Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6503 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Miguel Angel Martínez e Manuel Diz de Xuntanza - X Mostra Teatral Miguel Troncoso 19.10.2023

Este domingo comeza en Randufe a X Mostra Teatral Miguel Troncoso organizada pola Asociación Cultural Xuntanza. Hoxe Miguel Angel Martínez e Manuel Diz, presidente e tesoureiro, déronnos todos os detalles desta iniciativa. Tamén avanzaron a charla “Toponimízate” que se vai celebrar o xoves 26.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Medio Rural - Numerosas incidencias rexitradas polsas intensas choivas de onte 19.10.2023

Numerosas incidencias as rexistradas onte en Tui debido as intensas precipitacións caídas tal e coma explicaba o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez. Alertaba sobre a situación do muro das escaleiras dende a praza da Estrela ao Paseo Fluvial con risco de desplome. Tamén das inundacións en edificios municipais, entre eles o Centro Municipal de Piragüismo, e os anegamentos en Antero Rubín, a...

Nicolas Locenzo Montes, voceiro PP -Rolda Outubro 18.10.2023

O voceiro do Partido Popular de Tui, Nicolás Lorenzo Montes, fixo hoxe balance, no programa Día a Día, do último pleno extraordinario celebrado pola corporación municipal de Tui

Ent. Judicael Romero de Vioncas Bake - Premio á Tapa Máis Innovadora no Campionato de Tapas e Pinchos en Ourense 18.10.2023

A empresa tudense Vioncas Bakes recibiu onte o Premio á Tapa Máis Innovadora no Campionato de Tapas e Pinchos de Ourense organizado pola Academia da Tapa e do Pintxo, coa empanadilla "Intelixencia emocional". Hoxe o seu cociñeiro, Judicael Romero, falou desta creación na que coidaron todos os detalles, dende un especial empratado nunha peza feita pola artesá tudense Conchi Garrido, até a materia p...

Ent. Ester López, psicóloga de Avelaíña - Día da Saúde Mental 17.10.2023

O pasado 10 de outubro foi o Día da Saúde Mental. Por este motivo hoxe falamos con Ester López, psicóloga de Avelaíña. Falounos do labor que realizan, da saúde mental e da necesidade de máis recursos.

Ent. Antonio “Toñyto” García e Porri “Potrillo” - Los Jinetes del Trópico 17.10.2023

Hoxe no programa Día a Día acompañáronnos Antonio “Toñyto” García e Porri “Potrillo” de Los Jinetes del Trópico. Hoxe nos contaron coma comezou esta banda, os cambios que houbo no grupo, a actual formación xunto a Ninico el Negro, e coma foi o verán de actuacións, e dos próximos proxectos.

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda Outubro 17.10.2023

Hoxe abordamos os asuntos tratados no último pleno extraordinario da corporación municipal de Tui coa voceira do BNG, Carmen Núñez.

Ent. Manuel Vázquez de la Cruz - Presentación libro “Ribadelouro: terra e auga é vida” 16.10.2023

“Ribadelouro: terra e auga é vida” é o libro que Manuel Vázquez de la Cruz presentou o pasado sábado na Sala Félix Rodríguez. É, nas súas palabras, unha homenaxe á Ribadelouro, ao seu pai, e un chamemento a que non se desfagan os bosques. Así nolo contou o pasado venres en Día a Día.

Sección Compostaxe - Mércores, 11 de outubro de 2023 11.10.2023

Hoxe coma cada mércores no programa Día a Día acompañounos a mestra composteira do Concello de Tui, Sara Luque. Hoxe deu conta da alta demanda rexistradas nos últimos días de trampas e doses de atraínte para loita contra a velutina, que esgotaron as existencias dispoñibles. Tamén lembrou o servizo de cesión de uso de biotrituradoras que ten o Concello e que ten tamén unha boa acollida.

Ent. Manuel Pereira, presidente Comunidade de Montes de Areas - Andaina polo monte comunal e curso de cogomelos 11.10.2023

Hoxe no programa Día a Día falamos con Manuel Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas da Andaina que organizan para este domingo polo monte comunal, e tamén do curso de cogomelos que celebrarán o sábado 4 de novembro.

Ent. Diego Patricio, Iván Vieira e Ramón Sánchez - Nova directiva do Liceo Casino 10.10.2023

Unha nova directiva está a fronte do Liceo Casino de Tui dende o pasado mes de xuño. Diego Patricio, presidente, Iván Vieira, vogal e Ramón Sánchez, tesoureiro, membros da directiva estiveron no programa Día a Día. Explicaban que o Casino está aberto a toda a sociedade, tendo vantaxes para as persoas socia, e nas que os socios teñen vantaxes. Daban conta da oferta de actividades que teñen e da pró...

Ent. José Manuel Palacín, concelleiro C21 - Rolda Outubro 10.10.2023

Tras o pleno extraordinario celebrado o pasado xoves pola corporación municipal de Tui hoxe falamos dos asuntos tratados no mesmo con José Manuel Palacín, concelleiro de C21.

Ent. José Luis Pérez Otero, presidente da coordinadora de bingos da zona de Pontevedra - Situación dos Bingos 09.10.2023

Hoxe coñecemos a situación e a preocupación que teñen as diferentes asociacións e comisións de festas ante o cambio normativo que afecta á celebración de bingos. Esta mañá en Día a Día falamos con José Luis Pérez Otero, presidente da coordinadora de bingos da zona de Pontevedra.

Fran Peleteiro, produtor da Compañía Humana - Iphixeia no Teatro Municipal 06.10.2023

"Iphixenia na porta do super" é a obra teatral que abre hoxe ás 21.30 h a programación de outono no Teatro Municipal de Tui. Chega da man da Compañía Humana. Fran Peleteiro, produtor da compañía, destacaba no programa Día a Día o traballo de interpretación de Alba Caneda e a calidade do texto, así coma a formación da equipa na Escola Superior de Arte dramático de Galiza. As entradas están á venda...

Ent.Rubén López, director CMUS Tui - Concerto inauguración curso 2023/24 05.10.2023

Mañá venres, ás 18 h, no Paseo da Corredoira o Conservatorio e a Escola de Música de Tui van ofrecer o seu concerto de inauguración do curso 2023/24 no que contan con 220 alumnos e alumnas. Deste evento musical falaba hoxe no programa Día a Día, Rubén López, director do centro.

Ent. Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia - Sinalización da Ruta Eurovelo Atlántica 05.10.2023

A ruta cicloturista #Eurovelo Atlántica que dende Portugal entrará a Galicia por Tui suporá o investimento de máis dun millón de euros na súa sinalización. Desta ruta falamos hoxe con Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia.

Ent. José Manuel Caballero de Ingamark - Presenza en Conxemar 05.10.2023

A empresa tudense Ingamark é unha das firmas que están a participar en Conxemar no recinto feira de Vigo. Hoxe falamos con José Manuel Caballero de como está a transcorrer este importante evento internacional.

Ent. Xosé Martínez Tato, de Andatui - Andaina da Macoca a San Fins 04.10.2023

Dentro das Andainas da Eurocidade Tui-Valença este domingo terá lugar a andaina da Macoca a San Fins. Xosé Martínez Tato de Andatui, deunos hoxe todos os detalles deste percorrido. É preciso inscribrise até mañá xoves en andatui.es cun prezo de 6€,

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Visita Versmold, obras rúa Ricamonde e outros viais 04.10.2023

A rúa Ricamonde vai pasar a ser de sentido único cara ao Anxo. Hoxe comezaron as obras sinalización do novo sentido de circulación. Con esta medida dase cumprimento á demanda da veciñanza como explicaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, que tamén se refería a outras actuacións en viais municipais. Tamén falaba da visita a Versmold, cidade irmandada con Tui, que realizou na fin de semana.

Moisés Rodríguez, deputado Autónomico - Actividade parlamentaria 03.10.2023

Moisés Rodríguez é dende hai uns días voceiro da Comisión de Industria no Parlamento de Galicia, cargo que suma o de presidente da Comisión VI de Industria, Comercio e Turismo que exerce dende xullo. Hoxe falamos con el da actividade parlamentaria e tamén do seu labor coma coordinador interparlamentario do PP.

Ent. Manuel Martínez Tobaruela, fotógrafo - Exposición “Cuentos, relatos y narraciones” 03.10.2023

Hoxe martes, ás 19.30 h, na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez será inaugurada a exposición “Cuentos, relatos y narraciones” de Manuel Martínez Tobaruela. Hoxe en Día a Día falamos co fotógrafo sobre a mostra que até o 28 deste mes presenta en Tui.

Iván Carral, presidente ACITUI e Beti González do Bar Sobreiro - Roubos en establecemento 29.09.2023

Hoxe no programa Día a Día falamos con Iván Carral, presidente ACITUI e Beti González do Bar Sobreiro dous roubos rexistrados nos últimos meses en distintos en establecementos en Tui.

Natalia Lago - 6ª Noite Máxica con A Fada do Aloia.mp3 29.09.2023

Mañá sábado a partir das 20.30 h terá lugar a 6ª Noite Máxica coa Fada do Aloia na que descubrir lendas do Aloia, a súa fauna nocturna e tamén ver as estrelas e constelacións. É preciso inscrición previa no 619 96 90 90. Prezo 14€ adultos e 10€ nenos e nenas. Coñecemos os detalles desta experiencia con Natalia Lago, a Fada do Aloia.

Ent. José Solleiro, Rafael Pérez, Xosé Oliveira, Candela Pérez, Sara Montes e Santiago Ariel - Recunchos de música 29.09.2023

“Recunchos de música” é a guía musicalizada polo conxunto histórico que organiza a Coral Ponte das Febres de Ribadelouro para este domingo. Saírá ás 17 h e fará un percorrido dende a Corredoira pasando pola praza de Fromista, a capela de San Telmo, praza da Armada e praza do Pracer. Participarán o Coro Infantil do CEIP de Pazos de Reis, os gaiteiros e grupo de baile O Mosteiro de Pexegueiro e a co...

María Isabel Pérez e Ricardo Martínez da Coral San Telmo - V Festival de Outono 28.09.2023

Este sábado ás 20 h celebrarase na igrexa de San Domingos o V Festival de Outono organizado pola Coral San Telmo de Tui. Contará coa participación do Coro da Agrupación Musical do Rosal, do Coro Villa de Navia de Asturias, do grupo de música tradicional Lirolai e da propia Coral San Telmo. Así nolo contaron María Isabel Pérez e Ricardo Martínez da Coral San Telmo.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.