Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 9, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Andaina de Fortaleza a Fortaleza 15.09.2023 5:20
Completas as prazas para a Andaina de Fortaleza a Fortaleza que organiza o club Andatui para o sábado 23 deste mes. Percorrerá Tui, Valença, Vila nova de Cerveira e Tomiño. Falamos da mesma con José Martínez Tato de Andatui.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado - Aprobación expediente de licitación reforma da praza de Abastos 15.09.2023 16:33
Esta mañá no programa Día a Día falamos con Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado, tras a aprobación onte en pleno do expediente de licitación do proxecto de reforma da Praza de Abastos. Sairán a licitación nos próximos días. As obras teñen que estar rematadas o próximo verán.
Lucas González secretario da Comisión de Festas - Festas na honra á Virxe das Dores en Guillarei 15.09.2023 6:24
Todo preparado en Guillarei para celebrar as festas na honra á Virxe das Dores que comezan esta tarde e se prolongan até o próximo luns. Hoxe terá lugar a lectura do pregón a cargo de Manu Garrido, e o acendido do alumeado, que darán paso ás verbenas e concertos de bandas de música previstos estes días.
Ent. Andrés Díaz, Pepín Pernas e Rosendo Bugarín - 60 anos do Cabo Fradera 14.09.2023 15:54
Andrés Díaz leva dous meses coma Comandante Naval do Miño. Hoxe estivo na nosa sintonía con motivo do 60 aniversario da presenza en Tui do Cabo Fradera. Tamén falamos con Rosendo Bugarín, autor do libro "La Armada y Tui" e con José Joaquín García 'Pepín Pernas" gran coñecedor do Miño. Esta tarde ás 20 h na Aula da UNED haberá unha mesa redonda na que amais de Rosendo Bugarín e Pepín Pernas partici...
Ent. David Pacheco,comandante do Cabo Fradera - 60 anos do Cabo Fradera en Tui 14.09.2023 6:26
Con motivo do 60 anos da presenza en Tui do Cabo Fradera hoxe falamos co comandante do patrulleiro, David Pacheco, do seu labor no día a día. O barco conta cunha tripulación de sete persoas. Destacaba o comandante coma tras o Sebastián Elcano o Fradera é o máis veterano da Armada.
Ent. Elena Espinosa e Bárbara Kügler - Matriculación na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas 13.09.2023 10:25
Até este venres está aberta a matrícula na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas que este curso impartirá catro idiomas: inglés, francés, portugués e alemán. Elena Espinosa, xefa de estudos, e Bárbara Kügler, titora de alemán, falaron hoxe en Día a Día da oferta e novidades deste novo curso.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance pleno 11.09.2023 24:33
Hoxe rematamos a rolda de entrevistas facendo balance do último pleno que celebrou a Corporación Municipal de Tui. Falamos co alcalde, Enrique Cabaleiro.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Festas do Alivio e actualidade da vila 08.09.2023 15:18
Hoxe falamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, sobre a festividade do Alivio, e con ela repasamos tamén algúns asuntos da actualidade da vila.
Ent. Nico Montes, Partido Popular - Balance pleno 07.09.2023 19:53
Con Nico Montes, voceiro do Partido Popular, continuamos hoxe coa rolda de entrevistas facendo balance do último pleno.
Ent. Carme Núñez, Bloque Nacionalista Galego - Balance pleno 06.09.2023 19:29
Continuamos coa rolda de entrevistas políticas facendo balance do último pleno. Hoxe con Carme Núñez, voceira do Bloque Nacionalista Galego.
Ent. José Manuel Palacín, Converxencia 21 - Balance pleno 05.09.2023 17:57
Hoxe comezamos a rolda de entrevistas políticas para facer balance do último pleno. Facémolo con José Manuel Palacín, de Converxencia 21.
Ent. Mónica Domínguez, a presidenta da Asociación de Clásicos Fiolledo - VConcentración Clásicos en Salvaterra 01.09.2023 9:14
Hoxe falamos de coches clásicos con Mónica Domínguez, a presidenta da Asociación de Clásicos Fiolledo. Esta fin de semana organizan unha concentración en Salvaterra na que teñen inscritos 220 coches.
Ent. Saul Vaz, Suso Vaz e Miguel Peiró - Karts 01.09.2023 16:37
Esta mañá no programa Día a Día falamos de karts, e para iso estiverom connosco o xove piloto tudense Saul Vaz, o seu xefe de equipo e pai, Jesús Vaz, e Miguel Peiró, telemetrista e membro do equipo técnico e mecánico de Montoto MotorSport LenzoKar. Saúl Vaz competirá a finais de setembro no Campionato Nacional.
Ent. Jorge González e o Germán Soutelo do Tenis Tui - IX Torneo de Tenis da Eurocidade 31.08.2023 10:31
Até o próximo martes, 5 de setembro, está aberta a inscrición para o IX Torneo de Tenis da Eurocidade. Celebrarase nas pistas de tenis de Areas e do Liceo Casino en Tui e nas das piscina e Valença entre o 8 e o 17 de setembro. Hoxe falamos desta competición con Jorge González e o Germán Soutelo, presidente e secretario do Club de Tenis Tui.
Ent. Carlos Estévez, Club Náutico Inclusivo Baixo Miño - Campionato de España de Radiocontrol térmico 31.08.2023 7:24
En catro categorías, 3,5 cc, 7,5 cc, 15 cc e 35 cc, serán nas que se dispute esta fin de semana en Tui o Campeonato de España de Radiocontrol Térmico. As probas será o sábado ás 12 e ás 17 h e o domingo ás 10 h. É a quinta ocasión que Tui acolle esta proba nacional de motonáutica coma sinalaba Carlos Estévez do Club Náutico Inclusivo Baixo Miño, destacando a idoniedade da cidade para acoller esta...
Ent. Laura Solla, vicepresidenta de Atletismo Tui - Inicio temporada 31.08.2023 8:36
Laura Solla, vicepresidenta do Club Atletismo Tui daba no programa Día a Día do inicio da temporada no club, co magnífica de noticia de poder contar con Gustavo Rodríguez coma adestrador. O próximo 12 de setembro terán unha xornada de portas abertas para que todas as persoas que o desexen se poidan achegar a este deporte.
Ent. Gustavo Rodríguez, triatleta e olímpico - Novo adestrador do Club Atletismo Tui 30.08.2023 9:25
O Triatleta e medallista olímpico Gustavo Rodríguez será o novo adestrador do Club Atletismo Tui, según anunciaba o propio club hai uns días, na súas redes sociais. Unha nova etapa tanto para o club como para Gustavo Rodríguez , que abandona a alta competición obrigado por unha lesión nun pé que lle impide continuar no esixente mundo do triatlón. Gustavo nos acompañaba na mañá de hoxe e mostrábase...
Ent. Jean Picard da Asociación de Víctimas de Sinistros de Tráfico en Galicia - Siniestralidade nas estradas en Galicia 29.08.2023 15:34
A provincia de Pontevedra sitúase como a primeira na que máis se incrementaron as mortes por accidentes de tráfico. Dende que comezou o ano, rexistráronse só nesta provincia un total de 14 falecidos nas estradas, mentres que en 2022 foron 18 as víctimas mortais rexistradas en todo o ano. Falamos deste tema con ean Picard da Asociación de Víctimas de Sinistros de Tráfico en Galicia.
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG Tui - Acordo BNG-PSOE 25.08.2023 9:19
Hoxe falamos con Carmen Núñez, voceira do BNG, sobre o acordo logrado entre a súa formación e o PSOE para apoiar a proposta de retribucións do equipo de goberno por parte dos nacionalistas e cumprir catro puntos do programa do BNG por parte do PSOE referidos ao uso do edificio da rúa Camilo José Cela para a Policía Local, o edificio de Camfran para asociación e mocidade, e realización de dous estu...
Ent. Manuel Madarnás, Samuel Torres, e Manolo González da Comisión de Festas - Festas da Virxe da Rocha en Caldelas 24.08.2023 11:13
Caldelas prepárase para celebrar as festas na honra á Virxe da Rocha que terá propostas dende mañá venres e até próximo martes. O luns a ribeira volverá encherse de centos de persoas ceando a tradicional empanada. Hoxe falamos con Manuel Madarnás, Samuel Torres, e Manolo González da Comisión de Festas.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Acordo PSOE e BNG para apoiar a proposta de retribucións 24.08.2023 12:17
PSOE e BNG de Tui asinaron onte á tarde un acordo polo que o PSOE se comprete a realizar catro puntos programáticos dos nacionalistas este mandato, e o BNG apoiará a proposta de retribucións dos membros do equipo de goberno. Así o confirmou esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro.
Ent. Miguel Ángel Martínez González e Manuel Diz González de Xuntanza - Semana Cultural 23.08.2023 10:50
Este domingo coa XXXIV Carreira Popular de Randufe ábrese o programa da Semana Cultural de Randufe que se celebrará até o 6 de agosto. Música, maxia, humor, actividades infantís, e deporte están presentes no programa organizado pola Asociación Cultural Xuntanza coma hoxe nos explicaba o seu presidente Miguel Ángel Martínez González, e o tesoureiro, Manuel Diz González.
Ent. Juan José Rendón, Marcos González e Rafael Estévez - Festas de San Bartolomeu e Feira Cabalar 23.08.2023 15:44
Hoxe comezan as festas de San Bartolomeu en Tui. A gastronomía é a primeira das propostas que fan para esta tardiña no torreiro da festa onde logo Player's amenizará a verbena. Mañá celebrarase a tradicional e secular feira dos cabalos nun programa festivo non que non faltarán os actos relixiosos o concerto da Popular de Tui e a verbena con Marbella. Falamos esta mañá con Juan José Rendón, preside...
Ent, Isi, monologuista - Actuación na Semana Cultural de Caldelas hoxe martes 22.08.2023 10:59
Hoxe prosegue a programación da Semana Cultural de Caldelas no centro cultural da parroquia. Hoxe ás 21.30 h o grupo de teatro Cal-Delas representa a obra “E tí a que escola fuches?”. Logo será a quenda do humor con Isi e o seu monólogo "Ponte con monadas". Con Isi falamos esta mañá no programa Día a Día.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela do IET - Éxito das visitas guiadas ao patrimonio tudense 22.08.2023 10:11
Gran acollida a que tiveron as visitas guiadas ao patrimonio tudense organizadas polo Instituto de Estudos Tudenses, IET, coa colaboración do Concello de Tui. Esta semana teñen lugar as dúas últimas, hoxe á Catedral, e o venres ás murallas de Tui. As prazas están xa completas. Falamos desta iniciativa con Rafael Sánchez Bargiela do IET.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.