Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6503 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Manuel González e David Coimbra, organizadores das Galimpiadas 27.04.2023

Esta fin de semana celebrarase a terceira edición das Galimpiadas, que se celebran en Caldelas. Hoxe explicaron todos os detalles Manuel González, organizador e presidente das Galimpiadas, e David Coimbra, organizador.

Ent. José Díez, ex presidente ACITUI - Aclaración sobre a débeda real da asociación 27.04.2023

O antigo presidente de ACITUI, José Díez, quixo aclarar esta mañá a débeda real da asociación que sería de preto de 8 mil euros grazas a un saldo positivo na conta bancaria.

Ent. Juan José Pérez Blanco, candidato de Vox á alcaldía de Tui 26.04.2023

Juan José Pérez Blanco, foi presentado o pasado sábado como candidato de VOX á alcaldía de Tui. Hoxe estivo no programa Día a Día. Esta é a primeira ocasión na que Juan José Pérez Blanco, oficial retirado da Armada, se presenta a unhas eleccións, esta mañá na nosa sintonía explicaba que o levou a presentarse á alcaldía, e algunhas das liñas do seu programa electoral, entre outras cuestións.

Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play-Doc - Actividades programadas para o venres 25.04.2023

Mañá comeza oficialmente o Festival Internacional de cinema Play-Doc en Tui. Hoxe repasamos con Ángel Sánchez, un dos seus directores, o programa de actividades organizado para este venres día 28.

Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play-Doc - Xornada inaugural 24.04.2023

Dentro de dous días arrincará a 19ª edición do Festival Internacional de Cinema Play-Doc en Tui. A xornada inaugural comezará ás 20.30 h deste mércores día 26, e sobre esa programación falamos hoxe con Ángel Sánchez, codirector do festival.

Ent. E. Cabaleiro, alcalde, S. Vicente, concelleira de Cultura e T. Domínguez - Biblioteca de cine de D. Domínguez 21.04.2023

A familia de Daniel Domínguez donou a súa biblioteca de cinema, de máis de 6.000 volumes, á Biblioteca Municipal de Tui. Hoxe falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e con Teresa Domínguez, sobre esta doazón.

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc - Inauguración e primeira xornada de festival 20.04.2023

O Play-Doc arrinca mañá venres coa presentación oficial do festival. O inicio das actividades e proxeccións dará comezo o próximo mércores 26 e hoxe repasamos con Ángel Sánchez algunhas desas primeiras iniciativas e filmes.

Ent. Natalia Lago, Fada do Aloia - Rutas de aves e bolboretas 20.04.2023

Este domingo día 23 de abril terá lugar a ruta ‘Quen canta aí?’ da man de Natalia Lago (a Fada do Aloia) e da naturalista e experta Saba González. O próximo domingo día 30 será a quenda dunha ruta de bolboretas. Hoxe falamos con Natalia Lago sobre estas actividades.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - Inscrición XXV Feira de Artesanía 20.04.2023

O próximo martes día 25 de abril remata o prazo de inscrición para poder participar na XXV Feira de Artesanía en Tui, que se celebrará os próximos 6 e 7 de maio. Hoxe explicou todos os detalles a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez.

Ent. Manuel Vázquez de la Cruz, integrante do proxecto "Terra e auga" 19.04.2023

A Plataforma en Defensa de Torneiros, a Plataforma Ribadelouro Verde e a Asociación Patrimonial e Etnográfica Acueduto de Caldelas crearon o proxecto “Terra e Auga”, co obxectivo de reivindicar a conservación natural a través da música e da poesía. Manuel Vázquez de la Cruz, integrante do proxecto, explicou a actividade que organizan para o próximo 5 de maio.

Ent. Javier Pérez, pte.Comité Empresa Ganomagoga - Paralización do ERE por interese de compra de empresas do sector 19.04.2023

Novo escenario para os traballadores de Ganomagoga, dende marzo en ERE extintivo. A administradora concursal trasladou aos empregados o interese de compra de varias empresas, polo que lles pediu trocar o ERE por un ERTE de catro meses. Falamos deste asunto con Javier Pérez, presidente do Comité de Empresa.

Ent. Carlos Lago, profesor e debuxante - 'A parte dos anxos' 19.04.2023

Carlos Lago, docente e debuxante, ilustrou e editou o libro 'A parte dos anxos' xunto á escritora Emma Pedreira. Hoxe explicounos de que se trata este libro (o primeiro para el) que mestura o humor negro co terror e o debuxo.

Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play-Doc 18.04.2023

Hoxe falamos cun dos directores de Play-Doc, Ángel Sánchez, que fixo un breve repaso polas primeiras actividades organizadas. A xornada inaugural será o próximo mércores 26 de abril, rendindo homenaxe a Calpurnio, que dende o inicio encargouse da imaxe do festival.

Ent. Santiago Veloso, coordinador, e Xerardo Pereiro, ponente - Encontros monográficos 'In Situ' 18.04.2023

Hoxe ás 19 h no Teatro Municipal de Tui terá lugar 'In Situ, os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural', unha iniciativa do Consello da Cultura Galega e Ponte Nas Ondas. Falamos con Santiago Veloso, coordinador de PNO, e Xerardo Pereiro, da Universidade de Tras-Os-Montes.

Programa especial polos 30 anos da Radio Municipal de Tui. 18.04.2023

O pasado domingo, 16 de abril, cumpríanse 30 anos da primeira emisión desta radio. Conmemorámolo cun programa especial en directo coas actuacións de Best Boy, Rockin Gina e Pancho Álvarez, e moitas visitas. Aquí está o programa completo.

Ent. Ana Barreiro, da Escola de Organización Industrial - Coworking de emprendemento. 18.04.2023

Até mañá mércores está aberta a inscrición para participar no coworking emprendendor da EOI en Tui. Vai dirixido a persoas que teñan un proxecto de negocio. Este programa aportará formación e acompañamento. Ana Barreiro, da EOI, daba todos os detalles.

Ent. Fran Gómez, músico tudense - Concerto Rockin'1000 14.04.2023

O músico tudense Fran Gómez acturá o 3 de xuño ante milleiros de persoas no estadio Wanda Metropolitano como parte do Concerto Rockin'1000, a maior banda de rock do planeta.

Ent. Miguel Enríquez e Secundino Domínguez, grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis - 'Deus (unha comedia)' 14.04.2023

Ás 21:00 h terá lugar a última cita da XIII Semana de Teatro Amador. Será co estreo da obra “Deus (unha comedia)” do grupo de Teatro Aloia de Pazos de Reis. Miguel Enríquez e Secundino Domínguez son dous dos integrantes deste grupo, e hoxe explicaron na nosa sintonía o argumento desta disparatada obra.

Ent. Javier Ribadulla, comisario da exposición, e Carlos Castelao, historiador - 'As orixes da fotografía en Tui' 14.04.2023

“As orixes da fotografía en Tui” é a mostra fotográfica que, até finais de abril, está aberta na sala municipal de exposicións de Tui. Hoxe dannos todos os detalles un dos seus comisarios, Javier Ribadulla, e o historiador Carlos Castelao.

Ent. Sofía González, directora do grupo de teatro A Insua de Caldelas - 'E ti, aque escola fuches?' 13.04.2023

Hoxe prosegue a XIII Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui. Ás 21:00 h o grupo de teatro A Insua de Caldelas presentará a súa obra 'E ti, a que escola fuches?'. Hoxe falamos coa súa directora, Sofía González.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Marcos González, de Hípica Marcos - Feira Cabalar de San Telmo 13.04.2023

Este domingo 16 e o luns 17 de abril terá lugar en Tui a tradicional Feira Cabalar de San Telmo, en San Bartolomeu. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes do concello de Tui, e Marcos González, un dos organizadores, de Hípica Marcos explicaron hoxe os detalles no programa Día a Día.

Ent. Laura Solla, Club Atletismo Tui - Carreira de San Telmo 12.04.2023

Hoxe ás 22h pechan as inscricións para a Carreira de San Telmo en clubatletismotui.wordpress.com. Falamos desta proba popular e solidaria en favor de SOS Tomiño Baixo Miño con Laura Solla, do Club Atletismo Tui.

Ent. Juana Dávila e Concha Costa, integrantes do grupo de teatro San Fins de Rebordáns - 'A comisión das Valadas' 12.04.2023

O grupo de teatro San Fins de Rebordáns estreará “A comisión das Valadas” no Teatro Municipal de Tui ás 21 h na segunda xornada da XIII Semana de Teatro Amador. Juana Dávila e Concha Costa son dúas das integrantes deste grupo teatral, e hoxe explicaron na nosa sintonía o argumento desta obra.

Ent. Mónica Solla e Luisa Blanco, Asociación Párkinson Baixo Miño - Día Mundial do Párkinson 11.04.2023

Hoxe é o Día Mundial do Párkinson e, para conmemoralo, a Asociación Párkinson Baixo Miño organiza este sábado diversas actividades con concertos, humor, sorteos, postos de artesanía e comida no Liceo Casino de Tui.

Ent. Manuel Diz e Alberto Sánchez, grupo de teatro Chirlomirlo - XIII Semana de Teatro Amador 11.04.2023

Hoxe comeza a XIII Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui coa obra 'Don Quixote' do grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe, Con dous membros, Manuel Diz e Alberto Sánchez, falamos hoxe. Será ás 21:00 h.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.