Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Enrique Cabaleiro - Presentará a súa candidatura a encabezar a lista socialista enmaio 02.03.2023 7:24
Enrique Cabaleiro, actual alcalde de Tui, presentará o luns o a súa candidatura a encabezar a lista socialista ás elección de maio. Será o luns á tarde cando a asemblea local se pronuncie ao respecto. Todo parece indicar que a súa será a única candidatura que se presente.
Ent. Carlos Tomico, mago - Magia en la manga 01.03.2023 3:36
Este venres volve a actividade ao Teatro Municipal de Tui con Magia en la manga e o seu espectáculo “A igualdade non ten truco” é o espectáculo que Magia en la Manga presenta este venres ás 19.30 h no Teatro Municipal de Tui. Sara Rodríguez Martínez e Carlos Tomico Pérez son os encargados de levar adiante este espectáculo. Hoxe falamos con Carlos Tomico.
Ent. Lis Montes - Exposición de maquetas na capela das Reliquias na Catedral 01.03.2023 9:59
O tudense Lis Montes presenta até o 15 deste mes de marzo, na capela das Reliquias na Catedral de Tui, unha parte da súa colección de maquetas de templos de 14 arquidióceses despañolas, xunto a outros mosteiros e basílicas de Portugal e Italia.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda febreiro 01.03.2023 25:56
Pechamos a rolda de entrevistas con representantes da corporación municipal de Tui falando co alcalde, Enrique Cabaleiro, para repasar os puntos do último pleno, facer balance do mandato e tratar a problemática do tráfico e aparcamento na cidade.
Ent. Teresa Amado, organizadora do Festival de Teatro Grecolatino - Representacións en Tui 28.02.2023 6:06
Este xoves 2 de marzo, o Teatro Municipal de Tui será unha das sedes, un ano máis, do Festival de Teatro GrecoLatino, que se celebra a nivel nacional. Representaranse dúas obras de teatro: Medea, unha traxedia de Eurípides, e Miles gloriosus, unha comedia de Plauto. Ambas chegarán da man do Grupo coruñés Noite Bohemia. Hoxe falamos con Teresa Amado, unha das organizadoras deste festival.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, director da Biblioteca e o Arquivo Municipal de Tui - Ruta Xornadas Rosendo Salvado 28.02.2023 9:02
Unha ruta por distintos lugares de Tui vinculados a Rosendo Salvado centran a proposta desta tarde das Xornadas Rosendo Salvado. Será ás 17:30 h e partirá do Arquivo catedralicio. Explícanos os detalles Rafael Sánchez Bargiela, director da Biblioteca e o Arquivo Municipal de Tui.
Ent. Javier Cebada, autor do libro 'La ingeniería de Dios' 28.02.2023 12:41
Falamos con Javier Cebada, que vén de escribir o seu libro 'La ingeniería de Dios', un relato no que cuestionarse creencias e conceptos vitais e cunha mensaxe atemporal.
Ent. María Jesús Lorenzo Modia, catedrática da Universidade da Coruña - Xornadas Rosendo Salvado 27.02.2023 9:24
Hoxe ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez, a encargada de abrir as xornadas Rosenso Salvado será María Jesús Lorenzo Modia, catedrática da Universidade da Coruña coa conferencia titulada: “Revisitando a Rosendo Salvado, o galego amigo dos aborixes”. Con ela falamos esta mañá no programa Día a Día.
Ent. Jesús Vaz e Baltasar Fernández, do club deportivo Baixo Miño Motor - Presentación e exhibición. 24.02.2023 12:55
Mañá sábado terá lugar no Paseo da Corredoira a presentación do novo club Deportivo Baixo Miño Motor, onde presentrán en sociedade os seus vehículos e calendario de probas nas que van participar. Hoxe falamos con Jesús Vaz, o seu presidente, e Baltasar Fernández, quen explicaron todos os detalles.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes - Volta ciclista O Gran Camiño 23.02.2023 6:33
Mañá partirá dende Tui a Volta Ciclista O Gran Camiño, coa saída neutralizada programada ás 10:25 dende a praza da Inmaculada. Hoxe falamos co concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, sobre esta proba, o seu percorrido e a súa importancia.
Ent. Irene Silva - Proxecto Rosalía Total 23.02.2023 4:29
"Rosalía Total" é un xogo poético para achegar a obra de Rosalía aos nenos e nenas a través da música. Hoxe poderemos gozar deste espectáculo con Irene Silva ás 18.30 h na Biblioteca Municipal de Tui para celebrar o #DíadeRosalía.
José Ángel Fernández, voceiro PP - Rolda febreiro. 22.02.2023 21:14
José Ángel Fernández, voceiro PP na corporación municipal de Tui estivo hoxe na nosa sintonía dentro da rolda de conversas que estamos a manter neste mes de febreiro cos representantes dos distintos grupos presentes na corporación tudense.
Ent. Carmen Freiría, docente IES Antón Alonso Ríos - Rede de emprendemento 22.02.2023 7:33
O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño uniuse a unha rede de emprendemento para motivar aos alumnos e alumnas a valorar esta opción laboral para o seu futuro. Así, o instituto tomiñés realizou unha serie de visitas a empresas. Hoxe nolo explicaba Carmen Freiría, profesora de sistemas electrónicos.
Ent. Eduardo Fernández, Biciosos Rías Baixas - Inscricións para a X Eurocidade BTT 20.02.2023 6:57
Xa están abertas as inscricións para participar na X Eurocidade BTT, que se celebrará o próximo 12 de marzo. Hoxe mantivemos unha entrevista con Eduardo Fernández, de Biciosos Rías Baixas.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura do concello de Tui - Desfile concurso de Entroido 20.02.2023 5:25
Mañá é martes de Entroido, festivo local en Tui, e a partir das 17:30 percorrerán as rúas novas da localidade 15 carrozas e comparsas. Ademais, a orquestra Miramar amenizará a xornada. Nolo explicaba esta mañá a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Alba Sobrino, presidenta do Tui Futsal - Concentración fútbol sala feminino no Gustavo Rodríguez 20.02.2023 5:29
Mañá martes terá lugar, no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui, unha concentración de fútbol sala nas categorías femininas cadete e xuvenil. Hoxe falamos coa presidenta do Tui Futsal, Alba Sobrino, sobre esta actividade.
Ent. Rodrigo Conde e Carlota González, remeiros do Club Remo do Miño 17.02.2023 9:01
Aproveitando a concentración coa selección galega e a súa estadía en Tui, falamos cos deportistas do Club Remo do Miño, Rodrigo Conde e Carlota González. Os dous pelexan este año polo soño de estar nos Xogos Olímpicos de París e esta fin de semana compiten no Campionato de España de remo olímpico e por autonomías en Castrelo de Miño.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Instalación da ponte sobre o Louro 17.02.2023 4:29
Nun transporte especial onte chegou a Tui a ponte que se vai instalar sobre o río Louro. Así explicou as tarefas de instalación esta mañá na nosa sintonía o alcalde, Enrique Cabaleiro.
Ent. Lis e José Montes, e María José Fernández, membros de ATUCA - VIII Mostra da Camelia 16.02.2023 12:51
O Claustro da Catedral acollerá esta fin de semana a VIII Mostra da camelia Cidade de Tui baixo o lema “A Camelia na Eurocidade”. Hoxe pasaron polo programa Día a Día tres membros de ATUCA, Lis e José Montes e María José Fernández, para explicar a orixe e a significación deste evento.
Ent. Montse Piñón, actriz Teatro Ghazafelhos - 'As pitas baixo a choiva' 14.02.2023 6:17
O público familiar é o destinatario do espectáculo que este venres chega ao Teatro Municipal de Tui ás 19.30 h. Será “As pitas baixo a choiva” da man de Teatro Ghazafelhos. Hoxe falamos cunha das actrices do elenco, Montse Piñón, sobre esta obra, que mestura música e comedia.
Ent. Carmen Núñez, concelleira do Bloque Nacionalista Galego - Rolda febreiro 2023 14.02.2023 19:06
Continuamos a rolda de entrevistas cos voceiros da corporación municipal de Tui con Carmen Núñez, concelleira do Bloque Nacionalista Galego.
Especial Día da Radio - IES San Paio 13.02.2023 18:44
Neste #DíadaRadio do IES San Paio participaron Sara, Inés, Alba e Yamilé de 4º da ESO cun programa no que recolleron a diversidade de nacionalidades Galicia, Portugal, Venezuela, Brasil, e Marrocos. Entrevistáron aos compañeiros e compañeiras.
Especial Día da Radio - CEIP nº1 13.02.2023 8:07
Dende o CEIP nº1 Alma, Marc, Manuela, e Alex na súa participación no programa especial con motivo do #DíadaRadio lembraron cando se proclamou este Día Mundial da Radio, falaron do Conxunto Histórico de Tui, e entrevistaron ao alcalde, Enrique Cabaleiro.
Especial Día da Radio - IES Indalecio Pérez Tizón 13.02.2023 7:53
Alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Indalecio Pérez Tizón realizou un informativo moi especial no que inventaron boas noticias que tiñan coma escenario Tui. O programa foi realizado por Xabi, Rodrigo, Anabel, Sabela, Iago, e Izan, Paola.
Ent. Sonia Blanco Sío, autora do libro A pedra vermella 13.02.2023 9:34
Entrevistamos a Sonia Blanco Sío, médica no Porriño e autora do libro A pedra vermella. Explica a sinopse da súa obra que versa sobre o tempo que pasamos coa familia e cos fillos.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.