Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Mercedes Vieites, marca Lumecú | Mesa redonda II Mercado Creativo Elas Facedoras 12.03.2026

Reinterpretar o patrimonio textil tradicional galego é un dos principais obxectivos que tivo Mercedes Vieites cando fundou a marca Lumecú. Esta deseñadora formará parte da mesa redonda do II Mercado Creativo Elas Facedoras este sábado 14 ás 12 h no Espazo Sociocultural, en Tui. Ela deu hoxe os detalles da súa marca e do seu traballo.

Ent. Julia de la Cal, cesteira | Mesa redonda II Mercado Creativo Elas Facedoras 12.03.2026

La Parabólica é o estudo de Julia de la Cal, cesteira e artesá que vai participar na mesa redonda do II Mercado Creativo Elas Facedoras este sábado 14 ás 12 h no Espazo Sociocultural de Tui. Explicounos hoxe cales foron os principais retos que tivo que superar na súa carreira, como emprendedora e muller.

Ent. Verónica Moar, ceramista | Mesa redonda II Mercado Creativo Elas Facedoras 12.03.2026

Verónica Moar é unha das mulleres artesás que participará na mesa redonda do II Mercado Creativo Elas Facedoras este sábado 14 ás 12 h no Espazo Sociocultural, en Tui. Ela é ceramista, e contounos hoxe como naceu esta paixón ao longo da súa vida.

Ent. Amalia Puga, Proxecto Bolina | Mesa Redonda II Mercado Creativo Elas Facedoras 12.03.2026

Ao abeiro do II Mercado Creativo Elas Facedoras, este sábado 14 ás 12 h no Espazo Sociocultural terá lugar a mesa redonda "As mulleres na artesanía contemporánea galega". Nela participarán catro mulleres. Unha delas é Amalia Puga, deseñadora e creadora do Proxecto Bolina. Con ela conversamos sobre o seu traballo.

Ent. Luz Beloso, artista | Autora do cartel do 8M do concello de Tui 12.03.2026

A artista Luz Beloso é a autora do cartel do 8M, Día Internacional da Mulle, do Concello de Tui. Tamén deseñou a imaxe do cartel do Mercado Creativo Elas Facedoras que se celebra esta fin de semana. Hoxe falamos con ela destas creacións.

Ent. Noelia Pérez, psicóloga sanitaria; e Esther González, nutricionista, do Centro Anarela | Charla intestino-cerebro 11.03.2026

Este venres 13 ás 19 h o Liceo Casino de Tui acolle un taller teórico-prático impartido por profesionais do Centro Anarela. Leva por título "Eixo intestino-cerebro" e versará sobre os sinais que dá o corpo cando algo non está equilibrado. As inscricións poden realizarse en Anarela ou no Casino, segundo explicaron hoxe Noelia Pérez, psicóloga sanitaria; e Esther González, nutricionista, de Anarela.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; e Laura Solla, Club Atletismo Tui-Carreira San Telmo II Memorial Xosé Tato 11.03.2026

Até o 7 de abril está aberto o prazo de inscrición para a Carreira Popular Solidaria San Telmo II Memorial Xosé Tato, que se celebra o sábado 11 de abril en Tui. Unha cita que será solidaria con SOS Tomiño - Baixo Miño. Unha proba popular e deportiva xa afianzada na programación das festas, como explicaron hoxe Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; e Laura Solla, do Club Atletismo Tui.

Ent. Edurne Estévez, Lucía Amendi, Kawan Álvarez, Pablo Gómez e María Jesús Garbín | Finalistas en Innovatech 11.03.2026

Catro alumnas e alumnos do IES Indalecio Pérez Tizón son finalistas do programa Innovatech 2026, no que a Xunta de Galicia plantexa 20 retos de innovación dixital para todos os graos de formación profesional. No caso do instituto tudense, acolléronse ao reto 2, de L’Oréal, de innovación dixital para a xestión integral de salóns de perruquería. Crearon unha aplicación móbil para organizar citas. Ho...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Premios Cidade de Tui, iluminación Catedral, e zona azul 11.03.2026

Marga do Val e o Tyde FC son os premios Cidade de Tui de 2026. Así o confirmou hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacando coma este galardóns valoran o compromiso coa cidade e coa cultura. Na nosa sintonía tamén se referiu as obras de renovación da iluminación artística da Catedral que comezan esta semana, e fixo balance do primeiro mes dende a entrada en vigor da nova ordenanza regulado...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade e Paula Cabaleiro | II Mercado Elas Facedoras 10.03.2026

Vinte mulleres creadoras van participar este sábado e domingo no II Mercado Elas Facedoras no Espazo Sociocultural. O evento contará tamén cun amplo programa de actividades cunha mesa redonda, concertos e un monólogo. Coñecemos todos os detalles con Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e con Paula Cabaleiro, comisaria de Elas Facedoras. O evento forma parte da programación do 8M organizada polo Co...

Ent. Ismael Felgueiras e Martín Álvarez, da Comisión de Festas de Rebordáns | Actividades de marzo 10.03.2026

Un bingo musical, tutifruti, sesión vermú e o bingo de final de temporada son as actividades que organiza este mes a Comisión Amigos da Festa de Rebordáns. Hoxe coñecemos todos os detalles destas citas, que comezan xa esta fin de semana, con Ismael Felgueiras e Martín Álvarez.

Ent. Carlos Fer, artista tudense | Autor do cartel Festas de San Telmo 2026 10.03.2026

Hoxe falamos co artista tudense Carlos Fer, que este ano foi o encargado de deseñar o cartel das Festas de San Telmo 2026. Contounos como recibiu a noticia, o proceso e deu detalles sobre o propio deseño. Tamén falamos dos proxectos nos que está a traballar.

Espazo Comercio | Ruta Tú-y D'Tapas en Biper, La de Manu e La Terraza del Miño 10.03.2026

O pasado venres comezou a ruta Tú-y D'Tapas promovida por ACITUI. Hoxe no tempo do Espazo Comercio coñecemos como foi a primeira fin de semana desta iniciativa gastronómica e cales son as tapas que ofertan dous dos 18 establecementos participantes con Marina López de Biper e Manu Garrido de La de Manu e La Terraza del Miño.

Raíces e vangarda | Costelar de cordeiro con patacas 09.03.2026

Raíces e vangarda únense cada luns ás 11.30 h no espazo gastronómico co chef Judicael Romero. Hoxe deu a receita de costelar de cordeiro e gratén de patacas "ao pobre".

Ent. Ana Carpintero, de Somos Océano | Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank na Dirección Territorial Norte 09.03.2026

A emprendedora Ana Carpintero, de Somos Océano, recibiu a pasada semana en Bilbao o Premio A Profesional Autónoma de Caixabank na Dirección Territorial Norte. Deunos hoxe os detalles deste galardón e profundou nos retos e desafíos de ser unha muller emprendedora e autónoma.

Ent. Francisco Castro, músico e escritor | Novo disco “Cantos de amor e revolución” 09.03.2026

O músico e escritor Francisco Castro vén de lanzar o seu novo disco "Cantos de amor e revolución", con 14 temas musicais. Algúns deles interpretounos no concerto Poesiacordes en Tui, co gallo do Día de Rosalía. Conversamos con el sobre este novo disco e sobre os catro libros que publicará este ano.

Ent. David Domingúez, Manuel Castro, Jose Manuel Quintana e Lis Montes | Centenario do Tyde FC 06.03.2026

Mañá sábado terá lugar o primeiro acto conmemorativo do centenario do Tyde F. C. Será un xantar reecontro entre xogadores, directivos e presidentes que formaron parte do club. No mesmo participarán 135 persoas. Do programa de actividades deste centenario falamos hoxe con David Domingúez, presidente do Tyde, que forma parte do Comité deste centenario xunto a Manuel Castro, Jose Manuel Quintana e Li...

Ent. Mª Carmen Rguez Cerdeira e Juan Escalas Taberner - Reunión Grupo Español Investigación en Dermatoloxía Psiquiátrica 06.03.2026

O Parador de Tui acolle hoxe venres a XXI Reunión do Grupo Español de Investigación en Dermatoloxía Psiquiátrica da AEDV baixo o título “Entre a pel e a mente: Avances e controversias en Psicodermatoloxía”. Na mesma participan especialistas de toda España. A doutora tudense, María del Carmen Rodríguez Cerdeira Organizadora de la reunión e o doutor Juan Escalas Taberner Hospital Universitario Son E...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade e Patrimonio - Programación 8M e retirada dos tileiros da praza da Inmaculada 05.03.2026

Con Ana Núñez, concelleira de Igualdade e Patrimonio coñecemos a Programación organizada polo Concello de Tui co gallo do 8M Día Internacional da Muller. Por outra parte abordamos a retirada dos tileiros da praza da Inmaculada.

Ent. Eduardo Fernández de Biciosos Rías Baixas - XIII Eurocidade BTT 05.03.2026

Todo preparado para a celebración este domingo, 8 de marzo, da XIII Eurocidade BTT que conta este ano con 885 persoas inscritas. Sairá ás 9 h da contorna das piscinas de Valença e a liña de meta estará na Fortaleza de Valença. Os participantes percorrerán espazos naturais e patrimoniais dos dous municipios. Eduardo Fernández, de Biciosos Rías Baixas, explicaba con detalle o percorrido a realizar,...

Ent. Vanesa Pérez - Festival solidario Pequenos Xigantes 05.03.2026

O pavillón da Carballa en Tomiño vai acoller o sábado 11 de abril, ás 16.30 h, o festival solidario Pequenos Xigantes organizado por Vanesa Pérez. Haberá actuacións de danza, patinaxe artístico, dj, pintacaras, perruqueiros solidarios... para recadar fondos para a asociación Bicos de Papel. Con Vanesa Pérez coñecemos todos os detalles deste evento.

Ent. Nico Montes, voceiro do PP - Tala dos tileiros na praza da Inmaculada 04.03.2026

O Partido Popular de Tui pedirá responsabilidades políticas pola perda dos tileiros da praza da Inmaculada e solicitará todo os informes e a documentación do expediente. Así o explicou o voceiro popular Nico Montes.

Ent. Laura Villarverde e Roi Fernández - Situación en Qatar. 04.03.2026

Coñecemos a situación que están a vivir os tudenses Laura Villaverde e Roi Fernández, xunto co seu fillo Xalo, en Doha, Qatar, tras o inicio do ataque de EEUU a Irán. Roi Rodríguez está a dar clases na universidade pública e agora permanecen "confinados" na casa onde tentan manter a normalidade. Están en contacto coa Embaixada Española e agardan poder regresar pronto a casa.

Ent. José Santos e Julio López da comisión de Festas de Pexegueiro - I Festa Furancheira 04.03.2026

Este venres e sábado a partir das 19 h vaise celebrar na casa da Eira en Pexegueiro a I Festa Furancheira. É unha iniciativa da Comisión de Festas de Pexegueiro tal e coma hoxe nos contaron José Santos e Julio López.

Ent. Helena Pousa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño - Identificación Fosa Soutelo 04.03.2026

Confírmase a identidade dos dous corpos atopados na primeira fase de exhumación no adro da igrexa de Soutelo. Así o confirmou hoxe Helena Pousa, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Louriña e Condado. Trátase de Antonio Dalmino e Manuel Fernández, ambos das Bornetas. Avanzaba Helena Pousa os próximos traballos de exhumación que van realizar nos próximos meses en Salced...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.