Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Cristian Lago, guía intérprete do Patrimonio | Nomenclátor de Galicia 08.04.2026 14:57
Que é o Nomenclator de Galicia? Cales son os principais cambios na nosa zona que veñen de ser aprobados amais de Pesegueiro e Caldelas de Miño? A estas preguntas deu resposta hoxe na nosa sintonía Cristian Lago, guía intérprete do Patrimonio que quincenalmente conduce "Descubrindo o noso patrimonio", onde en moitas ocasións nos fala xa da toponimia. Posteriormente a esta conversa, Cristian Lago re...
Ent. Marcos González, de Hípica Marcos, e Paula López, de Equigalia | Concentración Cabalar San Telmo 2026 07.04.2026 10:20
Dende este sábado e até o luns 13 celébrase en San Bartolomeu a Concentración Cabalar de San Telmo. Tres días de actividades, entre as que se atopa a segunda edición da ruta cabalar, bautismo hípico, concurso de saltos ou exhibicións de Miron Bococi. Deron hoxe os detalles Marcos González, de Hípica Marcos, e Paula López, de Equigalia.
Espazo Comercio | Sorteo Día do Pai 07.04.2026 3:19
50 comercios de Tui participaron na campaña do Día do Pai organizada por ACITUI. En total entregáronse 1644 participacións, e hoxe coñecimos no programa Día a Día quen son as 5 persoas que se levan os vales de 30 euros para invertir nos comercios adheridos á campaña. Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, fixo hoxe balance positivo desta campaña.
Ent. Katia Rocha e Tatiana Pérez do grupo San Fins | Estrea de Ultramarinos Norte na XVI Semana de Teatro Amador 07.04.2026 4:05
Hoxe comeza a XVI Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui dentro das festas de San Telmo co grupo de teatro San Fins que estreará "Ultramarinos Norte". Unha obra escrita e dirixida por Laura Villaverde e interpetada por Amparo, Concepción, Carmela, Concepción, Concha, Florindo, José, Paquiño, Álvaro, Helen, Tatiana e Katia. Con Tatiana Pérez e Katia Rocha coñecemos todos os detalles des...
Ent. Francisco Castro, escritor | Presentación do libro "Una honda historia de los Beatles" 07.04.2026 9:49
"Una honda historia de los Beatles" é o novo libro de Francisco Castro publicado pola editorial Almuzara. Hoxe na Radio Municipal de Tui deunos conta desa historia menos coñecida da banda de Liverpool, presentándonos esta nova obra.
Ent. Vicky Méndez e José Álvarez, da Asociación a Insua de Caldelas e Andrea Costa, artista | VI Rocha Folk 06.04.2026 6:22
O 21 e 22 de agosto celébrase o VI Rocha Folk en Caldelas. Hoxe coñecemos algúns detalles da edición deste ano e o cartel, deseño de Andrea Costa. Converamos con Vicky Méndez e José Álvarez, da Asociación a Insua de Caldelas, e coa artista Andrea Costa.
Raíces e vangarda | Pementos de padrón en tempura con requeixo 06.04.2026 10:19
Hoxe na sección gastronómica "Raíces e vangarda" cociñamos pementos de padrón en tempura con requeixo, unha receita do chef Judicael Romero.
Ent. Fernando Da Costa, cultivador de camelia | Camelia 'Oviedo' 01.04.2026 5:29
A camelia de Tui chega a Asturias coa nova variedade, 'Oviedo', creada por Fernando Da Costa. Esta "Camellia Japonica" naceu a raíz dunha semente de "Kiki do Casal", e o seu nome foi outorgado na honra á cidade de Oviedo, tal e como expicou hoxe Fernando Da Costa.
Ent. Pablo Crisóstomo, de El Molino | Festa do Meixón 01.04.2026 4:47
Dende hoxe mércores até o luns 13 abril, seis establecementos tudenses ofrecerán meixón, dentro da Festa deste produto, con motivo dos festexos de San Telmo. Serán El Molino, Casa Pote, La de Manu, O Bartolo, O Novo Cabalo Furado e Parador de Tui. Con Pablo Crisóstomo, de El Molino, conversamos hoxe sobre o arraigo desta festa en Tui e coñecemos os detalles da súa proposta.
Ent. Nando G. Miguel, guitarrista de La Fuga | Concerto Festas de San Telmo 2026 01.04.2026 6:15
O rock de La Fuga chega a Tui este sábado ás 00 h cun concerto no Espazo Feiral, no primeiro día das Festas de San Telmo. No mesmo a banda celebra os seus 30 anos revisitando cancións e presentando o seu último disco. Así nolo contou hoxe Nando G. Miguel, guitarrista do grupo cántabro.
Ent. Rafa Tarsicio, de Puño Dragón | Concerto nas Festas de San Telmo 2026 01.04.2026 7:39
O grupo asturiano Puño Dragón abrirá os concerto das Festas de San Telmo en Tui deste 2026. Será este sábado 4 ás 21.30 h no Espazo Feiral con entrada libre. Rafa Tarsicio é un dos membros desta banda, e hoxe avanzou detalles da xira do seu segundo disco "Juegos violentos", na que se inclúe esta parada en Tui.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo e Comercio | V Encontro de Viños da Raia 01.04.2026 9:30
O V Encontro de Viños da Raia, ceébrase nesta primeira fin de semana das Festas de San Telmo na praza da Inmaculada. Participarán 17 adegas, e haberá degustación, catas, showcooking, música e gastronomía. Hoxe deu os detalles a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Núñez, de todo o que nos agarda este sábado e domingo neste V Encontro de Viños da Raia.
Ent. Francisco Javier Rodríguez Adelino e Ismael González da Irmandade do Doce Nomes de Xesús - Semana Santa 2026 01.04.2026 10:53
A visita aos monumentos, as sermón do Encontro e do Desencravo, e as procesións da Oración do Señor, dos Pasos e do Santo Enterro destacan no programa de actos da Semana Santa en Tui. Con Francisco Javier Rodríguez Adelino "Chiño" e Ismael González, da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, coñecemos todos os detalles da Semana Santa tudense.
Espazo Comercio | Eduardo Dacuña, de Ferretui 31.03.2026 5:21
Ferretui, na rúa Augusto González Besada de Tui, é unha ferretería que está e estará na cidade. Aclaraba así a súa situación Eduardo Dacuña hoxe no Espazo Comercio en colaboración con ACITUI.
Ent. Juan José Perles, arqueólogo | Intervención arqueolóxica na praza do Pracer 30.03.2026 11:59
Parte do Tude Romano saíu á luz nas sondaxes arqueolóxicas realizadas na praza do Pracer, en pleno conxunto histórico de Tui. Unha intervención que estivo dirixida por Soledad Prieto, e na que Juan José Perles, arqueólogo, formou parte do equipo técnico. Hoxe explicounos o peculiar e a importancia destes restos atopados datados entre o século I e IV d. C.
Ent. David Acevedo, da organización da marcha Ultreia 30.03.2026 5:01
Máis de 700 persoas están inscritas para participar na marcha Ultreia 2026, que se celebrará o domingo 12 de abril. Unha cifra récord, a dous días do peche das inscricións en cronotec.es. Un prazo que aínda está aberto, tal e como indicou hoxe David Acevedo, da organización da marcha Ultreia.
Raíces e vangarda | Torradas de Semana Santa con Mencía 30.03.2026 15:30
Hoxe cociñamos en Raíces e vangarda torradas de Semana Santa con redución de viño Mencía. Unha receita do chef Judicael Romero, que cada luns ás 11.30 h trae unha proposta de cociña tradicional e de vangarda.
Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Torneo de minibasket da Eurocidade Tui-Valença 27.03.2026 5:50
Arredor de 1.000 nenos e nenas de 40 equipos de España e Portugal participarán esta fin de semana o Torneo de minibasket da Eurocidade Tui-Valença, que organiza o Basket Clube Valença. O CB Tui é un dos equipos que participa neste torneo xa tradicional na Eurocidade, tal e como explicou hoxe Javi Niño, coordinador deportivo do club tudense. Con el tamén coñecemos a actualidade do CB Tui.
Ent. Agustín Martínez, presidente, e Manuel Fernández, adestrador do Balonmán Tui | Fase Final a 4 xuvenil 27.03.2026 8:57
Toda unha festa deportiva vaise vivir esta fin de semana no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui coa celebración da Final a 4 xuvenil masculina e feminina de balonmán. Un evento moi importante e especial tanto para Tui coma para o club tudense que buscará o ascenso do seu equipo masculino. Mañá á mañá xogaranse as semifinais femininas ás 10.30 h Sar-Porriño, e 12.30 h Cangas-Meaño, e as masculinas ás...
Ent. José Manuel Solleiro e Rafael Pego | Concerto da Benvida das Flores 27.03.2026 6:11
O Centro Cultural de Ribadelouro acollerá mañá sábado ás 19 h o concerto da Benvida das Flores. Participarán o Coro Infantil do CEIP de Pazos de Reis, o Coro da Agrupación Musical de Vincios, e a Coral Polifónica Ponte das Febres, organizadora do evento. José Manuel Solleiro e Rafael Pego, da coral Ponte das Febres, convidaban a asistir a este evento musical no que a coral estreará unha obra titul...
Ent. Mauricio Huerta, responsable da expedición da Selección Mexicana Sub19 liga TDP | Partido centenario Tyde 26.03.2026 4:01
Este domingo o Tyde celebra o partido do seu centenario, o primeiro dos eventos deportivos para conmemorar os 100 anos de historia do club. A cita terá lugar ás 17:30 horas, nun encontro que enfrontará ao TYDE contra a Selección Mexicana Sub-19 de la Liga TDP. Mauricio Huerta é o responsable desta expedición, e hoxe destacou o especial deste partido en Tui.
Ent. Carolina Figueroa, adestradora do CPA Ribex | Participación no Campionato de España de Patinaxe 26.03.2026 3:43
O Club de Patinaxe Artístico Ribex de Tui vai participar esta fin de semana no Campionato de España de Patinaxe, en Guadalaxara, tras conseguir o subcampionato galego cun equipo totalmente renovado. Carolina Figueroa, adestradora do CPA Ribex, explicaba que este é un ano de moitos cambios e de transcisión, polo que o obxectivo esta fin de semana será disfrutar da experiencia e facelo o mellor posi...
Ent. Manuel de Santiago | Presentación do libro “Sor Lucía e a devoción dos cinco primeiros sábados de mes” 26.03.2026 4:24
Hoxe xoves ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez terá lugar a presentación do libro “Sor Lucía e a devoción dos cinco primeiros sábados de mes”. Esta obra é froito do traballo e reflexión realizado ao longo dos anos polo seu autor que esta tarde estará acompañado por Javier Oliveira da librería Nobel. Hoxe conversamos co autor, Manuel de Santiago.
Ent. Anabel Solla de AMEI Tui - AMEI LAB STEM 26.03.2026 4:01
AMEI LAB STEM é un proxecto innovador que AMEI TUI está a desenvolver combinando ciencia, tecnoloxía e igualdade. Consiste en talleres que van desenvolver nos colexios de Educación Infantil e Primaria de Tui e da comarca nos que visibilizarán mulleres referentes, e a través da gamificación romperanse os estereotipos no ámbito das STEM. Así o explicaba Anabel Solla de AMEI Tui.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador | Presentación libro "As murallas de Tui" 25.03.2026 10:15
O libro “As murallas de Tui” do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela será presentado este venres ás 19.30h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Esta publicación vén de ser editada polo Concello de Tui ao abeiro do proxecto europeo Interreg Poctep “FarPax” no que participa o concello tudense. Deu hoxe os detalles o autor, Rafael Sánchez.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.