Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Lucía Melo, profesora do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui | V Carreira Solidaria 24.03.2026

Mañá mércores a partir das 10 h o Paseo da Corredoira de Tui acolle a V Carreira Solidaria organizada polo CEIP Plurilingüe Nº1. Será en favor de Aldeas Infantiles, e haberá puntos de doazón na propia carreira. A participación é aberta. Deu os detalles hoxe Lucía Melo, profesora do CEIP Nº1.

Espazo Comercio | Ruta Tú-y D'Tapas no restaurante O Bartolo 24.03.2026

Este é o último venres da ruta gastronómica impulsada por ACITUI, Tú-y D'Tapas. Hoxe no tempo do Espazo Comercio coñecemos cal é a proposta do restaurante O Bartolo da man de Ángel García, quen tamén fixo un balance positivo desta edición.

Ent. Tania Otero, de Cucadas | Normativa e consellos sobre cadeiras de coche para bebés 24.03.2026

De cara á Semana Santa e ás viaxes longas en coche, a tenda tudense Cucadas abre un programa de concienciación e información sobre o que hai que ter en conta á hora de escoller unha cadeira de coche para bebés. Así explicouno hoxe Tania Otero, de Cucadas.

Ent. Reina Gómez | Mrs. +30 Galicia 23.03.2026

A tudense Reina Gómez participa no certame Mrs. + 30 Galicia, que se celebra este domingo na Coruña. Hoxe coñecemos a Reina, quen contou como xurdiu a súa paixón pola moda e a modelaxe.

Raíces e vangarda | Leite frito con crema de limón e bica 23.03.2026

Hoxe na sección de cociña "Raíces e vangarda" cociñamos leite frito con crema de limón e bica, unha receita do chef Judicael Romero.

Ent. Mar Rodríguez, de Horta Verde | Taller de fermentados 23.03.2026

Horta Verde organiza no Mercado de San Antonio un obradoiro de fermentados, chucrut e máis. Será este xoves en horario de 17 h a 20 h. As persoas asistentes aprenderán a elaborar diferentes fermentados probióticos con verduras de temporada. As prazas son limitadas, e a inscrición pode realizarse no 986 600 644. Así o explicou hoxe Mar Rodríguez, de Horta Verde, quen tamén avanzou próximos talleres...

Ent. Claudia Montes, de Altitude | Actividade de orientación 23.03.2026

Este domingo 29 ás 12 h a empresa Altitude organiza unha actividade de orientación no Monte Aloia. As persoas participantes aprenderán a orientarse empregando mapas e brúxulas, todo a través do xogo. A inscrición pode realizarse nas redes sociais de Altitude ou no teléfono 613 23 93 09. Deu máis detalles hoxe Claudia Montes, de Altitude.

Ent. Eva González, xornalista | Pregón Semana Santa 2026 20.03.2026

Este domingo comezan os actos da Semana Santa en Tui. Será ás 18 h na capela das Reliquias co pregón a cargo de Eva Gonzalez, xornalista, durantes tres décadas corresponsal de Faro de Vigo en Tui e Baixo Miño. Hoxe conversamos con ela sobre o pregón, a súa vida profesional e sobre o patrimonio tudense.

Ent. Cristopher Pérez e David Muñoz, de Cristopher Pérez Quartet | Concerto no Teatro Municipal 20.03.2026

"Isla de los volcanes" é o traballo que hoxe venres ás 20.30 h presenta Cristopher Pérez Quartet no Teatro Municipal de Tui, nun concerto enmarcado na programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. Este cuarteto foi o gañador do Concurso Nacional Juventudes Musicales de España en 2024. Hoxe coñecemos detalles deste concerto con dous integrantes do grupo: Cristoph...

Ent. Neli Rodríguez | Situación Escola Unitaria da Gándara, na Guarda 20.03.2026

A Escola Unitaria da Gándara, na Guarda, está en risco de non poder continuar coa súa actividade lectiva o próximo curso. Precisa novas matrículas xa que, dos 12 nenos e nenas de 3 a 6 anos que actualmente hai na escola, 9 pasarán a Primaria o próximo curso cambiando de centro. Neli Rodríguez é unha das nais afectadas. Hoxe explicou na nosa sintonía que características ten esta escola unitaria, a...

Ent. Iria Leirós e Carlos Otero, de Diversidades Acolle | Día da Eliminación da Discriminación Racial 20.03.2026

Mañá 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. Con este motivo, hoxe conversamos sobre a discriminación e os sesgos que existen coas persoas migrantes no momento en que buscan unha vivenda digna. Coñecemos esta realidade con Iria Leirós, coordinadora do Programa de Protección Internacional de Diversidades Acolle; e con Carlos Otero, educador deste program...

Ent. Nuno Ferreira, pte. de Carochos - Asociación dos Sabores do Rio Minho | Festival Sabores da Lampreia do Rio Minho 18.03.2026

Este venres, sábado e domingo celébrase en São Pedro da Torre, en Valença, o Festival Gastronómico Sabores da Lampreia do Rio Minho. Unha cita que comeza ás 12 h ES o venres 20 e se estende até o xantar do domingo. Coñecemos a programación e novidades con Nuno Ferreira, presidente de Carochos - Asociación dos Sabores do Rio Minho.

Ent. Hugo, Iria, Eric e Alex, alumnado do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui | Reforestación poética 18.03.2026

Alumnado do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui realizará este venres unha nova edición da reforestación poética no monte de Areas. Plantarán árbores autóctonas, visitarán as instalacións de Equigalia e cantarán "Cos pés na terra", de Paco Nogueiras. Coñecemos esta iniciativa con Hugo, Iria, Eric e Alex, alumnado do CEIP Plurilingüe Nº1.

Ent. Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui | Situación centro de saúde e folgas 18.03.2026

Coñecemos hoxe a situación actual do centro de saúde de Tui. Unha baixa e unha xubilación máis. Agora mesmo hai 3.000 persoas sen médico ou médica, e máis de 1.000 que teñen atención só os luns, martes e mércores. Ademais, dende o día 1 de marzo está convocada en Galicia unha folga indefinida en atención primaria; e durante esta semana hai outra a nivel estatal, pedindo un estatuto marco propio pa...

Ent. Julio Solleiro, de Solidariedade co Pobo Saharauí; Diego Toucedo e Coco Estévez, de Teatro Xoaniña | Obra solidaria 17.03.2026

"Vacacións en paz" é un programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto, promovido polo goberno da República Árabe Saharauí Democrática e xestionado pola Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí. Co obxectivo de recadar fondos para esta iniciativa, o grupo de Teatro Xoaniña 2.0 vai a presentar a obra "Maribel e a extraña familia" o sábado 21 n...

Espazo Comercio | Ruta Tú-y D'Tapas en Ideas Peregrinas e Cafetaría El Pilar 17.03.2026

Este venres continúa a ruta gastronómica impulsada por ACITUI, Tú-y D'Tapas. Hoxe no tempo do Espazo Comercio coñecemos cales son as tapas que ofertan dous dos 18 establecementos participantes con Sonia Castiñeira, de Ideas Peregrinas; e Patricia Mota, da Cafetaría El Pilar.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura; e Andrea González, presidenta de JME | Concerto Cristopher Pérez Quartet 17.03.2026

Este venres ás 20.30 h o Teatro Municipal de Tui acolle un concerto de jazz ofrecido por Cristopher Pérez Quartet, no marco da programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. A entrada é libre até completar o aforo. Este cuarteto foi o gañador do Concurso Nacional Juventudes Musicales de España en 2024. Coñecemos hoxe máis detalles con Sonsoles Vicente, concelleir...

Raíces e vangarda | Empanada de grelos, queixo tetilla e piñóns 16.03.2026

No espazo Raíces e vangarda cociñamos hoxe empanada de grelos, queixo tetilla e piñóns, unha receita do chef Judicael Romero.

Ent. José Álvarez e David Coimbra, membros da organización | Galimpiadas 2026 16.03.2026

O 1 de abril abre o prazo de inscrición para participar nas Galimpiadas 2026, que se van celebrar na Ribeira de Caldelas o 12 e 13 de xuño. Dúas xornadas de diversión, xogos populares e competición por equipos. José Álvarez e David Coimbra, membros da organización, explicaron hoxe cales son as probas e premios deste ano.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui; e Sandra Alonso, de A Pelo | Proxección "Mulleres calvas" 16.03.2026

Coñecer unha realidade invisibilizada é o obxectivo da proxección que mañá organiza o Cineclub co documental “Mulleres calvas”, de Sandra Román. Será en dobre sesión, ás 18.30 h e ás 20.45 h, ambas no Espazo Sociocultural. Despois da proxección das 18.30 h haberá un coloquio con Sandra Alonso, da asociación A Pelo, xunto con outras mulleres do mesmo colectivo. Hoxe coñecemos os detalles con Noemí...

Ent. Ana Núñez, Pepe Míguez, Cristina Rey e Sindo de la Fuente | Campaña "O polbo ten premio en Tui" 13.03.2026

Este domingo a rúa Compostela acollerá un mercado con postos de diferentes comercios de Tui, nunha mañá onde a cafetaría Entrehoras e Pulpeiros Arenteiro do Carballiño sortearán 6 vales de 50 euros para invertir no comercio local tudense. Será o peche da iniciativa “O polbo ten premio en Tui”, que comezou o 5 de febreiro. Unha xornada na que tamén haberá música con "El boludo solitario". A rúa Com...

Ent. Andrea Soutelo, bailarina | Admisión no Alvin Ailey American Dance Theater, en Nova York 13.03.2026

A bailarina tudense Andrea Soutelo será a única persoa española certificada como especialista na Técnica Horton pola Alvin Ailey American Dance Theater, en Nova York. Comezou a danzar aos 4 anos na Escola Paula Cobián, e dende os 8 tivo claro que quería ser bailarina. Hoxe conversamos con ela, que contou que esta compañía e escola é a única do mundo cun programa de especialización desta técnica, q...

Ent. Alberto Abal, director da Asociación Coro de Voces Graves de Vigo e do Ciclo Ai Ondas | Concerto na Catedral 13.03.2026

Ao abeiro do 800 aniversario da Catedral de Tui, mañá comeza no templo catedralicio o IV Ciclo de Música Ai Ondas da Asociación Coro de Voces Graves de Vigo. Este será o primeiro concerto das tres citas programadas en Tui por esta Asociación, e estará centrado na figura da Virxe María, tal e como explicaba hoxe Alberto Abal, director da Asociación e do Ciclo Ai Ondas.

Ent. Pedro Fernández | Curso básico de manexo de móbil no Centro Sociocomunitario 13.03.2026

Os martes 17 e 24 deste mes, de 10 a 12 h, impartirase no Centro Sociocomunitario de Tui un curso básico de manexo de móbil. No mesmo abordarase a utilización de Whatsapp, o uso de GPS, como facer videochamadas, pedir unha cita médica, instalar aplicación, …. Ten un prezo de 15 € e as persoas interesadas poden inscribirse no 886 110 789. Deunos todo os detalles Pedro Fernández.

Ent.Marisa Giráldez do Bádminton Tui | Master Territorial N6 de Badminton en sub 13 e sub 17 13.03.2026

Máis de 120 nenos e nenas de Galicia e doutros punto de España participarán mañá en Tui no Master Territorial N6 de Badminton en sub 13 e sub 17 de Bádmintos. A competición comezará ás 9 h no pavillón do IES San Paio e ao longo da xornada xogaranse 200 partidos. Como novidade os trofeos que se entregarán foron creados polo proio club como explicaba Marisa Giráldez.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.