Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6503 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Laura Santiago, profesora do CEIP nº2 - Xornada “Educar en igualdade de Xénero" 06.11.2023

O CEIP nº2 organiza a Xornada de Formación para as familias e profesorado titulada “Educar en igualdade de Xénero. A importancia dunha Educación sexual en calidade”. Terá lugar o martes 14 de novembro de 16:30-18:30h no salón de actos do centro. Correrá a cargo da pedagoga e sexóloga Erea Devesa. Está destinada a familias, profesorado e aberta a todas aquelas persoas que queiran participar de todo...

Ent. Ana Carpintero e Fran Alonso de SomosOcéano - Colección El Día de la Bestia 06.11.2023

A empresa tudense SomosOcéano volve aliarse coa sétima arte. Tras a colección dedicada a Pedro Almodovar, lanza agora unha colección con edición limitada da película “El Día de la Bestia” de Álex de la Iglesia. Hoxe mesmo comeza a prevenda da coleción na súa web e nas tendas seleccionadas. Hoxe falamos precisamente desta colección con Ana Carpintero e Fran García.

Ent. José Fernández, presidente Dalle Gas - XVIII Mercadiño e Exposición de Motos Antigas 03.11.2023

O pavillón de Goián acolle mañá sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 h e o domingo de 9.30 a 14.30 h o XVIII Mercadiño e Exposición de Motos Antigas organizado pola Asociación de Amigos das Motos Antigas Dalle Gas. Falamos co seu presidente José Fernández.

Ent. Remedios Carrera do Grupo San Roquiño - Estrea da longametraxe "Goián Vaciado" 03.11.2023

O grupo San Roquiño estrea esta fin de semana a súa sexta longametraxe "Goián vaciado". Haberá catro pases o sábado ás 18 h e ás 20 h e o domingo ás 17 h e ás 19 h. A entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros que se doarán á SOS Tomiño-Baixo Miño e Conrazones. Falounos deste traballo Remedios Carrera do grupo San Roquiño.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado - Inicio das obras da praza de Abastos 03.11.2023

Debido ao inicio das obras de reforma integral do edificio o próximo luns, martes e mércores a praza de Abastos permanecerá pechada para o traslado dos postos á parte dianteira do edificio, así nolo explicou hoxe a concelleira de Comercio, Ana Núñez.

Ent. Juana Parada, xerente de ORPAGU - Presentación finalización do proxecto Autopesca 03.11.2023

ORPAGU presentou este martes na súa plan no Parque Empresarial de Areas a finalización do seu proxecto Autopesca, desenvolvido en colaboración co CTAG para mellorar as condicións de traballo tendo en conta o importante peso das especies que capturas. A súa xerente Juana Parada explicaron os dous sistemas presentados coma son os exoesqueletos que axudarán na carga do peixe, e tamén o sistema semiau...

Ent. Laura de Gabriel, cantante de Uxía Lambona e a Banda Molona - Concerto no Teatro Municipal de Tui 02.11.2023

"Un soño é..." é o título do espectáculo musical que mañá venres, ás 19.30 h, Uxía Lambona e a Banda Molona, presenta no Teatro Municipal de Tui. Falamos do mesmo coa cantante da banda Laura De Gabriel quen explicaba que até Tui chegarán con este novo espectáculo estreado este verán cheo de enerxía e de animación.

Ent. Iván Carral, presidente de ACITUI - Asemblea Extraordinaria este xoves 30.10.2023

ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industrias de Tui, celebra asemblea extraordinaria este xoves, ás 20.30 h en primeira convocatoria, e ás 21 h en segunda, na Sala Félix Rodríguez. Dos asuntos a tratar falounos hoxe o seu presidente Iván Carral, quen tamén deu conta da iniciativa do comercio local polo Samaín.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - III Feira da Cabaza 27.10.2023

Intenso traballo no edificio da praza da Inmaculada para decorar e preparar todo para a celebración este sábado e o domingo da III Feira da Cabaza. Exposicións, venda, obradoiros, demostracións culinarias... forman parte do programa previsto coma explicaba a concelleira de Comercio, Ana Núñez.

Ent. Inacio Vilariño de Fantoches Baj - Pedro e o Lobo no Teatro Municipal 27.10.2023

Inacio Vilariño é o director, e tamén actor-manipulador, de Fantoches Baj que hoxe ás 19.30 h presenta no Teatro Municipal de Tui "Pedro o lobo" para público infantil. Hoxe falounos do espectáculo no programa Día a Día.

Ent. Águeda Ubeira de Chupipostres - Obradoiro infantil na III Feira da Cabaza de Tui 27.10.2023

Águeda Ubeira de Chupipostres realizará o domingo ás 17 h na III Feira da Cabaza de Tui un obradoiro infantil para elaborar unha Mugcake de cabaza con chocolate, e trufas e bombóns variados tamén con cabaza. Así nolo contou hoxe en Día a Día. Para participar é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo ou en turismo@tui.gal.

Ent. José Martínez Tato e Julio Solleiro - Suspendida a andaina solidaria co pobo saharauí 27.10.2023

Debido á previsión de choiva foi suspendida a andaina solidaria co pobo saharauí, que en principio se apraza para o próximo sábado 4 de novembro. Mañá estarán na praza da Inmacula da 9.30 a 10.30 h para as persoas que desexen recoller os cartos que aboaron, ou se queren facer un donativo. Así nolo contaron hoxe Julio Solleiro e José Martínez Tato.

Ent. Eloy Carrera e Manuel Madarnás da Banda Musica Popular de Tui - Certame Galego de Bandas 26.10.2023

A Banda de Música Popular de Tui participa este sábado ás 17 h no XVI Certame Galego de Bandas ,no Pazo da Cultura de Narón. Competirán na terceira sección para agrupacións cun máximo de 50 músicos. Hoxe visitáronos Eloy Carrera, director da banda, e Manuel Madarnás, trompetista, explicando o repertorio que van interpretar neste concurso no que hai quince anos non participaba a banda tudense.

Ent. Miguel Fernández de Scouts Alhoia - Magosto e Scape Room 26.10.2023

Dobre proposta a que presenta para este sábado o grupo Scouts Alhoia. A partir das 16 h celebrarán un magosto no local da Asociación de Veciños en Remuíños, e dende ás 21 h un Scape Room no Seminario Menor, na Corredoira. Deunos os detalles Miguel Fernández

Ent. Paola Giraldo e Inma López de Beldalde - Resturante recomendado pola Guía Michelín 26.10.2023

O restaurante Beldade de Tui vénse de incorporar aos establecementos recomendados pola Guía Michelín. Onte facíanse públicos os 17 establecementos que se incorporan á prestixiosa guía neste mes de outubro. O restaurante situado no Remesal é un proxecto de Paola Giraldo, Inma López e o tudense Isaac Míguez.

Ent. Vicente Feijoo, coordinador técnico de Galicia Nomeada e especialista en toponimia - Charla Toponimízate 25.10.2023

Tui ten rexistrados 506 topónimos na plataforma Galicia Nomeada. Mañá ás 20 h no Centro Cultural de Randufe, poderemos coñecer como aportar aqueles nomes que coñecemos do noso entorno e que non figuran na mesma, pero que forman parte do noso patrimonio inmaterial. Será coa charla que ofrecerá Vicente Feijo dentro da campaña “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra”. Con el falamos esta mañ...

Ent. Rafael Estévez, Manuel Arca e Sara Luque - Campaña de Control de Resiudos Abandonados 25.10.2023

O Concello de Tui ten en marcha unha campaña de control de residuos depositados fóra do seu lugar correspondente ou de xeito inadeucado. Mobles a carón de contedores, herba ou cartón no contedor verde, ou entullos na vía pública son algunhas das prácticas ás que se querer facer fronte con esta campaña. Estas acción poden ser sancionadas en función da súa gravidade. Así nolo contaron Rafael Estévez...

Ent. Minerva Ojeda - Día de Mortos 25.10.2023

Hoxe no programa Día a Día coñecemos as tradicións ligadas ao Día de Mortos en México. Contounos coma xa dende o 28 de outubro comezan a pór o altar de mortos, celebrando a súa vida. Falou tamén do "pan de morto", e das celebracións que nas casas e nos camposantos teñen lugar o 1 e 2 de novembro.

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, director Biblioteca Municipal de Tui - Día da Biblioteca 24.10.2023

Hoxe, 24 de outubro, é o Día da Biblioteca, por este motivo achegámonos até o centro bibliotecario tudense cunha conversa co seu director Rafael Sánchez Bargiela, quen nos falou do labor que realizan a prol do libro e da lectura. Contounos coma no que levamos de ano prestaron xa 11 mil libros a 965 persoas distintas. E lembrou a cita co contacontos con Charo Pita hoxe ás 17.30 h para nenos e nenas...

Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Andainas Solidarias 24.10.2023

O Club AndaTui organiza dúas andainas solidarias das que hoxe falamos con José Martínez Tato, presidente de AndaTui. Este sábado será a Andaina Solidaria co pobo Saharauí, e o domingo 12 de novembro haberá unha andaina para dar a coñecer a situación da Cova da Trapa solidaria con SOS Tomiño Baixo Miño.

Ent. Julio Solleiro - Andaina Solidaria co Pobo Saharauí 23.10.2023

Este sábado, 28 de outubro, celébrase en Tui unha Andaina Solidaria co Pobo Saharauí. Está organizada por SOGAPS, e conta coa colaboración do historiador Suso Vila. Sairá ás 10 da praza da Inmaculada para realizar un percorrido de 7 quilómetros. O prezo por participar é de 10 euros. O diñeiro recadado irá destinado íntegramente a axuda médica e alimentaria.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda outubro 23.10.2023

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de conversas cos voceiros dos grupos políticos da corporación municipal de Tui para valorar o pleno extraordinario celebrado a comezos deste mes.

Ent. Artur Trillo de Talia Teatro - Unha Enimiga do Pobo 20.10.2023

Ás 21.30 h Talía Teatro presenta no Teatro Municipal "Unha inimiga do pobo". Unha obra clásica de Ibsen con dramaturxia de dramaturxia de Vanesa Sotelo e Tito Asorey. En escena estarán nove actores, entre eles Artur Trillo, con quen falamos hoxe do espectáculo. As entradas están á venda en tui.gal até ás 21.15 h.

Ent. Hugo Lage e Ángel Ferrero - Visita guiada Galicia Tropical 19.10.2023

Este sábado Buguina Turismo organiza unha visita guiada denominada “Galicia Tropical”. Será un percorrido pola Hacienda Ferrero no Rosal que ten unha plantación de froitas tropicais na que destacan aguacates, plátanos ou a Pitaia. Coñecemos todos os detalles con Hugo Lage de Buguina Turismo e Ángel Ferrero de Hacienda Ferrero.

Ent. Ana Alonso de Cabuxa - Participación no II Foro de Muller Rural 19.10.2023

Ana Alonso, creadora de Cabuxa, con obradoiro en Baldráns, presentará mañá o seu proxecto no III Foro da Muller Rural que organiza Eu Rural, representando ao Concello de Tui. Hoxe falamos con ela de Cabuxa, que deseña e crea complementos en pel únicos e irrepetibles, e tamén do emprendemento feminino do rural.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.