Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Paula González, voceira da Plataforma de veciños Ribadelouro Verde Non se vende 26.10.2022

Falamos con Paula González, voceira da Plataforma de veciños Ribadelouro Verde Non se vende, logo da primeira comisión de seguimento do proxecto de ampliación do polígono industrial de Ribadelouro no que se posicionan en contra.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras, edificio rúa Camilo José Cela e parque empresarial en Ribadelouro. 26.10.2022

Hoxe falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre as obras que se están a realizar na cidade, sobre a subvención que recibirá o Concello para rehabilitar o edificio da rúa Camilo José Cela e sobre a constitución da comisión de seguemento do parque empresarial de Ribadelouro.

Ent. Laureano Alonso, voceiro de En Marea - Rolda outubro 25.10.2022

Hoxe abrimos unha nova rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal. O primeiro en pasar polos nosos micrófonos foi o voceiro de En Marea, Laureano Alonso.

Sección Alcohólicos Anónimos - Martes, 25 de outubro de 2022 25.10.2022

Hoxe recuperamos no programa Día a Día a intervención quincenal do grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Fernando e Andrés quixeron tratar hoxe o cambio de personalidade que se dá nas persoas que teñen este problema e deciden tomar acción para saír, porque din, si se pode.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras Antero Rubín e outros temas 21.10.2022

O luns comezan a executarse as obras de humanización na rúa Antero Rubín. Así o confirmou esta mañá na nosa sintonía o alcalde, Enrique Cabaleiro. Repasou amais outras obras que se están a executar ou van comezar proximamemte no centro urbano. Amais avanzou que o luns se constituirá a Comisión de Seguimento do Parque Empresarial de Ribadelouro.

Ent. Javier Argüelles, pallaso de 'Galiclown, pallasos de hospital' - Calendario solidario 21.10.2022

A organización sen ánimo de lucro 'Galiclown, pallasos de hospital" traballa sacando sorrisos aos nenos e nenas do hospital Álvaro Cunqueiro. Hoxe falamos con Javier Argüelles, quen nos presentou a iniciativa do calendario solidario.

Ent. Carmen Abeledo, presidenta provincial da AECC- Día Mundial Contra o Cancro de Mama 19.10.2022

Hoxe é o Día Internacional da Loita Contra o Cancro de Mama. Unha data que pretende sensibilizar á poboación cunha mensaxe clave: a importancia da detección precoz, a fin de mellorar o pronóstico e a supervivencia dos casos de cancro de mama. Hoxe falamos con Carmen Abeledo, a presidenta provincial da AECC, quen falou precisamente desa detección precoz coas mamografías.

Ent. Esperanza Mara, soprano - Ópera Papagena 19.10.2022

Este venres 21 chega a Tui a compañía Butacazero co seu espectáculo Papagena, unha ópera contemporánea e electrónica baseada na figura de Papagena da Frauta Máxica de Mozart. Hoxe falamos con Esperanza Mara, a soprano protagonista desta ópera clásica pero contemporánea.

Ent. Fito Pereira, do Motoclub Randufe - II Super Enduro Cidade de Tui en Randufe 14.10.2022

Logo de ser adiado, este domingo celébrase o II Super Enduro Cidade de Tui no complexo Off Road de Randufe. Esta mañá falamos con Fito Pereira, do Motoclub Randufe, sobre a celebración desta proba con gradas cubertas para público.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño 14.10.2022

Falamos con Sandra González, alcaldesa de Tomiño sobre diversos temas de actualidade no concello. Alí tivo lugar hoxe o Foro Muller Rural de EuRural e tamén veñen de ser galardoados co Premio Rede de Cidades que Camiñan. Por último, a rexedora falou de mobilidade fronteiriza.

Ent. Javier Puente, xerente da Área Sanitaria de Vigo - Curso de reanimación cardiopulmonar 14.10.2022

45 persoas entre persoal municipal, de clubs deportivos, policía local, protección civil, e establecementos de hostalería asistiron esta mañá na casa do concello de Tui, a unhas xornadas formativas sobre reanimación cardiopulmonar. Ditas xornadas teñen lugar con motivo do Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar, que se celebra este domingo. Están organizadas pola Área Sanitaria de Vigo, cuxo xer...

Ent. Félix Rodríguez, actor de Píscore - 'Concerto con fusión' 13.10.2022

Dentro da Programación de Outono, mañá chega ao Teatro Municipal de Tui “Concerto con fusión” da man de Píscore. Será ás 19.30 h e as entradas están xa dispoñibles en tui.gal a prezos de entre 4 e 3€. Félix Rodríguez, un dos actores, contounos máis sobre esta cómica historia de catro músicos que se atopan no escenario cun só instrumento para todos: a marimba.

Ent. José Antonio Quiroga, arquitecto - Sentenza edificio Beira Miño 13.10.2022

12 días pasaron dende que se coñeceu que o Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Tui rexeitara a solicitude dun particular para que se revisase, de oficio, a licencia do edificio Beira Miño. Este particular é o arquitecto tudense José Antonio Quiroga, que hoxe anunciou na nosa sintonía que abandona a posible alegación que lle corresponde tras esta desestimación, polo que non ve futuro...

Ent. Esther Rúas, presidenta da Asociación Revolto Artesán Galego - Mercado do Revolto 11.10.2022

Mañá haberá no paseo da Corredoira o mercado do Revolto, na súa terceira edición no Día do Pilar. Será dende as 10 h até as 20.30 h con postos de artesanía, antigüidades e coleccionismo. Hoxe falamos no programa Día a Día con Esther Rúas Miguélez, presidenta da Asociación Revolto Artesán Galego, organizadora da actividade.

Ent. Rosendo Bugarín, médico - Incorpórase á Real Academia de Medicina de Galicia 11.10.2022

O médico tudense Rosendo Bugarín incorpórase á Real Academia de Medicina de Galicia. Esta mañá no programa Día a Día falamos do que supón para el pasar a ser académico nun ano que, nas súas palabras, está a ser o mellor profesionalmente. Falou amais que empregará este recoñecemento para potenciar a medicina de familia e a atención primaria.

Sección Alcohólicos Anónimos - Martes, 11 de outubro de 2022 11.10.2022

Hoxe recuperamos no programa Día a Día a intervención quincenal do grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Teo e Rubén lembraron a todas aquelas persoas que teñen un problema co alcohol que hai saída, hai esperanza e é posible recuperarse . Hai que dar un primeiro paso, dicín, recoñecer que se ten un problema, e achegarse a esta asociación.

Ent. Marisa Giráldez - Condecoración ao Mérito Deportivo de Galicia 10.10.2022

Marisa Giráldez, deportista e pioneira en deportes como o baloncesto e o bádminton en Tui, recibiu a condecoración ao Mérito Deportivo de Galicia, nun acto celebrado en Santiago de Compostela. Hoxe puidemos falar no programa Día a Día con ela, quen amosou un profundo agradecemento por este recoñecemento.

Ent. Elena Amores, xogadora do Mecalia Atlético Guardés 07.10.2022

Esta fin de semana volve o balonmán de primeiro nivel a Tui co partido do Mecalia Guardés no Pavillón Gustavo Rodríguez. Falamos coa xogadora Elena Amores da previa do encontro do sábado ás 19h, da súa fichaxe polas guardesas e de todo o que está a vivir esta primeira tempada na élite.

Ent. Eder González, grupo América - Premio Martín Códax da Música 2022 07.10.2022

Este mércores realizáronse os Premios Martín Códax da Música 2022. Na categoría de Orquestras, Grupos e música de Verbenas resultou gañador este ano o Grupo América. Hoxe falamos cun dos seus integrantes, Eder González, para falar sobre este logro.

Ent. Emilio Estévez - Presentación da primeira novela "El báculo de San Epitacio" 07.10.2022

Hoxe ás 20 h o edificio Francisco Sánchez acolle a presentación do libro “El báculo de San Epitacio; Susana, Susana” do tudense Emilio Estévez. Nesta primeira novela recrea o Tui do século XX cun guiño histórico cara ao que foi o primeiro bispo de Tui. Pero tamén hai un punto intimista da man de Susana a protagonista, segundo nos contou o seu autor, que ten case listo o seu segundo libro.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - XXX Feira do Viño 07.10.2022

Ás oito desta tarde terá lugar a inauguración oficial da XXX Feira do Viño do Rosal. Un evento promovido polo Concello do Rosal e os Cabaqueiros do Viño do Rosal que volve á praza do Calvario, recén reformada, cun amplo programa no que o viño do Rosal maridará con música, showcooking, xogos da empatía, … todo nunha fin de semana festiva. Falamos da mesma coa alcaldesa, Ánxela Fernández.

Ent. Aitor Martínez do obradoiro Vikensen - finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía 07.10.2022

Un dos finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía de 2022 é obradoiro Vikensen de torneado de madeira de Tomiño impulsado por Aitór Martínez. Opta ao galardón na categoría de Emprendemento. Aitór Martínez amosababa esta mañá a súa satisfacción por esta nominación.

Ent. Toño Casais, actor da compañía Talía Teatro - Morte accidental dun anarquista 06.10.2022

Mañá venres ás 21.30 h Talía Teatro representará no Teatro Municipal de Tui ‘Morte accidental dun anarquista’. Esta comedia de Dario Fo está dirixida por Cándido Pazó e conta uns sucesos reais ocorridos nos Estados Unidos e que se inspiran na morte do ferroviario Giuseppe Pinelli en Milán. Hoxe puidemos falar con Toño Casais, un dos membros do elenco, quen nos contou a sinopse da obra e o realismo...

Sorteo vales de compra de Acitui - Campaña de incentivo do comercio local 05.10.2022

Xunto a José Díez de Acitui realizamos o sorteo dos 10 vales de 20€ polas compras realizadas nunha campaña de incentivo do comercio local de Tui.

Ent. Tania Fernández, padeeira do Kaiak Tudense - Ouro de maratón en K2 04.10.2022

A pasada fin de semana foi de éxitos para o piragüismo tudense. Tania Fernández, do Kaiak Tudense, subiuse ao máis alto do podio no K2 do Campionato do Mundo de Maratón. Un ouro acadado xunto a Tania Álvarez que premia a súa traxectoria.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.