Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Eloy Carrera e Daniel Troncoso - II Festival de Bandas de Música Infantís e Xuvenís 04.03.2026

As bandas infantil e xuvenil do Ateneo Musical de Bembrive e a Banda Xuvenil de Tui protagonizarán este domingo o II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís organizado pola Banda de Música de Tui. Hoxe con Eloy Carrera, director da banda tudense, e Daniel Troncoso, coñecemos os pormenores do festival e o repertorio que van interpretar. Será ás 12 h no Paseo da Corredoira ou en caso de choiva no Espa...

Ent. Fernando Pérez-Lozao, do IES Indalecio Pérez Tizón; e Rosalía Gil, do CEP Altamira | Premio Innovagal por Trax II 03.03.2026

Trax II é o proxecto impulsado polo IES Indalecio Pérez Tizón, de Tui, e o CEP Altamira, de Salceda, que vén de ser recoñecido co terceiro premio na categoría de Educación Secundaria nos premios Innovagal que concede a Consellería de Educación. É unha escola de talento onde as clases se ofrecen dende unha metodoloxía diferente. Un teatro en latín, en diferentes idiomas, e coa colaboración de alumn...

Ent. David Acevedo, da organización da marcha Ultreia 03.03.2026

A marcha Ultreia entre Tui e Pontevedra celebrarase este ano o domingo 12 de abril, domingo de San Telmo, e a Catedral de Tui será parte protagonista da camiseta da proba este ano. A Ultreia é unha proba xa consolidada, que reúne a centos de persoas de toda España e Portugal. As inscricións están aínda abertas en cronotec.es, segundo explicaba hoxe David Acevedo, membro da organización.

Espazo Comercio | Martes, 3 de marzo de 2026 03.03.2026

Asemblea este xoves, o inicio do Tú-y D'Tapas este venres 6 e a campaña do Día do Pai a partir do luns 9 son todas as iniciativas das que hoxe deu os detalles Pepe Míguez, presidente de ACITUI, no Espazo Comercio.

Raíces e vangarda | Guiso de tenreira con alcachofas 02.03.2026

Hoxe no programa Raíces e vangarda aprendemos a cociñar guiso de tenreira con alcachofas, da man do chef Judicael Romero.

Ent. Gabriel Fandi, novo sinxelo "Loco por ti" 02.03.2026

"Loco por ti" é o novo sinxelo que vén de lanzar Gabriel Fandi, unha canción que fala de amor e historias compartidas. Hoxe presentouna no programa Día a día.

Ent. David Carballo, da escola infantil Ohana | Premio excelencia educativa 2026 02.03.2026

A escola infantil Ohana vén de recibir o Premio Excelencia Educativa 2026 como Mellor Escola Infantil en Contornas Naturais e Rurais, que outorga a fundación da Gala Acción Social. O xurado destacou de Ohana a súa metodoloxía, profesorado e instalacións no espazo exterior. David Carballo, de Ohana, valorou hoxe este galardón.

Ent. Sara Bouzas e Sheila Gómez, do equiopo Seriberica Pádel 8 | Máster Internacional de Series Nacionais de Pádel 02.03.2026

O Club Pádel 8 a través do seu equipo Seriberica Pádel 8 será o encargado de representar a Galicia en categoría 500 feminino no Máster Internacional de Series Nacionais de Pádel, tras imporse na fase final autonómica desputada esta fin de semana na Coruña. Hoxe nolo contaron dúas das deportistas, Sara Bouzas e Sheila Gómez.

Ent. Álex Alonso, piloto de SimRacing 27.02.2026

O oiense Álex Alonso é oito veces campión de España en SimRacing, unha modalidade de automobilismo virtual que emprega simuladores de conducción. Co obxectivo claro de competir na "vida real", está agora en busca de patrocinadores. Así nolo contaba hoxe no programa Día a día.

Ent. Eduardo Méndez Sanjurjo, director xerente do DiSom Tui | 40 anos de historia 27.02.2026

Máis de 80.000 persoas pasaron polo centro DiSom Tui nestes 40 anos de presenza e traballo en Tui. Hoxe fixemos balance destas catro décadas co seu director e xerente, Eduardo Méndez Sanjurjo, quen tamén avanzou novos proxectos.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal | Desfile Entroido 2026 27.02.2026

Esta domingo ás 11 h O Rosal celebra o seu Desfile do Entroido, no que participarán máis de 1.000 persoas e que percorrerá as rúas da vila co entroido máis tradicional. Deunos hoxe os detalles Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño | Venres de Foliada 2026 27.02.2026

Hoxe venres ás 21.30 h Tomiño celebra o Venres de Foliada 2026, con 20 comparsas e 1.500 persoas participantes, nun desfile dende a rúa Gondomar até a rúa da Pedra. Sobre esta cita coñecemos máis coa alcaldesa, Sandra González.

Ent. Felicitas Iglesias, da Asociación Párkinson Baixo Miño, e David Torres, nutricionista do Sergas |"Fame e saciedade" 26.02.2026

O vindeiro xoves 5 de marzo a Asociación Párkinson Baixo Miño organiza a charla-coloquio "Fame e saciedade". Será ás 18 h no Centro Sociocomunitario de Tui, con entrada libre. David Torres é nutricionista do Sergas nos centros de saúde do Baixo Miño, e será el quen ofreza esta charla sobre a importancia da alimentación no párkinson. Con el conversamos hoxe, e con Felicitas Iglesias, da Asociación,...

Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, e Patricia Vázquez, técnica forestal | Charlas informativas 26.02.2026

A partir da próxima semana o Concello de Tui achegará información sobre prevención de incendios e as faixas secundarias á cidadanía. Farao a través de diferentes charlas que se ofrecerán nas casas culturais de todas as parroquias. A primeira parada será Rebordáns, o próximo luns día 2 ás 19 h. Déronnos máis información Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente; e Patricia Vázquez, técnica forestal...

Ent. Casilda Alfaro, actriz | "As gardiás", de Teatro de Ningures 26.02.2026

Teatro de Ningures volve mañá venres ás 21 h ao Teatro Municipal de Tui. Presentará "As gardiás", unha obra que reflexiona sobre os coidados na vellez, contrastando o mundo das residencias co calor humano da familia e a comunidade. Unha obra que recibiu o Premio da Crítica de Galicia 2025 na modalidade de Artes Escénicas. Hoxe coñecemos máis sobre esta obra cunha das súas actrices, Casilda Alfaro.

Ent. Carolina Figueroa, adestradora do RIBEX | Campionato Galego 26.02.2026

O CPA Ribex competirá este domingo no Campionato Galego de Patinaxe no pavillón das Travesas en Vigo. É a gran cita anual, coma explicaba a súa adestradora, Carolina Figueroa, tendo en conta amais que en xogo estarán as praza para acudir ao Campionato de España. O equipo, formado por 17 patinadores e patinadoras, preséntase renovado polo cambio xeneraciona producindo, polo que moitos será a primei...

Ent. José María Vázquez. responsable da xestión de colectas de ADOS | Chamamento especial á doazón. Unidade en Tui 26.02.2026

As reservas de sangue de 0- e A- están arestora en alerta polo que dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia fan un chamamento especial á poboación para que acuda a doar sangue, tanto ás persoas destes grupos coma dos outros. O dr. José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS, explicaba a situación que se rexistra neste momentos. A unidade móbil de doazón estará ma...

Ent. Rafael Estévez, Óscar Silva e Eduardo Fernández | XIII Eurocidade BTT 25.02.2026

Até este domingo 1 de marzo está aberto o prazo de inscrición para a XIII Eurocidade BTT, que se celebra o domingo 8 de marzo na Eurocidade Tui-Valença. Arredor de mil persoas participarán nesta proba, a "raíña" do calendario deportivo da Eurocidade. Hoxe coñecemos máis detalles con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; Óscra Silva, vereador de Desporto de Valença; e Eduardo Fernández, presiden...

Ent. Gonzalo Alonso, bailarín, músico e modelo 25.02.2026

O goianés Gonzalo Alonso é bailarín, músico e modelo. Reside en Madrid, e recén chegado da súa xira coa cantante arxentina Nathy Peluso, prepárase xa para o seu próximo proxecto en Luxemburgo. Hoxe conversamos con el, coñecemos a súa historia e como chegou até onde hoxe está.

Ent. Beatriz Oliveira, de Planstur Tui | Tuibodas 24.02.2026

Este domingo 1 de marzo o Espazo Sociocultural de Tui acolle Tuibodas, unha feira organizada por Planstur Tui. Será de 11 h a 20 h, e as persoas asistentes poderán participar no sorteo dunha estancia no Talaso Atlántico. A entrada é libre. Coñecemos máis detalles do que poderemos atopar nesta xornada con Beatriz Oliveira, de Planstur.

Espazo Comercio | Martes, 24 de febreiro 24.02.2026

A segunda edición de Tú-y D'tapas celébrase os venres de marzo en Tui. Trátase dunha iniciativa impulsada por ACITUI, na que participarán 18 locais cunha tapa diferente cada un. As persoas participantes neste percorrido entrarán nun sorteo. Coñecemos máis detalles e as propostas de 4 Elementos, Emma Gastrobar e Lúa con Isaac Míguez; e de MOMA, con Lucas González.

Ent. Pilar Fernández e Rosa Alonso, da libraría Iris | Peche por xubilación 24.02.2026

A libraría Iris, no Paseo da Corredoira, pechará as súas portas este sábado 28 de febreiro. Culmina así unha historia de 40 anos repleta de libros, material escolar, papelería,... e sobre todo de persoas que creceron ao longo deste tempo buscando lecturas, lápices, cadernos, e moito máis neste establecemento. Pilar Fernández e Rosa Alonso crearon esta libraría en 1986. Con elas mantivemos unha con...

Raíces e vangarda | Pescada á galega 23.02.2026

Hoxe no programa Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero, cociñamos pescada á galega, con allada, coliflor e pilpil. Unha receita tradicional e tamén actual.

Ent. Juan Collazo, cociñeiro | Finalista no concurso "O mellor sándwich do mundo" 23.02.2026

O guardés Juan Collazo estuda Gastronomía no Centro Superior de Hostalería de Santiago, e é un dos finalistas do concurso "O mellor sándwich do mundo" cunha receita versionada de lacón con grelos. A final será o vindeiro 5 de marzo. Hoxe coñecemos con el a súa receita e a súa inspiración.

Ent. Francisco Castro, escritor e músico | Concerto "Poesiacordes" 23.02.2026

Dentro da programación do Día de Rosalía, este xoves ás 19.30 h terá lugar o concerto "Poesiacordes" no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Estará a cargo de Francisco Castro, escritor e músico, e de Valerio Araujo na percusión. Será un encontro musical arredor da poesía galega con especial protagonismo para os poemas de Rosalía de Castro e tamén da obra de Álvaro Cunqueiro, Curros Enríq...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.