Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 9, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas - Curso e Viveiro Forestal 12.06.2023 12:49
A pasada semana falamos con Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas sobre a situación do Viveiro Forestal e sobre o curso de recollida e entobotánica das herbas de San Xoán que terá lugar alí este sábado.
Ent. Nuria Garabal, directora CEIP nº1 - Congreso EducODS 09.06.2023 4:45
Dende o Congreso EducODS falamos esta mañá con Nuria Garabal, directora do CEIP nº1, amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento desta edición, e pensou xa tamén na do próximo ano. Repasou o programa desta tarde e a xornada de mañá sábado.
Ent. Carmen Núñez, candidata do BNG- Reunión co PSOE 09.06.2023 3:12
Tras a reunión mantida esta semana do PSOE dende o BNG cualifican o encontro de cordial, con actitude dialogante, e no que segundo confirmaba a candidata do BNG, Carmen Nuñez, quedaron de elaborar un documento que irán abordando en próximos encontros nos que negociarán un posible pacto de goberno ante ambos partidos.
Ent. Enrique Cabaleiro, candidato do PSOE e alcalde en funcións - Reunións partidos políticos 09.06.2023 8:56
O candidato do PSOE e alcalde de Tui, en funcións, Enrique Cabaleiro, completou onte a rolda de contactos cos catro partidos que se presentaron ás eleccións municipais. Indicaba Enrique Cabaleiro que foron encontro cordiais e construtivos. Agora dicía abrirá unha canle de negociación co BNG de cara a formación dunha coalición de goberno, se é posible. Así o explicou esta mañá no programa Día a Día...
Sección Libros - Xoves, 8 de xuño de 2023 08.06.2023 11:32
Na sección de Libros con José Mª Lores no programa Día a Día hoxe falamos da escritora francesa Annie Ernaux, Premio Nobel de Literatura en 2022.
Ent. Jorge González, presidente, e Luís Saracho, do Club Tenis Tui - Campionato de España e Clases de Verán 07.06.2023 10:26
O Club de Tenis Tui está a vivir o seu mellor momento recollendo o froito do traballo desenvolvido ao longo da última década. O equipo cadete do Tenis Tui xogará na fin de semana o Campionato de España de Clubs en Terrassa e o equipo absoluto xógase o ascenso á división de prata como explicaban Jorge González, presidente, e Luís Saracho, do Club Tenis Tui. Por outra parte o Tenis Tui realizará a d...
Ent. José Ramón Solla Prieto, adestrador - Exhibición do Judo Club Tudense e Campamento de Verán 07.06.2023 10:35
O vello pavillón municipal acollerá este sábado dende ás 11.15h a exhibición de fin de curso do Judo Club Tudense. José Ramón Solla Prieto, adestrador, explicaba que nesta exhibición amosarán todo o aprendido polos 190 alumnos e alumnas do club de Tui, Tomiño e Salceda este curso. Tamén daba os detalles do I Campamento de Verán que celebrarán os meses de xullo e agosto no Centro Interfederado para...
Ent. Teo e Antonio - Xornada de Convivencia de Alcohólicos Anónimos en Tui 06.06.2023 6:20
Este sábado de 11 a 13 h na Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, haberá unha xornada de convivencia entre membros das asociacións de Alcohólicos Anónimos de Galicia e do Norte de Portugal. Tamén estará presente o grupo Al-A-Non de familiares de alcohólicos. É unha xornada gratuíta aberta á participación de calquera persoa interesada.
Ent. Nuria Garabal, directora do CEIP Nº1; Marta Álvarez; xefa de estudos; e alumnado - III Congreso EducODS 05.06.2023 17:49
Este xoves, venres e sábado celébrase en Tui o III Congreso EducODS organizado polo CEIP Nº1 coa participación de 13 centros educativos. Hoxe deron os detalles Nuria Garabal, directora do centro; Marta Álvarez, xefa de estudos; e catro alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria.
Ent. Elías Vieiro, presidente, e José Manuel Quintana, dir. deportivo - 40 aniversario Álvarez Durán e partido Tyde 02.06.2023 13:57
O Tyde xoga este domingo ás 18h a ida polo ascenso a 1ª Autonómica ante o Gondomar. O fará na casa, no Álvarez Durán, que cumpre 40 anos da súa inauguración. Falamos con Elías Vieiro, presidente, e José Manuel Quintana, dir. deportivo, dos actos que prepara o club.
Ent. Aser Estévez, Team Oiense - I Volta Ciclista Baixo Miño 01.06.2023 6:59
O domingo terá lugar a I Volta Ciclista Baixo Miño cun percorrido que empezará e finalizará en Oia e pasará por todos os concellos da comarca. Hoxe falamos con Aser Estévez, do Team Oiense e organizador da proba.
Ent. Javier Niño, director deportivo do CB Tui - Campus de verán 01.06.2023 4:28
O CB Tui organiza un campus para este verán, do 26 de xuño ao 1 de xullo, no pavillón municipal de Tui. Será en horario de 9 h a 14.30 h e haberá baloncesto, pero tamén concursos, sendeirismo, competicións, actividades na piscina municipal, xogos ou visitas pola cidade. Javier Niño, o director deportivo do club, explicou hoxe os detalles.
Ent. Anxo Baz, candidato do BNG da Guarda - Valoración resultados e gobernabilidade 01.06.2023 7:16
Anxo Baz, candidato do BNG da Guarda, valorou hoxe os resultados das eleccións municipais. O seu partido repetiu resultado, conservando os 5 concelleiros que tiña na anterior corporación.
Ent. Roberto Carrero, candidato do PP da Guarda - Valoración resultados e gobernabilidade 01.06.2023 6:31
Roberto Carrero, candidato do PP da Guarda, valorou hoxe os resultados das eleccións municipais. O seu partido gañou dous concelleiros, quedando actualmente con 8 representantes.
Ent. Sandra González, candidata do BNG de Tomiño - Valoración resultados e gobernabilidade 31.05.2023 5:45
Sandra González, candidata do BNG de Tomiño, valorou hoxe os resultados das eleccións municipais. O seu partido perdeu dous concelleiros, quedando actualmente con 9 representantes, e mantendo a maioría absoluta.
Ent. Antonio Lomba, candidato do PSOE na Guarda - Valoración resultados e gobernabilidade 31.05.2023 10:24
Antonio Lomba, candidato do PSOE da Guarda, valorou hoxe os resultados das eleccións municipais. O seu partido perdeu dous concelleiros, quedando actualmente con 3 representantes.
Ent. Carme Núñez, candidata do BNG - Valoración resultados e gobernabilidade 30.05.2023 9:40
Carme Núñez, candidata do BNG, valorou hoxe os resultados electorais deste domingo, e indicou que asumiron xa "o seu papel como oposición". O BNG obtivo 4 representantes na corporación municipal.
Ent. José Manuel Palacín, candidato de C21 - Valoración resultados e gobernabilidade 30.05.2023 9:00
José Manuel Palacín, candidato de C21, valorou hoxe os resultados electorais deste domingo, e falou dunha situación política complicada para Tui. Converxencia 21 repetiu resultado cun só concelleiro na corporación.
Ent. Nico Montes, candidato do PP - Valoración resultados e gobernabilidade 30.05.2023 5:44
Nico Montes, candidato do PP, valorou hoxe os resultados electorais deste domingo, e falou dunha situación na que a veciñanza "exixe talante político". O PP obtivo 6 concelleiros e concelleiras.
Ent. José Martínez 'Tato', Club AndaTui - Andaina da Eurocidade por Ribadelouro 30.05.2023 6:10
Este domingo o Club AndaTui organiza a cuarta andaina da Eurocidade polo paso das augas de Ribadelouro. Hoxe conversamos con José Martínez Tato, que explicaba máis detalles da camiñada, e a calificaba como das máis bonitas da cidade.
Ent. Enrique Cabaleiro, candidato do PSOE - Valoración resultados e gobernabilidade 30.05.2023 11:12
Enrique Cabaleiro, candidato do PSOE, valorou hoxe os resultados electorais deste domingo, e falou dunha situación de “gobernabilidade complexa”. O PSOE foi a lista máis votada, e obtivo 6 concelleiros.
Ent. Hipólito Cabezas, director Banda de Gaitas da provincia de Pontevedra - Concerto 'Na Esencia do Camiño' 26.05.2023 8:05
Este sábado ás 21h a Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra ofrecerá un concerto gratuito do ciclo 'Na Esencia do Camiño'. Un espectáculo musical, pero tamén visual e sonoro con convidados de luxo e 70 artistas. Hoxe conversamos co directo da banda, Hipólito Cabezas.
28M | Enrique Cabaleiro, candidato do PSOE á alcaldía de Tui 26.05.2023 31:10
Entrevistamos a Enrique Cabaleiro, candidato do Partido Socialista á alcaldía de Tui o próximo domingo 28 de maio.
Ent. Laura Llauder, organizadora do Festival Internacional de Danza Inclusiva 25.05.2023 6:58
O próximo 3 de xuño celebrarase o Festival Internacional de Danza Inclusiva no Pazo de Congresos Mar de Vigo. Laura Llauder, organizadora, deu hoxe todos os detalles desta cita.
Ent. Xacobe Morais, A Quinta de Tui Futsal - VII Campus Toñín Martín 25.05.2023 7:41
Xa está aberto o prazo de inscrición do Campus Toñín Martín que organiza A Quinta de Tui Futsal e que xa ten boa parte do cupo de prazas ocupadas, segundo explicaba hoxe na nosa sintonía Xacobe Morais.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.