Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Programación Festas de San Telmo 2023 04.04.2023 14:46
Hoxe mantivemos unha entrevista coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, sobre a programación das Festas de San Telmo deste ano 2023, que arrincan este sábado día 8 de abril co pregón. Unha das protagonistas desta edición será a música.
Ent. Lara Meneses, candidata do PP á alcaldía de Tomiño - Rolda de entrevistas cos candidatos 04.04.2023 13:48
Continuamos a rolda de entrevistas coas candidatas e candidatos á alcaldía dos distintos concellos con Lara Meneses, candidata do Partido Popular á alcaldía de Tomiño. Falamos da súa traxectoria política, a lista e o seu programa.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Tui con fondos do PIREP 04.04.2023 7:05
O Teatro Principal de Tui é un dos 181 edificios públicos que recibirán fondos europeos NextGenerationEU dentro da Liña 2 do Pirep Local. O investimento recibido será de máis de 770 mil euros. Co alcalde de Tui valorabamos hoxe este proxecto.
Ent. GFace, cantante - Lanzamento do seu novo disco 03.04.2023 8:27
Hai 3 días que o cantante tomiñés GFace lanzou o seu novo tema “Antes de mi”, un dos que forman parte do novo disco que lanzará no próximo mes de maio. A pasada semana puidemos falar con el sobre este novo traballo, tras comezar o pasado ano a traballar con Universal Music Spain, e puido darnos todos os detalles deste salto profesional e de todo o traballo que leva detrás.
Ent. Ángel Sánchez, director do Play-Doc - Próximas actividades 03.04.2023 9:51
O pasado venres puidemos coñecer máis detalles sobre algunhas actividades que incluirá a próxima edición do Play Doc, que comezará o vindeiro 26 de abril en Tui. Para iso falamos con Ángel Sánchez, codirector do festival, que recordou o concerto do que xa falabamos hai uns días na nosa sintonía, e que ofrecerá J de “Los Planetas” recuperando o cinema inédito de Iván Zulueta o próximo sábado 29 de...
Ent. Violeta de Santiago, candidata á alcaldía de Tomiño polo PSdeG-PSOE - Rolda de entrevistas cos candidatos 03.04.2023 13:39
Iniciamos unha rolda de entrevistas coas candidatas e candidatos á alcaldía dos distintos concellos do Baixo Miño con Violeta de Santiago, do PSdeG-PSOE de Tomiño. Falamos da súa lista, do programa que presentará e do balance desta última lexislatura.
Ent. Jorge González Vázquez e Luís Saracho do Club de Tenis Tui - Adestramentos no Liceo Casino 31.03.2023 8:11
O Club Tenis Tui realizará cursos de iniciación e perfeccionamento deste deporte na pista do Liceo Casino, tras asinar esta entidade un convenio de colaboración co Casino. Así nolo explicaron hoxe o seu presidente Jorge González Vázquez, e Luis Saracho, vocal.
Ent. Jorge Gonçalves Murta e Francisco J.Rodríguez - Semana Santa 2023 31.03.2023 9:03
Coa celebración este domingo da beizón dos Ramos e a procesión continúa a programación da Semana Santa en Tui. Os membros da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia comezan amais esta fin de semana a recoller o loureiro para recrear o Xoves Santa a horta das Oliveiras, na capela da Misericordia. Así nolo contaron hoxe Jorge Gonçalves Murta e Francisco J.Rodríguez, membros dest...
Ent. Arlindo de Sousa, Desportos Valença, e Osvaldo Alves, pte. Basket Club Valença - Torneo Minibasket Eurocidade 30.03.2023 11:27
Esta fin de semana celébrase en Valença a séptima edición do Torneo Internacional Eurocidade de Minibasket. Hoxe conversamos con Arlindo de Sousa, vereador de Desportos Valença, e Osvaldo Alves, o presidente do Basket Club Valença, organizador do torneo.
Ent. Suso Vila, historiador tudense - Libro sobre o mosteiro de Santa María de Oia 30.03.2023 8:57
O historiador tudense Suso Vila presenta novo libro titulado 'Santa María de Oia. Arte, historia e patrimonio dun mosteiro transfronteirizo'. Preséntao no propio templo oiense mañá venres ás 19h.
Ent. Anxel Cardín, escritor - Presentación libro 'A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego' 30.03.2023 14:54
O escritor Ánxel Cardín presenta mañá ás 20h o seu libro 'A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego' na Sala de Exposicións de Tui. Charlamos co autor sobre o caso do galego e das linguas peninsulares ameazadas.
Ent. Micalip's, grupo de música - 15 anos de actividade e concerto no Paseo da Corredoira 29.03.2023 15:40
O grupo de música Micalip's cumpre 15 anos dende a súa fundación e o celebran cun concerto este sábado no Paseo da Corredoira ás 22.30h. Falamos con Miguel Cerqueira, Filipe Cerqueira e Felipe Sánchez da súa traxectoria e interpretan uns temas en directo.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Investimento 1 millón de euros do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 29.03.2023 7:19
Valoramos co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o investimento anunciado pola subdelegada do Goberno, Maica Larriba, dun millón de euros para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino. Destinarase, entre outros proxectos, á xestión de visitantes ao monte Santa Trega e á dixitalización dos servizos turísticos da localidade.
Ent. África Sempere, xogadora do Mecalia Atlético Guardés - Final da Copa de Europa de balonmán 28.03.2023 6:40
Hoxe no tempo de Deportes do programa Día a Día conversamos coa pivote do Guardés, África Sempere, do pase á final da Copa de Europa de balonmán logo do triunfo a pasada fin de semana ante o Balonmano Elche nun pavillón da Sangriña que vibrou coas súas xogadoras.
Ent. Helena Pousa, docente - 'As mulleres represaliadas no cárcere de Tui' 24.03.2023 15:06
Hoxe venres a cita será ás 20 h presentarase o libro “As mulleres represaliadas no cárcere de Tui”, escrito por Helena Pousa, Marga do Val, María Victoria Martínez e Xosé Ramón Paz Antón. Sobre este libro falamos con Helena Pousa.
Ent. Miguel Abreu, organizador IX Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade 24.03.2023 10:01
Este domingo dende as 10h, no pavillón Gustavo Rodríguez, celébrase a novena edición do Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença. Falamos cun dos seus organizadores, Miguel Abreu, sobre as modalidades, os horarios deste evento e como afectou a pandemia a este deporte.
Ent. Tero Rodríguez, Os Quinquilláns - Obra 'A señora de Forcadela' en Tui 23.03.2023 7:09
Ao abeiro dos actos polo 8M, a compañía Os Quinquilláns representa este sábado a obra teatral 'A señora de Forcadela' no antigo cárcere de Tui. Falamos con Tero Rodríguez sobre esta función.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Tarefas de limpeza na zona afectada 22.03.2023 8:39
Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, falamos esta mañá dos labores de limpeza que unha empresa especializada está a realizar nas zonas afectadas polos incendios da madrugada deste luns. Tamén do asesoramento ás persoas afectadas en materia de seguros, da posta a dispor de vehículos de aluguer, e das posibles axudas. Afirmaba Enrique Cabaleiro, que Tui é un municipio seguro.
Ent. Xabier Pérez, presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga - Proposta non de lei Parlamento de Galicia 22.03.2023 6:55
O Parlamento de Galicia votou a favor, por unanimidade, unha proposta non de lei para tratar de arranxar a complicada situación dos traballores de Ganomagoga, en ERE extintivo. Voltamos a falar con Xabier Pérez, o presidente do Comité de Empresa sobre esta situación.
Ent. Xabier Pérez, presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga - ERE de extinción 21.03.2023 12:10
A complicada situación pola que está pasando a empresa Ganomagoga xurdiu tras a comunicación dun ERE de extinción, o que supón o peche da compañía. Nos seus inicios, Ganomagoga foi conformada por socios tudenses, e na actualidade, dá traballo a, polo menos, 15 persoas de Tui. Para coñecer o crítico momento polo que estes traballadores están a pasar, falamos co presidente do Comité de Empresa, Xabi...
Ent. Carolina Paredes e Arturo Martínez, veciños - Incendio coches conxunto histórico 20.03.2023 7:00
Carolina Paredes e Arturo Martínez, foron dúas das persoas que perderon o seu coche nos incendios rexistrados esta noite no conxunto histórico de Tui. Con eles falamos esta mañá no programa Día a Día.
Ent. Juan González, presidente de Protección Civil Tui - Incendio coches no conxunto histórico de Tui 20.03.2023 2:02
Os voluntarios de Protección Civil de Tui foron dos primeiros efectivos en chegar aos puntos onde se rexistraron os incendios esta pasada madrugada no conxunto histórico de Tui. Juan González, o seu presidente, explicaba o percorrido que os presuntos autores puideron seguir esta noite, deixando ao seu paso até 21 coches completamente calcinados e outros danados polas lapas.
Ent. Gus Abreu, veciño - Incendio coches conxunto histórico.mp3 20.03.2023 3:50
Gus Abreu, veciño do conxunto histórico, explicaba esta mañá na nosa sintonía coma de madrugada espertaron tras escoitar explosións, e relataba o vivido esta noite.
Ent. Eugenia, veciña - Incendio coches conxunto histórico 20.03.2023 2:49
Eugenia. que vive na rúa Nova, foi unha das veciñas que chamou ao 112 esta madrugada tras escoitar explosións, asomarse á ventá e ver arder coches na rúa Tyde. Un susto moi grande, coma ela mesma relataba esta mañá na nosa sintonía.
Ent. Pablo Antonio, xefe de dotación do parque de bombeiros do Porriño - Incendio de máis de 20 coches en Tui 20.03.2023 7:26
Os bombeiros do Porriño traballaron esta noite na extinción do lume rexistrado en maís dunha ventena de coches no conxunto histórico de Tui. Explicaba Pablo Antonio, xefe de dotación do parque de bombeiros do Porriño como foron os labores de extinción nos que se tiveron que distribuír por varios puntos da zona monumental.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.