Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 9, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui - Inicio do curso na escola da banda 28.09.2023 5:50
Cun concerto de Old Bridge o sábado ás 21 h vai se inaugurado o curso na Escola de Música da Banda de Banda de Música Popular de Tui. Será nas súas instalacións en Guillarei. Neste segundo ano contan con 40 alumnos e alumnas e coma novidade incorporan batucada. Así nolo contou o seu director Eloy Carrera.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo - Día Mundial do Turismo 28.09.2023 11:12
O concello de Tui conta con 7 millóns de euros de fondos europeos para realizar investimentos verdes. Este balance fíxoo público coincidindo co Día Mundial do Turismo. Do mesmo e das actividades que se celebran esta semana coma a mesa redonda prevista para esta tarde falamos hoxe coa concelleira de Turismo, Ana Núñez.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Senda fluvial do río Pego 28.09.2023 6:17
Un investimento de 1,5 millóns de euros será o que suporá a execución da senda fluvial paralela ao río Pego en Tomiño. Esta semana o presidente da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, CHMS, José Antonio Quiroga, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asinaban un convenio de colaboración con este fin. Sandra González amosaba a súa satisfacción por esta senda unha vez concluída permitirá cheg...
Ent. José Quinteiro e Pilar Álvarez de SOS Tomiño-Baixo Miño - Remate do Fondo de Axuda Europea 27.09.2023 17:53
Situación delicada á que se enfronta SOS Tomiño-Baixo Miño a partir do mes de decembro xa que remata o Fondo de Axuda Europea, do que recibía o 30% dos alimentos que distribúe entre as familias as que presta axuda. Onte reuníanse co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para exporlle a situación que teñen por diante e solicitar a súa colaboración. Estanse a reunión cos mandatarios e mandatarias dos m...
Ent. Javier Pérez, presidente Comité de Empresa de Ganomagoga - Proposta administrador xudicial 27.09.2023 5:12
O administrador concursal propón a GRI para facerse con Ganomagoga. Javier Pérez, presidente do Comité de Empresa, amosaba a súa resignación con esta decisión xa que son máis partidarios da opción e Emobi, Así llo vai transmitir hoxe á xuíza, que serán que tome a decisión final.
Ent. Ismael Diz, Carmen González e Beatriz Rodríguez - Programa Cultiva a Mente 26.09.2023 13:50
En outubro comezará o programa Cultiva a Mente que nesta quinta edición chegará a todas as parroquias tudenses. Vai dirixido a persoas maiores de 55 e ten carácter preventivo ao tempo que incide na socialización das persoas participantes. Falamos do mesmo con Ismael Diz, concelleiro de Servizos Sociais, Carmen González, traballadora social do Concello de Tui, e Beatriz Rodríguez, psicóloga de AFAG...
Ent. María Abuín de Máis que Románico e Leticia Castro Gondar de AWA e Grove Makers - Mesa Redonda Turismo 26.09.2023 13:46
'Oportunidade de turismo verde' é o título da mesa redonda que se vai celebrar este xoves, ás 18 h, na Sala Félix Rodríguez en Tui dentro dos actos conmemorativos do Día Mundial do Turismo. Hoxe falamos con María Abuín de Máis que Románico e Leticia Castro de AWA e Grove Maker que participarán na mesa xunto a Diego Chapela da Fundación Juan XXIII e Ricardo da Silva e Alberto Romer da Asociación de...
Ent. Sara Luque, mestra composteira - Punto Limpo 26.09.2023 12:36
Sara Luque, mestra composteira e experta en residuos, falounos hai uns días no programa Día a Día do Punto Limpo, dos residuos que alí se poden depositar, e tamén da recollida de voluminosos que o Concello de Tui presta de forma gratuíta.
Ent. Adolfo Pereira e Yago Araújo do Motoclub Randufe - VI Supercross Cidade de Tui 25.09.2023 8:36
Este sábado celébrase en Tui o VI Supercross Cidade de Tui, unha proba que regresa tras dez anos de ausencia. Adolfo Pereira e Yago Araújo do Motoclub Randufe deronnos todos os detalles desta competición que se celebrará no Complexo Off Road de Tui.
Ent. Juan González, Ismael González e Cristina Pazo - Asemblea Protección Civil de Tui 25.09.2023 12:57
Hoxe con Juan González, presidente, Ismael González, secretario, e Cristina Pazo, tesoureira, falamos da renovación da directiva da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil realizada na última asemblea anual, pero tamén doutros asuntos tratados na orde do día.
Ent. Ricardo Da Silva, presidente Muiñeiros do Tripes - Ruta Nocturna 2023 22.09.2023 8:16
Completas as prazas para a ruta nocturna co título 'Lendas ao solpor nos muíños do Tripes' que para mañá sábado organiza Asoc. Muiñeiros do Río Tripes. Será unha visita ambientada e con pezas teatrais, que rematará con chocolate con rosca, queimada e unha cunca de agasallo. Así nolo contaba Ricardo da Silva, presidente da Asociación de Muiñeiros do Tripes.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo - Aprazadas as dúas actividades previstas con Javier Zafra 22.09.2023 4:52
O cociñeiro especialista na gastronomía xudía, Javier Zafra, ía estar en Tui esta fin de semana para participar en dúas actividade dentro da programación 'Setembro Xudeu en Tui'. Un problema de saúde lle impiden desprazarse polo que as actividades quedan aprazadas como explicaba a concelleira de Turismo, Ana Núñez. A concelleira valoraba como se están a desenvolver as actividades gastronómicas en...
Ent. Iria Salvado de Encaixe - Concerto de Apertura do MUMI 21.09.2023 6:18
O coro Encaixe será unha das formacións que participen no concerto de apertura do MUMI hoxe ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui. Actuarán tamén O Gajo e As Sanfonas da Ponte Velha e Destino do Clã. Esta mañá en Día a Día falamos con Inés Salvado que forma parte de Encaixe.
Sección UNED -Xoves, 21 de setembro de 2023 21.09.2023 6:52
En outubro comezan as clases do grao en Psicoloxía na Aula da UNED de Tui. Este centro ofrece amais diversos de extensión universitaria coma Pandeireta, “A arte de reinventarse”, "Guía práctica para a resiliencia e autoconcepto de nenos e nenas de 6 a 10 anos” e "Danzas do mundo". Así nolo contou hoxe a súa coordinadora Minerva Ojeda.
Ent. Paula López de Equigalia - Concurso Nacional de salto 21.09.2023 10:44
Cita destacada esta fin de semana en Tui co Concurso Nacional de Saltos ** que se vai celebrar nas instalacións de Equigalia. e que vai reunir a destacados xinetes e amazonas, entre eles o olímpico portugués Antonio Vozone. A competición comezará mañá ás 14 h e continuará até o domingo coa disputa do gran premio. A entrada é de balde. No Instagram do Club @csn_equigalia pódense consultar os horari...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras rúas Colón e Lugo e transporte de viaxeiros 21.09.2023 10:57
As obras na rúa Colón e na rúa Lugo e o transporte de viaxeiros por estrada foron os asuntos que abordamos esta mañá co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro
Ent. Lucía Laín, documentalista - Libro interactivo "O Miño Sereno" 20.09.2023 10:36
Este venres ás 20 h no Auditorio de Goián presentarase o libro interactivo “O Miño Sereno” da documentalista Lucía Laín. Hoxe falamos con ela deste proxecto que abre a colección “A memoria dos ríos” que realiza co Ministerio de Cultura y Deporte e que neste primeiro libro conta co apoio e financiamento da Eurocidade Cerveira-Tomiño.
Ent. Diego Veiga de Moura - Showcases no MUMI 20.09.2023 8:25
A banda galega Moura actuará este sábado ás 19.50 h no Teatro Municipal de Tui dentro do MUMI, o Encontro das Músicas de Galicia e Portugal. Hoxe falamos con Diego Veiga, un dos integrantes de Moura, deste proxecto no que mesturan psicodelia, rock experimental e música tradicional galega.
Ent. Emilio Rodríguez, director enolóxico de Terras Gauda - Proxecto Flexigrobots 20.09.2023 9:06
Terras Gauda presentou onte o último ensaio do proxecto Flexigrobots no que empregan drons para a detección precoz de enfermidade na viña, ou robots para apoiar labores coma o transporte de caixas na vendima ou para realizar inspeccións na viña. Así nolo contaba hoxe Emilio Rodríguez, director enolóxico de Terras Gauda. Levan dous anos e medio traballando neste proxecto europeo.
Ent. Elena Espinosa e Iria Romero - Monográfico de francés orientado ao sector turístico 20.09.2023 6:56
A sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas vai impartir un curso monográfico de francés orientado ao sector turístico pero tamén coma viaxeiros. Consta dun total de 120 horas que se impartirán os mércores e venres de 17 a 19 h. Faláronnos do mesmo Elena Espinosa, xefa de estudos da EOI de Tui, e Iria Romero, profesora de francés. A matrícula debe facerse no IES San Paio de 17 a 19 h esta semana...
Ent. Jorge Conde - Baixo Miño Dior, mellor doberman do Mundo no IDC 20.09.2023 11:54
Hai uns días estivo na nosa sintonía o tudense Jorge Conde logo de que o seu doberman, Baixo Miño Dior, se proclamou Campión do Mundo no IDC en Eslovaquia. Contounos como se desenvolveu o campionato, os valores que se teñen en conta e tamén a súa satisfacción tras lograr facer o seu soño realidade.
Ent. Carlos Lorenzo, da Asociación Galega de profesionais da xestión cultural - 'Coidar de nós para coidar da cultura' 19.09.2023 10:10
Carlos Lorenzo, da Asociación Galega de profesionais da xestión cultural presentará este sábado ás 10.30 h ES na ESCE en Valença o proxecto "Coidar de nós, para coidar da cultura" dentro da programación de faladoiros do Mumi. Falamos con el deste proxecto e do propio Mumi, sobre o que salientaba a relevancia que en tan pouco tempo ten acadado.
Ent. Antonio Conde, secretario xeral do sector ferroviario de CCOO - Proposta de tren circular por Galicia 19.09.2023 14:19
Hoxe coñecemos con Antonio Conde, secretario xeral do sector ferroviario de CCOO a proposta de tren circular por Galicia que é complementaria á anterior proposta de tren de cercanía intermodal e transfronteirizo.
Ent. Javier Pérez, presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga - Ampliación do ERTE 19.09.2023 5:05
O Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra prorrogou até o 19 de xaneiro de 2024 o ERTE de Ganomagoga Logistics e Aplimega. Falamos sobre esta prórroga con Javier Pérez, presidente do Comité de Empresa, quen indicaba que agardan estar traballando de novo a finais de outubro ou comezos de novembro unha vez se formalice a venda da empresa.
Ent. Ánxela Vila de Urdime - Mumi 2023 18.09.2023 12:39
A industria músical de Galicia e Portugal darase cita dende este xoves e até o domingo na Eurocidade Tui-Valença. Ánxela Vila de Urdime que forma parte da organización, daba hoxe todos os detalles do que será esta cuarta edición.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.