Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Espazo Comercio | Campaña do Día da Nai 21.04.2026 4:23
ACITUI ten en marcha unha nova campaña promocional do comercio local, neste caso, co gallo do Día da Nai. Até o 3 de maio as persoas que realicen compras por importe superior a 20€ recibirán unha participación para entrar no sorteo de 5 vales de compra por importe de 30€ para consumir no comercio local. Así nolo contou hoxe o presidente de ACITUI, Pepe Míguez.
Ent. Dámaso Rodríguez, peregrino | Cruzando Camiños 21.04.2026 7:39
O tudense Dámaso Rodríguez estaba esta mañá cruzando os montes de León en dirección a Molina Seca. A través de diferentes Camiño de Santiago está a percorrer o traxecto entre Alcalá de Henares e Tui na iniciativa Cruzando Camiño. Hoxe contounos como xurdiu esta iniciativa, e como está a ser esta experiencia. Ten previsto chegar a Tui entre o 8 e o 10 de maio.
Raíces e vangarda | Ensalada de queixo Savel e peras 20.04.2026 10:36
Hoxe na sección Raíces e vangarda coñecemos co chef Judicael Romero o queixo Savel de Airas Moniz (Chantada), escollido como o mellor queixo de España. Con el, cociñamos hoxe ensalada con Savel e peras.
Ent. Felicitas Iglesias, da Asociación Párkinson Baixo Miño | Día Mundial do Párkinson 20.04.2026 8:22
Este venres 24 ás 19 h a Asociación Párkinson Baixo Miño conmemora o Día Mundial do Párkinson cunha xornada musical no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Actuará alumnado do Conservatorio e Escola de Música Municipal de Tui; o grupo de canto do CEIP Nº1; o coro da Lúa do CEIP Nº2; e o coro infantil do CEIP Pazos de Reis. Felicitas Iglesias, da Asociación, explicou hoxe a importante impl...
Ent. Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas | Roteiro "A lingua das aves" 20.04.2026 4:12
Este sábado ás 9 h celébrase no viveiro forestal de Areas a primeira edición do roteiro “A lingua das aves”, organizado pola Comunidade de Montes. Neste roteiro colaboran Biophilia Axencia Ambiental e El Naturalista Cojo, e é gratuíto para persoas comuneiras e familiares. O prezo para non comuneiros é de 10€. Deu hoxe os detalles Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas.
Ent. Eva Gándara, da ANPA Atalaia; e Xulio Carmona, enfermeiro | Charla "Desconectar para conectar" 17.04.2026 10:49
Hoxe ás 18 h o Salón de Plenos da Casa dos Alonso, na Guarda, acolle o faladoiro “Desconectar para conectar”, que organiza a ANPA Atalaia. Abordará a dependencia dixital, enfocándose no impacto das pantallas e novas tecnoloxías na infancia e adolescencia. Estará impartida polo enfermeiro Xulio Carmona, enfermeiro de saúde mental e experto en adiccións tecnolóxicas; ademais, é activista de Adolesce...
Ent. Valentín Carrera, escritor | Presentación do libro "El Mundo desde abajo" 17.04.2026 6:57
A primeira viaxe a Australia do tudense Rosendo Salvado centra o libro "El mundo desde abajo" de Valentín Carrera, polo que obtivo o premio Altaïr de literatura de viaxes. Hoxe ás 20 h no Espazo Sociocultural preséntase este libro, nun acto no que intervirá o alcalde, Enrique Cabaleiro, e no que Valentín Carrerá manterá unha conversa co historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela. Con Valentín Car...
Ent. Natalia Lago | Rutas de A Fada do Aloia 17.04.2026 6:05
A Fada do Aloia organiza para esta fin de semana dúas rutas. Serán "O son da auga" mañá sábado ás 16 h e "Quen canta aí" o domingo ás 11 h. O prezo para cada unha delas é de 8€ infantil e 10€ adultos, e a reserva de praza debe facerse no 619 96 90 90. Natalia Lago, A Fada do Aloia, explicou como serán estas dúas rutas.
Ent. Alberto Abal, director da Asociación Coro de Voces Graves de Vigo | Concerto na Catedral 16.04.2026 6:20
Ao abeiro do 800 aniversario da Catedral de Tui, este domingo ás 18 h terá lugar o concerto “Aura mundi”. Unha proposta musical que percorrerá o templo catedralicio coas voces do Ensemble Vocal Ángel Barja e Fran Vicéntez; Leisbert Antonio Moreno, no órgano; Edgar Dutary, na tuba; e Jorge Pazo, baixista. Todo baixo a guía de Daniel Goberna, gregorianista. Deu os detalles Alberto Abal, director da...
Ent. Fran Álvarez e Sofía Rodríguez, da Comisión de Festas de Areas | Festa da Zorza 16.04.2026 7:59
Este domingo a partir das 10.30 h o torreiro vello de festas de Areas acolle a Festa da Zorza. Unha nova edición desta cita, que terá tamén inchables e música. Dende a comisión organizan tamén unha festa de porco ó espeto, un rastrexo nocturno e unha churrascada. Todo de cara á festividade do mes de xullo. Así nolo contaron hoxe Fran Álvarez, secretario, e Sofía Rodríguez, da Comisión de Festas de...
Ent. Ismael Felgueiras e Martín Álvarez, da Comisión de Festas de Rebordáns | Actividades de abril e maio 16.04.2026 6:48
Un bingo musical, a segunda edición de Terrordáns e a primeira da furanchada son as actividades que organiza este mes e tamén en maio a Comisión Amigos da Festa de Rebordáns. Hoxe coñecemos todos os detalles destas citas, que comezan xa esta fin de semana, con Ismael Felgueiras e Martín Álvarez.
Ent. Jose Rodríguez, de Rodespi | Xornadas prácticas sobre as traídas de auga veciñais en Galicia 15.04.2026 3:59
Hoxe mércores ás 19 h na Casa Cultural de Randufe ofreceranse unhas xornadas práticas sobre as traídas de auga veciñais en Galicia, onde se abordarán temáticas como o control de calidade, o Plan Sanitario de Auga, acceso a subvencións ou o mantemento das instalacións. O acceso é libre, segundo explicou hoxe Jose Rodríguez, de Rodespi.
Ent. María González, presidenta; Aroa Rendo, vicepresidenta; e Lucía Carballido, do Club Remo Tui | Campaña Crowdfunding 15.04.2026 8:14
O Club Remo Tui abriu unha campaña de crowdfunding para poder sufragar a participación de 27 dos seus deportistas en tres competicións que marcarán a súa temporada. Trátase dunha iniciativa de doazóns, a través da plataforma gofundme. Explicaron os detalles María González, presidenta; Aroa Rendo, vicepresidenta; e Lucía Carballido, do Club Remo Tui.
Ent. Manolo 'Ferruxo', Fernando Salgado e Silvia Liliana | Presentación libro "Arredor do Ferruxo" 15.04.2026 12:56
Un libro de memoria é o que se vai presentar este sábado ás 12 h no Espazo Sociocultural de Tui. O título é "Arredor do Ferruxo" e o contido artéllase sobre textos escritos por 28 persoas sobre historias, pasado, guerras en España e no mundo... Faláronnos deste libro hoxe Manolo 'Ferruxo', Fernando Salgado e Silvia Liliana.
Ent. David Gómez-Casasnovas, director; e Javier García, xefe de estudos, do IES San Paio | Pacto conxunto sobre o móbil 15.04.2026 18:20
Os dez centros educativos de Tui elaboraron un pacto conxunto para regular o uso do móbil nos institutos e colexios. O principal obxectivo deste pacto é concienciar, informar e avaliar a situación en cada centro, sempre con posta en común e simultáneamente, con charlas, formacións e enquisas. A meta é a adolescencia libre de móbiles. Coñecemos esta iniciativa con David Gómez-Casasnovas, director;...
Ent. Noelia Pérez, Andrea Docampo e Rocío Lozano, do Centro Anarela | Maternidade sen filtros 14.04.2026 18:19
A transformación despois de ter un bebé, as emocións e vivencias internas, a identidade, o posparto, a presión social e o acompañamento son algúns dos elementos da maternidade que hoxe abordamos nunha conversa con Noelia Pérez e Rocío Lozano, psicólogas sanitarias, e Andrea Docampo, psicóloga sanitaria, do Centro Anarela.
Ent. Lucía Nogueira, Manu Garrido e Ana Núñez - Balance da ruta gastronómica Tú-y D'Tapas 14.04.2026 9:42
Balance moi positivo da ruta Tú-y D'Tapas que no mes de marzo desenvolveu ACITUI. Nos catro venres do mes os establecementos participantes serviron 9.345 pinchos, case o dobre que na primeira edición deste evento o ano paso. Así o explicou Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI. Coincidía no positivo do balance Manu Garrido de La de Manu e Terraza do Miño. A concelleira de Comercio, Ana Núñez, f...
Ent. David Acevedo, da organización da Ultreia | Máis de 800 participantes 10.04.2026 5:22
802 persoas realizarán a marcha Ultreia este domingo 12. Unha actividade deportiva que partirá ás 9 h da praza de San Fernando, en Tui. Na oitava edición da Ultreia e os 800 anos da consagración da Catedral, a proba acada unha cifra récord de participantes. Así nolo contou hoxe David Acevedo, da organización.
Ent. Miron Bococi, domador e artista ecuestre | Espectáculos na concentración cabalar de San Telmo 10.04.2026 8:43
Durante tres xornadas, sábado, domingo e luns de San Telmo, o barrio de San Bartolomeu acollerá a tradicional Concentración Cabalar, con rutas, exhibicións, concursos e espectáculos. Miron Bococi é domador e artista ecuestre, e actuará o domingo ás 19 h e o luns ás 13 h. El contaba hoxe que poderemos atopar nos seus espectáculos.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; e Laura Solla, do Club Atletismo Tui | Carreira San Telmo 2026 10.04.2026 10:55
Preto de 700 persoas van participar mañá sábado, dende as 11 h, na Carreira Popular de San Telmo II Memorial Xosé Martínez Tato. Hoxe Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui, deron detalles sobre o percorrido e destacaron o carácter solidario desta proba popular, en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | San Telmo 2026 10.04.2026 8:49
Catro días grandes das festas de San Telmo son os que temos por diante en Tui a partir de hoxe venres. Verbenas, gastronomía, concertos, deporte, espectáculos para público familiar, procesión... e moito máis. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, explicaba hoxe que o obxectivo das festas é incluír a todas as persoas.
Ent. Fernando. Suárez, pte. Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia | Día da Internet das Cousas 09.04.2026 9:31
Hoxe 9 de abril conmemórase o Día Internacional da Internet das Cousas, o proceso que permite conectar elementos físicos cotías (por exemplo, un reloxo intelixente) á rede. Conversamos con Fernando. Suárez, o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, sobre os riscos que existen na IoT, a implicación da intelixencia artificial na vida cotiá e como protexer a nosa inf...
Ent. Bego Bras, directora, e Román Bugarín, do grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis | Estrea de "Taxi" 09.04.2026 9:57
Todas as situacións que se viven nun taxi ao longo dunha xornada de traballo é a premisa da obra "Taxi", que estrea hoxe o grupo Aloia de Pazos de Reis ás 21 h se estrea no Teatro Municipal de Tui dentro da XVI Semana de Teatro Amador. Sobre o escenario estarán Román Bugarín, Miguel Enríquez, Samuel Otero, Eva Pazo, Marta Pazo, Miguel Angel Pazo, Estela Rey e Merchi Rodríguez. Bego Bras é a direct...
Ent. Pilar Pazo e Rosana Martínez, da Asociación do Traxe de Tui | Desfile exaltación do traxe tradicional 2026 08.04.2026 7:20
Este domingo, día 12, ás 12.30 horas terá lugar o desfile exaltación do traxe tradicional, dentro da programación das Festas de San Telmo. Será dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando. Pilar Pazo e Rosana Martínez, da Asociación do Traxe de Tui, explicaba que o desfile ten carácter solidario coa Asociación San Vicente de Paul. Tamén avanzaron que estarán presentes no partido do Tyde d...
Ent. Sofía González, directora do grupo de teatro A Insua | Estrea de "Erro 404" 08.04.2026 7:35
Unha viaxe até o ano 2050 é a que propón o grupo de teatro A Insua de Caldelas na obra "Erro 404" que hoxe ás 21 h se estrea no Teatro Municipal de Tui dentro da XVI Semana de Teatro Amador. Sobre o escenario estarán Ana Pena, Alberto Raúl Santa María, Consuelo Besada, Gabriel López, Josefa Carrera, María del Mar Alonso, Marisa Villaverde, Rosa María González, Sofía Pimentel, Susana Lorenzo e Vane...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.