Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Natalia Lago, a Fada do Aloia - Rutas nocturnas 'As noites máxicas' 23.06.2023

Mañá comeza o ciclo de rutas nocturnas 'As noites máxicas' da Fada do Aloia cun percorrido no Monte Aloia a partir das 22 h. Natalia Lago danos os detalles desta primeira ruta, para a que é precisa inscrición previa no 619 96 90 90.

Ent. Cristina Fálquez, Marga Urgal e Micalips - Fogueira San Xoán no Club Náutico San Telmo de Tui 22.06.2023

Mañá celebrarase no Club Náutico San Telmo de Tui a tradicional fogueira de San Xoán, con comida a prezos populares aportada pola Asociación Cultural San Roque e San Bartolomeu, e música con Micalips. Hoxe déronnos todos os detalles.

Ent. Andrea Costa e Ángel Sánchez, Asociación de Veciños de Riomuiños - Festa das Lavandeiras 22.06.2023

O vindeiro 1 de xullo en Riomuiños celebra a Festa das Lavandeiras, organizada pola asociación de veciños deste barrio. Hoxe desgranamos a programación con Andrea Costa e Ángel Sánchez.

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, dir. Biblioteca Mun. Tui, e Xesús Alonso Montero, ensaísta - Xogos Florais de Tui 21.06.2023

Tui festexa esta semana a conmemoración dos Xogos Florais de Tui con dous actos, unha conferencia de Xesús Alonso Montero, ensaísta, co que conversamos hoxe. Tamén explicou a historia dos actos co dir. da Biblioteca de Tui, Rafael Sánchez Bargiela.

Ent. Arlindo Sousa, vereador Desporto Valença, Nuno Coimbra e Jorge Rodriguez, Viana Motor Club - Rampa Monte do Faro 21.06.2023

Esta fin de semana celébrase en Valença a III Rampa Monte do Faro, cunha proba nocturna, automóbiles clásicos ou deportivos. Hoxe conversamos sobre esta proba con Arlindo Sousa, vereador de Desporto de Valença e con Nuno Coimbra e Jorge Rodrigues do Viana Motor Club.

Ent. Conchi Sales e Ana Pedreira, Asoc. San Telmo - III Festival Cultura Tradicional e Folk 20.06.2023

A próxima fin de semana celébrase o III Festival Cultura Tradicional e Folk. Hoxe falamos con Conchi Sales e Ana Pedreira da Asociación San Telmo de Tui sobre o programa. Tamén falamos con Xosé Lois Romero de Aliboria e Yoel Santos e Miguel Alonso, participantes no evento.

Ent. Ivón Ribeiro e Aloia Martínez, - Espectáculo 'A Selva de Lata' adaptación Rei León 20.06.2023

Hoxe falamos con Ivón Ribeiro, da Academia de Música da Fortaleza de Valença, e con Aloia Martínez, do Coro Mistura Vocal, sobre o espectáculo conxunto que presentan este sábado en Valença titulado 'A Selva de Lata'. Trátase dunha adaptación músico-teatral do Rei León.

Ent. alumnos e profesores do ciclo de Comercio IES Indalecio Pérez Tizón - Estadía Erasmus 20.06.2023

Alumnado do ciclo de Comercio do IES Indalecio Pérez Tizón inician agora Erasmus en Italia. Serán Cián Cañedo, Ángel e Ismael. Estiveron acompañados por Antía Lage, que xa fixo esta práctica, e os profesores Xosé Manuel Álvarez e Daniel Foterosa.

Ent. Loli Castiñeira, candidata Movemento Salceda - Acordo de Investidura 16.06.2023

Movemento Salceda, PSOE e BNG asinaron esta mañá un acordo de investidura polo que mañá as tres formación votarán a Loli Castiñeira coma alcaldesa. O luns continuarán a negociar un pacto de goberno para os próximos catro anos. Así nolo confirmou esta mañá a propia Loli Castiñeira.

Pablo Campo, investigador de HealthyFit - Estudio: Efecto do pedaleo de alta intensidade nos síntomas do párkinson 16.06.2023

Hoxe ás 18 h presentarase no centro sociocomunitario de Tui o proxecto de estudo científico: Efecto do pedaleo de alta intensidade nos síntomas do párkinson. A presentación correrá a cargo do fisioterapeuta especializado en Parkinson, Pablo Campo Prieto, que ademais é investigador do grupo HealthyFit do instituto de investigación sanitaria Galicia Sur, Sergas-UVigo.

Ent. Carolina Figueroa de CPA Ribex - Tui sobre rodas 16.06.2023

O Pavillón Gustavo Rodríguez acolle este domingo, 18 de xuño, ás 17.30 h o festival 'Tui sobre rodas' organizado polo Club de Patinaxe Artístico Ribex. Os e as deportistas do Ribex amosarán todo o aprendido nesta temporada. Contarán tamén con grupos convidados. En total participarán 210 patinadores e patinadoras. A entrada é gratuíta.

Ent. Manuel Fálquez, director CEIP Pazos de Reis - Aloiada 2023 15.06.2023

Na Galiñeiro comezou esta mañá a aventura dos 120 alumnos e alumnas de Tui que participan hoxe e mañá na Aloiada 2023 que recupera a súa esencia tras a pandemia. Serán dúas xornadas intensas con múltiples actividades en plena natureza no Galiñeiro, no Aloia e no río Miño.

Ent. Conchi Regueiro, escritora - Presentación da súa nova novela "Las Alsacianas" 15.06.2023

A escritora tudense Conchi Regueiro presenta hoxe as 20 h, na libraría Cartabón en Vigo, o seu novo libro “Las Alsacianas”. A propia Conchi Regueiro explicounos o argumento da novela.

Ent. Antonio Gonçalves Vilarinho - X Encontro Galaico Minhoto 15.06.2023

Este sábado e domingo celébrase o X Encontro Galaico Minho no entorno do mosteiro medival de San Fins en Friestas en Valença. Antonio Gonçalves Vilarinho explicaba as actividades previstas que teñen carácter gratuíto salvo a cea do sábado que ten un prezo de 20€ e o xantar do domingo de 12€ sendo preciso inscrición previa no 00 351 251 829 068 ou no 00 351 965 40 55 45

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa en funcións do Rosal e candidata do BNG - Pacto BNG e PSOE 13.06.2023

Hoxe mantivemos unha conversa con Ánxela Fernández, alcaldesa en funcións do Rosal e candidata do BNG, sobre o pacto ao que chegará a súa formación co PSOE do Rosal para formar goberno.

Ánxela Fernández, alcaldesa en funcións e candidata do BNG - Pacto BNG e PSOE 13.06.2023

Ánxela Fernández será investida este sábado de novo como alcaldesa do Rosal, tras o acordo acadado entre o BNG e o PSOE para formar un goberno de coalición. Explicaba en declaracións á nosa emisora que teñen moitos puntos en común nos que seguir a traballar. amosaba a súa satisfacción polo acordo acadado que dicía “foi moi doado”.

Sección Anarela - II Festival de Lingua de Signos 12.06.2023

Este mércores celébrase o Día Nacional da Lingua de Signos. Por este motivo o Centro Anarela de Tui vai celebrar o mércores ás 19.30 h no Teatro Municipal o segundo Festival de Cancións en lingua de signos. A entrada será un quilo de alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño, ou para a Protectora de Animais Aloia ou para Patudos Peludos. Así nolo contou Iria Márquez, intérprete de lingua de signos.

Ent. Rita Álvarez, Sara Uris e Fabiola Blanco - III Encontro de Realidades Diversas 12.06.2023

Este venres celebrarase o III Encontro de Realidades Diversas no local de Flores Rita (rúa A Guarda, nº 2) ás 20 h. Búscase con el ofrecer un espazo libre e seguro para abordar as diferentes formas de amar e tamén de ser, co gallo do Día do Orgullo. Falamos coas coordinadoras do evento e con Fabiola Blanco, muller que contará a súa historia o venres.

Ent. César Bona, profesor - Participación no Congreso EducODS Educación Sostible 12.06.2023

"Educación Sostible" foi o título da charla que ofreceu o pasado venres no congreso EducODS organizado polo CEIP nº1 de Tui, César Bona. Con el falamos o venres pola mañá deste congreso e da súa charla.

Ent. José Manuel Quintana do Tyde - Ascenso do Tyde a 1ª Rexional 12.06.2023

O Tyde é equipo de Primeira Rexional. No partido de volta onte en Gondomar quedaron 0-2, co que se igualou o resultado do partido de Ida 2-0, polo que foi preciso ir aos penaltis. O Tyde venceu nesta quenda 3-2, co que logrou o ascenso. José Manuel Quintana do Tyde explicaba hoxe coma foi ese partido no que remontaron e conseguiron o obxectivo. Tamén falaba xa de como está o equipo de cara a próxi...

Ent. Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas - Curso e Viveiro Forestal 12.06.2023

A pasada semana falamos con Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas sobre a situación do Viveiro Forestal e sobre o curso de recollida e entobotánica das herbas de San Xoán que terá lugar alí este sábado.

Ent. Nuria Garabal, directora CEIP nº1 - Congreso EducODS 09.06.2023

Dende o Congreso EducODS falamos esta mañá con Nuria Garabal, directora do CEIP nº1, amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento desta edición, e pensou xa tamén na do próximo ano. Repasou o programa desta tarde e a xornada de mañá sábado.

Ent. Carmen Núñez, candidata do BNG- Reunión co PSOE 09.06.2023

Tras a reunión mantida esta semana do PSOE dende o BNG cualifican o encontro de cordial, con actitude dialogante, e no que segundo confirmaba a candidata do BNG, Carmen Nuñez, quedaron de elaborar un documento que irán abordando en próximos encontros nos que negociarán un posible pacto de goberno ante ambos partidos.

Ent. Enrique Cabaleiro, candidato do PSOE e alcalde en funcións - Reunións partidos políticos 09.06.2023

O candidato do PSOE e alcalde de Tui, en funcións, Enrique Cabaleiro, completou onte a rolda de contactos cos catro partidos que se presentaron ás eleccións municipais. Indicaba Enrique Cabaleiro que foron encontro cordiais e construtivos. Agora dicía abrirá unha canle de negociación co BNG de cara a formación dunha coalición de goberno, se é posible. Así o explicou esta mañá no programa Día a Día...

Sección Libros - Xoves, 8 de xuño de 2023 08.06.2023

Na sección de Libros con José Mª Lores no programa Día a Día hoxe falamos da escritora francesa Annie Ernaux, Premio Nobel de Literatura en 2022.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.