Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Eduardo Méndez Sanjurjo e Julio Conde Montero, do Club de Kung Fu Disom Tui | Recentes logros deportivos 20.02.2026

Eduardo Méndez Sanjurjo vén de lograr o máximo recoñecemento a nivel europeo en kung fu, o grao de cinturón vermello-negro 9º nivel; e Julio Conde Montero conseguiu o cinturón negro-vermello 8º nivel. Ambos deportistas do Club de Kung Fu Disom Tui. Con ambos conversamos esta mañá sobre este fito deportivo, as súas vidas ligadas a este deporte e sobre os próximos obxectivos.

Ent. Rossana Fossatti, especialista en PsicoAstroloxía e maestra de Ioga | Taller vivencial no Liceo Casino 20.02.2026

"Actualización vital: recupera o teu poder e entusiasmo" é o taller que impartirá Rossana Fossatti. especialista en PsicoAstroloxía e maestra de Ioga, no Liceo Casino de Tui. Será en horario de 11 h a 13.30 h os sábados 28 de febreiro, 7 e 14 de marzo. Toda a información e a inscrición pode realizarse no Liceo Casino de Tui. Coñecemos máis detalles hoxe con Rossana Fossatti.

Ent. Antón Fonseca, presidente da Cámara de Comercio de Tui | Rehabilitación do edificio da antiga alfándega 20.02.2026

Arestora está aberto o prazo de presentación de propostas para executar as obras de rehabilitación integral do edificio da antiga alfándega na Avenida de Portugal. A Cámara de Comercio de Tui investirá nesta actuación case 1,7 millóns de euros. Así o explicaba o seu presidente Antón Fonseca quen agarda que estea rematado en xullo de 2027. No mesmo, tras as obras, ubicarase a sede da Cámara de Come...

Ent. Martín Blanco, codirector e actor da compañía Amarelo | "O arcón de Noa" 19.02.2026

Mañá venres ás 19 h o Teatro Municipal acolle "O arcón de Noa", un espectáculo de danza e comedia para público familiar, que presenta a compañía Amarelo. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€. Hoxe deu os detalles deste espectáculo o codirector e actor Martín Blanco.

Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda | Entroido 2026 18.02.2026

A Guarda celebra este venres 20 os seus dous desfiles de Entroido, e o sábado a cita será cunha festa dj a partir das 22 h. Deu hoxe os detalles do Entroido 2026 o alcalde da Guarda, Roberto Carrero.

Raíces e vangarda | Filloas, chulas e orellas 16.02.2026

Nesta semana de Entroido centramos o programa Raíces e vangarda en doces desta data. Hoxe o chef Judicael Romero deu a receita das filloas, chulas de cabaza e orellas.

Ent. Loli Castiñeira, Alex Rodríguez, Marcos Troncoso e Daniel Rodríguez | Entroido de Salceda de Caselas 2026 13.02.2026

Máis de 3.000 persoas participan cada ano nos desfiles de Entroido que acolle Salceda de Caselas. O enfrontamento centenario entre os barrios da Feira e Castro Barreiro é un dos elementos diferenciadores desta festa, así como o rancho e os cabaleiros. Hoxe coñecemos toda a programación deste 2026 coa alcaldesa, Loli Castiñeira; co concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez; co representante do barrio...

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e Manolo Arman da Comisión de Festas de Novás - Entroido 2026 13.02.2026

O Concello do Rosal apraza para o domingo 1 de marzo o seu Desfile-concurso de Entroido, debido á previsión de choiva para este domingo 15. Así o confirmaba hoxe a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández. Destacaba a rexedora os entroidos tradicionais de Novás e Fornelos. E precisamente con Manolo Arman da Comisión de Festas de Novás coñecemos a programación prevista que comeza coa subida do maio. No...

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Entroido Tui 2026 13.02.2026

Tui celebrará o próximo martes 17 o seu desfile concurso de Entroido con preto de 1000 persoas participantes de 12 comparsas. A principal novidade será o cambio de percorrido que partirá do Espazo Feiral para percorrer as rúas Mártires de Sobredo, Casal Aboy e o primeiro tramo da rúa Compostela. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, deu hoxe todos os detalles desta cita festiva.

Ent. Alfonso Ferreira, peregrino e divulgador, e Luís Ferreira, escritor | Presentación do libro "Vamos a Santiago" 12.02.2026

O Camiño Portugués a Santiago protagoniza o libro “Vamos a Santiago” do escritor portugués Luís Ferreira, que mañá ás 20 h se vai presentar no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. O acto será presentado polo peregrino tudense e divulgador do Camiño, Alfonso Ferreira. Hoxe coñecemos máis deste libro co seu autor, Luís Ferreira, e con Alfonso Ferreira.

Ent. Jane e Lucy Durán, fillas de Gustavo Durán | Disco e concerto "El mal de l'Amor" 12.02.2026

Un concerto con repertorio musical inédito do compositor da Xeración do 27, Gustavo Durán, é o que poderemos gozar mañá venres ás 21 h no Teatro Municipal de Tui con "El mal de l'Amor". As fillas de Gustavo Durán, Lucy e Jane Durán, estarán na presentación deste disco en Tui, e hoxe conversamos con elas sobre a historia do seu pai e sobre a súa música, que foi recuperada por Samuel Diz e Jonatan A...

Ent. Carlos Pereira, da Comisión de Entroido de Goián | Entroido 2026 11.02.2026

Sete xornadas de actividades están programadas en Goián no seu Entroido tradicional. Música, gastronomía, desfile de carretillas, concurso de disfraces, imitacións, entruido... Deunos hoxe toda a información Carlos Pereira, membro da Comisión de Entroido de Goián.

Ent. Samuel Diz, músico tudense; e Jonatan Alvarado, tenor arxentino | "El mal de l'Amor" 11.02.2026

Este venres 13 ás 21 h o Teatro Municipal de Tui será o escenario do concerto "El mal de l'Amor", no que Samuel Diz e Jonatan Alvarado presentarán un novo disco no que se recolle repertorio inédito de Gustavo Durán, compositor da Xeración do 27. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10 € e 7,5 €. Coñecemos hoxe máis detalles deste disco e da historia de Gustavo Durán co músico Samuel...

Espazo Comercio | Martes, 10 de febreiro de 2026 10.02.2026

ACITUI celebra eleccións para elixir unha nova directiva o próximo xoves 19 de febreiro. O presidente, Pepe Míguez, animaba a presentar candidaturas novas. Ademais avanzou que o 5 de marzo celebrarán asemblea xeral.

Ent. Miriam Al Adib, xinecóloga | "A educación sexual: que ten que ver coa saúde mental?" 10.02.2026

Miriam Al Adib, xinecóloga, pechará a IX Semana da Educación de Tomiño este xoves 12 ás 19 h no Auditoio de Goián. Será co relatorio "A educación sexual: que ten que ver coa saúde mental?". Con Miriam Al Adib conversamos sobre a importancia da educación sexual dende a base.

Ent. Enric Armengou, psiquiatra | "Romper o silencio, claves para a prevención de condutas autolesivas na mocidade" 09.02.2026

Enric Armengou, psiquiatra, será o conferenciante o mañá martes 10 na IX Semana da Educación de Tomiño. Será co relatorio "Romper o silencio, claves para a prevención de condutas autolesivas na mocidade". A cita será ás 19 h no Auditorio de Goián, sendo necesario inscribirse gratuítamente na web do Concello de Tomiño. Con Enric Armengou conversamos sobre suicidio e condutas autolesivas.

Raíces e vangarda | Chocos con grelos: mar e monte 09.02.2026

Hoxe en Raíces e vangarda cociñamos chocos con grelos, unha receita do chef Judicael Romero, que cada luns trae consellos prácticos de cociña de raíz con vangarda.

Ent. David Pastor Vico, filósofo e divulgador | “Comunicación efectiva coas novas xeracións" 06.02.2026

David Pastor Vico, filósofo, divulgador e escritor, será o conferenciante o próximo mércores 11 na IX Semana da Educación de Tomiño. Será co relatorio "Comunicación efectiva coas novas xeracións" A cita será ás 19 h no Auditorio de Goián, sendo necesario inscribirse gratuítamente na web do Concello de Tomiño. Con David Pastor Vico falamos sobre esta comunicación e adolescencia.

Ent. Ivone Ribeiro, directora da AMFV | Concerto 141 aniversario da Eurocidade Tui-Valença 06.02.2026

Fado, ensemble de vento e un coro é a proposta da Academia de Música da Fortaleza de Valença no concerto do 14º aniversario da Eurocidade Tui-Valença, que se celebra mañá sábado ás 20 h no Teatro Municipal de Tui. Coñecemos máis detalles con Ivone Ribeiro, directora da Academia de Música da Fortaleza de Valença.

Ent. Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença | 14º aniversario da Eurocidade 06.02.2026

Con motivo do 14º aniversario da Eurocidade Tui-Valença, que se conmemora mañá sábado ás 20 h ES cun concerto no Teatro Municipal de Tui, conversamos hoxe co presidente da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira. Con el facemos balance destes 14 anos e coñecemos futuros proxectos compartidos.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | 14º aniversario da Eurocidade Tui-Valença 06.02.2026

A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu 14º aniversario. Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valoramos este traballo conxunto e falamos dos próximos obxectivos. Tamén fixo un chamamento á precaución ante a crecida importante do caudal do río Miño.

Ent. Bieito Alonso, historiador e escritor | Presentación do libro Crónicas transatlánticas. De cinza e sal 05.02.2026

O Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela acolle mañá venres ás 19.30 h a presentación do libro "Crónicas transatlánticas. De cinza e sal", do historiador e escritor Bieito Alonso. Presentará Sara López, doutora en Pedagoxía, e haberá unha actuación musical de Aloia Martínez e Quico Paz Antón. A entrada é libre até completar aforo. Conversamos hoxe co autor, Bieito Alonso.

Ent. Mar Rodríguez, de Horta Verde | Obradoiros de pan e doces 05.02.2026

Horta Verde organiza no Mercado de San Antonio un obradoiro de pan xerminado de trigo sarraceno e catro talleres de doces saudables. O primeiro será o 19 de febreiro. As persoas asistentes aprenderán a elaborar pan xerminado de trigo sarraceno e os seu valores nutricionais. É necesaria inscrición previa en Horta Verde, no mercado, ou no teléfono 986 600 644. Xa nos meses de marzo e abril impartirá...

Ent. Rubén López, director do CMUS | Concerto da Eurocidade Tui-Valença 05.02.2026

Este sábado ás 20 h ES celébrase no Teatro Municipal de Tui o Concerto da Eurocidade Tui-Valença, en conmemoración do seu 14º aniversario. Actuarán o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Academia de Música da Fortaleza de Valença. Hoxe coñecemos algúns detalles das que serán as interpretacións do Conservatorio Profesional de Música de Tui co seu director, Rubén López.

Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, e Sandra Alonso, Mestra Composteira - Punto Limpo Móbil e Compostaxe 05.02.2026

O novo punto limpo móbil está esta semana en Pexegueiro, iniciando así o seu percorrido por todas as parroquias de Tui. Coñecemos o funcionamento deste punto co concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz. Conversamos tamén coa nova mestra composteira de Tui, Sandra Alonso.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.