Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Seguridade, e Manuel Arca, inspecto xefe da Policía Local - Incendio de 20 coches 20.03.2023 8:55
Sobre o acontecido esta noite no conxunto histórico de Tui co incendio de máis de 20 coches falamos esta mañá co concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, e co inspector xefe da Policía Local, Manuel Arca.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Queimados 21 coches esta noite en Tui 20.03.2023 5:50
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualificaba o acontecido esta noite no conxunto histórico de Tui coma acto criminal gravísimo, coa queima de 21 coches e que puideron afectar ademais a algunha vivenda. Quixo ademais amosar a súa máxima condena a este feito criminal. Ás 12 do mediodía reunirá a xunta de voceiros da corporación municipal.
Ent. David Carreiras de Leira Rock - Concerto en Sobredo 17.03.2023 17:24
Esta mañá no programa Día a Día recibimos a David Carreira, o 50% de Leira Rock, un grupo que mañá sábado actuará en Sobredo. Compartimos con el e con Óliver uns minutos no que tamén nos interpretou en directo algunha canción.
Ent. Manuel Crisóstomo, rexente Cafetería El Pilar - Premio 17.03.2023 6:21
Conversamos con Manuel Crisóstomo, que xunto a María Pilar Besada, da cafetería El Pilar aquí en Tui, recibiron un galardón pola súa traxectoria profesional na Gala de Hostalería e Turismo da provincia de Pontevedra, celebrada en Vigo.
Ent. David Acevedo, organizador da Ultreia 2023 - Peche inscricións este domingo 17.03.2023 7:20
Falamos con David Acevedo, un dos organizadores da proba Ultreia que o próximo 26 iniciará en Tui para que os participantes camiñen cara Pontevedra. As inscricións, recordaba, pechan este domingo ás 23.59h.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Tui á cabeza en investimento provincial e autonómico en educación 17.03.2023 9:58
Unha información interactiva do xornal El País arroxaba datos sobre investimentos en educación de todos os concellos de España. Entre os que máis destacan, por riba da media provincial e autonómica, está Tui. Hoxe conversamos sobre estes investimentos municipais co alcalde, Enrique Cabaleiro.
Ent. Daniel D. García, guionista tudense - Premio Mestre Mateo a mellor guión con 'O Corpo Aberto' 16.03.2023 11:57
O guionista tudense Daniel Domínguez García foi un dos premiados na gala dos Mestre Mateo grazas ao seu traballo no filme 'O Corpo Aberto'. Falamos con el deste filme galego ambientado nunha obra de Méndez Ferrín.
Ent. Alfonso Ferreira, escritor, Teresa Dominguez, limiar - Ruliña no Camiño.mp3 15.03.2023 11:41
Mañá xoves 16 ás 8 da tarde, Alfonso Ferreira presenta o seu libro "Ruliña no Camiño" na sala de Exposicións do edificio Francisco Sánchez. Hoxe falamos con el da súa obra, e tamén con Teresa Domínguez que escribiu o limiar da mesma.
Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, e Sara Luque, mestra composteira - Campaña de velutina 14.03.2023 11:19
O concello de Tui activa unha campaña de prevención contra a velutina, que nesta época do ano busca niños para asentarse antes do verán. Hoxe falamos con Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, e Sara Luque, mestra composteira, sobre como actuar para previr a súa aparición.
Ent. José Manuel Quintana, director deportivo do Tyde, Telmo Rodríguez e Euxenio Lopes, xogadores - Tyde Eurocidade 10.03.2023 8:30
A unión entre as dúas beiras do río Miño materialízase tamén no fútbol, e esta fin de semana o equipo de veteranos do Tyde, Tyde Eurocidade, celebra o seu título de campión da liga no Álvarez Durán. Será mañá ás 18 h, coincidindo co partido no que xogarán contra o Vilariño. Hoxe falamos con José Manuel Quintana, director deportivo do Tyde, Telmo Rodríguez, un dos capitáns do equipo, e Euxenio Lope...
Ent. David Solleiro, preparador físico da academia do Olympique de Marsella 10.03.2023 9:02
Dende hai unhas semanas, un tudense integra a academia de fútbol do Olympique de Marsella coma preparador físico. Falamos con David Solleiro da cidade, do ambiente do seu estadio e a súa traxectoria ate chegar ao único club cunha Champions do fútbol galo.
Ent. Arlindo de Sousa, vereador de Educación de Valença - I Congreso Internacional de Educación 10.03.2023 4:35
Hoxe inaugúrase o I Congreso Internacional de Educación da Eurocidade no auditorio da ESCE en Valença. Será a partir das 18:00 h. Mañá a xornada desenvolverase, tanto pola tarde como pola mañá, no Teatro Municipal de Tui. Hoxe falamos con Arlindo de Sousa, o vereador de Educación de Valença, que valorou este primeiro paso entre ambas cidades en termos de educación.
Ent. Juan Manuel Moreno, catedrático didáctica e ex asesor do Banco Mundial - I Congreso Internacional de Educación 09.03.2023 11:02
Mañá comeza o I Congreso Internacional de Educación na Eurocidade, unha cita que arrancará coa ponencia de Juan Manuel Moreno, catedrático de didáctica na UNED e ex asesor de Educación no Banco Mundial. Hoxe puidemos charlar con el sobre esta cita educativa.
Ent. Eduardo Fernández, organizador, e Rafael Estévez, concelleiro de Deportes - X BTT Eurocidade 09.03.2023 13:26
Esta fin de semana celébrase na Eurocidade a décima edición da BTT, unha proba clásica do calendario deportivo conxunto das dúas cidades. Contamos todos os detalles con Eduardo Fernández, presidente da Peña Ciclista Biciosos, e Rafa Estévez, concelleiro de Deportes de Tui.
Ent. Iván Carral, Avatel - Novo presidente de ACITUI 09.03.2023 5:13
Conversamos con Iván Carral logo de ser elixido onte coma novo presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI. Conta cales serán as claves para facer medrar o comercio local e cales serán os seguintes pasos da asociación.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sonsoles Vicente, concelleira, e Teresa Domínguez, Atlántida -Congreso Educación 08.03.2023 21:55
Este venres e sábado celebrarase o I Congreso Internacional de Educación que se vai celebrar na Escola Superior de Ciencias Empresarias en Valença e no Teatro Municipal. Hoxe falamos con Teresa Domínguez, asesora e coordinadora Atlántida en Galicia, e xunto a ela o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade - 8M Ocupemos o noso lugar 08.03.2023 18:56
"Ocupemos o noso lugar" é o lema da programación organizada polo Concello de Tui con motivo do 8M, o Día Internacional das Mulleres que se conmemora hoxe. A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, detallou os obxectivo e actos desta campaña que hoxe ten a cita central ás 19.30 h no edificio da praza da Inmaculada.
Ent. Santiago Cortegoso, director de teatro - 'Smoke on the water' 08.03.2023 6:43
"Smoke on the water" é a obra de rock, humor negro e amor chega este venres ao Teatro Municipal de Tui da man de Ibuprofeno Teatro. Unha obra nominada a seis premios María Casares. Hoxe falamos co seu director, Santiago Cortegoso, sobre todos os detalles.
Ent. Andrea González, pianista - "Salvado Piano Works" 07.03.2023 12:07
Unha das facetas que levaba a cabo Rosendo Salvado era a música. Agora, a pianista tudense Andrea González editou o disco "Salvado Piano Works", un álbum no que recolle as partituras para este instrumento que aínda se conservan. hoxe explicounos todos os detalles deste disco e da historia de Rosendo Salvado.
Ent. Iván Carral, Avatel - Asemblea Xeral Ordinaria para a renovación da Xunta Directiva de ACITUI 06.03.2023 0:41
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, celebra este mércores Asemblea Xeral Ordinaria para a renovación da Xunta Directiva. Hoxe falamos con Iván Carral, de Avatel, que presentará a súa candidatura como presidente de ACITUI.
Ent. Albino Prada, ensaísta e economista - 'O país dos sen alma. Rosendo Salvado en Australia' 06.03.2023 19:51
O ensaísta e economista galego Albino Prada vén de lanzar o seu novo libro 'O país dos sen alma. Rosendo Salvado en Australia'. Esta mañá conversamos con el sobre a figura do ilustre frade tudense e o seu legado no país austral.
Ent. Paula López, de Equigalia - III fase da Liga Galega Interclubs de Salto Xogade 03.03.2023 5:45
Este domingo día 5 terá lugar a III fase da Liga Galega Interclubs de Salto Xogade 2023. Será no Club Hípico Equigalia dende as 10:00 h. Participarán na proba case 180 persoas. Hoxe explicounos todos os detalles Paula López, de Equigalia.
Ent. Eduardo Fernández, presidente Peña Ciclista Biciosos - Peche inscricións X BTT Eurocidade 03.03.2023 7:47
Este domingo, 5 de marzo, péchanse as inscricións para a X Eurocidade BTT, que se celebrará o próximo 12 de marzo e organiza a Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas. Hoxe falamos co seu presidente, Eduardo Fernández.
Ent. Enrique Viguera Rubio, ex embaixador de España en Australia - Conferencia Xornadas Rosendo Salvado 02.03.2023 12:02
Enrique Viguera Rubio, embaixador de España en Australia entre os anos 2011 e 2015, será o encargado de impartir a conferencia “Rosendo Salvado: el importante legado de un misionero ilustrado español en la compleja colonización europea de Australia”. Será ás 19.30 h desta tarde na sala Félix Rodríguez. Con el falamos hoxe no programa Día a Día.
Ent. Salomé Fernández, de Cucapuntoes, e Ana Núñez, concelleira de Igualdade - Taller 'Tecendo Feminismos' 02.03.2023 11:02
Este sábado, na Praza da Inmaculada, preséntase a actividade que dará inicio aos actos deste mes en Tui polo 8M. 'Tecendo Feminismo' será o nome dese taller impartido por Salomé Fernández, de Cucapuntoes. Hoxe acompañounos xunto á concelleira de Igualdade, Ana Núñez.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.