Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 9, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
28M| Carmen Núñez, candidata á alcaldía de Tui polo BNG 10.05.2023 12:54
Rematamos hoxe a rolda de conversas cos candidatos e coa candidata á alcaldía de Tui con Carmen Núñez, número 1 da lista do BNG.
Ent. Manuel Martínez Torres, escritor - Libro 'Canto de emigración: historia da música de Teódulo R. Paramos' 10.05.2023 11:13
No marco do programa Tui en Letras, ás 20 h desta tarde preséntase na Biblioteca de Tui o libro “Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Paramos”, de Manuel Martínez Torres. Hoxe falamos co seu autor.
28M | Ent. Valentina Valderrey, candidata de Podemos á alcaldía de Tomiño 09.05.2023 3:14
Valentina Valderrey, é candidata de Podemos á alcaldía de Tomiño. É a primeira vez que se presenta e explicou na nosa sintonía porque da este paso, coma é a súa candidatura, o programa e os resultados que agardan.
28M| Enrique Cabaleiro, candidato á alcaldía polo PSOE e alcalde de Tui 09.05.2023 18:26
Na rolda de conversas cos candidatos e candidatas que se presentan á alcaldía de Tui esta mañá acompañounos Enrique Cabaleiro, actual alcalde, e candidato á reelección polo Partido Socialista.
28M | Verónica Tourón, candidata á alcaldía de Salceda de Caselas polo PsdG 09.05.2023 8:13
Verónica Tourón é a candidata do PsdG á alcaldía de Salceda. Dende hai dous anos ocupa a alcaldía salcedense e explicaba na nosa sintonía os motivos polos que volve encabezar a lista do PSOE. Tamén daba conta do equipo que a acompaña, dos proxectos e dos resultados electorais que agardan.
28M | Santiago Rodríguez, candidato do PP á alcaldía de Salceda 08.05.2023 11:42
Santiago Rodríguez, candidato do PP á alcaldía de Salceda, explicaba na nosa sintonía porque se presenta coma número un da lista dos populares, como á a lista que o acompaña, cales son os prinicipais proxectos e os resultados que agardan o 28 M.
28M | Ánxela Fernández, candidata do BNG á alcaldía do Rosal 08.05.2023 8:04
Ánxela Fernández opta á reelección coma alcaldesa do Rosal polo Bloque Nacionalsta Galego. Con ela falamos das expectativas nestes comicios, do proxecto, do seu equipo e dos motivos polos que encabeza a lista nacionalista.
28M | Carlos Rodríguez, candidato á alcaldía do Rosal polo PP 08.05.2023 5:43
Carlos Rodríguez lidera por vez primeira vez a lista do Partido Popular no Rosal. Explicou na nosa sintonía os motivos polos que se presenta coma candidato á alcaldía rosaleiro, coma é o equipo que o acompaña, os proxectos que destacan no programa electoral, e as expectativas cara ao 28M.
Ent. Dra. Mari Carmen Rodríguez Cerdeira e Dr. Roberto Arenas - Dermatoloxía 08.05.2023 17:22
Hoxe conversamos coa doutora Mari Carmen Rodríguez Cerdeira 'Marimen', que estivo acompañada do doutor Roberto Arenas, médico especialista e con gran experiencia en Dermatoloxía.
28M | José Carlos Martínez Crespo, candidato do PSOE á alcaldía do Rosal 05.05.2023 4:00
José Carlos Martínez Crespo repite coma candidato do PsdG-PSOE á alcaldía do Rosal. Na rolda de conversas coas persoas que optan ás alcaldías da comarca falamos con él dos motivos polos que se presenta, da súa candidatura, do programa electoral e dos resultados electorais que agardan.
28M | Anxo Baz, candidato do BNG á alcaldía da Guarda 05.05.2023 8:43
Anxo Baz encabeza a lista do BNG na Guarda. É a terceira ocasión na que se presenta coma candidato á alcaldía. Con el falamos dos motivos polos que encabeza a lista, coma é a candidatura nacionalistas, os proxectos e as expectativas electorais.
Ent. José Martínez Tato, Andatui - XIX Andaina Tudense Solidaria 05.05.2023 9:40
O próximo sábado 13 celébrase a XIX Andaina Tudense Solidaria con SOS Tomiño Baixo Miño organizada polo Club Andatui. Será cun percorrido de 23 km. polo Monte Aloia. Hoxe detallaba máis polo miúdo esta proba José Martínez Tato na nosa sintonía.
28M | Celso Rodríguez Fariñas, candidato de ESCO á alcaldía da Guarda 04.05.2023 5:21
Celso Rodríguez Fariñas é o candidato Espazo Común, ESCO, á alcaldía da Guarda. Explicaba o obxectivos do seu programa electoral, como é a candidatura que encabeza e que resultados agardan o 28M.
28M | Roberto Carrero, candidato do PP á alcaldía da Guarda 04.05.2023 4:39
Roberto Carrero é o candidato á alcaldía da Guarda polo Partido Popular. Con el falamos do seu programa electoral, da candidatura e das expectativas nestes comicios municipais.
Ent. Ciano Valcárcel, director do Centro San Xerome - Concerto solidario "Fogares SaXe na música" 04.05.2023 10:49
O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado ás 20:00 h o concerto solidario “Fogares SanXe na Música”. Un evento solidario que ten por obxectivo recadar fondos para poñer en marcha o proxecto Fogares SanXe, centrado na independencia residencial das persoas con algunha discapacidade. Ciano Valcárcel, director do centro guardés, daba os detalles hoxe no programa Día a Día.
Ent. Manuel Vázquez de la Cruz, integrante do proxecto "Terra e Auga" - Acto na igrexa de San Domingos 04.05.2023 11:36
A Plataforma en Defensa de Torneiros, a Plataforma Ribadelouro Verde e a Asociación Patrimonial e Etnográfica Acueduto de Caldelas crearon o proxecto “Terra e Auga”, e mañá celebrarán un acto ás 19:00 h na igrexa de San Domingos de Tui. Manuel Vázquez de la Cruz, integrante deste proxecto, explicou hoxe os detalles.
Ent. Rubén López, director Conservatorio Música de Tui - Probas de acceso a Grao Elemental 04.05.2023 8:03
Rubén López, director do Conservatorio de Música de Tui, detalla como serán as probas de acceso a Grao Elemental para nenos e nenas de entre 8 e 14 anos e que teñen as inscricións abertas até este 19 de maio.
28M | Antonio Lomba, candidato do PSdG-PSOE á alcaldía da Guarda 04.05.2023 14:25
Antonio Lomba é o candidato á alcaldía da Guarda polo PSdG-PSOE. Con el falamos sobre a súa lista, os prinicipais proxectos do programa electoral, e as expectativas nestas eleccións. É a terceira vez que encabeza a lista socialista na vila.
Ent. José Manuel Palacín, voceiro Converxencia 21 - Eleccións municipais 28M 03.05.2023 16:34
Na rolda de entrevistas previas ás eleccións do 28M, hoxe conversamos con José Manuel Palacín, voceiro e candidato de Converxencia 21 á alcaldía de Tui.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes - Apertura inscrición campamentos de verán "Igual é +" 02.05.2023 7:40
Hoxe martes comeza o prazo de inscrición para os campamentos "Igual é +" do Concello de Tui, que ofertan 120 prazas. O prazo está aberto até o 12 de maio na sede electrónica do concello de Tui ou presencialmente. Hoxe explicou os detalles o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez.
Ent. Natalia Lago, A Fada do Aloia - Roteiros esta fin de semana polo Monte Aloia 28.04.2023 5:04
Hoxe conversamos con Natalia Lago, 'A Fada do Aloia', para explicar as dúas actividades que realizará esta fin de semana polo Monte Aloia e así descubrir as aves presentes no parque e tamén quenes foron os habitantes do Castro dos Cubos.
Ent. Miguel Méndez, organizador - Romaría 'Os nosos fariñeiros. Burros e Muíños' 28.04.2023 9:11
O próximo luns terá lugar a XX edición da romaría “Os nosos fariñeiros. Burros e Muíños” no entorno dos Muíños do Tripes. Falamos con Miguel Méndez, da Asociación Muiñeiros do Río Tripes, para detallar a programación con música, obradoiros e gastronomía.
Ent. Rosendo Bugarín, médico - Ingreso na Real Academia de Mediciña de Galicia 27.04.2023 11:22
O médico tudense Rosendo Bugarín pasa a formar parte da Real Academia de Mediciña de Galicia ocupando o sillón de Mediciña Familiar e Comunitaria. Hoxe conversamos con el sobre este ingreso e do discurso que pronunciará esa xornada.
Ent. Marisa Giráldez, presidenta do Club Bádminton Tui - II Torneo San Telmo 27.04.2023 6:07
Este sábado 29 de abril, a partir das 10 h, vaise celebrar no pavillón do IES San Paio o II Torneo San Telmo de Bádminton organizado polo Club Bádminton Tui. Será Galicia Top TTR N7 nas categorías sub 13 e sub 17. Hoxe deu todos os detalles Marisa Giráldez, a presidenta do Club Bádminton Tui.
Ent. Beli Martínez, responsable da Programación Galicia no Festival Play-Doc 27.04.2023 10:57
O Festival de cinema internacional Play-Doc inclúe unha sección de Competición Galicia, onde diversos documentais son proxectados en Tui. Hoxe falamos coa responsable desta programación galega, Beli Martínez.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.