoga - Obradoiros no Centro Sociocomunitario de Tui 30.09.2022 10:10
En outubro e novembro o Centro Sociocomunitario de Tui contará con novos obradoiros. Falamos con Ana García Carnero, pedagoga, dos cursos de Actitudes Dixitais Saudables e de Técnicas de Estudo que xa abriron matrícula.
Ent. Elena Paz, voz e arpa do grupo musical Golfiños - Concerto MUMI. 30.09.2022 5:38
Mañá ofrecerá un concerto o grupo Golfiños no marco do MUMI. Será ás 12:45 h ES na carpa instalada no Jardim Municipal de Valença. Hoxe falamos con Elena Paz, integrante do grupo, que nos contou o que é Golfiños, que achega a música a toda a familia.
Ent. Motoclub Randufe - II Super Enduro Cidade de Tui 29.09.2022 6:02
Este sábado 1 de outubro, o Motoclub de Randufe organiza o segundo Super Enduro Cidade de Tui no complexo Off Road de Rebordáns. Hoxe falamos da proba con Fito Pereira, presidente, e Iago Araújo, vocal.
Ent. Anais Barbier e María Jorge, grupo Caldo - Concerto do MUMI. 29.09.2022 9:18
Caldo será un dos grupos que ofrecerá un concerto aberto ao público mañá, no marco do MUMI. Será ás 18:15 h ES no Paseo da Corredoira de Tui, se o tempo o permite. Hoxe falamos no programa Día a Día con dúas das súas integrantes: Anais Barbier, voz e pandeireta, e María Jorge, violinista.
Ent. Xan Campos, pianista de jazz - Concerto no MUMI 2022 28.09.2022 10:35
Mañá arrinca a terceira edición do Encontro Profesional de Músicas MUMI na Eurocidade Tui-Valença, e hoxe falamos con Xan Campos, pianista de jazz galego. O músico ofrecerá un concerto este venres, no teatro Municipal de Tui, para público profesional.
Ent. E. Cabaleiro, alcalde de Tui, J. M. Carpinteira, presidente Cámara de Valença, e M. Pino e T. Alves, do Rotary Club 27.09.2022 27:19
O Rotary Club é unha organización internacional de voluntariado para a consecución de obxectivos sociais. O de Valença, amais de centrarse nas metas comúns, abrirá unha Universidade Senior para maiores de 50 anos, expandíndose tamén na Eurocidade. Hoxe estiveron na nosa sintonía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira, e Manuel Pino Neves e T...
Ent. Ánxela Vila, productora Urdime - Festival MUMI 27.09.2022 7:38
O Festival MUMI comeza este xoves con concertos, faladoiros, showcases e speedmeetings na Eurocidade. Esta mañá falamos con Ánxela Vila, da productora organizadora Urdime, para detallar as novidades e a previa deste evento cultural e musical.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade, Priscila Retamozo, Bea López e Marcia Contreras - Feminino Plural 26.09.2022 21:45
O programa Feminino Plural chega esta semana ao seu fin despois de case dous meses de obradoiros e talleres enfocados en acadar a autonomía das mulleres da comarca. Hoxe falamos coa concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, coa axente de igualdade e coordinadora do programa, Priscila Retamozo, e con dúas mulleres que participaron, Bea López e Marcia Contreras.
Javier Niño, adestrador do CB Tui - Fase de ascenso a primeira división galega dos equipos infantil e cadete 23.09.2022 2:49
O equipo infantil e o cadete do CB Tui xogan esta fin de semana as respectivas fases de ascenso a primeira división máxima categoría en Liga Galega. Mañá ás 16.30 h os cadetes xogarán contra o Narón en Santiago . Os infantís xogarán o domingo ás 17 h contra Lugo, en Lugo. Así nolo contou o técnico do club Javier Niño.
Ent. Bruno Centelles, SOS Groba - Declaración ambiental desfavorable do parque eólico Albariño I 23.09.2022 10:14
Logo de anos de protestas, o informe de avaliación ambiental desfavorable do parque eólico Albariño I, en Oia, Tomiño e Baiona, dá esperanza a colectivos coma SOS Groba. Hoxe contactamos cun dos seus membros, Bruno Centelles.
Ent. Sara Luque, mestra composteira - Charla informativa Plan Municipal de Compostaxe 23.09.2022 4:30
Hoxe ás 21.00 h impartirase unha charla no centro cultural A Insua de Caldelas sobre o Plan Municipal de Compostaxe, e farase tamén entrega de composteiros individuais. Hoxe pasou pola nosa sintonía Sara Luque, mestra composteira, para falar do plan especial que queren levar a cabo en Caldelas, para que sexa a primeira parroquia de Tui na que comece a entrega masiva de composteiros.
Ent. Margarita Valcárcel, docente da Universidade de Santiago - Congreso Internacional de formación 23.09.2022 6:58
Hoxe chega ao seu fin a vixésimo segunda edición do Congreso Internacional de formación para o traballo Norte de Portugal-Galicia que se celebra dende onte na Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença. Onte os participantes visitaron o conxunto histórico de Tui, e puidemos falar con Margarita Valcárcel, docente da Universidade de Santiago de Compostela, para explicar de que se trata este...
Ent. Diego das Dores e Aroa Rendo, Club Remo Tui - IV Regata Eurocidade de remo 22.09.2022 9:43
Este sábado Tui acollerá dende as 10 da mañá a cuarta edición da Regata Eurocidade, organizada polo Club Remo Tui. Diego das Dores e Aroa Rendo, membros da súa directiva, pasaron esta mañá por Día a Día para contarnos os detalles desta proba.
Ent. José Ángel Villaverde e Gonzalo González - Campionato de tute 22.09.2022 4:35
Mañá venres ás 22 h terá lugar o xa tradicional campionato de tute na casa cultural do Anxo, en Pazos de Reis. Hoxe estiveron na nosa sintonía José Ángel Villaverde e Gonzalo González para explicar en que consiste.
Ent. Minerva Ojeda, coordinadora aula UNED Tui - Volta das actividades á aula da UNED 22.09.2022 5:17
A aula da UNED de Tui retoma a actividade neste novo curso con novidades e tamén con cursos tradicionais renovados. Minerva Ojeda, coordinadora da aula, estivo no programa Día a día para presentar os proxectos para os que aínda está aberta a inscrición.
Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc - Ventura 22.09.2022 8:52
O equipo do festival Play Doc impulsa agora un novo proxecto enfocado á formación e sinerxias entre produtores en Galicia. O seu nome é Ventura, e comezará no mes de decembro con encontros profesionais, evento aberto ao público, retiro nunha casa rural en Tui, e moito máis. Falamos con Ángel Sánchez, codirector do Play Doc.
Ent. Ismael Diz, Carmen González, e Beatriz Rodríguez - Día Mundial do Alzhéimer 21.09.2022 18:19
Hoxe celébrase o Día Mundial do Alzheimer. Por este motivo hoxe acompañáronnos no programa Día a Día Ismael Diz, concelleiro de Servizos Sociais, Carmen González, traballadora social, Beatriz Rodríguez, psicóloga de AFAGA, para dar conta das actividades previstas tanto esta tarde coma ao longo do ano en Tui.
Ent. Maite Isla, da Asociación Galega de Apoio ao Pobo Saharaui, e Julio Solleiro, familiar acolledor - Vacacións en paz 20.09.2022 16:03
Falamos do programa “Vacacións en paz”, posto en marcha pola Asociación Galega de Apoio ao Pobo Saharaui (Sogaps), que impulsa o acollemento de nenos e nenas saharauis en Galicia durante os meses de verán. Hoxe estivo no programa Día a Día Maite Isla, presidenta da Asociación Galega de Apoio ao Pobo Saharaui, quen fixo balance dos acollementos deste ano, e Julio Solleiro, membro da familia acolled...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Inauguración Centro M Piragüismo e presentación Estratexia Eurocidade 20.09.2022 6:20
Mañá mércores ás 11.30 h será inaugurado o Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, e unha hora despois será presentada a Estratexia e Plan de Acción da Eurocidade Tui-Valença. A estas dúas citas destacadas refereiuse hoxe na nosa sintonía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Ent. Moisés Rodríguez, deputado popular - Nomeado coordinador interparlamentario 20.09.2022 10:00
O deputado popular tudense Moisés Rodríguez foi nomeado coma coordinador interparlamentario do grupo popular. Hoxe explicaba no nosa sintonía cal vai ser o seu papel, e que este novo cargo supón un reto apaixonante. Tamén falaba da situación do seu partido
Ent. Priscila Retamozo, politóloga e axente de igualdade - Programa Feminino Plural 19.09.2022 7:46
O programa Feminino Plural continúa na aula da UNED de Tui, achegándose ao seu fin neste mes de setembro. Pero aínda quedan tres citas e segue aberta a inscrición para calquera muller que o precise. Hoxe volveu á nosa sintonía Priscila Retamozo, politóloga, axente de igualdade e coordinadora do programa para presentar esas actividades que aínda quedan. A primeira delas terá lugar mañá ás 10 h e é...
Ent. Ramón Sánchez, impresor 3D - Curso de diseño e impresión 3D en Tui 16.09.2022 8:33
O próximo luns 3 de outubro comeza no centro sociocomunitario de Tui (rúa Colón) un curso de diseño e impresión 3D para todas as idades. Os alumnos e alumnas poderán coñecer como se empregan estas impresoras, que permiten construir pezas de calquera forma e tipo cun material de plástico biodegradable. Ramón Sánchez, quen impartirá dito curso, estivo no programa Día a Día presentándoo.
Ent. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense - Descenso Internacional do Miño 2022 16.09.2022 8:16
Mañá ás 17.30 h sairá dende Salvaterra de Miño o 51 Descenso Internacional do Miño. 450 padeeiros e padeeiras de 39 clubs. Unha hora aproximadamente de percorrido até Tui, na que este ano terán a marea comezando a subir, o que fará se cabe máis dura a proba, coma explicaba Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.