Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Ricardo Dasilva, presidente da Asociación de Muiñeiros do río Tripes | XXIII Romaría Os Nosos Fariñeiros 30.04.2026

Mañá celébrase no entorno do río Tripes a XXIII Romaría Os Nosos Fariñeiros: Burros e Muíños, promovida pola Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Será unha xornada de lecer entorno a estes elementos patrimoniais, nun entorno natural de gran beleza. O presidente da Asociación do Burro Fariñeiro, dará lectura ao pregón. Ao longo da xornada haberá música, artesanía, gastronomía.... Así nolo contou...

Ent. María González, presidenta do Club Remo Tui | Campionato Galego, de España e Crowdfunding 29.04.2026

Até este domingo 3 de maio pódese colaborar co Club Remo Tui a través do seu proxecto de crowdfunding, no que recadan fondos a través da plataforma gofundme.org para poder participar en diferentes competicións. Hoxe conversamos coa presidenta do club, María González, dos resultados dos e das deportistas no Campionato Galego, do Campionato de España, dun sorteo que lanzarán nas súas redes sociais e...

Ent. Luis Fernández, presidente, e Cibrán Álvarez, secretario, do Club Xadrez Tui | Ascenso á División Preferente 29.04.2026

O Club Xadrez Tui vén de conseguir ascender á División Preferente por primeira vez na súa historia. Así nolo contaron hoxe Luis Fernández, presidente, e Cibrán Álvarez, secretario do club, ambos tamén xogadores.

Ent. Aida Alonso, ilustradora | Obradoiro e cartel de Tui en Letras 2026 29.04.2026

A ilustradora afincada en Tui Aida Alonso impartirá o mércores 6 de maio ás 17.30 h un obradoiro de bonecos elaborados con papel. Esta é a cita que abre a programación de Tui en Letras deste 2026, cuxo cartel tamén deseñou ela. Aida Alonso deu hoxe os detalles deste obradoiro, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Inauguración, estrea de "Ursúas" e venda de entradas 29.04.2026

Hoxe mércores ás 20.30 h inaugúrase no Teatro Municipal de Tui o 22º Festival Play Doc. Haberá música, co grupo Trilitrate; e cine, coa estrea mundial de "Ursúas", de Roi Fernández. As entradas para todas as actividades estarán á venda no Teatro Municipal durante os cinco días de festival e tamén na súa páxina web. Así nolo contou hoxe Ángel Sánchez, codirector.

Ent. Intercambio Erasmus entre o CEIP Nº1 de Tui e a escola Ostrčilova, da República Checa 29.04.2026

O CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui está desenvolvendo estes días un programa de intercambio Eramus con alumnado da escola Ostrčilova, da República Checa. Hoxe puidemos coñecer as actividades que están realizando en Tui os alumnos e alumnas checas, e os detalles sobre esta iniciativa, con nenos e nenas do CEIP Nº1 e de Ostrčilova.

Ent. José Santos e Julio López, da Comisión de Festas de Pesegueiro | Andaina, porco ó espeto e ruta cabalar 28.04.2026

Até este domingo día 3 está aberto o prazo de inscrición para participar na andaina e na comida de porco ó espeto que organiza a Comisión de Festas de Pesegueiro para o domingo 10. José Santos e Julio López, da comisión, deron os detalles tamén da segunda ruta cabalar que organizan para o 23 de maio.

Espazo Comercio | Carlos González, de Carlos Joyero 28.04.2026

Carlos Joyero é unha xoiaría con 12 anos de historia en Tui, na rúa Betanzos, que conxuga tradición e modernidade a través das xoias. Hoxe coñecemos este establecemento co seu dono, Carlos González, nunha conversa no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI.

Ent. Ángel Sánchez, codirector do Festival Play Doc | Retrospectivas e actividades destacadas 28.04.2026

Eduardo Coutinho e Viola Stephan son os protagonistas das retrospectivas do Festival Play Doc deste ano 2026. Ademais, e durante os cinco días do festival, haberá diferentes actividades paralelas e destacadas, das que hoxe coñecemos os detalles con Ángel Sánchez, codirector de Play Doc.

Ent. José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos | Maio solidario 27.04.2026

A fin de semana do 8 e 9 de maio a Fundación Provincial Banco de Alimentos levará a cabo en Tui, no supermercado Gadis, a súa campaña Maio solidario, en colaboración con SOS Tomiño Baixo Miño. Serán 25 as persoas voluntarias que participarán nesta operación quilo. José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos, daba conta hoxe dos produtos que máis necesitan.

Raíces e vangarda | Patacas con polbo e alioli 27.04.2026

Hoxe cociñamos en Raíces e vangarda unha receita tradicional con toques vangardistas, de restauración. O chef Judicael Romero deu trucos e consellos para preparar patacas con polbo e alioli.

Ent. Roi Fernández - Estrea Ursúas en Play Doc 27.04.2026

Este mércores, ás 22.30 h, no Teatro Municipal, na primeira proxección de Play Doc estrearase Ursúas, a película do realizador coruñés afincando en Tui, Roi Fernández. Unha película que el mesmo define coma unha deriva, que mestura diferentes liñas narrativas, entre ficción e documental e que é froito de moitos anos de traballo. Así nolo contaba hoxe, explicando tamén de onde ven o seu nome.

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Entradas e actividades formativas 27.04.2026

En play-doc.com están xa a dispoñibles as entradas para as distintas actividades que dende este mércores e até o domingo se van celebrar dentro da programación de Play Doc, o Festival Internacional de Cine de Tui. Dende o mércores tamén se poderán adquirir no Teatro Municipal. Ángel Sánchez, codirector do festival, recomendaba hoxe mercar de xeito anticipado as entradas para Cinema Percorrido e as...

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Cinema portugués 24.04.2026

Play Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui, tende cada ano ponte cinematográficas en cada edición, unha desas ponte cruza o Miño para achegarnos ao cinema portugués. Este ano como novidade porán o foco en Maureen Fazendeiro, e amais dedicarán unha das retrospectivas ao cineasta Eduardo Coutinho. Así nolo contaba hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, no programa especial Ponte nas On...

Especial Ponte nas Ondas - IES San Paio 24.04.2026

O IES San Paio na súa proposta para esta xornada especial de Ponte nas Ondas reflexiona sobre o 25 de abril. Así nolo contaron Iria e Adrián, alumnado do IES San Paio, no programa especial que hoxe realizamos dende Valença. Contaráronnos o traballo que realizaron para o podcast que desenvolven no instituto e que hoxe presentaron en Ponte nas Ondas.

Especial Ponte nas Ondas - IES Indalecio Pérez Tizón 24.04.2026

O IES Indalecio Pérez Tizón é un dos centros que participa dende Valença na xornada especial de radio que realiza Ponte nas Ondas. No programa especial que realizamos dende Valença contamos co profesor Alberto Valverde, quen nos explicou a intervención que ía realizar o alumnado sobre "Contrabando e trapicho".

Especial Ponte nas Ondas - Santiago Veloso, presidente de Ponte nas Ondas. 24.04.2026

Santiago Veloso é o presidente de Ponte nas Ondas. Con el falamos desta xornada tan especial que hoxe vivimos dende o Agrupamento de Escolas Murallas do Minho en Valença, pero tamén de Ponte nas Ondas e na cita que este ano terán en China.

Especial Ponte nas Ondas - Jose Vaz Carpinteira, presidente da Cámara de Valença 24.04.2026

O presidente da Cámara de Valença, José Vaz Carpinteira, participou esta mañá no programa especial Día a Día que realizamos dende o Agrupamento Escolar de Murallas do Miño en Valença. Sumámonos así á xornada de radio escolar de Ponte nas Ondas.

Especial Ponte nas Ondas - Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura 24.04.2026

Hoxe sumámonos á xornada de radio escolar de Ponte nas Ondas dende o Agrupamento Escolar de Murallas do Miño en Valença. Dende alí realizamos un programa especial Día a Día no que falamos coa concelleira de Ensino de Tui, Sonsoles Vicente.

Ent. Loreto Aramendi, titular do órgano da Basílica de Santa Mª do Coro de San Sebastián | Concerto na Catedral de Tui 23.04.2026

Un concerto moi corido cun repertorio principalmente Barroco será o que ofrecerá este domingo, ás 18 h na Catedral Loreto Aramendi, titular do órgano da Basílica de Santa María do Coro de San Sebastián. Este evento pechará o ciclo 8CentosPés que se está a desenvolver co gallo do 800 Aniversario da Consagración da Catedral de Tui. Con ela falamos hoxe.

Ent. Iria, Adrián e Nina, alumnado do IES San Paio | Proxecto de radio e asociación de alumnado 22.04.2026

Con Iria, Adrián e Nina, alumnado do IES San Paio, coñecemos o proxecto de radio que desenvolven no instituto baixo o título de "Somos quen fomos" no que analizan eventos do pasado para coñecer como inflúen no noso presente relacionándoos con eventos actuais. Tamén nos presentaron a Asociación de Estudantes que veñen de crear no centro.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Claudia Montes de Altitude | Andainas deportivas da Eurocidade 22.04.2026

Gran acollida teñen as andainas e camiñas saudables da Eurocidade Tui-Valença, que se desenvolven a unha e outra beira do Miño. Este domingo percorrerán a senda do río Furnia en Pesegueiro, nunha actividade que ten xa todas as prazas cubertas. A primeira destas andainas tivo lugar o 22 de marzo polo Trilho de San Gabriel en Valença, este domingo será a do río Furnia, o 10 de maio o Trilho da Casca...

Ent. Carlos Fernández Bollo, organista da Catedral de León | Concerto na Catedral de Tui no ciclo 8CentosPés 22.04.2026

Carlos Fernández Bollo, organista titular da Catedral de León, será esta tarde, ás 20 h, o encargado de abrir o ciclo 8CentosPés na Catedral de Tui, cun concerto de órgano centrado na música de Bach, cunha viaxe arredor do ano litúrxico. Este é o primeiro dos tres concertos que esta semana se van a celebrar na Catedral co gallo da conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc | Cinema galego 22.04.2026

Nunha semana, o próximo mércores, comezará Play Doc 2026. Un festival que abre cada ano unha ventá ao mundo a través do cinema, pero que en cada edición mantén un firme compromiso co cinema galego. Así será de novo coas 9 películas que se proxectarán en Competición Galicia, pero tamén cunha mirada ao pioneiros do cinema galego a través da figura de Rafael Luca de Tena. Así nolo contou Ángel Sánche...

Ent. Ángel Sánchez, codirector | Play Doc 2026 21.04.2026

O Teatro Municipal de Tui será un ano máis a sede principal de Play Doc, Festival Internacional de Cinema de Tui, aínda que as actividades terán lugar tamén noutros espazos como a Sala 2 no Seminario Menor, e no Espazo Sociocultural e a igrexa de San Domingos acollerán tamén outras iniciativas. Así nolo explicou hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, quen indicaba que en play-doc.com está tod...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.